Jornal Digital Regional
Nº 434: 4/10 Abr 09 (Semanal - Sábados)
Email Assinaturas Ficha Técnica Publicidade 1ª Pág.

PRESENTADA A PROGRAMACION DO "MES DOS LIBROS"
DA BIBLIOTECA MUNICIPAL

No decurso dunha rolda de prensa realizada esta maña polo concelleiro de cultura tudense, Moisés Rodríguez Pérez, acompañado polo técnico da Biblioteca, Rafael Sánchez Bargiela, foi presentado o programa de actividades a desenvolver pola Biblioteca Pública Municipal de Tui ao longo dos meses de abril e maio baixo o suxestivo titulo de "Mes do libros", que se desenvolve en colaboración co programa "Letras Vivas" da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.

O programa comeza mañá 2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil e Xuventil -en lembranza da data de nacemento de Hans Cristian Andersen- cunha actividade dirixida aos cativos a cargo de Tusitala contacontos, denominada "Os contos da Vía Láctea". Este espectáculo será ás 18,00 horas.

Entre os obxectivos que se marca a Concellería para este centro bibliotecario está o incremento de usuarios e especialmente do préstamo de libros.

Para acadar o primeiro obxectivo na programación presentada hoxe abordase por vez primeira actividades para adultos e para mozos. Así o 22 de abril haberá unha sesión de contacontos para adultos a cargo da actriz Charo Pita, titulada "Mulleres de palabra". En canto aos mozos a principios de maio será creada unha pequena sección de cómics na Biblioteca e para lanzar esta sección haberá unha actividade denominada "Obradoiro Express de banda deseñada" a cargo do ilustrador Gochi o vindeiro 8 de maio.

Igualmente seguiras as actividades de animación á lectura dirixidas aos nenos e nenas:
- 23 de abril, día do libro, lectura de capítulos do Quijote por xentes da vida social tudense
- 24 de abril, Ulalume contacontos co espectáculo "O libro dos libros"
- 14 de maio: Pavís Pavós, co seu contacontos "Había unha vez…"

Por outra banda, a Biblioteca prepara para o mes de maio unha exposición que baixo o nome de "Tui escrébese en versos" amosará unha escolma de poemas dedicado a Tui por diversos autores en lingua galega e castelán que iran acompañadas por imaxes da nosa cidade.

En relación ao segundo obxectivo, incrementar o número de prestamos, o Concello en colaboración coa Consellería de Cultura e Deporte e o Ministerio de Cultura, está facendo un esforzo para mellorar e actualizar os fondos bibliográficos. Así no primeiro trimestre de 2009 foron incorporados 580 novos titulos (418 para adultos e 162 para nenos) superando a colección da biblioteca os 27.000 rexistros. E así nestes tres primeiros meses do ano foron emprestados un total de 1.153 libros (563 de adultos e 590 infantís) que resultan escasos para o fondo que posúe a Biblioteca Municipal. Sinalou tamén o concelleiro como a Biblioteca ten 904 persoas inscritas no servizo de acceso a Internet, delas 93 inscritas neste primeiro trimestre. Neste sentido lembrou que o catálogo da Biblioteca está accesible en Internet na páxina da Rede de Bibliotecas de Galicia (www.rebgalicia.org) e agardamos que axiña a Biblioteca posúa súa propia paxina web.

Concelheria de Cultura de Tuy

Érguete Baixo Miño organiza o Ciclo “Cine e Saúde”

A entidade Érguete Baixo Miño organiza un Ciclo de Cine a propósito do Día Mundial da Saúde 7 de abril que este ano ten como lema “Para salvar vidas: hospitais seguros nas situacións de emerxencia” facendo referencia á seguridade dos hospitais e a preparación do persoal sanitario que atende aos afectados polas situacións de emerxencia como un dos obxectivos principias da Organización Mundial da Saúde (OMS).

Érguete propón catro filmes que se proxectarán os días 13, 14, 15 e 16 de abril no Centro Cultural de A Guarda ás 21:30 horas. A entrada é de balde.

“A nosa intención é achegar ao público a través do cine un concepto de Saúde máis amplo do que estamos acostumadas/os e que entende ás persoas como seres complexos e completos, cuio benestar depende non só da “ausencia de enfermidade”, senon de múltiples factores coma os afectos e as relacións sociais, unha vida laboral plena, un entorno limpo,… para poder falar de calidade de vida. Referímonos a unha Saúde Integral.”

Para elo proxectaranse as seguintes cintas:

Luns, 13 de abril: “Hacia Rutas Salvajes” (2007) de Sean Penn.

Martes, 14 de abril: “La escafandra y la mariposa” (2007) de Julian Schnabel.

Mércores, 15 de abril: “Los niños de Huang Shi” (2008) de Roger Spottiswoode.

Xoves, 16 de abril: “Pudor” (2007) de Tristán Ulloa e David Ulloa.

Érguete Baixo Miño

ÁBACO MOSTRA A SÚA SATISFACCIÓN POLO ÉXITO DA CAMPAÑA DE FIDELIDADE QUE SE LEVA REALIZANDO DENDE O DÍA 1 DE MARZO

A campaña de Fidelidade que a Asociación de Comerciantes “ábaco” diseñou para este ano, co fín de promover e dinamizar os sectores comercial e hosteleiro de A Guarda e O Rosal , estase levando a cabo de xeito moi satisfactorio. Xa se repartiron máis de 1000 tarxetas de fidelización , ase como deversa cartelería, coas ofertas e descontos que ofrecen os establecementos asociados a ‘ábaco’ aos seus clientes. Cabe destacar a acollida por parte dos guardeses de esta campaña, xa que se benefician de importantes descontos, con só amosar a súa tarxeta cando realizan a súas compras. As expectativas , estanse vendo superadas con creces neste primeiro mes de campaña, e a directiva da asociación espera que se siga desenrolando de xeito positivo o que queda de ano. Tamén, desexa animar, tanto os seus asociados como a os clientes de estes, a que sigan participando neste proxecto.

MATERIAL REPARTIDO NESTA CAMPAÑA NO PRIMEIRO MES DE FUNCIONAMENTO:

Máis de 1000 Tarxetas de Fidelidade

Máis de 1500 folletos coas ofertas e descontos dos asociados

Cartelería en todolos establecementos participantes

Distintivos da Campaña nos establecementos participantes

"abaco"

ROTA DOS LAGARES DE AZEITE DO RIO ÂNCORA
Autor
Joaquim Vasconcelos
Ambiente
Animação
Cultura
Desporto
Distrito
Educação
Empresas
Freguesias
Galiza
Justiça
Óbitos
Pescas
Política
Roteiro
Tribuna
Turismo
Saúde
Sucessos
MEMÓRIAS
DA
SERRA D'ARGA
Autor
Domingos
Cerejeira