Jornal Digital Regional
Nº 369: 22/28 de Dez 07 (Semanal - Sábados)
Email Assinaturas Ficha Técnica Publicidade 1ª Pág.

Visita de escolares da Guarda ó punto limpo

Os alumnos de 6º curso de primaria do CEIP A Sangriña da Guarda abriron o día 18 de decembro as visitas programadas ó punto limpo para escolares de 6º de primaria e 1º da ESO dos centros públicos e privados da Guarda.

Estas visitas culminan o traballo desenvolvido previamente nas aulas coa cumprimentación dunha unidade didáctica preparada conxuntamente polo Concello con membros da Axenda Escolar 21.

Preténdese con estas actuacións concienciar a nenos, e a través deles ós adultos, da necesidade de contribuír na medida das posibilidades de cada quen a crear un pobo ademais de limpo, solidario e respectuoso cos demais e co entorno.

Javier Crespo


BANDA SINFÓNICA MUNICIPAL DE MÚSICA DE RIBADEO

Concerto de "Aquí como en Viena"

Día 29 de Decembro do 2007
20:30h
Auditorio Municipal Hernán Naval de Ribadeo

Programa:

1ª Parte
Invicta (Overture).……………………………………........................ James Swearingen

For unto you is born this day…………………………………….…….James L. Hosay
Narrador: Miguel Basanta Bal
Coro: Invitación especial

Time to say goodbye……………………………………………..….Sartori Quarantotto
Voz Solista: Miguel Basanta Bal
Piano: Martín Bucki

Concerto di Natale………………………………………………..……Mauro Salvatore

2ª Parte
Fantasía da Ópera "Coppelia"……………………………………….…….Leo Delibes

Pizzicato Polka……………………………………………......………Joh. & Jos Strauss

Lyric Waltz……………………………………………………..…Dimitri Shostakovich
Piano: Martín Bucki
Acordeón: Dolores Fernández

Danza Húngara Nº 5…………………………………………………..……....J. Brahms

Second waltz……………………………………………………….Dimitri Shostakovich

Radaetsky…………………………………………………………...…….……J. Strauss

Director: D. Lourenço Filipe da Silva Cruz


Prémio a material educativo innovador

A Xunta de Galicia concede un premio a materiais educativos innovadores a unha páxina web sobre maquinas hidráulicas tradicionais (muiños, batáns, mazos e serras)

O Diario Oficial de Galicia do día 18/12/2007 publicou unha orde da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria que resolve os premios a recursos educativos para a Sociedade da Información para profesorado de ensino secundario financiados con fondos públicos.

Na modalidade de materiais curriculares web o 1º premio foi para o traballo : A auga, aplicacións enerxéticas na Galicia preindustrial, realizado por un grupo de profesores do IES A Sangriña da Guarda (Pontevedra), coordinados polo profesor de Tecnoloxía Antonio Lomba Baz.

O recurso educativo premiado é o froito de tres anos de traballo e investigación dun grupo de profesores que contaron cun numeroso grupo de colaboradores.

O resultado final é unha páxina web multimedia e interactiva, que emprega as últimas tecnoloxías para a elaboración deste tipo de materiais, na que se aborda a auga, a enerxía hidráulica e as máquinas hidráulicas tradicionais dende a perspectiva das distintas especialidades dos autores. O traballo premiado está concebido, ademais de como recurso educativo, como un material didáctico para aulas, museos e instalacións etnográficas.

António Lomba

ROTA DOS LAGARES DE AZEITE DO RIO ÂNCORA
Autor
Joaquim Vasconcelos
Ambiente
Animação
Cultura
Desporto
Distrito
Educação
Empresas
Freguesias
Galiza
Justiça
Óbitos
Pescas
Política
Roteiro
Tribuna
Turismo
Saúde
Sucessos
MEMÓRIAS
DA
SERRA D'ARGA
Autor
Domingos
Cerejeira