Jornal Digital Regional
Nº 346: 30 Jun a 6 Jul 07 (Semanal - Sábados)
Email Assinaturas Ficha Técnica Publicidade 1ª Pág.

Espectáculo, sorpresas e diversión son as claves do Festival de Fin de Curso da EMMeD de Ribadeo
· Participarán máis de 250 nenos e nenas da EMMeD de Ribadeo

A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebrou no día 29 de xuño, ás oito e media do serán, o seu festival de fin de curso. Ao longo da hora e media que dura o espectáculo pasarán por riba do escenario de Auditorio Municipal Hernán Naval de Ribadeo, máis de 250 alumnos e alumnas da Escola para ofrecer un espectáculo que o director do centro, Lourenço Cruz calificou como "sorprendente e ilusionante".

Como novidades da edición deste ano a EMMeD de Ribadeo vai presentar no festival o grupo de clarinetes, unha formación que nace coa vontade de converterse en estábel e na que participan arredor de 20 instrumentistas. A outra gran novidade da noite vai ser a importante presenza das nenas de ballet no espectáculo, coa interpretación de 4 coreografías de diferentes estilos.

Un grupo de guitarras, unha agrupación formada por 80 nenos e nenas de iniciación á música, un grupo de música mixto para interpretar música rock, unha agrupación instrumental que recolle todas as especialidades que oferta o centro e un coro son o resto de formacións que actuarán mañá no festival de clausura do curso na EMMeD de Ribadeo.

O director do centro destacou que no festival "vaise poder ver música de todo tipo e de todos os estilos, formacións convencionais e outras creadas de xeito directo para o festival coa intención de que os nenos e nenas, os pais e nais e o público coñezan as enormes posibilidades que ofrecen tanto a música coma o ballet".

Lourenço Cruz mostrouse moi ilusionado de cara o festival tanto "polo importante número de nenos e nenas que van participar como polo papel dos pais e nais, que mañá terán un protagonismo especial".

Prazos de matrícula

A EMMeD de Ribadeo abrirá o próximo luns día dous de xullo, entre as 12.00 e as 14.30 horas, nas dependencias da Casa do Mar, o prazo de matrícula para o vindeiro curso 2007/08. Para inscribirse tan só é preciso levar o número de conta e cubrir o impreso correspondente.

Musiqueando

ROTA DOS LAGARES DE AZEITE DO RIO ÂNCORA
Autor
Joaquim Vasconcelos
Ambiente
Animação
Cultura
Desporto
Distrito
Educação
Empresas
Freguesias
Galiza
Justiça
Óbitos
Pescas
Política
Roteiro
Tribuna
Turismo
Saúde
Sucessos
MEMÓRIAS
DA
SERRA D'ARGA
Autor
Domingos
Cerejeira