www.caminha2000.com - Jornal Digital Regional - - Semanário - Director: Luís Almeida

1ª Pág.
Cultura
Desporto
Óbitos
Política
Pescas
Roteiro
Ficha Técnica
Edições C@2000
Assinaturas
Email

A programación cultural do segundo semestre oferta 19 actividades no verán e 12 espectáculos no outono

Está xa na rúa un novo número, o 26, da Axenda Cultural Corredoira que recolle a programación cultural de Tui correspondente ao segundo semestre de 2013. Este programa o conforman 19 actividades a realizar nos meses de xullo e agosto, e 12 máis que terán lugar no Teatro Municipal de outubro a decembro. O orzamento total destas actividades acada os 100 mil dos que o Concello de Tui aporta o 50%.

A presentación desta programación tivo lugar esta mañá na Casa do Concello a cargo da concelleira de Cultura, Vanesa Rodríguez, acompañada por Andrea González, directora do IKFEM, Ramón Araujo, da organización da Noite Internacional do Miño, e Samuel Diz, director de Música no Claustro.

Vanesa Rodríguez explicou que na programación do verán a principal novidade é a celebración do IKFEM do 17 ao 22 de xullo, que se suma a citas clásicas e consolidadas como a Noite Internacional do Miño, o Festival de Bandas, o cinema na rúa, e Música no Claustro que explicaba se celebra nun espazo único. Tamén avanzou que se celebrará unha nova edición da Festa do Miño que se vai consolidando como a aposta do verán por parte de distintas concellerías.

Con respecto á programación de outono destacou que a conformarán 12 espectáculos de música, teatro e maxia dos que 5 serán infantís. Destacou amais a presenza de dous espectáculos portugueses dentro do programa TrocoxTroco.

A primeira das actividades a celebrar vai ser o IKFEM, Internacional Keyboard Festival, que segundo explicaba a súa directora, Andrea González, é un proxecto novidoso que auna un programa de formación ao través de Master Classes e concertos de piano. Á parte formativa impartida por Vicenzo Balzani e Rasa Biveiniene asistirán 8 alumnos activos e 3 como oíntes de Italia, Xapón, Portugal e España. Mentres na parte concertística oferta 10 sets nos que estará presente toda a familia do piano. Tres se van celebrar no Teatro Municipal de Tui e os outros sete na Catedral, na Igrexa de Santo Domingo, no Palco da Música e na Praza de San Fernando en Tui, así como na Igrexa de Santa María dos Anjos e na antiga Afándega de Valença. Tamén están previstas visitas guiadas e anuncian tamén que haberá sorpresas.

O martes 23 vaise celebrar no Parque do Laxal en Rebordáns a XIV Noite Internacional do Miño organizada pola Escola de Música e Baile San Fins. Ramón Araujo, membro da organización, explicou que este ano contarán coa presenza de grupos de México, Taiwan, Serbia e Polonia, conformando un espectáculo que agardan volva ser un éxito.

Samuel Diz, director de Música no Claustro, sinalou que nesta novena edición volven realizar unha aposta polos novos músicos de Tui dándolle unha oportunidade para actuar na casa. Engadía que este ano o festival estará dedicado á creación contemporánea e volverán estar presente o grupo residente do festival Acadacanto, presentado o seu proxecto artístico. Samuel Diz manifestou amais sentirse moi contento ante o novo reto que significa contar como novo patrocinador co Xacobeo. Nese senso expuña que Música no Claustro aposta polo turismo cultural e de calidade. Celebrarase do 7 ao 11 de agosto.

A programación do verán complétase con tres proxeccións de cinema infantil o 24 de xullo, o 2 e o 23 de agosto coas películas "As aventuras de Tintín: o segredo do unicornio", "Vicki o viquingo" e "Os pitufos". Amais o 1 de agosto actuará o pallaso Peter Punk, e o 14 de agosto celebrarse o Festival de Bandas de Música coa actuación da Banda de Música Popular de Tui xunto a Banda de Música Muicipal de Agolada.

Xa na programación de outono estarán presentes as compañías Malasombra, Talía Teatro, Cia Teatro Braga e Seiva Trupe con teatro para adultos. A música correrá a cargo de Os Cempés e do concerto de Fin de Ano. Tamén actuará o monologuista Carlos Blanco. E os cativos poderán disfrutar dos espectáculo de La Canica, Eme2, A nena e o grilo, Dani García e Elefante Elegante.

Municipio de Tui



Vinte homes veciños de Tui reciben un diploma sobre "Xestión Doméstica"

Os 20 homes participantes no programa "Xestión Doméstica", promovido polo Plan de Inclusión da Xunta de Galicia e en colaboración co Concello de Tui, recibían onte os seus diplomas acreditativos.

Os alumnos, todos de orixe marroquí e receptores do RISGA, formáronse nesta área a través dun curso de 20 horas de duración que se impartiu na Casa da Xuventude de Tui.

O programa do curso baseábase en catro bloques fundamentais coma son a organización das tarefas domésticas, as bases da microeconomía doméstica, a organización dos espazos e do tempo, e un plan de alimentación e actividade física para o autocoidado.

O alcalde Moisés Rodríguez, acompañado pola concelleira de Servizos Sociais Olga Montes, e a técnica do Plan de Inclusión Dory Rodríguez, facía así entrega dos diplomas, salientando a importancia de saber realizar as tarefas domésticas e de aforro enerxético para os tempos difíciles que estamos a vivir.

Municipio de Tui


Do 13 de xullo ó 1 de setembro de 2013

Horario
De martes a sábado: 11:00 - 14:00 e 20:00 - 22:00 horas.
Domingo: 11:00 - 14:00 horas.


Andaina Saudable Eurocidade - Trilho nocturno do Mosteiró
Este sábado 13 de xullo ás 21.30 horas españolas

Este sábado 13 de xullo terá lugar a novena andaina saudable da Eurocidade 2013, "Trilho nocturno do Mosteiró" en Valença, organizada pola Eurocidade Tui-Valença.

Este trillo terá o seu inicio ás 21.30 horas españolas, dende o punto de encontro na Igrexa Matriz de Cerdal (Valença), tendo un percorrido de 11,8 quilómetros, cunha duración aproximada de catro horas e media, sendo a dificultade fácil. Para todos aqueles que non coñezan o punto de encontro quedarase ás 21.15 horas españolas no parking do Lidl de Valença.

Dado que este trilho é nocturno, recoméndase a tódolos participantes levar unha lanterna ou frontal de luz.

Puntos de encontro:
" Ás 21.30 horas españolas na Igrexa Matriz de Gandra
" Ás 21.15 horas españolas no parking do Lidl de Valença

Municipio de Tui


O CONCELLO PROCEDE A REALIZAR DIVERSAS MELLORAS NA PRAIA DE AREEIROS - GUILLAREI

En días pasados o Concello de Tui ten realizado diversas actuacións na praia de Areeiros en Guillarei e no seu entorno para mellorar esta importante zona de baño para os tudenses que grande número se achegan ata esta ribeira do río Miño, especialmente nestas datas de altas temperaturas.

As actuación acometidas abrangueron as seguintes intervencións:
- Mellora do firme de rodadura na pista de acceso á zona da praia fluvial
- Limpeza de todo o entorno e a propia zona de praia
- Instalación de aseos para uso dos bañistas
- Instalación de boias para sinalar a zona de baño e a zona de acceso de embarcacións

Os responsables municipais teñen a vontade de realizar un seguimento continuo desta praia fluvial de Areeiros, na parroquia de Guillarei, que pola súa proximidade ao núcleo urbano tudense recibe un alto número de bañistas e cómpre un mantemento das súas instalacións e entorno. Ao tempo que o Concello chama aos bañistas e usuarios desta praia a colaborar na súa limpeza e coidados respectando unhas elementais normas de conducta cívica en beneficio de todos.

Municipio de Tui


A Oficina Municipal de Turismo de Tui atendeu 2.723 consultas no pasado mes de xuño

A Oficina Municipal de Turismo do Concello de Tui rexistrou un total de 2.723 consultas neste mes de xuño. A maior parte dos turistas que se achegaron a nosa cidade son nacionais, 1754, sendo a Comunidade de Madrid a de maior representación con 325 consultas. A esta seguíronlle os andaluces cun total de 265 visitantes, seguidos dos propios galegos que viñeron desde diferentes puntos da comunidade.

Tamén viñeron a visitarnos desde outras partes do mundo uns 979 turistas, a maior parte deles do noso veciño Portugal, uns 436.Salienta destacar que aos lusos lle seguiron 155 alemáns , 55 italianos e 54 franceses.

Unha significativa parte destas visitas foron de peregrinos, os cales realizaron 926 consultas. Destas, 699 foron de peregrinos chegados de fóra das nosas fronteiras, mentres que os camiñantes nacionais contabilizáronse en 227.

Entre os españois recibimos maioritariamente andaluces, galegos, madrileños e valencianos. Dos peregrinos internacionais destaca a presenza dos portugueses, uns 338, seguidos dos chegados de Alemaña, Italia e Francia. Aínda que en menor proporción tamén cabe salientar a visita de peregrinos de todas partes do globo coma Estados Unidos, Holanda, México ou incluso Xapón.

Municipio de Tui


Aprazado o I Cuadriatlón Eurocidade ata o 27 de xullo

A organización do I Cuadriatlón Eurocidade decidiu onte aprazar a proba deportiva marcada para o día 13 de xullo debido ás previsións da Axencia Estatal de Metereoloxía e da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galiza, que establecen para os próximos días alerta laranxa pola continuidade da ola de calor de orixe norteafricana que deixará elevadas temperaturas na nosa rexión.

Por isto, a proba deportiva queda aprazada para o día 27 de xullo, agradecendo así a comprensión dos inscritos polo cambio de data, que por medidas de seguridade verbo dos participantes foi necesario realizar.

Municipio de Tui


O BNG denuncia a falta de orzamentos para o 2013 sete meses despois de iniciarse o ano

O Bloque Nacionalista Galego denuncia que o goberno do PSOE está colando os orzamentos pola porta de atrás coa modificación de creto que pretende levar a pleno.

Na última comisión de asuntos económicos o goberno do PSOE presentou unha modificación de creto para dotar de cartos as partidas para as subvencións de carácter social, cultural e deportivo, no que aparecen 1.300 euros sen xustificar. Ante esta manobra o portavoz municipal do BNG, Xan Lois Lomba, preguntou ao goberno porque se ven con esta modificación de creto en lugar de presentar os orzamentos para o ano actual. A concelleira de facenda soamente puido contestar que os técnicos están moi ocupados.

O BNG considera un "cachondeo" que a concelleira do PSOE utilice de maneira recurrente a carga de traballo dos técnicos para non presentar os orzamentos en tempo e forma. Dende que entraron a gobernar, hai máis de 6 anos, o PSOE nunca presentou os orzamentos antes de que se iniciase o ano. "Non é unha cuestión de carga de traballo, é unha cuestión de prioridades. Os orzamentos son a base para poder xestionar o concello, polo tanto debera ser unha das primeiras preocupacións de quen goberna", comentou Xan Lois Lomba, portavoz municipal do BNG.

O BNG advirte que esta modificación de creto supón o baleirado doutras partidas como a do mantemento do servizo do ferry e a de responsabilidade patrimonial polas 21 licenzas.

Para o BNG o baleirado destas partidas significa unha falta de implicación do concello co ferry, e o engano do alcalde da Guarda aos afectados pola anulación das 21 licenzas, cuestión que o BNG denunciou no seu momento.

Dende o BNG pide seriedade ao Alcalde da Guarda, X.M. Freitas, e que presente os orzamentos para o ano 2013, ainda que sexa con máis de medio ano de retraso.

BNG


O concello felicita aos padeeiros do Kaiak Tudense tras a súa participación no Campionato de Europa de Piragüismo en Pista - Poznan 2013

Os padeeiros do Club Kaiak Tudense que participaron no Campionato de Europa que se celebrou a finais de xuño en Poznan, en Polonia.

No mesmo Óscar Carrera Amandi logrou a medalla de bronce no k2 500 metros xuto a Rodrigo Germade, e tamén a medalla de prata xunto ao Rubén Millán Rodríguez, tamén padeeiro do Kaiak, no k4 1000. Joan Ardit Vélez foi sexto no k2 200 metros e Andrea Porteiro, 53 deportista internacional do Kaiak, foi 9º no k4 500 metros.

Na recepción estiveron presentes o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o concelleiro de deportes, Nicolás Lorenzo, así como os concelleiros Jose Ángel Villaverde, María Fernández de ALT, e Enrique Cabaleiro do PSOE, xunto a familiares e compañeiros de club.

Nicolás Lorenzo agradeceu a este deportistas que leven o nome de Tui por competicións tanto nacionais coma internacionais, felicitándoos polo logros conseguidos.

O alcalde, Moisés Rodríguez, fixo referencia a que cada proba é maís dura e máis difícil, ao tempo que felicitou aos padeeiros polo seu éxitos. Tamén lembrou a aposta que dende o Concello se fai polo deporte, aludindo ao premio que neste eido concedeu o ano pasado Galicia Saudable.

Por última Óscar Carrera, medalla de prata e bronce neste europeo, explicou que está moi orgullo do conseguido, engadindo que espera lograr novos éxitos.

Municipio de Tui


XXII CONCURSO DE FIGURAS DE AREA - PRAIA DO MUÍÑO - 14 XULLO 2013

O Concello da Guarda organiza unha nova edición do CONCURSO DE FIGURAS DE AREA o vindeiro domingo 14 de xullo na praia do Muíño.

A finalidade desta actividade é que os nenos desenvolvan unha actividade lúdica ó aire libre e ó mesmo tempo que xoguen coa imaxinación.

Como en edicións anteriores todos os participantes recibirán un agasallo e os gañadores das categorías recibirán un vale para canxear nas librerías da Guarda.

PROGRAMA
De 11:00 - 12:00: Inscricións por categorías: segundo idade ou en grupo (máximo 4 participantes)
De 12:00 a 13:00: Concurso de figuras de area
Ás 13:00: Entrega de agasallos a todos os participantes
Ás 13:30: Entrega de premios: 1º e 2º de cada categoría

Organiza: Concello da Guarda
Colabora: Anabam, Distribuidora Begano e Frigo

Municipio de A Guarda


Edições C@2000
Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais