Jornal Digital Regional
Nº 441: 23/29 Mai 09 (Semanal - Sábados)
Email Assinaturas Ficha Técnica Publicidade 1ª Pág.

O BNG COMPROMÉTESE A DEFENDER NO PARLAMENTO EUROPEO UN INCREMENTO DE COTAS PESQUEIRAS PARA A FROTA DA GUARDA

A candidata do BNG ás eleccións ao Parlamento Europeo, Ana Miranda, comprometeuse a defender os intereses da flota do peixe espada da Guarda na Unión Europea, e en concreto un incremento das cotas de pesca, até o de agora discriminatorias co noso país.

A candidata do BNG reuniuse onte con representantes da Organización de Palangreiros da Guarda (ORPAGU), Espadeiros Guardeses e coa Confraría de Pescadores da Guarda para recoller as súas demandas e transmitirlle as propostas programáticas do BNG en materia pesqueira.

Neste sentido, Ana Miranda, subliñou a importancia de que o BNG teña representación no Parlamento Europeo para defender o sector pesqueiro galego, "máxime nun escenario, no que o vindeiro ano vai empezar a reformarse a Política Pesqueira Común".

Control das importacións e modificación do reparto de cotas

Ana Miranda comprometeuse a defender no Parlamento Europeo os intereses da flota guardesa en dúas liñas: demandar á Unión Europea que faga unha auténtica política de control das importacións de peixe espada procedente de terceiros países e incrementar as cotas para a flota galega.

En concreto, a candidata do BNG defendeu que "partindo do máximo respecto á sustentabilidade dos recursos pesqueiros, se modifique o reparto de cotas dentro da Unión Europea para que se adapten á importancia e potencialidade de cada flota, que no caso galego as cotas asignadas están moi por debaixo da capacidade do sector, mentres que noutros Estados membros non pescan as cotas que lles asignan".

Gabinete de Prensa do BNG

A Guarda Outlet senta os precedentes
para a súa primeira edición

No día 20 de Maio, nas Oficinas da Asociación ‘ábaco’, celebrouse unha reunión entre máis de 25 comerciantes interesados en participar en A Guarda Outlet, unha Feira de Oportunidades que se celebrará os días 20 e 21 de Xuño na Guarda.

O prazo de inscripción quedou aberto para todos os comerciantes que queiran participar na mesma ata o viendeiro Luns día 25 de Maio. As follas de inscripción, as Bases desta Campaña e toda a información relacionada, poden solicitarse nas Oficinas da Asociación ‘ábaco’ en horario de 9:00 a 13:00 e de 16:00 a 19:00.

Animamos unha vez máis a todos os comercios a participar nesta actividade e a informarse sin compromiso.

‘ábaco’

ROTA DOS LAGARES DE AZEITE DO RIO ÂNCORA
Autor
Joaquim Vasconcelos
Ambiente
Animação
Cultura
Desporto
Distrito
Educação
Empresas
Freguesias
Galiza
Justiça
Óbitos
Pescas
Política
Roteiro
Tribuna
Turismo
Saúde
Sucessos
MEMÓRIAS
DA
SERRA D'ARGA
Autor
Domingos
Cerejeira