CONCELHO DE CAMINHA



UM MOSAICO DE PAISAGENS

Jornal Digital Regional
Nº 192: 3/9 Jul 04 (Semanal - Sábados)

Email Assinaturas Ficha Técnica Publicidade 1ª Pág.



Campaña de conservación dos niños de andorinha-dos-beirais

Por terceiro ano consecutivo, ANABAM desenvolve unha campaña no Baixo Miño galego-portugués (Oia, O Rosal, A Guarda, Tomiño, Tui, Valença, Vila Nova de Cerveira e Caminha, incluidas as súas feligresías), co obxecto de protexer os niños de andoriña-dos-beirais (Delichon urbica), unha especie que se diferencia da andoriña común porque os niños daquela son pechados, cun pequeno buratiño de entrada, os de andoriña común están abertos, como unha taza.

A campaña, na que na marxe portuguesa colabora o Grupo COREMA, consiste en sortear, no próximo mes de outubro, 300 euros entre tódalas persoas que desexen inscribirse neste programa de conservación. As bases para participar son as seguintes:

1º/ Poderán acceder a este premio tódolos propietarios ou responsables de edificios que conten con niños de anduriña de cu branco utilizados neste ano 2004.

2º/ O ámbito do premio abrangue os concellos galegos do Baixo Miño (Tui, Tomiño, O Rosal, A Guarda e Oia) así como os da marxe portuguesa do río Miño (Caminha, Vila Nova de Cerveira e Valença do Minho).

3º/ Se establece un único premio dotado con 300 euros que será sorteado entre os poseedores de niños de anduriña de cu branco. Por cada niño ocupado se entregará un número para dito sorteo.

4º/ O premio será entregado o domingo 3 de outubro nun acto organizado por ANABAM.

5º/ Para ter opción ó premio, os responsables do edificio onde se atope deberán comprometerse a respeitar os niños, non estragalos e colocar o cartel suministrado por ANABAM nun lugar visble e ata o fin da campaña.

6º/ Calquer aspecto que non figure nestas Bases será resolto pola asociación organizadora.

As persoas interesadas en participar nesta campaña poden dirixirse a ANABAM, tfn: 986 611799 ou móbil 616180557. Poden tamén consultar en internet: www.anabam.org

En Portugal, se o desexan, poden contactar co Grupo COREMA: email: corema@oninet.pt ou ben tel/fax: 258721639.

MEMÓRIAS
DA
SERRA D'ARGA
Autor
Domingos
Cerejeira
Ambiente
Animação
Cultura
Desporto
Distrito
Educação
Empresas
Freguesias
Galiza
Justiça
Óbitos
Pescas
Política
Roteiro
Tribuna
Turismo
Saúde
Sucessos