Jornal Digital Regional
Nº 437: 25 Abr/1 Mai 09 (Semanal - Sábados)
Email Assinaturas Ficha Técnica Publicidade 1ª Pág.

CURSO GRATUÍTO DE COMERCIO ELECTRÓNICO
E DE PROTECCIÓN DE DATOS

A Asociación 'ábaco' e a Academia Informática San Benito, organizan un Curso gratuíto de Comercio electrónico e Protección de datos, para autónomos e desempregados.

Este curso impartiráse durante un mes e terá unha duración de 25 horas repartidas no seguinte horario: os luns e mércores de 20:30 a 23:00. O Curso comezará o vindeiro luns 4 de Mayo de 2009 e rematará o 3 de Xuño de 2009.

Todos aqueles interesados en facelo curso deben de porse en contacto coa Asociación 'ábaco' no 986 61 0887 ou ben en Informática San Benito no 986 60 8920 para reservar a súa praza canto antes xa que as prazas son limitadas.

Para facer o Curso é necesario que o interesado nos remitan canto antes a seguinte documentación para tramitar, deste xeito, á súa inscripción:

Ä COPIA DO DNI
Ä COPIA DA TARXETA DA SEGURIDADE SOCIAL
Ä COPIA DA NÓMINA OU AUTÓNOMO DO MES DE "ABRIL"

Módulos do Curso:

® Introducción ao comercio electrónico
® Conceptos básicos de internet
® Escenarios do Comercio electrónico
® E-comerce aberto e pechado
® Bases de datos
® Seguridade en internet
® Tendas Virtuales
® Marketing e publicidade en internet
® Protección de Datos
® Outros aspectos relevantes

¡Vos esperamos!

'ábaco'

Presentación do disco do grupo Ghaita Depedra

Este sabado día 25 de Abril ás 20:30 horas, presentase en Lugo no auditorio Gustavo Freire o disco do grupo Ghaita Depedra, grupo ao cal pertenece o noso profesor de Frauta Luís Rodil.

Tamén ides ter a posibilidade de escoitar colaboracións de músicos como: Anxo Pintos, Iván Costa, Begoña Riobó, Julio Abal, Antón Méndez, Jose García y Efraím Díaz.

A entrada e gratuita.

O CONCELLO DE TUI REALIZARÁ ESTE DOMINGO UN ACTO CONMEMORATIVO DOS “30 ANOS DE CONCELLOS DEMOCRÁTICOS”

Este domingo, 26 de abril, o Salón de Plenos da Casa do Concello de Tui acollerá un acto institucional conmemorativo do “30 aniversario de concellos democráticos”; no decurso do mesmo todos os concelleiros elixidos polos tudenses ao longo destas tres décadas recibirán unha placa conmemorativa como testemuña desta homenaxe.

Será un acto sinxelo que constará dun discurso do Alcalde de Tui, falando en representación dos concelleiros homenaxeados José Luis Gómez Núñez, integrante da primeira Corporación democrática de 1979 e posteriormente Alcalde de Tui e medalla de ouro da cidade.

Concello de Tui

O BNG presenta unha iniciativa parlamentar para evitar a instalación de eólicos mariños.

As zonas escollidas polo Goberno español coinciden con importantes bancos pesqueiros, marisqueiros e percebeiros.

O Bloque Nacionalista Galego presentou unha iniciativa no Parlamento galego, por medio do deputado Bieito Lobeira, na que insta ao Goberno galego que adopte medidas que impidan a instalación de parques eólicos mariños no litoral galego.

O Goberno español vén de aprobar o denominado "Estudo Estratéxico Ambiental" do litoral co obxecto de definir as zonas aptas para a instalación de parques eólicos mariños.

Segundo este estudo, as zonas do noso litoral, como a costa de Oia até a Guarda ou a costa oriental da comarca da Mariña, resultan "aptas" para a instalación destas infraestruturas. Sendo o resto do litoral galego cualificado como "zonas aptas con condicionantes".

As zonas escollidas polo Goberno español coinciden con importantes bancos pesqueiros, marisqueiros e percebeiros. O impacto produtivo e ambiental sería brutal inasumíbel. Tamén no tocante á navegación marítima e á súa seguranza.

Neste mesmo senso, o portavoz municipal do BNG na Guarda, Xan Lois Lomba, vén de presentar unha moción para ser discutida en pleno, tendo en conta que unha das zonas consideradas "aptas" para a instalación de parques eólicos mariños é a costa que vai dende Oia até a Guarda, afectando directamente ao sector pesqueiro guardés que traballa á diario nestas augas, que vería seriamente afectada a súa actividade laboral con consecuencias desastrosas.

BNG

ROTA DOS LAGARES DE AZEITE DO RIO ÂNCORA
Autor
Joaquim Vasconcelos
Ambiente
Animação
Cultura
Desporto
Distrito
Educação
Empresas
Freguesias
Galiza
Justiça
Óbitos
Pescas
Política
Roteiro
Tribuna
Turismo
Saúde
Sucessos
MEMÓRIAS
DA
SERRA D'ARGA
Autor
Domingos
Cerejeira