www.caminha2000.com - Jornal Digital Regional -
Semanário - Director: Luís Almeida

1ª Pág.
Cultura
Desporto
Óbitos
Política
Pescas
Roteiro
Ficha Técnica
Edições C@2000
Assinaturas
Email


ACIGU Y FEBAN CONVOCAN DOS CURSOS DE MANIPULADOR DE ALIMENTOS EN DICIEMBRE

Febam y ACIGU CCA cierran el año formativa con dos formaciones en manipulador de alimentos. Esta misma semana realizará tanto en A Guarda como en Tui dos cursos para obtener el certificado de manipulador de alimentos, formación oficial que permite trabajar en hostelería, pescado, supermercados y todo lo relativo a empresas alimentarias.

Los cursos de Manipulador de Alimentos se realizan el día 19, sábado, en Tui, sede de Febam de 10 a 13 horas, y el martes 22 en A Guarda, sede de Acigu CCA de 5 a 8 de la tarde. Esta formación va dirigida a todo el público, habiendo descuentos para grupos y asociados. La matricula se realiza en los teléfonos 674 342 397 - 986 605 084 - 986 611 743, o en las sedes de ACIGU CCA y FEBAM.

Acigu



As asociacións guardesas decoran a súa vila no Nadal

Cinco asociacións guardesas, Vento Mareiro, Xamaraina, San Xerome Emiliani, Samaritanas e C.S Fuscalho , sumáronse a iniciativa do Concello da Guarda "Decora o teu Nadal".

A través deste proxecto a Praza do Reló luce un gran árbore e diferentes adornos colgando dos balcóns da Casa dos Alonsos, na Praza do Coruto diferentes colgarellos decoran ás arbores, na Alameda a casa do Apalpador espera a todos os nenos e nenas da vila, a Praza da Igrexa recibe a todos os viandantes con diferente decoracións nas súas barandas e por último, a praza da rúa Galicia, un coro e os chamados graffitis ecolóxicos ou "yarn bomber" visten a árbore e dan a benvida o Nadal.

O obxectivo desta iniciativa é potenciar a participación das diferentes asociacións na nosa vila, dándolle visibilidade e protagonismo na organización e decoración urbana nestas datas festivas. Ademais, tal e como afirmou o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, búscase que a cidadanía entenda A Guarda coma un espazo de expresión artística no que os veciños e veciñas poidan sentir o mobiliario público coma propio e queiran actuar sobre el para embelecelo.

Desde hoxe e durante todo o Nadal estas creacións decorarán a vila dándolle A Guarda un maior espírito navideño.

Dende a Concellería de Cultura, que dirixe Elena Baz, queren dar parabéns e agradecer todo o traballo feito polas diferentes asociacións participantes.

Concello de A Guarda



A asociación +kArte anula o mercado de artesanía previsto na Praza de Abastos

O Concello da Guarda mantén o obradoiro para nenos e nenas

O Concello da Guarda informa que a asociación +kArte anula o mercado de artesanía que tiña previsto celebrarse os sábados 19 de decembro e 2 de xaneiro na Praza de Abastos da vila.

O Concello pide desculpas pola anulación e quere reiterar que non ten nada que ver coa supresión.

Obradoiro para rapaces

O sábado día 19, segundo o programado, o Concello da Guarda mantén o obradoiro para nenos e nenas na Praza de Abastos.

A monitora estará nas instalacións durante a mañá. Para participar nesta iniciativa non fai falla inscrición previa.

Concello de A Guarda



"Festival de Panxoliñas" na Igrexa Santa María de A Guarda

O evento comezará ás 17,30 horas

Como xa é Tradicional no Nadal da vila, un ano máis, a Agrupación Coral Polifónica da Guarda, coa colaboración do Concello e da Igrexa Santa María de A Guarda, organiza o "Festival de Panxoliñas".

A cita é a 20 de decembro, ás 17,30 horas na Igrexa.

O evento estará presentado polo párroco Don Jesús García Villadóniga e contará coas actuacións da Coral Polifónica da Guarda, do Coro Infantil dos Padres Somascos, do coro do Clube da Terceira Idade, de Arpegios Contabile e do Grupo Antorcha.

O espectáculo é de balde e se espera que sexan moitos os veciños e veciñas da vila os que se acheguen a escoitar as panxoliñas e sinta o espírito do Nadal.

Concello de A Guarda



O Concello da Guarda presenta os "Concertos de Nadal"

Son moitas e moi diferentes as actividades que están programadas para celebrar este Nadal no Concello da Guarda.

Así, dende a Concellería de Cultura, preséntanse os "Concertos de Nadal" aos que invita a participar a todos os veciños e veciñas da vila.

O primeiro deles foi o "Concerto de fin de Curso do Conservatorio" no día 17 de decembro, no Centro Cultural guardés.

A próxima cita será o sábado, día 19 de decembro. Nesta data o Centro Cultural acollerá o "VIII Festival de Pandereteiras" no que participarán a Asociación Xamaraina, o Grupo Tambaluca, a Asociación Cultural Guardesa e a Asociación Vento Mareiro.

O acto comezará ás 20,30 horas.

Ambos espectáculos son de balde.

Concello de A Guarda



Aberta a inscrición para participar na IV Reunión Atlética Solidaria

A IV Reunión Atlética Solidaria celébrase o próximo domingo, 27 de decembro, no Porto da Guarda. Todas as persoas que estean interesadas en participar nesta carreira solidaria xa poden facer a súa inscrición a través da páxina www.reunalia.com/349996.

Este evento está organizado polo Concello da Guarda en colaboración coa Sociedade Atlética do Trega, pola asociación ConRazones e pola sociedade San Vicente de Paúl.

A inscrición é gratuíta e o que se pide e que se aporte algún tipo de alimento non perecedoiro que se repartirá entre as persoas que máis o precisen da Guarda.

A carreira se disputará a través do porto guardés, sendo a saída na Rúa do Porto e pasando pola Senda Litoral.

Haberá dúas modalidades simultáneas, unha carreira e unha andaina de 10 quilómetros de distancia.

Os horarios serán diferentes, así os participantes das andainas sairán ás 9,30 horas, os corredores senior, junior e veteranos ás 10,15 horas, a carreira dos menores (1,5 quilómetros) comezará ás 11,20 horas e a carreira de pulgas (150 metros) ás 11,45 horas.

Concello de A Guarda



Os nenos e nenas da Guarda xogarán coas diferentes pezas do traxe tradicional galego no obradoiro "Viste o teu Cadro!"

Este sábado, os nenos e nenas da Guarda, teñen unha cita no Centro Cultural da vila xa que está programado o obradoiro "Viste o teu Cadro!", enmarcado dentro do programa da exposición do Museo de Pontevedra "Vestidos con pincel, cosidos con agulla".

Nesta actividade os rapaces traballarán cunha aplicación, producida pos CreAPPcuentos, que lles permitirá crear os seus propios cadros colocando as pezas do traxe tradicional galego nos diferentes personaxes.

O número de participantes é limitado polo que aqueles que estean interesados en acudir ao obradoiro deben inscribirse ata este venres, día 18 de xaneiro, no Departamento de Cultura do Concello da Guarda, no número de teléfono 986 61 00 00 ou a través do mail cultura@aguarda.es

O obradoiro comezará ás 11,30 horas e será dunha hora e media de duración.

Mostra aberta

No Centro Cultural da Guarda a exposición "Vestidos con pincel, cosidos con agulla" estará aberta ata o domingo, 27 de decembro.

Esta mostra, a través de reproducións de cadros de autores coma Sotomayor ou Máximo Ramos, fai un percorrido pola historia e a evolución do traxe tradicional galego.

Concello de A Guarda



O Concello de Tui entrega os premios ós gañadores do concurso Relación home-muller 100% positiva

O Concello de Tui vén de facer entrega dos premios do VIII Concurso fotográfico-literario Relación home-muller 100% positiva, organizado pola concellería de Servizos Sociais.

O certame constaba de dúas categorías, unha destinada a maiores de idade e outra para menores de idade. A fotografía "Compañeiros" de Bibiana Rodríguez dos Santos foi a gañadora na categoría de adultos, mentres que o poema "Reflexión" de Martín Carrera Montero fíxose co premio na categoría infantil. .

A gañadora dentro da categoría de adultos, Bibiana Rodríguez dos Santos, recibiu un premio de 300 €. en metálico. Pola súa parte, Martín Carrera Montero, dentro da categoría infantil, levou un agasallo por valor aproximado de 300 €.

Con este concurso a concellería de Servizos Sociais resaltou que aínda que, desgraciadamente, existen vítimas de violencia de xénero, afortunadamente, a maioría de relacións entre homes e mulleres son non violentas. Con esta campaña o Concello de Tui fomentou este tipo de relacións, para acabar entre todos coa violencia machista.

Concello de Tui


Este sábado, 19 de decembro, celebrarase o I Torneo De Xadrez Eurocidade

O calendario deportivo da Eurocidade do ano 2015 pechará coa realización do primeiro Torneo de Xadrez da Eurocidade, organizado polos clubes de xadrez de Tui, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença e Xadrez Galego. Nesta competición enfrontaranse 100 participantes de Portugal e Galicia nas distintas categorías.

Este torneo comezará ás 11.00 horas españolas, na carpa instalada na praza da República de Valença, onde se xogarán as tres rondas matinais. Xa pola tarde, a partir das 16.00 horas españolas, na sala de exposicións da Área Panorámica en Tui, disputaránse catro rondas finais. O acto de clausura está previsto a partir das 20.00 horas españolas.

O torneo contará coa participación de Henrique Aguiar, tricampeón de Portugal, Mariana e Inés Silva, campioas de Portugal, Rubén Fernández, subcampeón de España e bicampeón de Galicia, e Avelino Leirós excampeón de Galicia Absoluto (1984/85) e Veterán (2014), xogador do Uni.Vigo, equipo tricampeón de Galicia (2012/13/15) que milita na 1ª Div.Nacional.

A maiores da celebración do torneo, realizaranse outras actividades de promoción do xadrez, con partidas rápidas entre as persoas que desexen participar e para os cativos haberá un xadrez xigante.

En relación á promoción do deporte do xadrez, mañá xoves 17, ás 11.00 horas, na sala Félix Rodríguez da Área Panorámica, un grupo de 60 alumnos e alumnas do IES San Paio de Tui, recibirán unha clase formativa de xadrez, impartida polo profesor Emilio Pazo, responsable do Club Xadrez Tui. Tras as festas do Nadal esta acción repetirase cos alumnos/as da escola de Valença, coa intención de promocionar este deporte entre os escolares valencianos.

I Torneo De Xadrez Eurocidade
Sábado, 19 de decembro
- Ás 11.00 horas españolas, na carpa instalada na praza da República de Valença xogaranse tres rondas matinais.
- Ás 16.00 horas españolas, na sala de exposicións da Área Panorámica en Tui, disputaránse catro rondas finais.
- Ás 20h Acto de clausura

Concello de Tui


Este domingo celébrase o Festival de Nadal de Patinaxe

O Club de Patinaxe Artístico Ribex, en colaboración co Concello de Tui, organizará este domingo, 20 de decembro, ás 18h no novo pavillón deportivo municipal de Tui o Festival de Nadal de Patinaxe.

Neste festival realizarán exhibicións os grupos de competición do club e das escolas deportivas de patinaxe, así como outros participantes de Tomiño e Mos. Coma todos os anos por estas datas, contarán tamén coa visita especial de Papá Noel e outras sorpresas.

Por outra parte o CPA Ribex participará este sábado, 19 de decembro, na presentación das seccións do Club A Quinta de Tui FS. Tres dos grupos do club de patinaxe actuarán entre os partidos que se disputarán no pavillón novo. Ás 18h xogarán os equipos de fútbol sala sénior local, e ás 20.30h o sénior autonómica.

Festival de Nadal de Patinaxe
Data: Domingo, 20 de decembro, ás 18h
Lugar: Novo Pavillón de Deportes de Tui

Concello de Tui


O Conservatorio de Tui organiza un curso de Saxofón con Rafael Yebra

O Conservatorio Profesional de Música de Tui organiza a próxima semana un curso de saxofón "Aula aberta de saxofón 2015-2016". Será o próximo luns 21 e martes 22, en horario de mañá e tarde, a cargo do profesor Rafael Yebra, profesor do Cmus.

As clases terán lugar nas dependencias do Conservatorio de Tui e contan coa colaboración do Concello de Tui, a través da Concellería de Cultura e da Asociación "Fray Rosendo Salvado.

Os interesados poden acadar máis información e inscribirse no teléfono 986 60 44 04 ou no propio Conservatorio.

Concello de Tui


O Concello de Tui coa colaboración das florarías Flores Rita e La Flor Floristas decora as rúas de Tui polo Nadal

O Concello de Tui coa colaboración das florarías Flores Rita e La Flor Floristas están adornando as rúas do casco urbano co gallo das festas do Nadal. Deste xeito segundo explica o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, o Concello de Tui aposta por embelecer as principais rúas tudenses durante, o que agardan contribúa a dinamizar a actividade comercial e atraer visitantes á cidade. O material empregado resiste as inclemencias do tempo de tal xeito que se poderán gardar para ser empregado en próximos anos.

As florerías Rita e La Flor están a elaborar e colocar distintos adornos en tons branco e vermello. Así por unha banda tanto no Paseo da Corredoira coma noutras rúas do casco urbano están a colocar conos de médula con lazos de organza ou rafia e estrelas. Mentres a Porta da Pía e as prazas do Concello e de San Fernando locen xa guirnaldas con coroas de Nadal. Outro dos motivos serán tótems florais que se instalarán na Praza de Galicia, na Glorieta de Vigo ou na intersección entre as rúas Compostela e Mondoñedo. Tamén serán decoradas as prazas de Fromista e da Armada no Conxunto Histórico. Outro dos lugares singulares que lucirán estes adornos será a vella Ponte Internacional onde na varanda peonil se colocarán tres grupos de adornos así coma unha guirnalda na parte española. Toda a decoración ao completo poderá verse esta próxima fin de semana.

Estes adornos súmanse ao alumeado acendido o pasado 4 deste mes, para embelecer Tui nestas datas festivas.

Concello de Tui


Edições C@2000
Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais