Jornal Digital Regional
Nº 293: 10/16 Jun 06 (Semanal - Sábados)
Email Assinaturas Ficha Técnica Publicidade 1ª Pág.



MÁIS DE SESENTA MOZOS E MOZAS VAN PARTICIPAR NO I CAMPAMENTO MUSICAL DE VERÁN RIBADEO 2006

· Os alumnos e alumnas chegan tanto de Ribadeo coma de fóra da vila.
· O campamento vaise desenvolver entre os días nove e dezaseis de xullo

Ribadeo. 5 xuño 2006. Un total de 63 mozos e mozas participarán no I Campamento Musical de Verán Ribadeo 2006 que se vai celebrar entre os días nove e dezaseis de xullo nas dependencias do Forte de San Damián. O peche do período de inscrición levouse a cabo o pasado 31 de maio e até ese mesmo día se estiveron recibindo confirmacións de participación.

O director musical do campamento Lourenço Cruz mostrou a súa satisfacción polo resultado do proceso de inscrición. "Foi unha ledicia saber que esta actividade espertou tanto interese entre os máis cativos o cal nos fai prever que o resultado do campamento vai ser moi positivo", sinalou Lourenço Cruz. O director musical engadiu que co número de alumnos e alumnas previsto vanse poder formar diversas formacións musicais. Segundo Lourenço Cruz "do campamento van xurdir cando menos unha orquestra, un grupo de guitarras, actuacións de piano e un grupo de percusión que farán algunha actuación na vila antes de poñer fin ao mesmo".

O propio Lourenço Cruz salientou que as primeiras expectativas que se formularan no seo da organización estaban superadas con creces. "Non contabamos cun número de xente tan importante de fóra co cal para nós é unha satisfacción e sinal de que o proxecto é atractivo". Ademais de rapaces e rapazas da vila ribadense van achegarse até Ribadeo músicos de lugares como Pol, Sarria, Lugo, Burela, Vegadeo, Ferrol ou A Coruña.

En canto á distribución por materias esta fica do seguinte xeito:

Nestes momentos a organización traballa na selección final dos seis monitores que acompañarán aos profesores durante o tempo que vai durar o campamento musical así como na confección do programa de actividades que se van desenvolver.

O día a día estará dividido en dúas partes, unha destinada a actividades musicais e a outra para actividades de lecer.

No forte de San Damián vanse levar a cabo obras de acondicionamento para adaptalo ás necesidades do campamento así como tamén se vai proceder á instalación dun total de doce carpas nas cais se van impartir as clases.

O I Campamento Musical de Verán Ribadeo 2006 está organizado pola Asociación Amadores da Música en colaboración directa coa Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo, a Asociación Puente de los Santos, a través do Plan Leader + , e o Concello de Ribadeo.

Suso López

ÚLTIMAS FUNCIÓNS DA PEÇA DE TEATRO
"EVITA, EVA PERÓN"

EVITA, EVA PERÓN cerca de completar 50 funcións dende a súa estréa comunica súas últimas semanas no TEATRO ARTE LIVRE en Vigo.

Despois o espectáculo percorre as principias galegas, ademáis de Lisboa , Valencia e Arxentina.

A obra focaliza a traxectória de Eva Duarte, o seu inicio difícil como actriz até o apoxeu. O mito, a morte prematura, o seu embalsamamento, o roubo do corpo da muller que tivo máis poder despois de morta.

Con Roberto Cordovani(mellor actor de Londres, Madrid, Compostela), Eisenhower Moreno, Mónica Bar e Mighello Blanco.

Venres e sábados 22:30 hs
Domingos 22:00 hs
Prezos 13 e 10 Euros

Taquilla aberta de xoves a domingo á partir das 20 hs.

Reservas polo telefone 986 11 44 44

ROTA DOS LAGARES DE AZEITE DO RIO ÂNCORA
Autor
Joaquim Vasconcelos
Ambiente
Animação
Cultura
Desporto
Distrito
Educação
Empresas
Freguesias
Galiza
Justiça
Óbitos
Pescas
Política
Roteiro
Tribuna
Turismo
Saúde
Sucessos
MEMÓRIAS
DA
SERRA D'ARGA
Autor
Domingos
Cerejeira