www.caminha2000.com - Jornal Digital Regional - - Semanário - Director: Luís Almeida

1ª Pág.
Cultura
Desporto
Óbitos
Política
Pescas
Roteiro
Ficha Técnica
Edições C@2000
Assinaturas
Email

O BNG manifesta a súa solidaridade coa Plataforma de Afectados pola Preferentes que hoxe foron desaloxadas do Concello do Rosal

Unha vez máis o Partido Popular demostra a súa falla de compromiso coas persoas estafadas enviando a Garda Civil a desaloxar o Concello do Rosal onde, dende hai meses, se atopaban pechados en sinal de protesta un grupo de afectados pola estafa das participacións preferentes do actual Nova Galicia Banco.

Os métodos empregados polo alcalde do Partido Popular, ordenando irrumpir na Casa do Concello para desaloxar unha protesta pacífica dos veciños, veñen a confirmar a falla de vontade de diálogo desta formación política. Este acto ven evidenciar que o goberno do PP no Rosal defende os intereses dos banqueiros por riba dos dos seus veciños.

"Resulta indigno que despois de seren estafados polo seu banco os veciños afectados teñan que ver como o seu alcalde, en lugar de apoialos, envía a policía a botalos da Casa do Concello ao tempo que o seu partido vota no congreso en contra de que recuperen a totalidade dos seus cartos" declarou Xosé Manuel Méndez - Responsábel Comarcal do BNG no Baixo Miño.

En opinión do BNG as declaracións do Alcalde do Rosal tras o desaloxo, afirmando que o goberno municipal segue a apoiar ás persoas estafadas, supoñen un insulto á intelixencia dos veciños.

"Se o apoio que o Partido Popular está disposto a brindarlle ás víctimas desta estafa consiste en enviar a Garda Civil a botalos fora do Concello máis lles valera non contar con el" afirman dende o BNG.

O Bloque Nacionalista Galego seguirá a defender o dereito das persoas estafadas a recuperar integramente o seu diñeiro e a reclamar o que en xustiza lles pertence. Para o BNG, ante un roubo como o das preferentes só cabe poñerse do lado das víctimas e non pode deixar de considerar que posicionarse do lado dos estafadores supón un exercicio inadmisíbel de complicidade cos que están a roubar os aforros dos veciños.

BNG


O BNG PROPÓN DESTINAR A POLÍTICA SOCIAL OS 500.000€, QUE O CONCELLO DE TUI REGALA AOS BANCOS

O BNG de Tui rexeita enerxicamente os orzamentos municipais presentados polo Partido Popular ao estar ditados polos grandes poderes financeiros e ser inservibles para a cidadanía.

Estes orzamentos confirman que a situación económica que estamos a padecer non é unha crise, é un roubo. Durante o ano 2012 o Concello de Tui prestou servizos por un importe de 8 millóns de euros e os veciños e veciñas pagamos por eses servizos, cos nosos impostos, 10 millóns. Ao mesmo tempo realizouse unha cancelación anticipada de préstamo nefasta xa que financeiramente era mellor opción non amortizar. Así, pola ineptitude do grupo de governo, o único que gañou foi o banco.

Este ano preténdese ir aínda máis aló, increméntanse os impostos e redúcese o orzamento en varios millóns de euros. Se no ano 2012 o Concello lles cobrou os veciños dous millóns de euros máis do que custaron os servizos, este ano o beneficio para a banca será aínda maior. E seguindo estritamente a política ao servizo do capital financeiro o goberno municipal tamén levará a cabo unha amortización anticipada de débeda desaconsellada polas matemáticas financeiras.

O BNG acredita noutro modelo de sociedade e é por iso se opón a estes orzamentos para frear esta perigosa deriva ideolóxica. Neste sentido, solicitamos que o Concello deixe de rescatar aos bancos e comece a axudar as persoas destinando 500.000€ dos orzamentos a política social como axuda a domicilio a dependentes ou de luita contra a pobreza e exclusión, agravada pola crise económica.

BNG


ACIGU Y FEBAM PROGRAMAN DOS NUEVOS CURSOS DE MANIPULADOR DE ALIMENTOS

Acigu CCA y Febam han realizado en los últimos meses diferentes acciones formativas en distintos ámbitos: Carretillero, Primeros Auxilios, Bienestar Animal en el Transporte, Manipulador de Alimentos, Evacuación y Emergencias, Protección de Datos, etc.

Para este mes de Mayo y Junio programan dos nuevos cursos de Manipulador de Alimentos, formación obligatoria para trabajar en Hostelería, cafeterías, bares, restaurantes,… y en cualquier empresa alimentaria. En Tui se celebrara el jueves día 30 de Mayo de 5 a 8 de la tarde y en A Guarda el 6 de Junio de 10 a 1 de la mañana. Se busca acercar una formación necesaria, máxime en esta época del año, por lo que animamos a la gente a informarse sobre estas acciones formativas. Las plazas son limitadas y hay descuentos para grupos. Existen listas abiertas para anotarse en los teléfonos 986605084 y 986611743, o en las sedes de ACIGU CCA y Febam.

ACIGU


CAMPUS MULTIDEPORTE NA GUARDA

O Concello da Guarda organiza un Campus Multideporte na segunda quincena de xullo destinado a rapaces e rapazas de entre 8 e 16 anos. Os participantes combinarán a práctica de distintas modalidade: fútbol no Campo Municipal da Sangriña, natación na Piscina Municipal e deportes de raqueta, volei-praia...) en instalacións do Club de Tenis Codesal e no entorno da Lamiña. Orientados polo monitor ou monitora correspondente.desenvolveranse de luns a venres en horario de 9 a 14 horas podendo inscribirse os interesados entre o 24 de xuño e o 5 de xullo. A cota de inscrición -60 € unha semana ou 100 as dúas semanas- inclúe o equipamento (camisola e calzón), material deportivo e merenda para media mañá. No correo deporte@aguarda.es ou no telefono 986614546 os interesados poden obter máis información.

Municipio de A Guarda


A CUARTA ANDAINA DO CONCELLO DA GUARDA PERCORRERÁ O PARQUE NATURAL DA BAIXA LIMIA -SERRA DO XURÉS

O próximo sábado 1 de xuño terá lugar a cuarta andaina da actividade "ANDAINAS 2013" organizada pola Concellería de Deportes e na que participarán unhas 100 persoas.

Como en anos anteriores escolleuse unha ruta no interior galego e por primeira vez percorrerase o Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés, recoñecido polo seu gran valor paisaxístico.

Nesta ocasión recoméndase levar prismáticos para observar animais en plena natureza e tan interesantes como a aguia real ou a cabra montesa. O percorrido permitirá contemplar esta inmensa paisaxe coñecendo enclaves como a Carballeira da Barxa e a vila abandonada de Salgueiro, espazos de acceso restrinxido.

A hora da saída está prevista ás 7,30 horas do parking da Sangriña e no que se disporán dous autocares para o traslado dos participantes. A hora estimada de chegada A Guarda será a partir das 20.00 horas.

Como nas andainas anteriores, solicítase os participantes que non realicen a andaina que o notifiquen ó Concello (tel. 986.614.546 ou turismo@aguarda.es) para ter un correcto control do número de participantes.

Recomendase levar:
- Mochila con menos de 5 kg.
- Sempre provisto de auga.
- Bocadillo ou comida.
- Chocolate, froitos secos,...
- Bastón.
- Calzado cómodo e elástico (recomendable non utilizar un calzado novo)
- Gafas de sol, crema protectora.
- Impermeable (en previsión de mal tempo).

Municipio de A Guarda


A GUARDA PARTICIPA NA II XORNADA DE PORTAS ABERTAS DAS RUTAS DO VIÑO OS DÍAS 1 E 2 DE XUÑO

A II Xornada de Portas Abertas das Rutas do Viño promovida Turgalicia comprende un amplo programa de actividades vinculados o viño e os espazos das Rutas do Viño de Galicia.

O Concello da Guarda pertence a Ruta do Viño Rías Baixas e nesta ocasión ofrecese ós interesados unha visita guiada especial polo Monte Santa Trega. Aproveitase a situación panorámica do monte para describir as particularidades do val do Rosal ca cultura do viño e tamén para amosar a vinculación destas terras ó viño dende os romanos. Os días 1 e 2 de xuño a visita guiada comeza ás 12h30 no exterior do MASAT, Museo Arqueolóxico de Santa Trega.

Ademais esta xornada ofrece a posibilidade de disfrutar de visitas gratuítas en máis de 20 bodegas e destilerías, en horarios 11h30, 13h00, 17h00 e 18h30 o sábado 1 de xuño e ás 12h00 o domingo 2 de xuño. Por outro lado, os aloxamentos da Ruta do Viño contarán promocións especiais e os restaurantes ofrecerán menús especiais a 25 euros e menús infantís (para menores de 12 anos) a 10 euros.

O programa complementase ca segunda edición do Desafío Rías Baixas, unha divertida proba que permitirá ós participantes obter interesantes premios.

Municipio de A Guarda


"TAPEARTE A GUARDA " UNE GASTRONOMÍA E ELABORACIÓN DAS ALFOMBRAS FLORAIS

O luns 27 de maio o Alcalde da Guarda, D. José Manuel Domínguez Freitas, e o Presidente de Turismo Baixo Miño, D. David Villar Alonso, presentaron no Concello da Guarda "TAPEARTE A GUARDA", a ruta gastronómica que se desenvolverá os días 31 de maio, 1 e 2 de xuño en nove establecementos hosteleiros da Guarda.

A Asociación de empresarios y profesionales del sector turístico del Baixo Miño, Turismo Baixo Miño, organiza para esta fin de semana unha nova iniciativa gastronómica, que en palabras do presidente de Turismo Baixo "diferenciase doutras experiencias gastronómicas porque vincula a gastronomía coa elaboración das alfombras do Santísimo", dous recoñecidos referentes na Guarda.

A finalidade é gozar dunha xornada descubrindo diferentes lugares e establecementos para degustar as tapas creadas especialmente para este fin de semana e ademais descubrir a laboriosa tarefa da confección das alfombras florais. O Alcalde da Guarda tamén resaltou a importancia destas iniciativas e que todas as accións serán ben acollidas xa que permiten dinamizar ó sector servizos.

Esta iniciativa inclúe o sorteo dunha fin de semana no Hotel El Molino entre aqueles participantes que cubran as papeletas. A campaña pódese descargar co código QR e así dispor dos establecementos no móbil ou ben mediante en Google Maps.

Os nove establecementos crearon un tapa especial que estará dispoñible durante esta fin de semana a un prezo de 2 euros:
" Casa do Outeiro: Mar e Montaña
" Restaurante Marouco: Tapa Marouco
" Jamonería Anabel: Dobre Ibérico
" Restaurante Gaviota: Rabo de Touro
" Restaurante Arruaz: Espeto Arruaz
" Restaurante Trasmallo: Veleiro Ibérico
" Restaurante Xeito: Espeto de polbo sobre cama de ceboliña e crema de pataca
" Restaurante Bahía: Espeto mixto de carne á brasa
" Hotel El Molino: Luras á galega

Municipio de A Guarda


O BNG na Guarda denuncia o lamentábel estado do cableado da rúa Brasilino Álvarez

"O BNG solicita que se inicie un plan de mellora das liñas en todo o concello"

O Bloque Nacionalista Galego presentou un escrito no concello da Guarda denunciando o estado da rúa Brasilino Álvarez. Para o BNG o cableado desta rúa dista moito de cumprir as mínimas medidas de seguridade, existen puntos onde os cabos que están a pouco menos de dous metros de altura. Ademais, hai que engadir que os postes que sosteñen as liñas están colocados no medio das beirarrúas ocupando vía pública, impedindo o paso de persoas e dificultando o tránsito con carriños. Todo isto da unha imaxe terceiromundista da Guarda, que ten nun dos seus motores económicos o turismo.

O BNG acusa ao Goberno municipal do PSOE de neglixencia e desinterese. Dende o BNG xa non é a primeira vez que se advirte das deficiencias no cableado da rúa Brasilino álvarez, así como noutras zonas do concello. "Non se pode presumir de concello turístico cando unha das rúas céntricas da Guarda parece máis dos anos 40 que do século XXI", manifestou Xan Lois Lomba, portavoz do BNG.

O BNG insta ao Alcalde da Guarda a tomar as medidas oportunas para a mellora do estado do cableado da rúa Brasilino Álvarez. Ademáis da realización dun plan de mellora de todas aquelas liñas que non cumpran os mínimos de seguridade e decoro no concello.

BNG


Curso de verán da Aula Uned de Tui

El Aula UNED de Tui presentó su Curso de Verano sobre turismo alternativo Hoy por la mañana, Moisés Rodríguez Pérez, Alcalde de Tui, y Beatriz Rodríguez López, Directora del Centro Asociado a la UNED en Pontevedra, presentaban en el Aula UNED de Tui el Curso de Verano “Turismo Alternativo: Gestión y Márketing” que tendrá lugar en el municipio tudense del 1 al 5 de Julio.

El curso, que se inscribe dentro de los populares Cursos de Verano que organiza la Universidad Nacional de Educación a Distancia durante la temporada estival, pretende acercar al participante las claves del turismo alternativo a través de la experiencia de profesionales y especialistas en el sector mediante ponencias y mesas redondas. Además, permitirá a los asistentes disfrutar de este tipo de productos turísticos gracias a los talleres y visitas guiadas que tendrán cada día. Como ha destacado Beatriz Rodríguez, Directora del Centro Asociado a la UNED en Pontevedra, “el curso no sólo ofrece al alumno la posibilidad de conocer de primera mano la experiencia de reconocidos especialistas y profesionales, sino que le permite realizar un análisis profundo y fundamentado de todos y cada uno de los productos turísticos gracias a los talleres que se organizarán cada tarde” y que permitirán al estudiante desde participar en una cata de vinos y acudir a una bodega hasta realizar una bajada en piragüa por el río Miño.

Por su parte Moisés Rodríguez Pérez, ha destacado la importancia de que “por primera vez el Aula UNED de Tui cuente con un Curso de Verano propio” poniendo de relieve “la conexión de Tui con la temática del curso, siendo éste un municipio de interés turístico y referente cultural”. Medio centenar de expertos turísticos se acercarán a Tui

El curso, orientado a profesionales y futuros profesionales del sector turístico, pretende plantear opciones al turismo convencional y analizar a través de la experiencia de profesionales en activo las nuevas posibilidades de ocio y tiempo libre que existen en el mercado. Para ello, contará con la presencia de expertos de gran prestigio no sólo a nivel gallego sino también nacional, tales como Pepe Solla, máximo exponente de la cocina gallega y poseedor de una estrella Michelin, José María Fonseca Moretón, Presidente del Grupo Terras Gauda o Benigno Amor Barreiro, Gerente de la Asociación Balnearios de Galicia, entre otros.

El precio de matrícula del curso es de 159€, pudiendo disfrutar de descuento (83€) estudiantes universitarios, personas desempleadas, estudiantes y antiguos Alumnos de la UNED, miembros de Familia Numerosa General y mayores de 65 años. Para las víctimas del terrorismo o los alumnos con discapacidad, el coste será de 32€ y para aquellas personas poseedoras del Carné de Familia Numerosa Especial será totalmente gratuito.

El curso, con una carga lectiva de 35 horas, se desarrollará en las instalaciones del Aula Universitaria de Tui de 10:00h a 14:30h y de 17:00h a 20:00h, desde el lunes 1 de Julio hasta el viernes 5 de Julio y será reconocido con 1.5 créditos ECTS y 3 créditos de libre configuración. Así mismo, existen descuentos en diferentes restaurantes y hoteles de la ciudad para todas aquellas personas que deseen alojarse o almorzar en el municipio tudense.

Municipio de Tui


Gustavo Rodríguez acada a primeira posición na I Triatlón Tui-Porriño

O triatleta tudense Gustavo Rodríguez acadou o triunfo na I Triatlón Tui-Porriño, organizada polo Concello do Porriño en colaboración co Concello de Tui e a Federación Galega de Triatlón, que se disputou o pasado sábado 25 de maio.

A proba, que tivo a súa saída dende a Praia da Mariña de Tui, congregou a 290 deportistas e ao numeroso público asistente, que puideron gozar do inicio da proba a nado, onde os triatletas tiveron que percorrer unha distancia de 750 metros.

Tras a proba de natación tocou o circuíto en bicicleta, 20 quilómetros saíndo dende o parquing do Club Náutico San Telmo, percorrendo o Camiño de Santiago en dirección a Porriño, onde "Tavo" Rodríguez que partiu dende a 16ª posición tras saír do río Miño, remontou ata a primeira posición, que non perdeu nos 5 quilómetros a pé polas rúas de Porriño.

O Concello de Tui felicita a Gustavo Rodríguez por este triunfo na casa, e pola espectacular tempada realizada ata agora.

Tamén desexa agradecer ao Concello de Porriño por contar con Tui para organizar este evento deportivo dende a nosa cidade, así como a todos aqueles que colaboraron na seguridade da proba, Policía Local de Tui, Protección Civil de Tui, Comandancia Naval do Miño, Cruz Vermelha de Valença, Club Kayak Tudense, Club Remo Tui, Club Atletismo Tui, Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas, Club MTB Aloia e Club Ciclista de la Fuente.

Municipio de Tui


15 deportistas tudenses competirán nos Campionatos de Europa de Remo e Piragüismo

Nos próximos días disputaranse varios Campionatos de Europa, nos que estarán presentes ata 15 deportistas de clubs tudenses.

Na próxima fin de semana terá lugar o Campionato de Europa de Remo, que se disputará no Centro Especializado de Alto Rendemento da Illa da Cartuxa de Sevilla, do 31 de maio ao 2 de xuño, no que catro integrantes do Club Remo Tui competirán polas medallas en diferentes embarcacións. Así, Nuria Domínguez competirá en dobre skull absoluto feminino, Esmeralda Santos en dobre skull lixeiro feminino, e por último, Jesús González e Sergio Pérez, o farán en catro sen lixeiro masculino.

Na seguinte fin de semana, os integrantes do Club Kayak Tudense, Manu Garrido, Iván Alonso, Óscar Graña e Ramón Ferro competirán no Campionato de Europa de Maratón de Piragüismo, na localidade de Vila Verde (Braga). Manu e Iván terán a súa competición o sábado 8 de xuño, e Ramón e Óscar o día 9.

Padeeiros tudenses tamén competirán no Campionato de Europa Absoluto de Piragüismo en Augas Tranquilas, na localidade de Montemor-o-Velho (Portugal), entre os días 14 e 16 de xuño. José Luis Bouza clasificou para competir en C2 500 e 1000 xunto ao asturiano David Fernández; Carla Pérez e Ana Varela competirán en K2 200; Rubén Millán e Gabriel Campo en K2 500, así como Óscar Carrera que competirá en K4 1000.

E por último, Joan Ardit, padeeiro do Club Kayak Tudense, competirá no Campionato de Europa Sub23, que disputarase na localidade polaca de Poznan, na distancia de k2 200 metros. Neste campionato tamén competirá Rubén Millán, na distancia de 1000 metros, polo que dobrará tanto no campionato absoluto como no sub23.

O Concello de Tui desexa moita sorte a tódolos deportistas dos clubs tudenses e felicita aos seus adestradores e xuntas directivas, polo traballo realizado ao longo da tempada, así como anima a tódolos tudenses a alentar aos nosos veciños nas súas competicións.

Municipio de Tui


O ALCALDE DE TUI RECLAMA UNHA PARADA NA EUROCIDADE DO TREN PORTO-VIGO

O rexedor tudense solicita que as melloras na liña ferroviaria Porto-Vigo anunciadas na última cumbre hispanolusa cunha sustancial reducción do tempo de percorrido deste ferrocarril non supoñan deixa á Eurocidade Tui - Valença sen unha parada nesta liña de transporte.

Neste sentido ten enviados senllos escritos á Ministra de Fomento do Goberno de España e ao Ministro da Economía e do Emprego do Goberno de Portugal na que expresa a súa preocupación por este tema, pois a reivindicación contra a supresión deste enlace ferroviaria que foi iniciada polos rexedores de Valença e Tui no mes de xuño de 2012 tiña como obxectivo mellorar as comunicación desta eurorrexión, e mobilidade dos seus habitantes e a cohesión deste territorio.

O funcionamento desta liña como un auténtico medio de transportes entre as localidades da eurorrexión contribuiría moi positivimente ao desenvolvemento socio-económico desta zona. Resulta evidente que compre un replantexamento desta liña, engade na misiva o alcalde tudense, pero non pode ser a costa de reducir ás comunicacións que este transporte establece.

Por tanto, Moisés Rodríguez, solicita a permanencia dunha parada deste tren Porto -Vigo na eurocidade Tui - Valença para garantir a continuidade deste necesario servizo de transporte público pois "os beneficios socio-económicos que reportaría son superiores, sen dúbida algunha, aos custes que implique esa continuidade".

Municipio de Tui


O CONCELLO CONVOCA A SEGUNDA EDICIÓN DO CONCURSO DE DECORACIÓN DE BALCÓNS E VENTÁS DO CONXUNTO HISTÓRICO

Promovido polas concellerías de Conxunto Histórico e Parques e Xardíns

O Concello de Tui convoca neste ano 2013 a segunda edición do concurso de decoración de balcón e xanelas do conxunto histórico de Tui que promoven as concellería do Conxunto Histórico e a concellería de Parques e Xardíns, coa colaboración das florerías tudenses "La Flor" e "Rita" e a "Fototeca".

Esta iniciativa xorde como unha proposta para humanizar as rúas da zona monumental tudense promovendo a implicación dos seus habitantes na conservación e promoción deste conxunto patrimonial. Como sinalan as bases do certame "preténdese chamar a atención sobre a contribución que os cidadáns residentes neste ámbito histórico poden realizar á mellora estética das diversas rúas e prazas, incrementado a calidade ambiental. A ornamentación de balcóns e ventás testemuña a implicación dos veciños no incremento da calidade estética deste espazo patrimonial e incrementa o seu valor".

Poden participar todos os veciños do ámbito do conxunto histórico para o que compre inscribirse, ata o 13 de xuño, ou ben no Concello ou nos establecementos colaboradores; unha vez realizar esta seralles entregado un distintivo que deber permanecer xunto ao balcón ou ventá participante entre o 16 de xuño e o 16 de agosto.

O xurado terá en conta entre outros, os seguintes criterios:
o O estado de conservación e mantemento do balcón
o A orixinalidade da ornamentación e a innovación dos elementos accesorios
o A harmonía no crecemento das plantas
o A combinación de cores e o seu valor estético
o A variedade, calidade, perdurabilidade e innovación dos elementos vexetais

Os premios establecidos neste primeiro concurso son:
o 1º premio. Diploma, cheque de 200€ e cheque de compra de plantas e materiais de xardinería por valor de 100€
o 2º premio. Diploma, cheque 100€ e cheque de compra de plantas e materiais de xardinería por valor de 75€
o 3º premio. Diploma, cheque de 50€ e cheque de compra de plantas e materiais de xardinería por valor de 50€
o Premio Especial ó mellor establecemento de hostalería. Diploma e cheque de compra de plantas e materiais de xardinería por valor de 60€.

O Concello e xunto aos establecementos colaboradores animan a todos os veciños e aos establecementos comerciais a participar nesta iniciativa que promove potenciar esta zona histórico tudense cun valor engadido, como é a decoración foral que incrementa a beleza deste espazo monumental. Con esta nova convocatoria trátase de que esta iniciativa sexa favorablemente acollida entre os veciños para que a contemplación destes elementos decorativos sexa un novo valor que xustifique unha visita á nosa cidade e, sobre todo, faga máis agradable a vida nas rúas históricas de Tui.

Municipio de Tui


NOVO CONCERTO DOS ALUMNOS DO CONSERVATORIO E ESCOLA DE MÚSICA TUDENSE

O martes 4 de xuño no adro da Catedral

A Escola de Música Municipal de Tui e Conservatorio Profesional de Música do Concello de Tui continúan a desenvolver o seu programa de concertos divulgativos do seu labor docente en diversos espazos da nosa cidade.

Así a semana próxima, haberá un novo concerto o martes 4 de Xuño, a partir das 19:30 h., no Adro da Catedral de Tui (na beira esquerda da mesma, na Praza do Concello). Será nesta oportunidade a Banda Infantil de Vento da Escola de Música Municipal de Tui, e os Alumnos de Gaita da Escola e do Conservatorio Profesional de Música.

Municipio de Tui


600 ciclistas e 177 camiñantes na II Eurocidade BTT

O pasado domingo 26 de maio celebrouse a II Eurocidade BTT, proba de ciclismo de montaña organizada pola Eurocidade Tui-Valença, en colaboración coa Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas, que congregou no Paseo da Corredoira de Tui ao redor de 600 ciclistas e tamén aos 177 camiñantes que fixeron a sexta Andaina Saudable Eurocidade "Camiño do Louro", organizada tamén pola Eurocidade Tui-Valença en colaboración coa empresa VerdeAzul de Tui.

A marcha ciclista, que por segundo ano é organizada en colaboración cos "Biciosos", saíu do Paseo da Corredoira, dende onde o Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, e o Presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro, animaron aos ciclistas a gozar do percorrido pola Eurocidade Tui-Valença.

As rúas de Tui, a Ponte Internacional, as murallas de Valença, o Monte Faro e o Monte Aloia foron percorridos polos ciclistas, nunha maña perfecta para o deporte das dúas rodas, que rematou cunha ducha quente nos pavillóns deportivos municipais, e da degustación dun porco ao espeto.

En definitiva, unha maña deportiva que congregou na nosa Eurocidade a máis de 800 deportistas procedentes de Galicia e Portugal.

O Concello de Tui felicita a tódolos integrantes da Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas pola perfecta organización desta segunda edición, en especial a Eduardo e Alberto polas numerosas reunións realizadas coa Eurocidade Tui-Valença en pro da boa organización e seguridade da proba.

Agradecer a colaboración da Policía Local de Tui, Protección Civil de Tui, Cruz Vermelha de Valença, Bombeiros Voluntarios de Valença, GNR de Valença, BTT Monte Faro, Radio Municipal de Tui, MotoClub Randufe, Club Baixo Miño e Familia Araujo, e aos patrocinadores Coca-Cola, Eurobanan, MarIbérica, VerdeAzul, TramoLibre, Bici o con, Tea Bikes e Tralacosta Bikes.

Municipio de Tui


BALANCE DE ACTIVIDADES DE ANTITABAQUISMO DO CONCELLO DE TUI NO DÍA MUNDIAL SEN TABACO

O Departamento de Prevención de Drogodependencias da Concellería de Servicios Sociais do Concello de Tui está desenvolvendo un amplo traballo de prevención do consumo de tabaco dirixido a diversos sectores sociais coa finalidade de contribuír á erradicación deste consumo.

Así desenvolveuse un curso para deixar de fumar que rematou o 27 de marzo, facéndose o día 14 de maio a primeira sesión de seguimento. A terapeuta que levou a cabo o curso mostrouse moi satisfeita na sesión de seguimento, xa que das 9 persoas que fixeron o curso 6 continúan sen fumar.

Dende a Concellería de Servicios Sociais, se anima a todas aquelas persoas que queiran deixar de fumar e non o conseguen, a participar neste tipo de cursos pois, en palabras da concelleira Olga Montes Moldes, este tipo de terapias que brindan apoio técnico, consellos, compañía e recompensas son unha das ferramentas mais exitosas para lograr o abandono do tabaquismo. Por isto, consideramos que este tipo de cursos deberán de ter continuidade no noso Concello, polo que para o ano trataremos de levalo a cabo.

Recordar que cada ano, o 31 de maio, a OMS e asociacións de todo o mundo celebran o Día Mundial Sen Tabaco, dedicado a resaltar os riscos para a saúde asociados ao consumo de tabaco e promover políticas eficaces para reducir ese consumo. O tema do Día Mundial Sen Tabaco 2013 é a prohibición da publicidade, a promoción e o patrocinio do tabaco. A epidemia mundial de tabaquismo mata cada ano a case 6 millóns de persoas, das cales máis de 600.000 son non fumadores que morren por respirar fume alleo.

Este ano desde o Departamento de Prevención traballouse tamén nos Institutos o tema da publicidade enganosa do tabaco. Dicir que nun test que se lle pasou ao alumnado de 2º da ESO ao ítem "Como de fácil resultaríache obter, tabaco?" o 99´8 % dos rapaces contestaron que é fácil conseguilo e que hai un fácil achegamento a esta droga. Isto fainos pensar que algo se está facendo mal a sociedade cando unha substancia prohibida para os menores, ten tan fácil acceso a eles.

Municipio de Tui


O DELEGADO DA XUNTA E O ALCALDE DE TUI COMPROBAN O AVANCE DAS OBRAS DE EXECUCIÓN DA ESCOLA INFANTIL DE TUI

" Destacaron que os traballos poderían rematar ao longo do período estival
" O centro contará con 82 prazas e seis unidades e ten un orzamento de 730.000 euros

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá o concello de Tui co obxectivo de comprobar o avance das obras de execución da nova Escola Infantil deste municipio acompañado polo alcalde da cidade, Moisés Rodríguez Perez

Cores Tourís destacou o "avanzados que se atopan os traballados" e asegurou que, segundo apunta a propia empresa, "poderían rematarse ao longo da época estival". O obxectivo, sería, a partir do remate das obras, levar a cabo a instalación do mobiliario e o equipamento e a contratación do persoal.

En total, ofreceranse 82 prazas públicas de gardería nun concello que, na actualidade, só conta con servizos similares de carácter privado. "En total, o novo centro, que supuxo un investimento de 730.000 euros, contará con seis unidades para nenos de entre 0 e 3 anos e dará servizo a unha poboación importante dun municipio eminentemente xoven, no que o 35% dos veciños teñen menos de 30 anos".

Na visita estiveron tamén presentes representantes da empresa adxudicataria, CRC Construtora, e da asistencia técnica, Enmacosa, así como o arquitecto da obra, Óscar Sánchez.

O delegado territorial destacou que o obxectivo da Consellería de Traballo e Benestar é poder abrir este servizo no último cuadrimestre do ano.

Pola súa banda, o alcalde da localidade, Moisés Rodríguez, agradeceu a colaboración da Xunta para a execución desta gardería e destacou "a colaboración entre administracións, tanto educativas como sanitarias, que permitiu poñer en marcha este proxecto, vencendo todas as dificultades". Deste xeito podemos anunciar á cidadanía que para o próximo curso contarán cunha nova escola infantil aberta na localidade".

Finalmente, José Manuel Cores Tourís, tamén agradeceu ao concello, "e en especial ao seu alcalde, que traballou arreo para conseguir que este proxecto sexa unha realidade".

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra insistiu en que a nova escola infantil "contribuirá decisivamente a mellorar a calidade de vida das familias deste municipio", xa que "poderán estar máis preto da conciliación da vida persoal, laboral e familiar. Dar resposta á demanda de prazas en educación infantil é unha ferramenta fundamental para favorecer as familias galegas".

Municipio de Tui


AS LIBRERIAS DA EUROCIDADE PARTICIPAN ESTE SABADO NA XVI FEIRA DO LIBRO GALEGO DE TUI

O Paseo da Corredoira de Tui acolle este sábado, 1 de xuño, unha nova edición da Feira do Libro que con 20 postos contará coa presenza das Librerías Iris e Valverde de Tui xunto coa Papelaría Moderna e a Biblioteca Municipal de Valença. Esta mañá no decurso dunha rolda de prensa foi presentado o programa desta Feira por parte da concelleira de Cultura do Concello de Tui, Vanesa Rodríguez Pereira, xunto cos representantes dos establecementos participantes (Librería Valverde de Tui e Papeleria Moderna de Valença).

Vanesa Rodríguez amais de agradecer ás librerías participantes a súa presenza nesta nova edición da Feira do Libro amosou a súa satisfacción porque os establecemento valencianos repitan a súa asistencia logo da experiencia pioneira dos pasados anos, este ano amais coa participación da Biblioteca Municipal valenciana. A concelleira afirmaba que esta é unha feira consolidada tanto no municipio coma no entorno

Esta nova edición da feira do libro foi trasladada da súa tradicional data de celebración polas previsións meteorolóxicas que anunciaban chuvia no 17 de maio, Día das Letras Galegas. A escolla deste sábado 1 de xuño foi realizada polas librerías participantes.

Anunciou tamén que o pregón desta feira correrá a cargo do director da Radio Municipal de Tui, Jose Font, en recoñecemento aos vinte anos de funcionamento desta emisora e a importante labor de difusión cultural que realizan na nosa localidade e a comarca do Baixo Miño.

Os representantes dos establecementos amosaron o seu agradecemento ao Concello de Tui por esta nova edición da feira que achega este producto cultural aos cidadáns e anunciaron que como é tradicional aplicarán un desconto do 10%.

O programa é o seguinte:
- 12,00 h.: Inauguración
- Pregón por José Font Moldes, director da Radio Municipal de Tui, e recital poético pola Asociación de Amigos da Poesía do Baixo Miño
- 12,00 h.: Actuación do Grupo folclórico Seixos Albos de Areas.
- 16,30 h a 20,30 h.: Inchables
- 18,00 h.: Actuación do Grupo " Refaixos e Polainas" de Baldráns
- 20,00 h.: Actuación do grupo A Insua de Caldelas.

Participan:
Librería Iris e Libreria Valverde de Tui
Liberia Moderna e Biblioteca Municipal de Valença

Municipio de Tui



O CONCELLO COLABORA COA CONFECCIÓN DE ALFOMBRAS FLORAIS PARA A PROCESIÓN DO CORPUS TUDENSE

O Concello de Tui, a través da concellería de Parques e Xardíns, colabora con diversos colectivos tudense na confección de alfombras florais para honrar o paso da tradicional procesión do Corpus Christi deste domingo 2 de xuño.
Neste ano se realizaran tres alfombrados florais no percorrido da procesión eucarística polas rúas tudenses; en concreto, no Pórtico da Catedral, na Praza de San Fernando e na Praza do Concello.
As voluntarias da Pastoral da Saúde e da Adoración Nocturna Feminina son as responsables da confección destes alfombrados e xa están traballando todas as tardes a partir das 17,00h no Claustro da Catedral e o este domingo dende as cinco da mañá preparando estas alfombras de flores. Os organizadores agradecen a colaboración que calquera persoa poida realizar para darlle continuidade a esta alongada tradición existente na nosa cidade. Tamén colaboran neste evento as florerías La Flor e Rita da nosa localidade.

Municipio de Tui



CAMPAMENTOS URBANOS E DEPORTIVOS DE VERÁN 2013 DO CONCELLO DE TUI

A Concellería de Deportes do Concello de Tui organiza os Campamentos Urbanos e Deportivos de Verán 2013, que se levarán a cabo durante o mes de xullo e a primeira quincena do mes de agosto.
Dado o éxito dos campamentos do ano pasado, a Concellería de Deportes tudense aposta por aumentar unha quincena máis, das dúas que se realizaron na pasada tempada, contando con dúas quendas no mes de xullo e unha máis na primeira quincena de agosto.
Os campamentos urbanos e deportivos de verán van destinados aos nenos/as e mozos/as de Tui con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos (idades cumpridas ao inicio de cada quenda), co fin de ofrecer unha alternativa lúdica-deportiva-educativa aos cativos/as do noso concello. Ademais, co desenvolvemento destes campamentos, preténdese ofrecer unha alternativa aos pais e nais que traballan durante ese período, para que podan conciliar así a vida familiar e laboral.
As inscricións realizaranse na secretaría do Concello de Tui, dende o día 3 ata o 11 de xuño, no horario de 09.00 a 14.00 horas, entregando cumprimentado o formulario de solicitude xunto á documentación requirida nas bases, que poden consultarse na páxina web do Concello de Tui www.concellotui.org ou na secretaría do concello.
Para o Concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, os campamentos urbanos e deportivos de verán son unha oportunidade para crear espazos de convivencia e socialización para os nenos e nenas de Tui. Nas actividades previstas pretendese o fomento de hábitos de vida saudables, a educación en valores, o respecto a un mesmo e aos demais así como ao noso entorno, artellado entre torno á practica deportiva e de xogos.

Municipio de Tui


Edições C@2000
Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais