www.caminha2000.com - Jornal Digital Regional - - Semanário - Director: Luís Almeida

1ª Pág.
Cultura
Desporto
Óbitos
Política
Pescas
Roteiro
Ficha Técnica
Edições C@2000
Assinaturas
Email

Manu Garrido se proclama subcampeón de Europa en Vila Verde

Manu Garrido se ha proclamado esta tarde subcampeón de Europa de Maratón de Piragüismo en Vila de Prado ( Braga). Desde el primer momento el piragüista del Club Kayak Tudense ha tirado en cabeza junto al también gallego Antonio Campos, que comandaron la cabeza de carrera ganando a cada vuelta mayor ventaja sobre el resto de los participantes. Hasta el quinto porteo Manu Garrido aguanto el ritmo de Antonio Campos, que gano unos segundos en ese porteo, aumentando cada vez más su ventaja sobre el tudense. Finalmente la victoria fue para Campos, siendo Manu Garrido el segundo clasificado, y tercero ha sido el alemán Matthias Ebhardt.

Manu Garrido se ha mostrado muy satisfecho tras lograr esta medalla de plata, en una regata que ha calificado de "muy buena". Explicaba que el objetivo era irse los dos españoles haciendo labor de equipo y a partir de ahí cada uno tenía que " jugar sus bazas". Reconocía que Antonio Campos ha sido superior y le ha felicitado por esta victoria.

Una vez logrado el objetivo del Europeo, con esta medalla de plata, el próximo reto del tudense es el Campeonato de España, para lograr su clasificación para el Mundial.

Municipio de Tui


Dois miúdos marroquinos
morreram afogados no rio Minho

A meio da tarde do passado dia 3, dois miúdos de 8 e 12 anos, de origem marroquina, morreram afogados junto à margem do rio Minho, em Salvaterra do Miño, onde viviam com a família, quando se encontravam a brincar em cima de ume pedra.

Um deles, de oito anos caiu à água quando tentou recuperar um pão do seu lanche, o irmão tentou salvá-lo mas acabaram ambos por se afogar.

O mais novo foi retirado da água, já sem vida, por um morador que acudiu ao local (800 metros a montante da ponte que liga Salvaterra a Monção), perante os pedidos de auxílio de um amigo de ambas as crianças, e o seu irmão viria a ser recuperado pelos mergulhadores na manhã do dia seguinte.

A Capitania de Caminha, através da Polícia Marítima, participou nas buscas da criança desaparecida.


Axuda aos alumnos e alumnas da sangriña

Un grupo de alumnos do IES Sangriña, comandado por Antonio Lomba (eu), está a participar nunha competición chamada d3mobile metrology league. Nunha das probas tiñamos que enviar un video dun modelo 3D feito por nos. Nos enviamos o icosaedro estrellado.

Agora para dicicir cal é o mellor dos modelos da competición podemos pedir axuda na votación popular. Se participades nesta votación, ademais de axudarnos, podedes gañar "tecnolóxicos premios".

O noso equipo chámase tecnosang 4.2 e noso modelo podes velo en:
https://www.youtube.com/watch?v=psiSsufSTQQ

A paxina das votacións é:
http://www.d3mobile.es/votaciones.php?datos=1

Bótanos unha man, gañaras as nosas simpatías e participarás nun sorteo de material de alta tecnoloxía.

IES Sangriña


O BNG de Tui responsabiliza ao Alcalde de denuncias da policía local contra preferentistas.

O BNG de Tui quer manifestar á opinión pública tudense a súa contundente repulsa pola actuación do goberno municipal no pasado día 30 contra os e as manifestantes estafados polas preferentes, durante a celebración do pleno ordinario. Ademais de non permitir o acceso ao salón de plenos dunha representación dos manifestantes, o Alcalde tudense rexeitou as propostas de mediación dos concelleiros do BNG, que solicitaban se lles permitise aos afectados presentar o seu escrito e explicar as súas demandas.

Foi ese o motivo polo que os nosos representantes municipais decidiron abandonar a sala en apoio dos dereitos dos cidadáns. Desde o BNG valoramos como unha evidente falta de sensibilidade por parte do Sr. Alcalde que opte por silenciar e desprezar as demandas dos estafados e estafadas e o que é aínda máis grave, que opte incluso por contribuír na represión a este colectivo.

Só así se entende por exemplo que permitise que a policía local identificase a varios manifestantes e consentise a denuncia no xulgado contra algún dos estafados no pasado mes de Maio durante una protesta pacífica. Esa denuncia da policía local, que, de prosperar, suporía un castigo económico adicional para as persoas que xa sofren a perda dos aforros da súa vida, é una mostra palpábel de que o Sr. Alcalde de Tui prefire colocarse comodamente ao lado da banca depredadora, permitindo as sancións, a encabezar a loita xusta dos preferentistas.

O BNG esixe que se retiren esas denuncias porque ten claro quen son as vítimas e onde están os responsábeis deste roubo ao pobo traballador.

Insta ademais ao goberno municipal, a todas as forzas políticas do Concello e á cidadanía tudense en xeral a mostrar o apoio e solidariedade co colectivo afectado deste roubo programado, participando activamente na concentración cidadá que terá lugar o próximo domingo día 9 de xuño ás 12:30 na Praza do Calvario do Rosal.

BNG


"Cambio de sentido"

Programa de prevención do consumo de alcohol e outras drogas na condución de vehículos

Coa chegada do verán aumenta a afluencia de mozos e mozas nas autoescolas dispostos a pórse ao volante dun vehículo, e con elo tamén comeza dende Érguete Baixo Miño a nosa campaña de sensibilización co Programa "Cambio de Sentido" de prevención do consumo de alcohol e outras drogas na condución de vehículos.

Trátase dunha actuación preventiva, impartida directamente polas técnicas da Asociación nas autoescolas e que pretende mellorar a información dos/as alumnos/as, principalmente mozas e mozos de entre 18 a 25 anos, en relación cos riscos asociados á condución de vehículos baixo os efectos do consumo de alcohol e outras drogas, promovendo actitudes e condutas máis seguras e responsables no respecto das taxas de alcoholemia, e outras condutas de risco.

Como cada ano, é fundamental contar co apoio das Autoescolas agradecendo de antemán a súa disposición e colaboración para a realización da actividade.

Esta actividade está promovida pola Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública -Consellería de Sanidade- e se enmarca dentro das actuacións do Plan de Trastornos Aditivos de Galicia 2011-2016, para reducir o número de accidentes nas nosas carreteiras.

ÉRGUETE BAIXO MIÑO


Escultor guardés Daniel Alonso
expõe em Caminha

A próxima terça-feira sobre as terá lugar a inauguração da exposição do escultor guardés Daniel Alonso, "Marble & Stone" na Galeria de Arte Caminhense. Trata- se de uma exposição com o mármore e a pedra como protagonistas. Esculturas baseadas na tradição mas com uma aproximação contemporanea. Também apresenta umas series de objetos de desígnio, em ediçoes limitadas, numeradas e assinadas, como os "Seixos Musicais", pequenas esculturas em mármore e madeira com um mecanismo musical. As obras são lúdicas e gostam do público as tocar e experimentar as diferentes texturas da pedra.

A exposiçao estará aberta até o dia 17 de Junho de 2013 em horario das 10 às 13 e das 16 às 19 horas.

Daniel Alonso nasceu na Guarda, na Galiça, estudou na Escola de Canteiros de Pontevedra durante 5 anos e fez diversos cursos sobre Etnologia e Arte Contemporánea.

A sua obra foi exposta em salas da Galiça, Espanha e Portugal. Agora mora e travalha na Casa Taller www.lacasataller.net, ao lado do mar no Porto da Guarda, onde recebe ao público e mostra o seu atelier a quem quiser o conhecer. Reservas no telefone 00 34 986 61 04 17.

Para mais informaçao visite sua web www.danalonso.com.

Gemma Marqués


O SÁBADO 8 DE XUÑO "MERCADO DO RELÓ", COMPRAS E DIVERSIÓN NA GUARDA

O Mercado do Reló nace coa pretensión de potenciar e dinamizar o comercio local guardés. Esta iniciativa dos comerciantes vai engalanar diversas rúas e prazas do casco antigo da vila e vai encher estes espazos con actividades, música e exposicións.

Durante todo o sábado, 8 de xuño, os comerciantes ofertarán os seus produtos dun xeito diferente, na rúa, e haberá unha interesante oferta lúdica como desfiles de moda, inchables e actividades para os pequenos, exposición de motos antigas ou mesmo antigüidades.

Esta xornada vai ser unha novidade polo que se convida a veciños e visitantes a achegarse ata A Guarda e descubrir esta nova iniciativa, o Mercado do Reló.

Municipio de A Guarda

A EUROCIDADE ACOLLE UNHA "SUMMER TRAINING SCHOOL" NA QUE PARTICIPAN VINTE NOVOS INVESTIGADORES DE VARIOS PAISES EUROPEOS

Participaran investigadores de Polonia, Reino Unido, Grecia, Italia, Holanda, España e Portugal.

A Eurocidade Tui - Valença acolle ao longo da vindeira semana una "Summer Training School" do proxecto de investigación interuniversitario denominado "Acción COST TU1002: Recollida de instrumentos de accesibilidade e mellora da súa capacidade de uso das prácticas de planificación", financiada pola Unión Europea.

Tratase dunha estadía de arredor de vinte investigadores mozos, xunto con outros investigadores seniors, que estarán ao longo da vindeira semana estudando a planificación territorial do ámbito xeográfico da Eurocidade Tui - Valença. O acto de apertura terá lugar o luns 10 de xuño ás 09,00 horas no Edificio Área Panorámica de Tui, onde estará a sede deste encontro.

Esta acción formativa está dirixida polo profesor da Universidade Politécnica de Madrid, Enrique J. Calderon, especialista en planificación territorial e de transportes, xunto ao profesor de Universidade de Coimbra, Nuno Norte Pinto, tamén especialista en planificación territorial.

Este proxecto pretende avaliar a aplicabilidade de instrumentos de apoio á decisión que enfocan cuestións de acessibilidade en todas as súas vertentes nos procesos de planeamento. O proxecto engloba a participación de investigadores de mais de 20 países europeos, tendo tamén unha rede de novos investigadores (Junior Researchers Network, JRN). O site do proxecto é http://www.accessibilityplanning.eu/.

Esta JRN ten todos os anos un encontro propio denominado "Summer Trainng School" (STS), que pretende ser unha semana de traballo intensivo dos membros da JRN sobre o estudo dun caso específico, utilizando as metodoloxías desenvolvidas e aplicadas no proxecto. Participaran nesta STS investigadores novos de Polonia, Reino Unido, Grecia, Italia, Holanda, España e Portugal.

Para o rexedor tudense, Moisés Rodríguez Pérez, a celebración deste encontro de investigadores evidencia o interese que suscita o proxecto de creación da eurocidade como un espazo de cooperación territorial e de colaboración entre administracións locais que promoven a cohesión social. As súas achegas arredor da investigación en temas de planeamento e de transporte resultarán de utilidade para o servizos técnicos de ambos municipio.

Municipio de Tui


A OFICINA MUNICIPAL DE TURISMO ATENDEU 2430 CONSULTAS NO PASADO MES DE MAIO

A Oficina Municipal de Turismo do Concello de Tui atendeu no pasado mes de abril de 2013 un total de 2.430 consulta por parte de turistas que se achegaron ata a nosa cidade. Deste total de visitantes 1479 tiñan procedencia española e 951 era estranxeiros.

Entre os visitantes españois salienta, a presenza de xentes procedentes doutros puntos de Galicia con 391 consultas, seguidos dos visitantes oriúndos de Madrid con 338 consultas, de Cataluña procedían 174 visitantes e 162 orixinarios de Andalucía Pola súa banda, nos visitantes foráneos destaca a presenza de portugueses con 210 visitas, seguidos de alemáns con 201, británicos con 71 e franceses con 67 consultas; ata de 32 nacionalidades distintas foron os visitantes de Tui neste pasado mes, con visitantes de nacionalidades tan afastadas como Corea, Suráfrica ou numerosos países de América.

Unha significativa porcentaxe deste visitantes eran peregrinos, que realizaron un total 793 consultas. Deles 653 eran estranxeiros (principalmente procedentes de Alemaña, Portugal, Italia e Reino Unido) e 140 españois (con preeminencia de galegos, madrileños e cataláns).

A Oficina Municipal de Turismo do Concello de Tui atópase na Praza de San Fernando inmediata á Catedral de Santa María, nunha ubicación privilexiada que, logo de case un ano de funcionamento, testemuña o acerto deste traslado por parte do goberno municipal tudense.

Municipio de Tui


Os clubs de fútbol sala tudenses nas finais da Copa

O equipo A Fábrica de Tui Fútbol Sala Cadete xogará a final da copa cadete, o próximo sábado 8 de xuño, ás 10.00 horas, na pista vermella de As Travesas, en Vigo.

O equipo tudense, adestrado por Javier Reboreda, que se proclamou subcampión de liga no seu primeiro ano de competición, rematará así un ano espectacular, pudendo ser campión de Copa e subcampión de Liga.

Pero non será o único equipo tudense que xogue a final da Copa, xa que A Quinta Xestión Fútbol Sala, tamén loitará pola copa na súa categoría, na pista central do pavillón das Travesas, o mesmo sábado 8 de xuño, ás 18.30 horas.

E por último, o equipo C.D. Tui Fútbol Sala xogarase o ascenso á liga autonómica contra o equipo Prefabricados Laro (Lalín), a dobre partido, sendo o partido de ida en Lalín este sábado e a volta en Tui, o día 22 de xuño.

O Concello de Tui desexa moita sorte aos nosos clubs de fútbol sala nos seus próximos partidos.

Municipio de Tui


CERCA DE 500 VECIÑOS DE TUI ACOMPAÑARAN AO ALCALDE NA OFRENDA DO ANTIGO REINO DE GALICIA O DOMINGO 9 DE XUÑO NA CATEDRAL DE LUGO

Este domingo, 9 de xuño, o alcalde do Concello de Tui, Moisés Rodríguez, exercerá as funcións de delegado rexio no solemne acto da Ofrenda do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado na Catedral de Lugo e estará acompañado por case 500 veciños de Tui que se inscribiron na convocatoria realizada polo Concello de ofrecer transporte gratuíto a todos os interesados

Anualmente, o domingo seguinte ao do Corpus Christi ten lugar en Lugo este acto institucional e relixioso centenario no que participan os mandatarios das antigas capitais do Reino de Galicia: A Coruña, Lugo, Ourense, Santiago de Compostela, Mondoñedo, Betanzos e Tui. Trátase da ofrenda ao Santísimo e a súa posterior procesión pola cidade, coa que aquelas autoridades cumpren co voto solemne que fixeron en 1669 os seus devanceiros, ante as dificultades económicas da Catedral de Lugo, de dotala dunha renda anual coa que iluminar o Altar Maior onde está exposto permanentemente o Santísimo Sacramento.

Ata os nosos días celébrase ininterrompidamente este rito da Ofrenda do mesmo xeito nunha misa solemne: por quendas rotatorias anuais, os mandatarios municipais das sete cidades do Antigo Reino de Galicia (o alcalde de cada cidade ou un delegado ou representante seu) presenta a Ofrenda.

É a tradición institucional mais antiga que se conserva en Galicia como símbolo da nosa identidade e condición colectiva do noso país. Correspondíalle á cidade de Tui exercer a súa quenda no pasado ano 2012 pero cedeuna tras unha petición formulada polo rexedor de Lugo para poder inaugurar as obras de restauración da Capela Maior do templo catedralicio lucense.

O alcalde de Tui amósase incluso sorprendido da importante acollida que tivo a convocatoria municipal e por este importante número de cidadáns tudenses que acompañarán ao alcalde e concelleiros neste acto institucional deste domingo. A Corporación Municipal tudense participará neste acto presidida polo seu pendón e maceiros e estará acompañada da Policía Municipal con uniforme de gala, un grupo de parellas ataviadas co traxe tradicional tudense e a Banda de Música Popular de Tui, xunto a este importante continxente veciñal.

Municipio de Tui


A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE TUI PARTICIPA NA FEIRA DO LIBRO DE VALENÇA

A Biblioteca Pública Municipal de Tui participa nestes días na Feira do Libro que se desenvolve na localidade veciña de Valença, onde amosa as publicacións do Concello de Tui e diversas información sobre os seus servizos bibliotecarios.

En días pasados tamén a Biblioteca Municipal valenciana participaba na Feira do Libro tudense, que nesta decimo sexta edición tivo de aprazarse da súa tradicional data do 17 de maio ao 1 de xuño por mos das inclemencias meteorolóxicas.

A Feira do Livro de Valença desenvolvese nesta cidade miñota entre o 5 e o 8 de xuño e conta cun amplo programas de actividades de promoción da lectura e de animación e está instalada na explanada de entrada á Biblioteca Municipal valenciana.

Esta actividades forman parte do programa de cooperación que ambos centros bibliotecarios manteñen aberto ao abeiro da creación da Eurocidade Tui - Valença que promove a colaboración entre os diversos servizos municipais de ambos municipios fronteirizos.

A Biblioteca Municipal de Valença posúe un amplo número de usuarios tudenses e mesmo doutras localidades, namentres que na Biblioteca tudense aínda que existe un grupo de usuarios portugueses é máis reducido. Con estas actividades pretendese equilibrar esta diversidade promovendo o coñecemento destes servizos culturais conxuntos da Eurocidade.

Municipio de Tui


DENDE O 1 DE XUÑO COMEZARON 12 NOVOS TRABALLADORES NO CONCELLO

Con novas actuacións a desenvolver ao longo do ano o Concello de Tui promove un amplo programa contratacións temporais

Dende o pasado 1 de xuño comezaron a súa actividade no Concello de Tui un total de 12 novos traballadores ao abeiro do Plan Provincial de Emprego 2013 que promove a Deputación Provincial de Pontevedra.

No caso tudense e gracias á colaboración do Concello foron contratados 6 peón de mantemento de obras públicas e outros 6 peóns varredores que desenvolverán o seu traballo nas diversas infraestructuras e equipamentos municipais.

A contratación deste continxente de persoas é una das primeiras medidas que promove o Concello de Tui neste ano 2013 para o impulso do emprego. Está previsto que ao longo dos vindeiros días se vaian incorporando os traballadores que resulten seleccionados nos proceso de cobertura destas once prazas temporais do Concello, ao que se unirán outras ofertadas para a Piscina Municipal.

Igualmente axiña comezará, unha vez aprobados os orzamentos municipais deste ano 2013 a pasada semana, o desenvolvemento do Plan Local de Emprego que contempla a contratación de desempregados.

E finalmente o Concello vende solicitar un total de traballadores ao abeiro dos Plans de Cooperación que promove a Xunta de Galicia.

Finalmente, cómpre non esquecer que na actualidade son un total de 38 os traballadores (entre alumnos, profesores persoal de apoio) os que conforman o Obradoiro de Emprego "Tuiemprende", co financiado entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Tui.

Mais de persoas poderán atopar una ocupación ao longo deste ano gracias ao esforzo que o Concello de Tui realiza a prol dunhas políticas de promoción do emprego e a formación que favoreza o acceso ao mercado laboral dos desempregados tudenses.

Para o rexedor tudense este importante esforzo que realiza o Concello de Tui testemuña a súa aposta polo desenvolvemento de políticas de carácter social e evidencia a preocupación do goberno municipal pola difícil situación pola que atravesan moitas familias do noso municipio.

Municipio de Tui


Manu Garrido e Iván Alonso no Campionato de Europa de Maratón

Manu Garrido e Iván Alonso serán os padeeiros tudenses que competirán a próxima fin de semana no Campionato de Europa de Maratón de Piragüismo, na localidade portuguesa de Vila Verde (Braga).

Manu competirá o sábado 8 de xuño, as 12.45 horas españolas, na categoría C1, mentres que Iván Alonso, na categoría K1, competirá as 15.45 horas españolas.

Pero Iván e Manu non serán os únicos padeeiros do Club Kayak Tudense en participar nestes campionatos, xa que Óscar Graña e Ramón Ferro, competirán na categoría C2 o domingo 9 de xuño.

Todos eles chegan a este campionato en boa forma, como o demostraron nas últimas competicións nas que participaron, polo que son claros candidatos a acadar unha medalla europea.

Dende o Concello de Tui desexan moita sorte aos nosos padeeiros neste Campionato de Europa de Maratón, así como animan aos tudenses a dar todo o seu apoio a Iván, Manu, Óscar e Ramón.

Municipio de Tui


Andaina Saudable Eurocidade - Trilho do Real

O próximo sábado 8 de xuño ás 10.00 horas

O próximo sábado 8 de xuño terá lugar a sétima andaina saudable da Eurocidade 2013, "Trilho do Real" en Valença, organizada pola Eurocidade Tui-Valença, e dentro do programa de actividades "Eurocidade Valença-Tui: Xuño Activo / Junho Activo".

Este trillo terá o seu inicio ás 10.00 horas españolas, dende o punto de encontro na Igrexa Matriz de Gandra (Valença), tendo un percorrido de 6 quilómetros, cunha duración aproximada de dúas horas e media, sendo a dificultade fácil. Para todos aqueles que non coñezan o punto de encontro quedarase ás 09.45 horas españolas no parking do Lidl de Valença.

Pódese seguir toda a información na páxina:

http://www.facebook.com/pages/Caminhadas-Saud%C3%A1veis-e-Andainas-Saudables/490178017705157

Puntos de encontro:
" Ás 10.00 horas españolas na Igrexa Matriz de Gandra
" Ás 09.45 horas españolas no parking do Lidl de Valença

Municipio de Tui


Edições C@2000
Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais