www.caminha2000.com - Jornal Digital Regional - - Semanário - Director: Luís Almeida

1ª Pág.
Cultura
Desporto
Óbitos
Política
Pescas
Roteiro
Ficha Técnica
Edições C@2000
Assinaturas
Email

Viagem mais rápida entre A Guarda e Goián

Foi inaugurado ontem o troço da via rápida que ligará A Guarda com Goián, numa distância de 10 km, sensivelmente desde as bombas de gasolina da entrada norte de A Guarda até à rotunda de acesso à ponte da Amizade, em Goián.

Esta obra possui um viaduto na passagem pelo Rosal e três falsos túneis.

Não se pagam portagens.


COMEZAN AS VISITAS GUIADAS Ó CASTELO DE SANTA CRUZ

O Concello da Guarda oferta visitas guiadas ó Castelo de Santa Cruz durante os meses de verán: xullo e agosto. A finalidade destas visitas é achegar o patrimonio recuperado da fortaleza militar da Guarda. Os veciños e visitantes poderán descubrir o castelo: a estructura do recinto e a historia grazas ás explicacións do guía.

As visitas gratuítas terán lugar os sábados, domingos e festivos ás 20 h e comezarán dende o interior dende o castelo.

Municipio de A Guarda


A BANDEIRA AZUL ONDEA NAS PRAIAS DA GUARDA

O alcalde da Guarda, José Manuel Domínguez Freitas, e a concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes Álvarez, izaron o pasado venres 4 de xullo o distintivo Bandeira Azul nas praias de Area Grande e O Muíño.

As praias xa contan cos servizos esixidos por Bandeira Azul como o servizo de socorrismo, os paneis informativos, os analises de augas, o servizo de limpeza e de recollida de residuos, as duchas e os aseos.

Dende a concesión da Bandeira Azul á praia de Area Grande no 2009 e un ano despois para O Muíño o concello continúa a traballar na mellora dos servizos esixidos polo distintivo e deste xeito ofrecer ós veciños e visitante unhas praias e servizos de calidade.

Municipio de A Guarda


FESTA DO AVÓ 2014

"Como cada verán, o Clube da Terceira Idade e o Concello da Guarda organizan A FESTA DO AVÓ.

Un evento adicado os máis maiores, que se celebrará durante a tarde do domingo na Carpa do Porto da Guarda.

Na programación destacamos a actuación musical do Grupo Sabor e a actuación humorística do Contacontos "Celso Fernández Sanmartín". "

Municipio de A Guarda


A COMPAÑÍA MALASOMBRA TRAERÁ O SEU ESPECTÁCULO DE HUMOR GO-ON O VINDEIRO VENRES 18 DE XULLO

Logo da chegada do home á lúa, á humanidade só lle faltaba un reto: a chegada do home a Galicia. No ano 2010 (ano 25 despois de Gayoso), dous intrépidos exploradores tiveron o valor de adentrarse nas descoñecidas terras galaicas a través da ruta xacobea.

Go On! é unha delirante comedia, interpretada polos actores Xoque Carbajal e Jouse García baixo a dirección do coñecido actor televisivo Marcos Orsi, na que se percorren e parodian as costumes, refráns, cancións e a cultura galega en xeral. Os protagonistas son dous intrépidos exploradores que tiveron o valor de adentrarse nas descoñecidas terras galaicas a través da ruta xacobea.

A obra escrita por José Luis Prieto, gañador por dúas veces dos premios Max de teatro, foi definida polos seus protagonistas como uha "odisea espazo galaico" que percorre os lugares comunes da nosa idosincrasia.

A cita será o venres 18 de xullo, ás 20,30h. no Auditotorio de San Bieito.

Municipio de A Guarda


ARTFEST Baixo Miño

La villa de A Guarda será el escenario del ARTFEST Baixo Miño. Se celebrará el próximo 26 de julio de 2014 a las faldas de un sitio paradisíaco como es el Monte Santa Trega. Un evento al aire libre con más de 10 horas de música en directo, que unirá a grandes artistas del panorama musical español y portugués.

El precio de las entradas es de 15 euros anticipada más gastos. Se puede comprar online en: Ticketmaster y Novagalicia banco.

OTROS PUNTOS DE VENTA:
Fnac , Halcon. Carrefour viajes.

Art Café(A Guarda), Elepé y Tipo (Vigo), Amadeus (Tuy), La llave(Baiona), olala (Tomiño),Porto dos barcos(Oia). También se podrá adquirir la entrada en taquilla el mismo día del festival por 20 euros más gastos .

ARTFEST


O Concello de Tui abre un novo prazo de inscrición para a terceira quenda dos Campamentos Urbano se Deportivos de Verán 2014

A segunda quenda comezará o próximo mércores 16, ás 09.00 horas, no novo pavillón deportivo municipal

Ante a existencia de hai prazas dispoñibles para a terceira quenda, dos Campamentos Urbanos e Deportivos de Verán 2014, que se celebrará do 1 ao 14 de agosto, o Concello de Tui volve a abrir o prazo de inscrición para esta quenda para todos os pais e nais que o desexen. Os interesados deberán entregar a folla de inscrición e a documentación solicitada, na secretaría do Concello de Tui, o martes 15, mércores 16 e xoves 17 de xullo, en horario de 9 a 14h. Unha vez realizada a inscrición, deberán facer o ingreso do prezo do campamento (30,56€) na tesourería do Concello.

Por outra parte lémbrase aos pais e nais dos nenos e nenas inscritos na segunda quenda do Campamento, que o mércores 16 de xullo ás 9h no novo pavillón deportivo municipal de Tui, se realizará a presentación desta quenda, así como unha charla informativa dos coordinadores da actividade.

Na primeira quenda, que rematará o próximo martes 15 de xullo, 190 nenos e nenas de tres a doce anos, veñen realizando diferentes actividades deportivas e de lecer nas instalacións deportivas municipais, no río Miño, Monte Aloia e rúas da cidade.

Municipio de Tui


Aprazado o II Cuadriatlón Eurocidade por motivos técnicos

O II Cuadriatlatón Eurocidade que se ía celebrar o sábado 19 deste mes tivo que se aprazado por motivos técnicos.

A Eurocidade Tui-Valença pide desculpas aos deportistas por este cambio de data e informa que en breve se dará a coñecer a nova data na que se vai celebrar a proba, así coma os novos prazos de inscrición. Aqueles participantes que xa cumprimentaron a súa inscrición deben pórse de novo en contacto coa empresa Verdeazul para solicitar a devolución do importe aboado.

Municipio de Tui


A Eurocidade amosa as súas potencialidades ante o secretario de Estado do Turismo de Portugal

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, estivo presente no día nove na visita que realizou á rexión do Alto Minho Portugués o Secretário de Estado do Turismo de Portugal, Adolfo Mesquita Nunes.

O alcalde de Tui, que foi convidado polo presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro Mendes, dentro da estreita que colaboración que manteñen os rexedores no seu da Eurocidade. O turismo é precisamente un dos eixos destacados nos que está a traballar a Eurocidade coa promoción conxunta das dúas cidades. Precisamente na xornada matinal de onte houbo una reunión de traballo á que asistiron representantes de dez cámaras municipais portuguesas onde se puxo de relevo a importancia da promoción turísticas, fixando este coma un dos obxectivos prioritario no marco 2014-2020.

O acto desenvolveuse na Pousada de San Teotonio serviu tamén para presentar o proxecto "Eurocidade Tui-Valença" no que as dúas cidades van da man con iniciativas coma a creación dunha guía da Eurocidade, ou a promoción conxunta nas feiras de turismo de Madrid e Lisboa.

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, expuxo neste evento como as potencialidades que Tui e Valença teñen cada unha delas por separado gañan aínda maior relevancia ao polas en valor de xeito conxunto xa que a oferta da Eurocidade se complementa e potencia tanto no que é patrimonio artístico ou cultura, oferta de actividades deportivas ou de lecer, ou mesmo a gastronomía. Precisamente salientou coma o turismo deportivo, coas actividades deportivas da Eurocidade, gañan cada vez máis importancia cos participantes que tomar parte das distintas probas nas que este ano se agarda superar os 5 mil deportistas.

Municipio de Tui


Edições C@2000
Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais