![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
- Semanário - Director: Luís Almeida| 1ª Pág. | Cultura | Desporto | Óbitos | Política | Pescas | Roteiro | Ficha Técnica | Edições C@2000 | Assinaturas |
|
|
REMEIROS/AS DO CLUB REMO TUI CONCENTRADOS EN SEVILLA Tres remeiros do Club Remo Tui estarán concentrados no CEAR da Illa da Cartuxa en Sevilla, dende o 1 ata o 14 de abril, para conformar os equipos nacionais que disputarán os próximos campionatos. Nuria Domínguez, Jesús Álvarez e Sergio Pérez, afrontan unha nova concentración coa selección nacional, tras os resultados acadados a pasada fin de semana no Trial de Primavera, proba disputada en Banyoles (Girona), no que os deportistas tudenses obtiveron unha medalla de prata, Nuria en skiff, e un cuarto posto, Jesús Álvarez e Sergio Pérez en dos sen temoneiro. O Concello de Tui quere felicitar ao Club Remo Tui e aos seus remeiros/as, xa que o club tudense, sendo un club pequeno e de recente creación, é o terceiro club de España que máis deportistas aporta nesta concentración, dado que tamén Esmeralda Santos ten moitas opcións a ser chamada pola selección para o equipo lixeiro. Concello de Tui A ASOCIACION TEA UN MAIS DE TUI CELEBRA O MARTES DO O DIA MUNDIAL DA CONCIENCIACION SOBRE O AUTISMO O Concello colabora coa Asociación á que lle ten cedido un local O martes, 2 de abril, é o Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo, a Asociación Pais Nais, Familiares e Amigos de Persoas con Trastornos do Espectro Autista TEA UN MAIS-TUI, quere divulgar esta data para que a sociedade, en xeral, e as contornas educativas, en concreto, sexan cada vez máis inclusivos. Pensamos que celebrar unha festa para nenos con e sen Trastornos do Espectro do Autismo (TEA) é a mellor forma de que adultos e nenos déanse conta de que a inclusión é posible e boa para todos. A festa celébrase en "A Esgalla" (Travesía Santo Domingo, 16 - antigo restaurante "La Cerilla") de 16.30 a 20.00. Organizaranse actividades lúdicas con inchables, coa Wii e ofrecerase unha merenda e camisetas, que serán subministradas pola Concellería de Servizos Sociais do Concello de Tui, que colabora con esta asociación. Contase tamén coa axuda de profesionais de BATA e voluntarios. A Asociación Pais Nais, Familiares e Amigos de Persoas con Trastornos do Espectro Autista TEA UN MAIS-TUI fundouse no ano 2010, co principal obxectivo de ofrecer apoio e asesoramento especializado tanto aos nenos con Trastornos do Espectro do Autismo como á súa contorna inmediata (familiares, escolas, amigos, etc.). Os Trastornos do Espectro do Autismo implican un atraso a nivel de adquisición da linguaxe, dificultades de relación social así como intereses restrinxidos e comportamentos estereotipados. Ademais as investigacións desenvolvidas nos últimos anos recalcan un aumento preocupante tanto da incidencia como da prevalencia da poboación con Trastornos do Espectro do Autismo (TEA), que xerou cambios no enfoque que se lle deu a esta problemática a nivel social. Esta asociación tudense afirma que "dende a mellor perspectiva de inclusión e apoio actual establecido a nivel lexislativo e demostrado a través de traballos empíricos realizados tanto no ámbito español como no internacional, hai un acordo común sobre as necesidades das persoas con esta problemática. Para ser cubertas ampliouse o ámbito de actuación para ofrecer coidados básicos dentro dun ambiente protexido e respectar o dereito da persoa para funcionar dentro da sociedade en condicións de igualdade de oportunidades. Subliñamos que na actualidade, na zona de Tui, reside un número elevado de familias que teñen un ou máis fillos afectados desta problemática. Inicialmente pola falta de centros especializados para atender a problemática complexa das persoas con Trastornos do Espectro do Autismo, os nenos, independentemente da súa idade acudían a outras institucións, en distintos puntos xeográficos de Galicia, sendo estas situadas a máis dunha hora de viaxe en coche. Esta situación levounos á necesidade de solicitar ao Concello de Tui un local, concedéndonos un situado en rúa Párroco Rodríguez Vázquez, nº 5. Na actualidade neste local da asociación levan a cabo os seguintes tipos de terapias: terapia sensorial, estimulación temperá, terapia ocupacional e logopedia, ademais de reunións dos socios, encontros de formación e información para os familiares de persoas con TEA con diagnóstico recente, actividades lúdicas integradas, etc". O Concello de Tui congratúlase da actividade que desenvolve esta Asociación e expresa a súa vontade de continuar colaborando intensamente coa mesma. Concello de Tui Do 1 ao 6 de abril celébrase a V Semana do Teatro Afeccionado
Terá lugar no Teatro Municipal de Tui
Do luns 1 ao sábado 6 de abril vaise celebrar no Teatro Municipal de Tui a V Semana do Teatro Afeccionado. Esta actividade, organizada pola Concellería de Cultura, é aposta polos grupos teatrais que hai na cidade. A súa celebración coincide coas festas patronais de San Telmo. A V Semana do Teatro Afeccionado foi presentada este mediodía polo alcalde, Moisés Rodríguez, a concelleira de Educación e Cultura, Vanesa Rodríguez, xunto a Miguel Angel Martínez, Cristina Fernández, Carmen Álvarez, Susana Blanco, Sheila Vila e Mónica Conde, representantes dos grupos de teatro afeccionados que van actuar nesta programación. A concelleira de Cultura, Vanesa Rodríguez, puxo de manifestou que esta V Semana do Afeccionado reflicte o traballo que alongo do ano se realiza nas distintas casas culturais. Avanzou que coma novidade este ano haberá á venda 150 abonos para as seis representación ao prezo de 5€, mentres que a entrada diaria para cada función custará 1,50€ e poranse á venda hora e media antes do comezo do espectáculo. O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, amosou a súa satisfacción ao comprobar que esta semana teatral segue sumando edicións "grazas ao bo facer das compañías de teatro afeccionado" dicía. Esta actividade afirmaba que "é un exemplo de cultura activa e participativa" ao tempo que afirmaba que "o éxito de público está garantido". A programación ábrese o próximo luns, 1 de abril, ás 20.15h coa obra de teatro infantil "Un día de espías" que representará "Garabullada Teatro" da Asociación Cultural "Xuntanza" de Randufe. Segundo explicou Miguel Ángel Martínez os actores teñen entre 9 a 15 anos e van estrear esta obra o luns no Teatro Municipal. O martes, 2 de abril, ás 21.15h será a quenda do grupo de teatro "San Fins" de Rebordáns coa representación de "Ratibrom". Cristina Fernández, integrante desta agrupación, explicou que sobre o escenario estarán oito persoas para dar vida a esta comedia que transcorre nun hotel de luxo. O mércores, 3 de abril, ás 21.15h o grupo de teatro "Atalaia" do Centro Sociocomunitario de Tui estreará "Cianuro so ou con leite". Carmen Álvarez "Melo", unha das actrices, daba conta de que esta obra, que transcorre nun velorio ten toda unha trama de ambición á que dan vida 11 persoas. O xoves, 4 de abril, ás 21.15h, a obra que se representará será "O Ciridonio", por parte do grupo de teatro "Caldemiños" da Asociación Cultural "A Insua" de Caldelas. Susana Blanco explicou que o protagonista é un taberneiro moi fachendoso. Sobre o escenario estarán oito actores. Mentres o venres, 5 de abril, ás 21.15h, "Aloia Teatro" da Asociación Cultural "Aloia" de Pazos de Reis representará "A vinganza da Petra". Mónica Conde, membro do grupo explicaba que se trata dunha obra moi divertida protagonizada por un matrimonio Petra e Manolo. Os actores teñen entre 21 e 18 anos. E pechando esta V Semana de Teatro Afeccionado o sábado, 6 de abril, ás 20.15h o grupo "Chirlomirlo" da Asociación Cultural "Xuntanza" de Randufe levará a escena "O enfermo imaxinario" de Moliere. Unha obra, que tal e como explicaba Miguel Ángel Martínez, algúns dos once actores que a representan nesta ocasión xa o fixeron hai 23 anos. Concello de Tui ANDAINA SAUDABLE EUROCIDADE 2013 "REGO DA PEDRA"
Este domingo 31 de marzo, ás 10.00 horas españolas, terá lugar o segundo percorrido do Circuíto de Andainas Saudables Eurocidade 2013, que terá a súa saída dende a Casa Forestal do Monte Aloia. Esta segunda andaina percorrerá unha distancia de 8 qm, sendo a dificultade baixa e tendo unha duración aproximada de dúas horas. Para todas aquelas persoas que non coñezan a Casa Forestal, quedarase ás 09.50 horas españolas no Centro Interfederado de Tui, dende onde partiremos ata a Casa Forestal. Para tódolos participantes entregarase un podómetro con radio, así como avituallamento. Concello de Tui O VINDEIRO MARTES 2 DE ABRIL A BIBLIOTECA CELEBRA O DIA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL
Un contacontos e obradoiro arredor de H.C. Andersen ás 18,00 horas A Biblioteca Pública Municipal de Tui conmemorará a celebración do Día do Libro Infantil e Xuvenil o vindeiro martes 2 de abril cun obradoiro e contacontos arredor das obras de Hans Christian Andersen. Esta actividade dirixida aos nenos entre 4 e 10 anos de idade comezará ás 18,00 horas da tarde. Dende 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co obxectivo de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os mais novos. A Biblioteca Municipal súmase asi a esta festa coa realización dunha pequena escolma das últimas novidades recibidas na Biblioteca de libros para os nosos máis pequeno usuarios así como das obras de Hans Christian Andersen existentes no fondo bibliográfico da Biblioteca Municipal. Se completan as actividades deste Día coa distribución entre os rapaces que acudan nesta xornada ao centro bibliotecario da mensaxe realizada en España pola OEPLI (Organización Española para o Libro Infantil). Con esta actividade a Biblioteca Municipal de Tui participa na celebración desta xornada e comeza a preparar a súas actividades do "Mes dos Libros que abrangueran un amplo abano de actividades dende o 23 de abril ata finais do mes de maio. Para a concelleira de cultura tudense, Vanesa Rodríguez Pereira, a celebración destas actividades amosa o dinamismo deste centro bibliotecario que tenta ofertar actividades dirixidas aos diversos segmentos de idades, dende o convencemento de que a lectura amais de contribuír á formación integral das persoas é unha óptima ferramenta para o lecer dos nosos cidadáns. MENSAJE PARA EL DIA DEL LIBRO INFANTIL - AÑO 2013 Leemos juntos, tú y yo.
Oímos susurros
Entramos en misteriosos castillos
Leemos juntos, tú y yo, dando vueltas y vueltas,
Poema de Pat Mora
Concello de Tui Rosendo Bugarín dará lectura este sábado ao pregón das Festas de San Telmo O acto solemne celebrarse no Teatro Municipal a partir das 19h.
A lectura do pregón dará inicio de forma oficial este sábado ás Festas na honra a San Telmo. O acto solemne celebrarse no Teatro Municipal a partir das sete da tarde. O pregoeiro deste ano é o médico tudense Rosendo Bugarín. Rosendo Bugarín é licenciado e doutor en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, diplomado en Sanidade e especialista en Medicina Familiar e Comunitaria, así como especialista Universitario en Urxencias. Durante máis de 15 anos traballou no Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela e, na actualidade, exerce como médico de familia no Centro de Saúde de Calo do Concello de Teo. Previamente á lectura do pregón terá lugar a coroación das raíñas e das damas das festas. A raíña xuvenil das festas é Sara González Rodríguez que estará acompañada por Uxía Ribeiro Pumar e Paula Somoza Candelo como damas de honra. Mentres a raíña infantil é Jenifer Ferreira Álvarez, e as súas damas son Nuria Romero Gómez e Lara Feijoo Pérez. No acto vai actuar a Banda de Gaitas de Pexegueiro. Festival Folclórico Festas de San Telmo Por outra parte o domingo ás 18.00h no Teatro Municipal de Tui celébrarase o "Festival Folclórico San Telmo 2013" coa participación dos grupos folclóricos "San Fins" de Rebordáns, "Santa Columba" de Ribadelouro, "Seixos Albos" de Areas, "San Xoán" de Paramos, "Inquendanzas" de Pazos de Reis, "O Mosteiro" de Pexegueiro e "Xuntanza" de Randufe. Entrada é libre. Concello de Tui O Teatro Municipal de Tui celebra os 10 anos de actividade cunha variada programación
Vén recollida no número 25 da Axenda Cultural Corredoira O próximo 11 de abril o Teatro Municipal de Tui cumprirá dez anos de actividade. Non haberá unha celebración concreta senón toda unha programación a desenvolver ata finais de maio xa que o importante é "o mantemento da actividade" tal e como se expuña esta mañá na presentación da nova programación cultural de Tui que se recolle no número 25 da Axenda Cultural "Corredoira". A programación do Teatro Municipal conta cun orzamento de 10 mil euros, un 10% menos que en 2012, e procede integramente de fondos municipais. Estes datos foron dados a coñecer esta mañá polo alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, a concelleira de Educación e Cultura, Vanesa Rodríguez, xunto a Eduardo A. Rodríguez "Tatán" de Títeres Tanxarina e Manuel Pombal de "Fulano, Mengano e Citano", que son dúas das compañías que nas próximas semana actuarán neste espazo. A concelleira de Educación e Cultura, Vanesa Rodríguez, explicou que desta "Corredoira" nº25 se editaron 15 mil exemplares que serán distribuídos en domicilios de Tui, de Valença e en establecementos públicos. Apuntaba que esta publicación é todo un referente, recolléndose na mesma tanto os sete espectáculos que haberá no Teatro Municipal entre o 19 de abril e o 24 de maio con cinema, teatro, monicreques e música; como outras actividades que se van celebrar no marco das festas de San Telmo, ou as feiras de Artesanía e o Libro. Tamén figura a programación tanto da Sala de Exposicións Municipal como da Biblioteca Pública Municipal. Vanesa Rodríguez, en referencia aos dez anos de actividade no Teatro Municipal puña de relevo o apoio logrado por parte do público pasando de 230 espectadores de media nos cincos primeiros anos aos 290 espectadores de media nos últimos cinco anos. O importante salientaba que é "poder manter unha programación estable e de calidade". O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, sinalaba que estes dez anos de Teatro Municipal supuxeron traballar no camiño dunha programación de calidade, galega, ampla e variada e cunha aposta clara pola cultura. Incidía en que cada unha das vinte e cinco axendas publicadas ata o momento "resumen a nosa historia". O mandatario municipal salientaba tamén a situación privilexiada na que se atopa Tui no marco da Eurocidade, ao tempo que agradecía a fidelidade do público. Concluía manifestando que "se neste momento complicado as administracións públicas non nos seguimos volcando en seguir programando mal imos" repetindo a súa máxima de que "a cultura é un investimento rendible". Eduardo A. Rodríguez "Tatán" explicou que este ano están a celebrar os 25 anos do espectáculo "Titiricircus" e os 30 anos da compañía, engadindo que "vir nestas condicións de celebración a Tui é moi importante". "Tatán" explicaba que "para Tanxarina Tui é un referente no noso traballo porque sempre tivemos a oportunidade de vir a este teatro". Gababa amais que a labor de programación que realiza dende a cidade, máis nestes momentos, o que fai dicía "que se respire certa normalidade da que todos precisamos". Manuel Botana, de "Fulano, Mengano e Citano" tiña tamén palabras de agradecemento para Tui, indicando que "Tui no sur da provincia é referencia hai moitos anos" e engadía que detrás de cada axenda cultural hai moito traballo de todas as persoas que durante estes anos mantiveron a programación. Manuel Botana indicaba que "Tui é un lugar máxico porque a xente asiste ao teatro" e isto é froito do traballo realizado. A programación no Teatro Municipal comezará o venres, 19 de abril, coa proxección da película "O Apóstolo". Ao día seguinte, sábado 20, Fulano, Megano e Citano leva a escena "A louca historia de Galicia". Mentres o mércores 24 de abril renderase un tributo a Zeca Afonso por parte da Banda Cervmusic, e o Coro Xuvenik da Academia Fernandes Fao. O venres 26 Tanxarina Títeres presentará "Titiricircus". A seguinte cita será o 10 de maio con "Días sen Gloria" a nova montaxe do CDG. A música volverá estar presente o 16 de maio co grupo Noitarega presentando o seu novo traballo "XXI". E por último pechará esta programación Talía Teatro coa obra "Pequena". Na Axenda Cultural "Corredoira" tamén se recollen algunhas da actividades que forman parte das Festas de San Telmo como a Coroación das Raíñas e a lectura do pregón das festas do sábado 30 de marzo, e o Festival Folclórico que terá lugar ao día seguinte. Así como o concerto que a Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín ofrecerá o luns 8, ou a Semana do Teatro Afeccionado que se celebrará do 1 ao 6 de abril. Outra actividades recollidas nestas publicación son a XVII Feira de Artesanía, a Feira Libro Galego, xunto ás exposicións que se van poder visitar na Sala Municipal, e as actividades da Biblioteca Municipal. Toda a programación pode consultarse na Axenda Cultural Corredoira e na web www.culturatui.info. Concello de Tui O PLENO DE TOMIÑO APROBOU POR UNANIMIDADE A POSTA EN MARCHA DA FUTURA ESCOLA INFANTIL DE GOIÁN
A Corporación Municipal acordou asinar un convenio de colaboración co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para a xestión do centro educativo A Corporación Municipal de Tomiño, reunida onte en pleno, aprobou por unanimidade, a aprobación dun expediente de modificación de crédito por importe de 244.000 euros, financiado con remanente de tesourería para gastos xerais, para a cofinanciación da construción da escola infantil de Goián. Asemade, os concelleiros e concelleiras aprobaron por unanimidade a "proposta da Alcaldía para a posta en marcha da escola infantil de Goián e sinatura do convenio de colaboración co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar". A sesión plenaria urxente produciuse despois de que a Xunta de Galicia comunicara ao Concello a decisión de incluir a devandita escola dentro do Plan Educa3, do Ministerio de Educación, e xestionada polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Como o proxecto constitúe unha vella aspiración do goberno local de Tomiño, que se remonta ao ano 2007, o Concello aceptou o requirimento de aportar o 40% do investimento, ademais de ceder os terreos e a antiga casa médica en Goián, que se destinara para tal fin hai varios anos. A nova escola infantil situarase nesta parroquia, aínda que as 61 prazas dispoñibles serán para nenos e nenas de 0 a 3 anos de toda a localidade. As novas prazas virían a sumarse ás 46 xa existentes na Escola Infantil de Tomiño, co que o concello disporá dun total superior ás 100 prazas. A obra ten un orzamento de 610.000 euros e responde a unha necesidade real da poboación, que na actualidade achégase aos 14.000 habitantes, dos cales 470 teñen entre 0 e 3 anos. Concello de Tomiño O PPVOTA EN CONTRA DE MANTER O TRANSPORTE PÚBLICO ENTRE VIGO- BAIXO MIÑO E O VAL MIÑOR A deputada do BNG, Carme Adán lamentou que o Partido popular rexeitara mellorar un servizo utilizado por un gran número de usuarios/as A deputada do BNG, Carme Adán defendeu hoxe, na Comisión de Ordenación do Territorio, unha iniciativa para manter o servizo de transporte da empresa ATSA na área metropolitana de Vigo ante o anuncio de reducir parte das súas liñas. A parlamentaria lamentou que o Partido popular votara negativamente unha iniciativa que ademais de, garantir o transporte no Baixo Miño e Val Miñor pretendía realizar un "Plan de transporte metropolitano da área de Vigo" incluíndo o uso dun billete metropolitano e tarifas reducidas para usuarios habituais como son os estudantes e persoas xubiladas. Para a deputada, "a negativa do Partido popular" a que prosperara a iniciativa nacionalista, provocará graves prexuízos aos usuarios e usuarias do transporte para todo o Baixo Miño nun momento no que é preciso potencialo para contribuír á redución do gasto no desprazamento das persoas. Adán negou que, "a falta de usuarios", como argumenta a empresa ATSA, sexa a verdadeira razón para suprimir as liñas polo que reiterou á petición de manter o servizo de transporte público e incrementar o número de usuari@s a través de convenios entre as empresas que realizan o transporte desde as localidades do Baixo Miño coas que o realizan en Vigo "negociando o uso dun billete metropolitano" que permita o transbordo entre as distintas liñas da mesma ou diferentes empresas. BNG A EUROCIDADE RECIBIU ONTE O PREMIO DO DEPORTE GALEGO 2012 Na categoría Galicia saudable no decurso da Gala do Deporte celebrada en Lugo O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, presidiu onte á tarde na cidade de Lugo a Gala de entrega dos Premios do Deporte Galego correspondentes ao ano 2012. O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, e o presidente da Cámara Municipal de Valença, Jorge Salgueiro Mendes, recolleron o premio outorgado á Eurocidade Tui - Valença na categoría de "Galicia saudable" en recoñecemento ao labor de promoción do deporte e dunha vida saudable que realizan a Eurocidade coas numerosas iniciativas deportivas que promove. Este recoñecemento valoriza o carácter pioneiro da cooperación transfronteiriza, desenvolvida polas cidades de Valença e Tui, co obxectivo de mellorar a saúde dos seus cidadáns, a través da promoción da práctica da actividade física. A Eurocidade desenvolveu, ao longo de 2012, 8 programas específicos para a promoción da práctica da actividade física e deportiva. En concreto, o circuíto de andainas saudables Eurocidade 2012 (con catorce andainas ao longo do ano), 1º torneo de fútbol 7, trofeo de pesca deportiva, Eurocidade BTT, Eurocidade 10, trofeo de balonmán, 2ª travesía a nado Eurocidade e o trofeo de natación de Nadal. Mais de catro mil participantes testemuñan o éxito destes programas de actividades. Deportistas como Tamara Echegoyen, Sofía Toro, María Victoria Alonso Vilariño, David Cal, Sebastián 'Chano' Rodríguez, Suso Morlán, Carlos Cortés e Ana Peleteiro. Igualmente, equipos como o CRAT A Coruña, o Club Deportivo Lugo, a selección de tenis en cadeira de rodas, e o Club de Hockey Barrocás foron galardoados neste acto. Tamén destacou o presidente da Xunta o traballo colectivo de institucións como o Centro Público Integrado Doctor López Suárez de Friol, a Volta Ciclista a España ou a Asociación Galega de Xogo Popular e Tradicional. O labor informativo de xornais como o Faro de Vigo, ou patrocinadores como Mecalia Energy Systems. E, finalmente, mencionou, ademais, os "respaldos institucionais" de organismos como o Concello de Vilalba, o Concello de Tui ou a Cámara Municipal de Valença. "Galicia ten en todas estas persoas, equipos e institucións, un espello onde mirarse. Galicia é máis grande grazas a eles" rematou o Presidente Núñez Feijoo. BNG A EUROCIDADE RECIBIU ONTE O PREMIO DO DEPORTE GALEGO 2012 Na categoría Galicia saudable no decurso da Gala do Deporte celebrada en Lugo
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, presidiu onte á tarde na cidade de Lugo a Gala de entrega dos Premios do Deporte Galego correspondentes ao ano 2012. O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, e o presidente da Cámara Municipal de Valença, Jorge Salgueiro Mendes, recolleron o premio outorgado á Eurocidade Tui - Valença na categoría de "Galicia saudable" en recoñecemento ao labor de promoción do deporte e dunha vida saudable que realizan a Eurocidade coas numerosas iniciativas deportivas que promove. Este recoñecemento valoriza o carácter pioneiro da cooperación transfronteiriza, desenvolvida polas cidades de Valença e Tui, co obxectivo de mellorar a saúde dos seus cidadáns, a través da promoción da práctica da actividade física. A Eurocidade desenvolveu, ao longo de 2012, 8 programas específicos para a promoción da práctica da actividade física e deportiva. En concreto, o circuíto de andainas saudables Eurocidade 2012 (con catorce andainas ao longo do ano), 1º torneo de fútbol 7, trofeo de pesca deportiva, Eurocidade BTT, Eurocidade 10, trofeo de balonmán, 2ª travesía a nado Eurocidade e o trofeo de natación de Nadal. Mais de catro mil participantes testemuñan o éxito destes programas de actividades. Deportistas como Tamara Echegoyen, Sofía Toro, María Victoria Alonso Vilariño, David Cal, Sebastián 'Chano' Rodríguez, Suso Morlán, Carlos Cortés e Ana Peleteiro. Igualmente, equipos como o CRAT A Coruña, o Club Deportivo Lugo, a selección de tenis en cadeira de rodas, e o Club de Hockey Barrocás foron galardoados neste acto. Tamén destacou o presidente da Xunta o traballo colectivo de institucións como o Centro Público Integrado Doctor López Suárez de Friol, a Volta Ciclista a España ou a Asociación Galega de Xogo Popular e Tradicional. O labor informativo de xornais como o Faro de Vigo, ou patrocinadores como Mecalia Energy Systems. E, finalmente, mencionou, ademais, os "respaldos institucionais" de organismos como o Concello de Vilalba, o Concello de Tui ou a Cámara Municipal de Valença. "Galicia ten en todas estas persoas, equipos e institucións, un espello onde mirarse. Galicia é máis grande grazas a eles" rematou o Presidente Núñez Feijoo. Concello de Tui O LUNS 25 E O MERCORES 27 DE MARZO NOVOS CONCERTOS DO I CICLO DE XOVES CONCERTISTAS O vindeiro luns, día 25 de Marzo, celebrarase, na sala de Audicións do Conservatorio de Música Profesional de Tui, o segundo concerto do I Ciclo de Xoves Intérpretes, unha iniciativa deste centro docente do Concello de Tui que contou cunha favorable acollida. Nesta ocasión os participantes serán Tania Quintas Fernández e Héctor Lores Valladares, ámbolos dous pianistas, estudantes do Conservatorio de Tui. O repertorio a interpretar serán obras de autores coma: Beethoven, Haëndel e Albéniz. O horario será as 21:00h e a entrada será gratuíta e limitada ata encher o aforo. Aproveitando as datas de Semana Santa, engadimos un día máis(a parte dos xa sinalados dende un principio) a este I Ciclo de Concertos de Xovess Concertistas. Asi o mércores 27 de marzo celebrarase a partir das 20:30h. na Sala de Audicións do Conservatorio de Música Profesional de Tui o terceiro cncerto do Ciclo, neste caso a cargo das violinistas Sara e Raquel Areal Martínez, irmáns e estudiantes de violín. Coma sempre, a entrada será gratuíta ata encher o aforo da sala. Este ciclo continuará con novas citas o luns 29 de abril e o luns 27 de maio no que participaran novos interpretes relacionados co Conservatorio Municipal de Tui e que testemuñan a vitalidade deste centro educativo do Concello de Tui. Concello de Tui O CONCELLO DE TUI BRINDA E BRINDARÁ O MÁXIMO APOIO POSIBLE AO CLUB KAYAK TUDENSE Así lle foi expresado nunha xuntanza esta mañá á directiva do club O Concello de Tui ven apoiando ao Club Kayak Tudense, así como ao resto dos clubs do noso concello, ao máximo das súas posibilidades económicas e institucionais nestes últimos anos. Tras as declaracións vertidas aos medios de comunicación polo ex-presidente do Club Kayak Tudense, Esteban Alonso, no que dicía que "dende a Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra e o Concello de Tui non se nos valora. As subvencións son ridículas e así non se pode apostar polo deporte. Ni nas competicións ni na base, que é o futuro", o Concelleiro de Deportes de Tui, Nicolás Lorenzo, mantivo esta maña unha xuntanza co presidente e a Xunta Directiva do Club Kayak para expresar de forma inequívoca o apoio municipal a esta entidade sen animo algún de polémicas estériles. Con todo, para o coñecemento da opinión pública cómpre informar, nos mesmos termos que os expresado da devandita xuntanza, da actuación desenvolvida neste tema polo Concello de Tui. Dende hai dous anos, que é o tempo que leva o actual equipo de goberno, a Concellería de Deportes anunciou, que o apoio ao Club Kayak Tudense, non só o mellor club do noso concello, senón o mellor club de Pontevedra e de España no mundo do piragüismo, ía ser máximo dentro das súas posibilidades. De feito, nos primeiros presupostos da Concellería de Deportes no ano 2012, o importe da subvención ao Club Kayak Tudense veuse incrementada de 8.500€ a 12.000€. Este importe é o 20% do importe total das subvencións aos 13 clubs deportivos, sendo o club que maior achega económica recibiu de tódolos clubs rexistrados no noso concello. Pero o Club Kayak Tudense non só veu incrementada esta subvención deportiva, senón que na organización do Descenso Internacional do Miño, na que o club tudense é o organizador xunto co Concello, ese mesmo ano aumentouse dende os 5.000€ ata os 7.000€. Cabe lembrar que, cando o Descenso corría risco de desaparecer, o apoio do Concello foi máximo, recuperando o descenso popular e convertendo á Festa do Miño na actividade estrela do verán na nosa cidade. "Alguén pensará que non son cantidades moi elevadas para un club que leva sendo o mellor club de España dende hai moitos anos, pero dadas as circunstancias económicas reinantes, e dadas as posibilidades económicas do Concello de Tui, é imposible poder elevar máis esas cantidades", engade o concelleiro Lorenzo Montes. Pero o apoio non só é económico, dado que o Club Kayak Tudense dispón das instalacións do Centro Municipal de Piragüismo "Quique Míguez", para os seus adestramentos, polas que o club non ten gasto algún, ao igual que o resto de clubs tudenses que utilizan as instalacións deportivas municipais. Subvencións, instalacións, e tamén apoio na organización de eventos deportivos. Cabe lembrar que amais da organización do Descenso Internacional do Miño, en agosto de 2012 organizouse un dos mellores Campionatos de España de Maratón da historia, no que o Concello de Tui correu coa maioría dos gastos da organización, sen poñer ningún impedimento ás necesidades organizativas, o que fixo que a Federación Española de Piragüismo se sentira orgullosa da organización por parte do club tudense e do Concello. Institucionalmente, a disposición do actual concelleiro de Deportes para acompañar aos directivos dos clubs tudenses ás reunións coa Deputación de Pontevedra e coa Secretaría Xeral para o Deporte é máxima. E seguirá séndoo, no caso do Club Kayak Tudense, co novo presidente José Luís "Sito" García. Neste sentido, o concelleiro comprometeuse a xestionar diante doutras administracións a percepción das axudas comprometidas. O apoio do Concello de Tui a través da Concellería de Deportes aos deportistas tudenses é un dos obxectivos principais e no ano 2012 veuse reflectido nas numerosas recepcións e homenaxes aos padeeiros tudenses, e tamén na creación das becas aos deportistas tudenses de alto nivel. Nese ano 2012, o presuposto do Concello nestas bolsas foi de 10.000€, dos cales, 5.700€ foron para padeeiros do Club Kayak Tudense. E para este ano 2013, pendentes de aprobar os presupostos, a cantidade verase incrementada ata 12.000€. Nicolás Lorenzo sinala que o Club Kaiak merece isto e máis, así como os outros deportistas e entidades tudenses que co seu esforzo levan o nome da cidade por tantos lugares, pero as posibilidades económicas do Concello son limitadas e "estamos realizado un gran esforzo no apoio ao deporte tudense, incrementando substancialmente a aportación económica municipal como que queda patentizado no anteriormente referido. A crise actual nos obriga a todos a un esforzo e este Concello de Tui o fixo no ano 2012 e continuará facéndoo neste 2013". Concello de Tui O CONCELLO DE TUI ASUME A DEFENSA XURÍDICA DOS TUDENSES QUE QUEDEN FORA DA ARBITRAXE Nun só día promovéronse 43 arbitraxes en Tui. O alcalde compromete manter o respaldo personalizado e gratuíto de chegar á vía xudicial. A ocupación das instalacións municipais non está autorizada O goberno local de Tui informa de que no día de onte aceptáronse un total de 43 arbitraxes para outros tantos veciños da cidade, vítimas da estafa vinculada á comercialización de participacións preferentes e obrigacións subordinadas. O goberno local de Tui non desistirá no seu empeño por defender, cos afectados, a devolución íntegra de todos os seus aforros. Por iso, decidiu asumir os gastos de defensa xurídica de todos os tudenses afectados e que queden forá da vía da arbitraxe pola que se segue loitando ata esgotar todos os tempos e vías. A contrarreloxo, como xa advertiu o propio goberno local hai máis de quince días, xoga en contra. A noticia positiva neste respecto é que o período de arbitraxes non acabará este mes senón que, segundo confirmaron hoxe as mesmas fontes de Consumo ao alcalde de Tui, continuará durante o mes de abril. O goberno local seguirá loitando pola vía da arbitraxe para conseguir a devolución íntegra dos seus aforros a todos os tudenses afectados e reitera que, de chegar á vía xudicial sen alcanzarse a totalidade dos reintegros aos aforradores, ofertarase de forma gratuíta esa defensa xurídica para lograr a canxe efectiva e sen quitas durante a segunda etapa desta crise. Habilitaríase para iso un departamento específico dende o que se mantería o contacto personalizado e individual de cada caso e que tramitaría os expedientes dos veciños afectados. O goberno local de Tui agradece a comprensión de todos os veciños e empregados municipais que ata a data, soportaron a situación de bloqueo administrativo que se produciu debido á ocupación das instalacións. Co mesmo respecto solidarízase tamén cos que defenden os seus dereitos tras ser estafados e segue priorizando o seu respaldo incondicional. A defensa dos dereitos de todos e cada un dos tudenses debe continuar. Por tanto e, co mesmo respecto co que se ofrece a asistencia legal gratuíta, infórmase de que, a partir de onte, día 19 de marzo do 2013, non está autorizada nin permitida a ocupación das dependencias municipais tolerada ata ese día. Todos estes feitos foron comunicados onte persoalmente polo alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, en tempo e forma, a dous dos portavoces da plataforma de afectados do Baixo Miño e a varios veciños máis presentes no salón de plenos ás cinco da tarde. Preténdese que a actividade municipal poida reanudarse con normalidade en defensa dos dereitos de todos os veciños sen relaxar o nivel de defensa dos afectados ata que se consiga a solución definitiva deste tema, pero este compromiso do goberno tudense está a ser reflectido no número de arbitraxes alcanzado. Concello de Tui O CONCELLO DE TUI SE SUMA O PRÓXIMO 23 DE MARZO Á HORA DO PLANETA 2013 Durante unha hora -de 20:30 a 21:30 horas- o sábado 23 de marzo O Concello de Tui procederá ao apagado do alumeado da Catedral adheríndose así á campaña A Hora do Planeta 2013, promovida por WWF. Con este acto simbólico, o Concello de Tui expresa o seu apoio á acción contra o cambio climático e contribúe a lanzar a mensaxe de que entre todos podemos evitar que o planeta aumente a súa temperatura ata un punto en que se produzan danos irreversibles para a natureza, a economía e a saúde. A Hora do Planeta mobilizou en 2012 a máis de 7.000 cidades de 152 países. En España foron máis de 300 entidades as que no ano pasado apagaron as luces de oficinas e edificios emblemáticos como La Alhambra, La Sagrada Familia, La Torre Agbar, el Museo Guggenheim ou o Palacio Real de Madrid, converténdose todos eles nun gran escenario de celebración e homenaxe ao Planeta. Neste año 2013, A Hora do Planeta da un paso máis e pídelle aos Concellos que se comprometan e asuman medidas para gañar en eficiencia enerxética. Así mesmo, invita a cidadáns, empresas e entidades a ser eficientes no uso da enerxía e promover as enerxías renovables. O Concello de Tui se suma neste ano por vez primeira a esta iniciativa apagando as luces do principal e mais emblemático edificio da nosa cidade, a catedral de Santa María, entre as 20,30 e as 21,30 horas, para testemuñar o seu compromiso a prol do noso Planeta. Dende o Concello de Tui se anima aos cidadán a sumarse a esta iniciativa que pretende suscitar unha conciencia colectiva na defensa do noso planeta e do medio ambiente apagando a luz nesta hora entre as 20,30 e as 21.30 do vindeiro sábado, sumándose aos milleiros de persoas que en todo o mundo se suman a esta iniciativa. WWW é unha das maiores e máis eficaces organizacións internacionais independentes dedicadas á conservación da natureza. WWF foi creada en 1961 e en España formouse en 1968. Concello de Tui O CLUB KAYAK TUDENSE CAMPION DE ESPAÑA DE INVERNO E a atleta Uxía Pérez bronce no Campionato de España Xuvenil de Cross O Club Kayak Tudense proclamouse a pasada fin de semana Campión de España por clubes no Campionato de España de Inverno de Piragüismo que se disputou na Illa da Cartuja de Sevilla. Esta é a sétima vez consecutiva que o club tudense acada o Campionato de España de inverno, o que constata o potencial dos seus padeeiros e o bo traballo que fai o seu corpo técnico. Como resultados máis destacados dos padeeiros tudenses desprazados ata Sevilla, resaltar a Andrea Porteiro que acadou a medalla de bronce na categoría K1 xuvenil, Óscar Carrera, que foi medalla de bronce na categoría K1 Sub23 e Manu Garrido, que acadou a medalla de bronce na categoría C1 Sénior. Salientar a actuación do padeeiro Roi Rodríguez, que recibiu as tres ovacións máis fortes do público, dado que o tudense ao romper a súa pala na saída, remou como puido ata a liña de saída, recibindo a primeira ovación e ao substituír a pala, caeu á auga. O padeeiro, en vez de abandonar a proba, volveu a subir á piragua e retornou á competición, polo que o público o ovacionou de novo. Roi entrou na liña de meta no último lugar, pero o público en pé ovacionoulle como recoñecemento ao seu esforzo e entrega. En definitiva, espléndido resultado, unha vez máis, para os padeeiros e adestradores de Club Kayak Tudense, que aínda que non pasen polo mellor momento económico, fan o máximo esforzo para competir ao máximo nivel e demostrar que, hoxe por hoxe, non hai mellor club a nivel nacional. O Concello de Tui felicita ao Club Kayak Tudense por este novo éxito deportivo que testemuña o importante traballo que desenvolve este club e o esforzo dos seus deportistas. Por outra banda, no deporte do atletismo, Uxía Pérez Bugarín volve a ter éxitos a nivel nacional, xa que a pasada fin de semana acadou a medalla de bronce no Campionato de España Xuvenil de Cross, no campionato disputado en Avila. Felicitacións para Uxía polo éxito neste campionato, así como para os adestradores e directivos do Club Atletismo Tui-Thermalia. Concello de Tui O CONCELLO INFORMA DA POSIBILIDADE DE FRACCIONAR O PAGO DO IBI CORRESPONDENTE AO ANO 2013 O Concello de Tui informa que neste ano 2013 é posible fraccionar o pago do Imposto de Bens Inmobles (IBI) en dous prazos ao abeiro do calendario fiscal aprobado polo Consello Reitor do ORAL. O primeiro prazo sería cargado o 1 de agosto e o segundo prazo o 1 de outubro de 2013. O prazo para solicitar este fraccionamento remata o 31 de marzo de 2013. Para poder acceder a este fraccionamento do pago cómpre presentar a correspondente solicitude na oficina do Oral situada na rúa Coruña da nosa cidade. Nesta solicitude debe figurar: nome e apelidos, enderezo, DNI asi como a referencia catastral do inmoble para cuxo recibo se solicita o fraccionamento, e finalmente a conta bancaria onde efectuar a domiciliación destes dous prazos, pois unicamente se admite este fraccionamento no caso dos recibos con domiciliación bancaria. Para o concelleiro de facenda do Concello de Tui, Marcelino Cendón, esta medida pretende facilitar o pago dos impostos por parte dos veciños especialmente nestes tempos de crise e dificultades económicas en moitos fogares. Concello de Tui O ALCALDE TUI E O PRESIDENTE DA CAMARA DE VALENÇA ASISTIRON Á SINATURA DUN MEMORANDO SOBRE DEPORTE ENTRE GALICIA E PORTUGAL
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, e o presidente da Cámara Municipal de Valença, Jorge Mendes, asistiron o pasado sábado en Santiago de Compostela á sinatura do Memorando de Entendemento entre a Presidencia do Consello de Ministros da República Portuguesa e a Xunta de Galicia no campo do deporte. Neste acto participaron o Presidente da Xunta de Galicia e o Secretario de Estado de Deporte e Xuventude da República Portuguesa. Gracias a este Memorando se potenciará o traballo conxunto entre a Xunta e o Goberno de Portugal, en ámbitos como na difusión da ética do deporte como un xogo limpo; no intercambio de experiencias para a organización de distintos foros deportivos e, tamén, para presentar candidaturas conxuntas en eventos e en competicións. O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avogou, no decurso deste acto, por profundar na cooperación transfronteiriza e seguir fomentando a mobilidade das persoas, os proxectos de innovación no intercambio empresarial e a constitución de Eurocidades como Verín-Chaves e Valença-Tui. "Esta Eurorrexión que creamos fai 22 anos supón 6 millóns de cidadáns europeos que convivimos e vivimos xuntos e queremos seguir cooperando e seguir traballando xuntos, dando pasos firmes practicamente en todas as áreas posibles". Feijóo explicou que, desde que en 2007 o Libro Branco da UE sobre o deporte estableceu un mecanismo de colaboración neste eido, a Xunta está a traballar tamén neste ámbito, "xa que o deporte é un sector dinámico da economía, que xera emprego e é unha ferramenta da saúde e un elemento clave na educación e na convivencia dos pobos". "Temos moi claro que o deporte é economía e por iso o clúster do Deporte Galego é unha das nosas metas; un clúster que se inserta no Plan estratéxico do Deporte do Goberno de Galicia", recordou. Así mesmo, insistiu en que o Executivo autonómico ten claro, tamén, que o deporte é saúde, e que todo o que se invista en deporte será unha diminución do gasto en sanidade. E, ao fío disto, lembrou o programa Galicia Saudable, "unha estratexia global que poñemos neste Memorando a disposición do país veciño; e que supón un recoñecemento pola importancia de fomentar a actividade física con carácter xeral, con independencia das idades e con independencia dos lugares de residencia". A Eurocidade Tui - Valença foi destacada como exemplo deste traballo conxunto no ámbito do deporte onde desenvolve unha ampla colaboración que ven de ser recoñecida pola propia Xunta de Galicia coa concesión dun dos premios do deporte galego 2012. Para o alcalde de Tui a presenza da Eurocidade neste acto testemuña como o labor que promove a Eurocidade suscita interese e incorpora novos proxectos de cooperación de dimensións transfronteiriza que atopan nas cidade de Tui e Valença o espazo idóneo para a súa posta en marcha, convertendo á Eurocidade Tui - Valença en espazo de vangarda no traballo de cohesión da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal. Concello de Tui PLAY-DOC PECHA A SÚA NOVENA EDICIÓN CON CASE 6.000 ESPECTADORES - Directores, críticos, produtores e programadores galegos debateron onte sobre o bo estado da cinematografía independente de Galicia; coincidindo en que hai filmes que “conviven en pé de igualdade con propostas de todo o mundo”, sen que existan apoios das institucións rexionais para promover a súa produción e distribución. Play-Doc Festival Internacional de Documentais de Tui pechou onte a súa novena edición con case 6.000 espectadores, o que confirma a fidelidade do diverso público do certame. A xornada de clausura estivo marcada pola presentación dos resultados do quinto obradoiro 'O retrato filmado', que documentou a vida de varios tudenses ao longo dun lustro, da man de novos cineastas; e polo debate aberto ao público entre directores, críticos, produtores e programadores galegos, moderado polo historiador de cinema Manolo González. Na mesa de debate sentaron os cineastas Xan Gómez e Lois Patiño, con filmes na selección deste ano; a produtora Beli Martínez, responsable de Arraianos, na sección oficial; e Martin Pawley como representante da crítica. Este foi o primeiro en intervir, contextualizando o Novo Cinema Galego, etiqueta que el, entre outros, creou. Se ben admitiu que “as tres palabras son cuestionables e todas admitían debate” á hora de acuñar o termo; esta nomenclatura cumpriu a súa función orixinal: “Darlle visibilidade a este cinema”. Os nomes que a compoñen son moitos e diversos. Entre eles, Xan Gómez, que si ve “unha coincidencia na maneira de considerar o cinema”, mais non pensa que exista “unha xeración no sentido das novas ondas dos anos 60”. Lois Patiño, pola contra, afirmou: “Eu si me sinto dentro”. Para o autor de Montaña en sombra, o importante é que todos comparten a vontade de “explorar novas liñas de expresión na linguaxe cinematográfica”. Pero máis aló das pequenas discrepancias que se mostraron nestas consideracións, todos estiveron de acordo en algo “que é obxectivo e cuantificable”, recordou Pawley: a presenza destes títulos en festivais tan importantes como Cannes, Locarno, Copenhague, Roma ou Marsella, entre outros. Estes filmes “conviven en pé de igualdade con propostas de todo o mundo”, recalcou o crítico de Acto de Primavera. Outro dos grandes puntos de acordo foi a preocupación sobre o futuro, se non se poñen as ferramentas adecuadas para a continuidade deste fenómeno. “As axudas ao talento só supuñan un 8% do total do orzamento dedicado á produción”, recordou Manolo González. E engadiu, aludindo á selección dos filmes en festivais internacionais: “Nunca un investimento tan cativo, deu resultados tan espectaculares en termos cinematográficos”. Lois Patiño laiouse da pouca implicación da administración neste terreo. “Se estas películas se contan como embaixadoras de Galicia, debera haber cartos para realizar os filmes que queremos, non?”, argumentou. Xan Gómez, consciente de que a situación pode ficar estancada moito tempo, chamou a “procurar formas de financiamento alternativas”. O programador do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI), Jaime Pena, que estaba presente na sala, comentou que unha posible saída a este bloqueo sería a “aparición dun Luis Miñarro en Galicia”, en referencia ao prolífico produtor catalán, que apoiou as carreiras de Isabel Coixet ou Apichatpong Weerasethakul, entre outros. A clave do éxito desta xeración, segundo Pena, é que “tivo moi claro dende o principio que non podía facer o cinema de Martin Scorsese, mais si o de Raya Martin”. Este famoso director filipino logrou xerar interese por outros filmes producidos no seu país, caso tamén aplicable a cinematografías como a portuguesa ou a romanesa, onde tamén se vendeu de cara o exterior unha imaxe de importante relevo xeracional. Neste sentido, “hoxe é máis doado programar un filme galego que hai tres anos”, indicou Pawley, argumentando que a selección de Oliver Laxe en Cannes en 2010 foi “a primeira bandeira cravada”, que axudou a outras despois a chegar a onde chegaron. Porén, xunto á recuperación das axudas ao talento, ou a procura de novos modelos de financiamento; hai outro piar crave para o mantemento desta efervescencia no futuro: a educación. Beli Martínez foi aquí a máis crítica, argumentando que todas as universidades e escolas de imaxe e son de Galicia “ensinan coma se todos os alumnos tivesen que producir unha superprodución”. A realidade é que a inmensa maioría van ter que traballar con orzamentos ínfimos e, nese terreo, a proposta do Novo Cinema Galego semella moi axeitada. Son estes métodos de produción independente, os que hai que incorporar á docencia, defendeu a produtora de Arraianos. prensa@play O GOIANÉS CARLOS "CHARLY" LÓPEZ, CAMPIÓN GALEGO DE KICK BOXING, DISPUTARÁ EN FRANCIA O CAMPIONATO MUNDIAL A competición internacional terá lugar na cidade de Bordeus o vindeiro sábado 23 de marzo de 2013 O deportista goianés Carlos "Charly" López, campión galego de Full Contact e de Kick Boxing, viaxa á cidade francesa de Bordeus onde disputará a Final Mundial de Full Contact K1, o vindeiro sábado 23 de marzo. O tamén subcampión de España de Kick Boxing, practicou durante 9 anos o piragüismo no club Kayak Tudense, antes de dedicarse profesionalmente a este novo deporte. Esta é a primeira vez que o goianés, de 24 anos de idade, sae fora de España para asistir a unha competición deportiva. No vindeiro mes de xuño, o boxeador organizará coa colaboración do Concello, os campionatos galegos de Kick Boxing que terán lugar no Polideportivo de Goián. Concello de Tomiño CC OO de Galicia explica o papel das macrorrexións nunha xornada sobre cooperación transfronteiriza na industria O 37% da poboación europea reside en espazos fronteirizos, en zonas de cooperación Xavier Dongil, de Comisións Obreiras de Galicia, intervén hoxe nun seminario sobre cooperación transfronteiriza na industria que ten lugar hoxe en Valladolid. O representante de CC OO falará en nome do comité de pilotaxe dos consellos sindicais interrexionais (CSIr), un órgano da Confederación Europea de Sindicatos (CES). Entre os relatores desta xornada haberá representantes de sindicatos de Portugal e España, que representarán sectores como o téxtil, a automoción ou o agroalimentario. Nas mesas redondas trataranse temas como as políticas da Unión Europea e o seu impacto no tecido produtivo, a cooperación industrial, a negociación colectiva, as condicións laborais e o desenvolvemento das macrorrexións no novo contexto europeo. Precisamente, nesta última intervirá Dongil, a partir das 16:15 horas. O 37% da poboación europea vive en zonas de fronteira. Dongil describe os CSIr como "o instrumento da CES para o traballo de cooperación transfronteiriza, a mobilidade de traballadores e traballadoras e a participación nos EURES". Actualmente hai en Europa 45 CSIr. O primeiro constituíuse en 1976 e intégrano as rexións Saar, Lux, Trier e Westpfalz, entre Alemaña, Francia e Luxemburgo. O máis recente, constituído en 2009, fórmano Steiermark-Podravje e Pomurje, entre Austria e Eslovenia. O CSIr Galicia-Norte de Portugal, o noveno en constituirse, naceu en 1985. O membro do comité de pilotaxe dos CSIr da CES explica que se está a traballar para "definir con maior claridade" as tarefas destes consellos, e que as principais tarefas están centradas en detectar os obstáculos á mobilidade das traballadoras e traballadores transfronteirizos, aspecto no que resulta "fundamental" o papel dos sindicatos. Xavier Dongil avoga por desenvolver o papel dos CSIr reforzando a cooperación transfronteiriza no eido da negociación colectiva, e lembra que o 37% da poboación europea vive en zonas de cooperación, zonas de fronteira. Gabinete de Comunicación do S. N. de Comisións Obreiras de Galicia |
Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Crónica Política (1906 - 1913)
|