|
La oferta formativa de Febam cierra junio con un Curso de Bienestar Animal en el transporte
Curso demandado en el sector de transporte y producción animal. Necesario para el trasporte de diferentes especies de animales.
El de Bienestar Animal en el Transporte se desarrolla los dos últimos fines de semana del mes (21, 22, 28 y 29 de Junio) con una duración total de 20 horas como marca la legislación y se obtiene la Titulación oficial Expedida por la Xunta de Galicia válida para todas las especies. Se desarrolla en las instalaciones de Febam, C/Martínez Padín en Tui.
Además este sábado 14 se celebra un nuevo curso para conseguir el certificado en manipulador de alimentos de 10 a 13 horas también en nuestra sede, necesario para trabajar en hostelería y empresas de alimentación.
Los cursos van dirigidos a todo el público. Hay descuentos para grupos y asociados. La matricula se realiza en los teléfonos 674 342 397 - 986 605 084 - 658 397 872, o en las sedes de ACIGU CCA y FEBAM.


CAMPIÓNS INTERNACIONAIS DE MODELADO 3D CO MÓBIL

Un grupo de alumnos de 2º de bacharelato do IES A Sangriña da Guarda acaba de gañar o campionato do mundo da "d3mobile.es metrology word league", unha competición internacional de modelado en 3D de precisión co móbil para estudantes de 4º da ESO e bacharelato. O Instituto da Sangriña proclamouse gañador desta competición por segundo ano consecutivo. No ano 2013 xa conseguira gañar o campionato cun equipo formado por estudantes de 4º ESO.
A competición está organizada pola Universidade de Santiago de Compostela a través do grupo de investigación USCAN3D. Pola FECYT (Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología). Polo CEM (Centro Español de Metrología) e polo Instituto Geográfico Nacional.
O obxectivo desta competición é fomentar vocacións científicas e técnicas entre os xoves e espertar a súa capacidade investigadora a vez que aprenden a usar novas técnicas e ferramentas relacionadas coas novas tecnoloxías.
Dende que en xaneiro dera comezo a metrology word league, o equipo do IES A Sangriña da Guarda "tecnosang 2.1" compatibilizou, no sen esforzo, as esixencias do último curso do bacharelato coas propias da competición. As veces tiveron que traballar contrareloxo para entregar a tempo algunha das probas. Os integrantes do equipo e futuros estudantes de enxeñería, son Irene Rodríguez Rodríguez, Jorge Piedra Dorado e Alejandro González Martínez, coordinados polo profesor de tecnoloxía Antonio Lomba Baz.
A competición consiste en utilizar o seu teléfono móbil e un ordenador persoal, xunto cun software específico, para crear modelos tridimensionais a escala de obxectos reais. A técnica utilizada para realizar estes modelos recibe o nome de fotogrametría. A realización de modelos tridimensionais con esta técnica utilízase a nivel profesional en distintos ámbitos, é a que usan, por exemplo, para crear as tomas de "ollo de falcón" nos partidos de tenis.
Os integrantes do equipo campión queren agradecer o apoio e os ánimos de toda comunidade educativa así como o trato dispensado polos organizadores do evento.
A cerimonia de entrega de premios celebrarase o xoves 26 de xuño ás 12:00 no salón de actos da Escola Politécnica Superior de Lugo (Universidade de Santiago de Compostela).
CAMPUS MUSICAL
A concellería de cultura do Concello da Guarda, en colaboración co Conservatorio de Música e a Agrupación Musical da Guarda, organizan para este verán un Campus Musical dirixido a nenos de 6 a 10 anos. A actividade que se desenvolverá entre o 30 de xuño e o 11 de xullo nas instalacións do Conservatorio Municipal, ten como obxectivo achegar ós nenos ó mundo da música mediante xogos musicais, expresión corporal, manualidades o coñecemento directo de instrumentos...
A inscrición realizarase entre o 16 e o 25 de xuño, en horario de 9 a 14h., no Departamento de Cultura do Concello da Guarda. Máis información en cultura@aguarda.es, o no 986610000 ext.5.
Cambios Art Fest
El Art Fest Baixo Miño, que se celebrará el día 26 de Julio en A Guarda, ha sufrido un pequeño cambio. La organización acaba de anunciar que, muy a su pesar, Sexy Sadie no podrá participar en el festival por problemas personales. Para compensar esta baja, el Art Fest incorporará a Dorian, grupo de gran nivel y gran trayectoria profesional.
Dorian
DORIAN es una de las formaciones más importantes de la nueva escena de España. Desde 2003 han publicado cuatro discos y han actuado en prácticamente todos los festivales del estado español y en numerosos festivales de otros países, como es el caso de SXSW en USA, Paredes de Coura en Portugal, Canadian Music Week en Canadá, Ciudad Emergente en Argentina o Vive Latino, Hellow fest en México y este año ARTFEST'14 en A Guarda. Es una banda que combina hábilmente la tradición del pop en español con el rock y las nuevas producciones y sonidos de la música electrónica contemporánea. Actualmente se encuentra en pleno proceso de expansión por otros países del continente americano.

El Festival Internacional de Instrumentos de Tecla IKFEM conmemora el 300 aniversario de los Órganos de la Catedral de Tui
El Festival Internacional de Instrumentos de Tecla IKFEM de la Eurociudad Tui-Valença, inaugura este año un ciclo de Masterclasses de órgano para conmemorar el 300 aniversario de los órganos de la Catedral de Santa María de Tui.
La organista y catedrática Marisol Mendive será la encargada de acercar el conocido como "rey de los instrumentos" a profesionales y principiantes a través del ciclo de Masterclasses que inaugurará con un concierto en la Catedral de Tui para rendir homenaje a los tres siglos de vida de los órganos tudenses.
El organero Antonio del Pino Velasco, natural de Palencia, fue el que contrató la construcción del órgano de la nave central con el cabildo de la Catedral de Tui por 36.000 reales en el año 1714. Domingo Rodríguez Pazos, natural de Salvatierra, construía la fachada Barroca del órgano. El contrato original de 1714 se encuentra en el Archivo de la Catedral de Tui, del cual se hará próximamente una transcripción íntegra de la mano de Andrea González, directora de IKFEM, y Don Avelino Bouzón, archivero de la Catedral de Tui.
El órgano que se escucha en la actualidad es obra de Gerhard Grezingm cuya caja Barroca, restaurada por Ignacio Márquez, se inauguró en el año 1995, cuando se instaló en la fachada original de Domingo Rodríguez Pazos, de tres siglos de antigüedad. Esta restauración supuso una novedad importante, ya que además de introducir los registros tradicionales, se introdujo un pedalero propio que permite tocar los registros desde un segundo teclado por lo que la funcionalidad del órganos es totalmente completa.
El órgano es el más rico instrumento en extensión y variedad de timbres y el que mayor complejidad encierra en su estructura, de ahí la participación de la organista Marisol Mendive en el proyecto de Catalogación de los Órganos de Galicia financiado por la Consellería de Cultura de la Xunta de Galicia, experiencia que podrá compartir con el público de IKFEM en la Eurociudad Tui-Valença el próximo mes de julio.
IºCOLÓQUIO EUROCIDADE VALENÇA-TUI: ARQUITETURA, XENTE E PAISAXE
A Eurocidade Valença Tui realiza o próximo día 21 de Xuño, o "Iº Coloquio Eurocidade Valença Tui", centrado na Arquitectura, Xente e Paisaxe, das dúas cidades transfronteirizas.
Os relatorios iniciaranse ás 09h, no claustro da Catedral de Tui.
O programa inclúe intervencións de profesionais das áreas da arquitectura, historia e a xeografía.
A apertura correrá a cargo do Alcalde de Valença, Dr. Jorge Salgueiro Mendes, do Alcalde de Tui, D.Moisés Rodríguez, do DEAN - Presidente do Cabido Catedral de Tui, D. José Diéguez Dieppa e do Xerente da Sociedade de Xestión do Xacobeo, D. Rafael Sánchez Bargiela.
A continuación intervirán o Doutor Luís Fontes, da Universidade do Miño, co tema Valença Arqueolóxica: Cidade e Territorio; D. Suso Vila que falará de Paisaxe Medieval , D. Ruben Camilo Lois González, da Universidade de Santiago de Compostela e o Enxeñeiro Francisco Sousa Lobo, da Asociación Portuguesa dos Amigos dos Castelos, co tema "Arquitectura Militar", o Arquitecto Lago Seara "Arquitectura Contemporánea en Tui" e Dr. Jorge Salgueiro Mendes e Arquitecto Filipe Guimarães, do Concello de Valença que abordarán o tema "Intervención Urbanística na Fortaleza de Valença".
No final, haberá un momento de debate.
Este coloquio revelase de gran importancia para a eurocidade Valença Tui, pois vai permitir un debate, con especialistas nas diversas materias, que
Van a dar a coñecer e reflexionar sobre o excelente patrimonio das dúas cidades e as súas potencialidades.
Charla informativa sobre a factura eléctrica na Área Panorámica de Tui
O vindeiro mércores 18 de xuño,ás 19:30h, terá lugar na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica de Tui unha charla informativa sobre as diferentes opcións para poder aforrar na factura eléctrica dos fogares.
A diversidade normativa e a súa complexidade fan difícil para o público en xeral coñecer os mecanismos de funcionamento do mercado, os dereitos e obrigas dos usuarios ou mesmo a diversidade de fórmulas de contratación , de tarifas e de prezos.
Co fin de achegar un maior coñecemento dos conceptos relativos á electricidade, a Deputación de Pontevedra e a Unión de Consumidores organiza esta charla informativa da man dun técnico que informará aos asistentes sobre as diferenzas e características do mercado regulado e o mercado libre, as diferentes opcións para contratar electricidade ou cuestións a ter en conta para aforrar na factura.
A charla, organizada pola, comezará ás 19:30h
Tui celebra este domingo o festival folclórico Día da Muiñeira
O domingo, 15 de xuño, celébrase en Tui o Día da Muiñeira, festival que combina folclore, gastronomía e obradoiros tradicionais no Paseo da Corredoira de Tui.
A xornada comezará ás 11h no Paseo da Corredoira con obradoiros de percusión, xoguetes tradicionais, coiro ou panadería para tódolos públicos.
Ás 18h terá lugar o desfile popular dos grupos folclóricos que sairán desde diferentes puntos da cidade ata chegar ao Paseo da Corredoira onde actuarán un total de 200 participantes. Asemade, a gastronomía tradicional estará presente para acompañar unha xornada dedicada á cultura galega con oferta de tapas e comidas típicas así coma menús degustación nos diferentes establecementos da cidade.
Hoxe tiña lugar a presentación no Concello de Tui á que acudiu o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, a concelleira de cultura, Vanesa Rodríguez, a tesoureira da Asociación Cultural Xuvenil Recreativa e Deportiva San Telmo Natalia Romero Domínguez, o profesor de percusión Diego Pazos Souto e o profesor José López González.
José López falaba do obradoiro de xoguetes tradicionais que impartirá no que recuperarán xoguetes e xogos de hai 200 anos. Aproveitando os elementos naturais da tempada os asistentes crearán barcos ou caixas sonoras que imitan o son da curuxa.
Pola súa banda,o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, agradeceu á asociación o esforzo e cariño posto para a organización deste evento tan importante nos tempos que corren, poñendo en valor a tradición e a artesanía coma a ofertada polo obradoiro de xoguetes tradicionais, que ensinará tanto aos nenos e maiores as creacións que un mesmo pode chegar a facer servíndose da propia natureza.
O alcalde e deputado provincial entregou axudas económicas á Asociación Asistencial SOS Baixo Miño
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, na súa condición de deputado provincial, fixo entrega esta semana dunha axuda económica á Asociación Asistencial SOS Tomiño para a Adquisición de Etanterías no ano 2014.
Deste xeito a Deputación Provincial fixo unha entrega de 1.200 euros á Asociación Asistencial SOS Tomiño que desde o pasado ano ten sede tamén en Tui.
O TYDE FC Alevín viaxará a Versmold en representación do Concello de Tui
Xogará no torneo U11 Champions Cup de Versmold
O próximo luns 16 de xuño, ás 19.00 horas, no salón de plenos do Concello de Tui, terá lugar a recepción aos xogadores alevíns e corpo técnico do Tyde FC, que nos próximos días 20, 21 e 22 de xuño, viaxarán a Versmold onde disputarán o Torneo U11 Champions Cup, grazas á invitación do club local polo irmamento coa nosa cidade.
Nesta recepción estarán presentes o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o concelleiro de deportes, Nicolás Lorenzo, concelleiros de Tui, así como o presidente do Tyde FC, Jesús López, o coordinador da escola deportiva do Tyde FC, José Manuel Quintana, así como os xogadores do equipo alevín.
O Trilho do Mosteiró, sétima Andaina Saudable da Eurocidade
O próximo sábado 14 de xuño terá lugar a sétima andaina do programa de Andainas Saudables da Eurocidade, organizadas pola Eurocidade Tui-Valença, que nesta ocasión, o Trilho de Mosteiró, percorrerá a freguesía de Cerdal.
A distancia do trilho será de ao redor de 12 quilómetros, cunha duración aproximada de catro horas e media, sendo a dificultade do percorrido baixa.
O punto de saída será no Convento de Mosteiró, en Cerdal, ás 10.00 horas españolas, tendo o punto de encontro alternativo, ás 09.45 horas españolas no parquing do Lidl de Valença.
Máis de 1.000 deportistas encheron Tui a pasada fin de semana
A II Triatlón Tui-Porriño reuniu máis de 300 triatletas e na III Eurocidade 10 competiron ao redor de 700 atletas
A pasada fin de semana a nosa cidade encheuse de máis de 1.000 deportistas chegados dende diferentes localidades de Galicia e Portugal, que converteron o noso concello no centro deportivo do fin de semana.
Así, na tarde do sábado, disputouse nas augas do río Miño o II Triatlón Tui-Porriño, organizado polos Concello de Tui e Porriño, coa colaboración da Federación Galega de Triatlón, no que tomaron a saída 340 triatletas, dende a praia da Marina de Tui. Os participantes realizaron o tramo de natación no río Miño e percorreron en bicicleta as rúas de Tui en dirección a Porriño.
A lucense afincada en Tui, Aída Valiña, acadou a primeira posición, ao igual que o ano pasado, confirmando o bo estado de forma no que se atopa. Na categoría masculina, Gustavo Rodríguez non puido revalidar o triunfo acadado na pasada edición, dado que non participou neste triatlón, tras a súa competición no Campionato do Mundo de Duatlón de Pontevedra.
O Concello de Tui agradece aos voluntarios dos clubs deportivos a súa colaboración nesta proba, Club Kayak Tudense, Club Náutico San Telmo, Club Remo Tui, Escudería Doña Urraca e Club Balonmán Tui, así como a Protección Civil de Tui, Bombeiros Voluntarios de Valença, Policía Local e Comandancia de Marina de Tui.
E na xornada do domingo, baixo unha intensa choiva, disputouse a III Eurocidade 10, proba deportiva organizada pola Eurocidade Tui-Valença en colaboración co Club Atletismo Tui-Thermalia, na que participaron case 700 atletas, que percorreron un circuíto entre os dous países, entre as cidades de Tui e Valença. Este ano a proba estaba dentro do "Tour Running Rías Baixas" da Deputación de Pontevedra, conformado por tres probas atléticas con inicio en Tui.
O evento contou cunha madriña de excepción, Solange Pereira, unha das mellores atletas a nivel nacional, que foi a encargada de dar a saída dende o Paseo da Corredoira de Tui. Tras percorrer parte das rúas de Tui, os deportistas cruzaron a vella ponte internacional e disfrutaron do circuíto polas murallas de Valença, volvendo a Tui polo paseo fluvial e as rúas vellas.
Javier Paredes González, cun tempo de 33:31 e Miriam Chapela Carballo, con 43:13, foron os gañadores absolutos desta terceira edición, que xunto cos gañadores nas distintas categorías, recibiron os trofeos realizados pola Asociación Avelaíña, da man do presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro, do alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, dos concelleiros de deportes de Tui e de Valença, do presidente do Club Atletismo Tui, do xerente de Thermalia Tui, e da madriña da proba, Solange Pereira.
A Eurocidade Tui-Valença felicita a tódolos integrantes do Club Atletismo Tui-Thermalia, pola excelente organización desta terceira edición da Eurocidade 10. Agradece á Deputación de Pontevedra por incluír esta proba no "Tour Running Rías Baixas" e polo apoio prestado a través da empresa GV Entrenadores. Tamén agradece o apoio das empresas patrocinadoras, Coca-Cola, Eurobanan e Thermalia Tui, así como a colaboración de RMT e dos voluntarios de Protección Civil e Policía Local de Tui, do médico Julio Portela, da GNR, Bombeiros e Cruz Vermelha de Valença.
A tudense Susana Fontán Campiona de España de Tiro as Forzas Armadas
A tudense Susana Fontán proclamouse, a pasada fin de semana, Campiona de España de Tiro das Forzas Armadas, por quinta vez na súa carreira deportiva.
O campionato celebrouse no centro especializado de alto rendemento "Juan Carlos I", pertencente á Real Federación Española de Tiro, situado nas Gabias (Granada), onde a cabo do Exército de Terra Susana Fontán Verde, na categoría feminina, resultou gañadora na modalidade de arma larga.
O Concello de Tui felicita á tudense Susana Fontán Verde pola consecución deste quinto campionato de España de tiro.
Prazo de solicitude de permisos para as Fogueiras de San Xoan en Tui
Esta aberto o prazo de presentación de solicitudes para a celebración da fogueira de San Xoán 2014.O prazo de presentación remata o día 17 de xuño.
Deberase presentar a solicitude de autorización nas depedencias munipais, por rexistro de entrada, para a obtención do permiso correspondente. Dita autorización outorgarase de acordo coas normas de obrigado cumprimento establecidas no modelo de solicitude, que están a disposición nas oficinas xerais e na páxina web do Concello.
|