|
ÚLTIMOS DÍAS PARA ANOTARSE AL CURSO DE MANIPULADOR DE ALIMENTOS EN TUI Y A GUARDA
Últimos días para matricularse en el Curso de Manipulador de Alimentos que se celebran el sábado 25 en la sede de FEBAM - Tui y el 28 de Enero, martes, en ACIGU - A Guarda, ambos en horario de mañana de 10 a 13 horas.
Los cursos van dirigidos a todo el público, existiendo descuentos para grupos y asociados. La matricula se realiza en los teléfonos 674 342 397 986 605 084 y 986 611 743, o en las sedes de ACIGU CCA y FEBAM.
Además continua abierta la matricula para el Curso de Prevención de Riesgos Laborales, dirigido a trabajadores en activo, que se celebrará el próximo mes de febrero.
O ALCALDE DE TUI INTERVENDRÁ NO X PLENARIO DA COMUNIDADE DE TRABALLO GALICIA-NORTE DE PORTUGAL
O vindeiro luns, 27 de xaneiro, os representantes da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal reuniranse no parador de Baiona co motivo do X Plenario do proxecto transfronteirizo.
A Eurocidade Tui-Valença solicitou o seu ingreso neste organismo recentemente, o cal será aprobado neste acto xunto coa inclusión da unión Chaves-Verín. Con tal motivo, o alcalde de Tui, Moisés Rodriguez intervirá na reunión coma representante da nosa Eurocidade.
A Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal ten coma principais obxectivos o desenvolvemento de servizos comúns culturais, sociais ou deportivos, o establecemento de redes de cooperación intermunicipal nos campos da xestión , ordenamento do territorio , desenvolvemento empresarial e integración social, etc.
O proxecto CT Galicia-Norte de Portugal cobra importancia así ao racionalizar os investimentos e gastos públicos para diminuír os riscos de desigualdade entre persoas, territorios e rendas.
No acto, presidido por Alberto Nuñez Feijoo, actual presidente do organismo, estarán os representantes das diferentes localidades transfronteirizas que conforman o proxecto. Abordaranse temas coma O Plan de Investimentos Conxuntos 2014-2020 da Eurorrexión, Balance e perspectivas das actividades desenvolvidas así coma a sinatura do Protocolo para a implementación do Programa de Mobilidade Interuniversitaria da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, Iacobus.
Por outra banda, o luso Emidio Gomes, actual titular do organismo Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte, será o próximo presidente do proxecto e o encargado de clausurar este X Plenario da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal.
INAUGURACIÓN PISTAS DE TENIS DE AREAS
Sábado 25 de xaneiro, ás 17.00 horas
Sábado, 25 de xaneiro, ás 17.00 horas, terá lugar a inauguración das novas instalacións deportivas municipais de tenis de Areas.
Despois de varias actuacións nas mesmas, como o pintado de tres pistas de tenis, o valado perimetral das mesmas, así como a instalación de iluminación, o Concello de Tui conta xa cunha instalación deportiva exclusiva para a modalidade do tenis, que satisface as necesidades da poboación tudense, así como as do Club Tenis Tui.
Con esta intervención o Concello de Tui continúa amosando o seu interese pola practica e desenvolvemento do deporte base e pola creación dun amplo abano de equipamentos deportivos que abranguen as diversas especialidades que contan con afeccionados na nosa localidade, como é agora o caso do tenis.
A EUROCIDADE TUI - VALENÇA PROMOCIONASE EN FITUR 2014
Por terceiro ano consecutivo a Eurocidade Tui - Valença estará presente na Feira Internacional de Turismo (FITUR) que onte se inauguraba en Madrid e que permanecerá aberta ao público ata o domingo.
O alcalde de Tui, Moisés Rodriguez Pérez, xunto co presidente da Cámara Municipal de Valença, Jorge Salgueiro Mendes, viaxará mañá á capital española para promocionar conxuntamente a Eurocidade Tui-Valença coma destino turístico dentro da oferta das Rías Baixas, promovida pola Deputación Provincial de Pontevedra.
A presentación terá lugar ás 12:30h no pavillón número 9 da Feira onde se atopa o stand Turgalicia. Os dous representantes da Eurocidade intervirán así co fin de dar a coñecer a ampla oferta de turismo activo e de natureza, que grazas o seu enclave privilexiado ás dúas beiras do Miño, ofrecen para a práctica de diferentes deportes acuáticos. Salientaranse tamén recursos saudables e naturais coma a Ecopista de Valença, o Parque Natural do Monte Aloia, coa recente restauración do castro do Alto dos Cubos, sen esquecer o conxunto histórico de ámbalas dúas cidades, cunha longa historia plasmada nas súa empedradas rúas e murallas.
Para o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, a iniciativa comezada xa hai tres anos de promocionar o conxunto da Eurocidade en FITUR supón unha repercusión máis que positiva para fomentar o turismo na nosa localidade. O feito de ser un destino no que o turista pode visitar nun mesmo día ou viaxe dous países, con 3 linguas diferentes e paisaxes, converte á Eurocidade nun destino chamativo e singular para os que deciden achegarse e coñecer a nosa comunidade e o sur dela en particular.
FITUR é unha das feiras máis importantes de turismo do mundo que no ano anterior reuniu a empresas expositoras de 167 países, cun total de 91.082 visitantes e unha cobertura mediática importante coa presenza de máis de 7.200 xornalistas procedentes de 59 países diferentes.
Alumnos de 1º da ESO visitan a Casa do Concello de Tui onde foron recibidos polo alcalde
Unha trintena de alumnos de 1º da ESO do IES San Paio, acompañados polos seus profesores, visitaron onte o Concello de Tui onde foron recibidos polo alcalde, Moisés Rodríguez, a concelleira de Educación, Vanesa Rodríguez, e varios membros do equipo de goberno.
O alumnado do IES San Paio coñeceu así de primeira man o funcionamento da administración local, percorrendo as distintas dependencias da Casa do Concello. Explicaron ao rexedor que no marco dun proxecto interdisciplinar que están a realizar están a facer un estudo sobre as zonas verdes do instituto avaliando como melloralas. Unha das opcións barallas é a colocación de bancos nos xardíns do centro, motivo polo que na visita que realizaron ao Concello aproveitaron para exporlle ao alcalde esta solicitude tal e coma tiñan feito con anterioridade no escrito onde solicitaron ser recibidos.
Moisés Rodríguez, alcalde de Tui, valora de forma positiva o interese destes mozos e mozas por coñecer a administración máis cercana a eles, o seu funcionamento, departamentos e servizos.
Remataron as tarefas de limpeza e acondicionamento do Castro do Alto dos Cubos
Remataron con éxito as tarefas de limpeza, acondicionamento e sinalización do Castro do Alto dos Cubos da man de persoal contratado especificamente para as obras por parte da Deputación. Estas tarefas acometéronse dentro do programa para o aproveitamento Turístico dos Recursos Galaico Romanos promovido pola Deputación de Pontevedra en colaboración coa Xunta e os Concellos.
O programa, cun investimento total de 2,5 millóns de euros, busca a potenciación dos xacementos arqueolóxicos da provincia de Pontevedra como método de ampliación da oferta turística, facilitando un turismo constante durante todo o ano, non só nas épocas estivais. Xunto ao turismo de ocio e deportes, o turismo cultural aumenta a súa demanda tal e como se aprecia no emerxente turismo termal ou de relax, polo que o acondicionamento do patrimonio arqueolóxico da provincia axuda a potenciar este tipo de turismo.
O Castro do Alto dos Cubos, datado na Idade de Bronce, ofrece a contemplación de diversas estruturas habitacionais, concretamente no cume, onde existe un sector de 190 m2 con tres vivendas circulares, dúas delas con vestíbulo. A muralla defensiva do castro consérvase tamén no alto deste xacemento.
Grazas as tarefas de limpeza e sinalización, o visitante poderá disfrutar desta herdanza histórica nun entorno idílico con vistas privilexiadas do Val do Miño.
As accións levadas a cabo favorecen tamén a captación de turistas estranxeiros xa que se trata de actividades e rutas polo patrimonio Galaico-Romano da nosa comunidade,achegando aos visitantes o coñecemento da vida dos nosos antepasados en contacto directo coa natureza, sinal e valor inconfundíbel de Galicia.
Para o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, este proxecto é unha feliz iniciativa da Deputación Provincial para a posta en valor dun importante elemento patrimonial do noso concello como é o xacemento castrexo do "Alto dos Cubos ou Cabeza de Francos" que foi escavado en diversas oportunidades e que no seu emprazamento dotado dunha ampla panorámica paisaxística sobre o Val do Miño. Grazas a este proxecto este castro ubicado nas abas do Monte Aloia, na parroquia de Pazos de Reis, disporá daqueles elementos precisos para a súa contextualización e valorización polos visitantes. Esta intervención dotará de máis "valor engadido" ao Parque Natural do Monte Aloia -onde esta ubicado- e ao propio conxunto monumental tudense. Deste xeito, remata o rexedor tudense, se incrementan as potencialidades patrimoniais e turísticas de Tui.
Xunto co Castro do Alto dos Cubos, o programa provincial integra tamén os castros visitables de Castrolandín (Cuntis), Coto de Altamira (As Neves); Alto da Cruz do Castro (Cotobade), Castro de Alobre (Vilagarcía), Adro Vello ( O Grove) Monte Castro (Ribadumia), A Lanzada ( Sanxenxo) Castro da Subida ó Cividá (Marín), Castro das Croas (Pontevedra), Monte Facho (Cangas), Castro da Punta do Muiño do Vento e Castro de Vigo (Vigo), Castro de Troña (Ponteareas), Castro de Torroso (Mos), Castro de Santa Tegra (A Guarda) e Igrexa Vella de (Valga). Posteriormente, afectará a outros da provincia. Dentro desta intervención a Deputación pretende incluír tamén o Proxecto Depodeza para a posta en valor da riqueza castrexa da comarca do Deza.
|