Jornal Digital Regional
Nº 394: 14/20 Jun 08 (Semanal - Sábados)
Email Assinaturas Ficha Técnica Publicidade 1ª Pág.


ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA E DANZA DE RIBADEO

Nos días 5, 6, 12 e 13 de Xullo de 2008, celebrarase no Auditorio Municipal "Hernán Naval" de Ribadeo o I Certamen de Intérpretes Mozos "Hernán Naval", nas modalidades de vento madeira, vento metal, percusión, cordas e teclados.

O I Certame de Intérpretes Mozos "Hernán Naval" quere converterse nun referente da música a nivel comarcal e autonómico. Unha oportunidade para mozas e mozos de diferentes puntos de Galicia, do conxunto do Estado ou incluso Portugal que queiran amosar as súas destrezas musicais nunha vila ben chegada, dende sempre ao mundo da música. Trátase dun xeito de achegar ás mozas e mozos participantes a posibilidade de actuar nun auditorio e diante dun xurado formado por grandes nomes da música co obxectivo de que podan amosar o traballo realizado ao longo da súa carreira musical. Un xeito de recoñecer o seu traballo e de posibilitarlles o contacto con profesionais do mundo da música e con outros mozos e mozas de maneira que podan se podan intercambiar experiencias ao longo da súa estancia en Ribadeo.

Ademais este I Certame de Intérpretes Mozos "Hernán Naval" debería servir como un xeito de reivindicar a figura dunha persoa tan vencellada ao mundo da pedagoxía musical como foi ao longo da súa carreira Hernán Naval Parapar. Será tamén un bo escenario para que as mozas e mozos participantes coñezan obras orixinais compostas por autores galegos, sendo este certame unha xeito excepcional para que tamén os autores noveis que hai no país teñan o seu oco nos atrís dos alumnos e alumnas das Escolas e Conservatorios.

Debería ser un xeito tamén de achegar a música clásica e o traballo que se fai nas Escolas e Conservatorios ao público de xeito que o coñezan e así, se fose do seu interese, poder emprender unha "aventura" musical, tendo en conta que nunca é tarde para comezar a estudar música.

BASES:

1ª - Primeira: Ámbito de participación.

Poderán participar neste certame todos aqueles alumnos e alumnas matriculados en calquera conservatorio ou Escola de Música que nacesen entre os anos 1992 e 1982, con independecia de cal sexa o seu lugar de procedencia.

2ª - Segunda: Modalidades e premios.

Os/As mozos/as participantes poderán presentarse en dúas modalidades: solista ou música de cámara.

Tanto en solista coma en música de cámara os/as participantes poderán optar polas especialidades de: corda (violín, viola, violoncello, contrabaixo, guitarra), vento-madeira (clarinete, oboe, frauta, saxofón e fagote), vento-metal (trompeta, trombón, trompa, fliscorno, bombardino e tuba), teclados (órgano, piano e acordeón) e percusión. Haberá un máximo de vinte prazas que serán adxudicadas por rigorosa orde de entrada e uns premios dotados de:

Solistas:

- 1º premio: 600 euros e diploma acreditativo
- 2º premio: 300 euros e diploma acreditativo
- 3º premio: 200 euros e diploma acreditativo

Na modalidade de música de cámara poderán participar grupos integrados, como máximo, por cinco participantes, quedando limitado o número de prazas a 15 formacións que serán aceptadas no certame por rigorosa orde de inscrición. Todas elas optarán aos seguintes premios:

Música de Cámara:

- 1º premio: 500 euros e diploma acreditativo
- 2º premio: 250 euros e diploma acreditativo

Premio Especial "Hernán Naval"

Para a mellor interpretación dunha obra que sexa orixinal para a instrumentación que se presente e que fose composta por un autor/a galego/a. Será outorgado un premio de 200 euros e máis un trofeo.

Todas e todos os participantes van recibir un diploma acreditativo da súa participación no certame.

3ª - Terceira: Probas

Os/as participantes no concurso actuarán por modalidades (solista ou música de cámara).

No caso dos solistas deberán presentar dúas obras de libre elección pero de diferente estilo, unha para a fase eliminatoria e outra para a fase final, a solo ou con acompañamento (piano, órgano, harpa ou percusión) cunha duración máxima de 10 minutos e mínima de 6 minutos. Os/as concursantes que precisen acompañamento de piano disporán dun piano de cola.

No caso da modalidade de música de cámara, os/as participantes, un máximo de 5 intérpretes por cada grupo, deberán presentar tamén dúas obras de libre elección e de diferente estilo, unha para a fase eliminatoria e outra para a final, cunha duración máxima de 20 minutos e mínima de 15. Non se aceptarán transcricións.

O procedemento das probas vai ser o seguinte.

- Fase eliminatoria na modalidade solista.

Actuarán todas e todos as/os que se presenten ao concurso. O xurado, que poderá interromper a actuación dun participante se o estima oportuno, vai elixir cinco que pasarán á fase final.

- Fase eliminatoria na modalidade de música de cámara

Actuarán todas as formacións inscritas, pasando as catro que o xurado estime oportuno á fase final. Coma no caso anterior o xurado poderá interromper a actuación se así o considera.

- Fase final na modalidade solista:

Actuarán os/as cinco solistas, debendo interpretar a obra completa en presenza do xurado.

- Fase final na modalidade de música de cámara:

Actuarán os catro grupos seleccionados, debendo interpretar a obra completa en presenza do xurado.

4ª - Cuarta: Celebración do certame.

O certame terá lugar no Auditorio Municipal Hernán Naval de Ribadeo ao longo dos días:

- 5 e 6 de xullo de 2008 para os solistas
- 12 e 13 de xullo de 2008 para música de cámara.

Os horarios que se estabelecen son os seguintes:

- Solistas:
o Fase eliminatoria: Sábado 5 de xullo dende as 19.00 horas
o Fase final: Domingo 6 de xullo dende as 20.00 horas

- Música de cámara:
o Fase eliminatoria: Sábado 12 de xullo dende as 19.00 horas
o Fase final: Domingo 13 de xullo dende as 18.30 horas

A organización resérvase o dereito de modificar as datas e a hora previstas para a celebración do certame, cuestión que será notificada en tempo e forma a todas/os os/as inscritos.

Na fase final de música de cámara e antes da entrega de premios intervirá a Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas de Música e farase unha homenaxe a Hernán Naval.

5ª - Quinta: Procedementos e dereitos de inscrición.

A inscrición no certame terá un custe de 15 euros para solistas e 30 para as formacións de música de cámara.

As solicitudes de inscrición formalizaranse cumprimentando o boletín que se adxunta e que serán remitidas ao seguinte enderezo:

Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo
R/ Clemente Martínez Pasarón (Casa do Mar) s/n
27700 - Ribadeo - Lugo
Tlfno. 982130856 / 982120589
Fax 982120589
Enderezo electrónico:musiqueando_ribadeo@hotmail.com ou esmu.municipal.ribadeo@edu.xunta.es
Máis información: www.fgbmp.org ou http://musiqueandoribadeo.blogspot.com/

A solicitude acompañarase da seguinte documentación:
- Fotocopia de DNI do participante (no caso dos menores de idade, fotocopia do DNI do titor legal) e breve currículo persoal (solistas) ou da formación (música de cámara).
- Xusfificante de pago das taxas de inscrición na conta do Excmo. Concello de Ribadeo (2080 0365 41 0040004019 Caixanova) especificando no asunto "Certame de intérpretes mozos Hernán Naval" máis o nome.
- Certificado ou documento que acredite os seus estudos, en Conservatorio ou Escola de Música.
- 5 copias das obras a interpretar. No caso da modalidade solista deben entregarse as partes precisas, solista e acompañante de ser o caso; no relativo á música de cámara só se deben entregar copias da partitura xeral. Todas/os participantes deberán presentar antes da actuación unha copia orixinal da partitura. A non presentación das mesmas significa a descalificación total.

A data límite para inscribirse será o venres 27 de xuño.

6ª - Sexta: Composición do xurado.

O xurado estará composto por recoñecidas figuras do ámbito musical galego, estatal e internacional.

7ª - Sétima: Compromiso dos participantes.

A participación no certame supón a aceitación da totalidade das bases.

E.M.M.D. de Ribadeo

FESTIVAL DE JAZZ DE VIGO “IMAXINA SONS”

PROGRAMA

XOVES, 26 DE XUÑO
PASARRÚAS
22,00 h Concerto de inauguración:
CLUNIA 25 ANIVERSARIO + invitado
Teatro-Sala de concertos do Centro Cultural Caixanova.
Prezo das entradas:
12-€ (butaca); 11-€ (1º anf.); 10-€ (2º anf.); 9-€ (3º anf.)
00,00 h CICLO "JAZZ NA NOITE".
Pub Quomo. Entrada libre.

VENRES, 27 DE XUÑO
PASARRÚAS
20,30 h LUCÍA MARTÍNEZ CUARTETO
GIULIA VALLE GROUP
Auditorio "Martín Codax" do Conservatorio Superior de Música.
Entrada libre.
01,30 h CICLO "JAZZ NA NOITE".
Manteca Jazz. Entrada libre.

SÁBADO, 28 DE XUÑO
PASARRÚAS
20,30 h MARCELINO GALÁN ZINCO
SIMONI GUIDUCCI GRAMELOT ENSEMBLE
special guest RALPH ALESSI
Auditorio "Martín Codax" do Conservatorio Superior de Música.
Entrada libre.
01,30 h CICLO "JAZZ NA NOITE".
Manteca Jazz. Entrada libre.

DOMINGO, 29 DE XUÑO
PASARRÚAS
19,30 h ENRICO RAVA QUINTETO
en "The words and the days"
Auditorio "Martín Codax" do Conservatorio Superior de Música.
Entrada libre.
22,00 h WAYNE SHORTER QUARTET
Teatro-Sala de concertos do Centro Cultural Caixanova.
Prezo das entradas:
12-€ (butaca); 11-€ (1º anf.); 10-€ (2º anf.); 9-€ (3º anf.)

LUNS, 30 DE XUÑO
PASARRÚAS
20,30 h MESA REDONDA/CONFERENCIA
Salón de actos do MARCO. Entrada libre.
21,45 h Concerto solista:
AMÉRICO RODRIGUES (improvisación vocal)
Salón de actos do MARCO.
Prezo das entradas: 2-€
23,00 h CICLO "JAZZ NA NOITE".
Contrabajo. Entrada libre.

MARTES, 1 DE XULLO
PASARRÚAS
20,30 h MESA REDONDA/CONFERENCIA
Salón de actos do MARCO. Entrada libre.
21,45 h Concerto solista:
ANTONIO BRAVO "Al fin solo"
Salón de actos do MARCO.
Prezo das entradas: 2-€
23,00 h CICLO "JAZZ NA NOITE".
Contrabajo. Entrada libre.

MÉRCORES, 2 DE XULLO
PASARRÚAS
20,30 h MESA REDONDA
Salón de actos do MARCO. Entrada libre.
21,45 h Concerto solista:
BARRY GUY, contrabaixo só
Salón de actos do MARCO.
Prezo das entradas: 2-€
23,00 h CICLO "JAZZ NA NOITE".
Contrabajo. Entrada libre.

XOVES, 3 DE XULLO
PASARRÚAS
21,00 h STEFANO BOLLANI "I VISIONARI"
Auditorio Municipal.
Prezo das entradas: 3-€ .
23,00 h SANTI IBARRETXE-PRÍMITAL
Praza do Rei. Entrada libre.
00,30 h CICLO "JAZZ NA NOITE".
Pub Quomo. Entrada libre.

VENRES, 4 DE XULLO
PASARRÚAS
21,00 h BARRY GUY NEW ORCHESTRA
Auditorio Municipal.
Prezo das entradas: 3-€ .
23,00 h MACHUCA TRÍO
MICHEL PORTAL UNIT
Praza do Rei. Entrada libre.
01,30 h CICLO "JAZZ NA NOITE".
Manteca Jazz. Entrada libre

SÁBADO, 5 DE XULLO
PASARRÚAS
21,00 h MARKUS STOCKHAUSEN e STEFANO SCODANBBIO
"SOPRA LE NUVOLE", quinteto de música intuitiva
Auditorio Municipal.
Prezo das entradas: 3-€ .
23,00 h TERELA GRADÍN&MANUEL GUTIÉRREZ
PACO CHARLÍN&THE ULTIMATE JAZZ EARTH-TET
Praza do Rei. Entrada libre.
01,30 h CICLO "JAZZ NA NOITE".
Manteca Jazz. Entrada libre

DOMINGO, 6 DE XULLO
PASARRÚAS
19,30 h JAVIER VERCHER SEXTET
Auditorio Municipal.
Prezo das entradas: 3-€ .
22,00 h Concerto de clausura
ATOMIC /SCHOOL DAYS con KEN VANDERMARK
Teatro-Sala de concertos do Centro Cultural Caixanova.
Prezo das entradas:
12-€ (butaca); 11-€ (1º anf.); 10-€ (2º anf.); 9-€ (3º anf..).

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS
"IMAXINA EN CLAVE DE CINE"
Lugar: Auditorio Municipal.
Datas: 11, 12 e 13 de xuño.
Horario: 21,00h.
Entrada libre até completar aforamento.

"IMAXINA NA RÚA"
Lugar: prazas e rúas da cidade.
Datas: sábados 7, 14 e 21 de xuño.
Horarios: 11,30h, 13,00h, 17,30h e 19,30h.
Participan:
- 7 de xuño: Escola Superior de Música e das Artes do espectáculo (ESMAE) de Porto (Portugal)
- 14 de xuño: Escola de estudos musicais "A Tempo" de Pontevedra".
- 21 de xuño: Escola Municipal de Música de A Coruña.

MASTER-CLASS
Conservatorio Superior de Música.

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA

ROTA DOS LAGARES DE AZEITE DO RIO ÂNCORA
Autor
Joaquim Vasconcelos
Ambiente
Animação
Cultura
Desporto
Distrito
Educação
Empresas
Freguesias
Galiza
Justiça
Óbitos
Pescas
Política
Roteiro
Tribuna
Turismo
Saúde
Sucessos
MEMÓRIAS
DA
SERRA D'ARGA
Autor
Domingos
Cerejeira