![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
- Semanário - Director: Luís Almeida| 1ª Pág. | Cultura | Desporto | Óbitos | Política | Pescas | Roteiro | Ficha Técnica | Edições C@2000 | Assinaturas |
|
|
TALLERES DE PREVENCIÓN CO ALUMNADO
A Asociación Érguete Baixo Miño ven de rematar as actividades escolares de prevención realizadas neste curso escolar 2012/13 co alumnado dos centros educativos da comunidade. Ademais do Programa de Educación para a Saúde na Escola que dende o ano 1994/5 é impartido directamente polos titores na aula, as Técnicas de Prevención desta Asociación tamén realizan talleres co alumnado. Nesta ocasión os beneficiarios foron nenos/as e mozos/as escolarizados pertencentes aos cursos de 6º de Primaria, de 1º da ESO e de PCPI con idades comprendidas entre os 12 e 17 anos, ascendendo a un total de 181 alumnas/os do I.E.S. de Tomiño, do CEIP de Sobrada de do CPR Padres Somascos de A Guarda. Durante estas actividades, traballáronse aspectos como: - A autoestima e a saúde.
A finalidade destes talleres é promover a adopción de estilos de vida saudables, evitando o desenvolvemento e a consolidación de consumos problemáticos de drogas e tamén doutros trastornos aditivos, e reducir a incidencia dos diversos problemas sociosanitarios relacionados co consumo e/ou abuso de drogas. Agradecemos a alta implicación do profesorado nestas actividades e a disposición do equipo directivo dos centros, para seguir realizando e apoiar ano tras ano estas accións. Érguete Baixo Miño NO PASADO MES DE ABRIL SAIRON DE TUI 346 PEREGRINOS
No pasado de abril a cidade de Tui foi escollida por un total de 346 peregrinos para iniciar a súa peregrinación cara á Santiago de Compostela, sumándolle os que iniciaron a súa peregrinaxe en Valeça, 316, temos que da Eurocidade saíron cara a Compostela 662 peregrinos. Neste mesmo mes de abril foron 2043 os peregrinos que realizaron o itinerario do camiño portugués que se consolida cada día como o segundo camiño de peregrinación, como alternativa ao Camiño Francés. Os datos estatísticos deste mes de abril verbo doutros anos son menores ao celebrase este ano a Semana Santa no mes de marzo, pois nestas datas sempre existe un importante fluxo de peregrinos. Para os responsables municipais estes datos testemuñan como a peregrinación xacobea é un recurso turístico e cultural de primeiro orde na nosa cidade pois aporta un importante número de visitantes que percorren as rúas do noso conxunto histórico. Tamén amosan a súa satisfacción pola consolidación da nosa cidade como a auténtica porta de entrada en Galicia do camiño portugués como ven reflectido nos datos estatísticos aportados. Os peregrinos que preparan o seu itinerario de peregrinación escollen, en bo número, a Tui como lugar de inicio do seu camiño ou como etapa da súa peregrinaxe tanto polos seus recursos turísticos e patrimoniais, coa Catedral como gran atractivo, como polos servizos de atención aos peregrinos que oferta este municipio. Con estes datos facilitados pola Oficina de Estatística do Arcebispado de Santiago evidénciase, nunha nova oportunidade, a importancia que posúe a nosa cidade nos itinerarios xacobeos e como o Camiño portugués segue gozando dun alto atractivo para os peregrinos que percorren esta ruta histórica de peregrinación que ten en Valença e Tui o seu lugar de entrada en Galicia. Municipio de Tui Conferencia sobre o comportamento dos pais e nais no deporte base
Terá lugar o martes ás 20h no Teatro Municipal de Tui Baixo o título de "Xogas?" o Teatro Municipal de Tui acolle o próximo martes, 14 de maio, ás 20h unha conferencia divulgativa sobre o comportamento dos pais no deporte. Esta actividade está organizada pola Deputación de Pontevedra coa colaboración da Concellería de Deportes do Concello de Tui e do Tyde F.C. A presentación desta actividade tivo lugar esta mañá na Área Panorámica a cargo do concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, e do coordinador do Tyde, José Manuel Quintana. A actividade comezará ás 20h cunha conferencia a cargo do psicólogo deportivo e adestrador Antonio Piñeiro. A continuación haberá unha mesa redonda na que participará un xogador da primeira plantilla do Celta de Vigo, o padeeiro Manu Garrido, e o árbitro de Segunda División, David Pérez. O concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, explicou que esta é unha conferencia moi importante sobre todo ante o que está acontecendo nalgunhas instalacións deportivas. Nese senso sinalaba que "o deporte está collendo unha dimensión problemática ao meter demasiada presión ao cativos" que están no deporte para disfrutar e divertise. Nicolás Lorenzo avanzou que nos próximos orzamentos incluirán unha partida para becas para a formación de adestradores, do mesmo xeito que este ano convocaron as becas para deportistas de elite. Apuntaba que a formación é tamén fundamental, ao tempo que salientaba a labor que os adestradores realizan inculcando valores clave aos nenos e nenas. O coordinador do Tyde, José Manuel Quintana, destacou que é moi interesante promocionar este tipo de conferencias sobre cal debería ser o comportamento dos pais no deporte base. Explicaba que vai orientado a que os pais teñan paciencia cando están no campo, respecten aos árbitros e as condicións de cada neno. Sinalaba que os grandes deportistas teñen pais tranquilos e relaxados. Jose Manuel Quintana fixo referencia amais ao II Torneo de Fúbtol 7 Base da Eurocidade que se vai celebrar o sábado 18 e domingo 19 deste mes de maio nas instalacións municipais Álvarez Durán. Será nas categorías alevín e benxamíns con nenos de Tui e Valença. Municipio de Tui Apresentação do livro "YO TAMBIÉN FUI CONTRABANDISTA EN EL ESTUARIO DEL MIÑO" Quinta-feira, 16 de maio é apresentada a obra "YO TAMBIÉN FUI CONTRABANDISTA EN EL ESTUARIO DEL MIÑO" no Centro Cultural da Guarda, ás 20.30h, escrito por Praxíteles González Martínez. O BNG DE TUI REXEITA OS ACTOS DE HOMENAXE A CALVO SOTELO O BNG de Tui non participará nos actos de homenaxe a José Calvo Sotelo, organizados polo Concello de Tui este sábado 11 de Maio. Para alén do respeito que nos merece que cada familia lembre aos seus devanceiros ou que se realicen estudos de investigación sobre a vida e obra de calquer personaxe con responsabilidades públicas, o BNG rexeita que o governo municipal realice una ofrenda floral diante do monumento a un personaxe pro-golpista e fascista -como el mesmo se recoñecia- en canto esquece a homenaxe debida a tantos e tantas tudenses que, nos piores momentos da sublevación e posterior represión franquista, deron a sua vida en defensa da liberdade e da legalidade republicana. Lamentamos que o governo municipal tudense prefira una vez mais por-se en primeira fila ao lado dos poderosos que defenden una idea da sociedade ligada a reximes dictatoriais en vez de situar-se ao lado do povo traballador galego. O mesmo povo que non dubidou en defender a liberdade, a dignidade e o progreso frente á barbarie fascista, e que ainda non recibiu por parte das institucións municipais o mais mínimo xesto público de consideración , lembranza ou homenaxe. Nese sentido, lembramos que o BNG de Tui propuxo sen éxito, por exemplo, que o Concello recoñecese institucionalmente a figura de D. Guillermo Vicente Santiago, último alcalde democrático tudense antes da dictadura fascista, que perseguido polos mesmos que louvaban a Calvo Sotelo, gravemente doente e oculto pola sua nai, morreria o 1 de maio de 1940 e seria soterrado clandestinamente na mesma adega onde estaba oculto. Daquela, nen a unha sepultura digna tiña dereito. Hoxe, para D. Guillerme non hai homenaxes nen ofrendas florais. A homenaxe do BNG de Tui será sempre para, D. Alejo Diz Jurado, D. Dario Álvarez Limeses, D. Serafín Fernández Costas e o seu fillo, D. Julio Fernández Fernández, D. Antón Alonso Ríos, D. Gumersindo Rodríguez, Dª Evangelina Jaso, D. Juan e D. Manuel Gómez Besada e tantos outros que foron perseguidos, asesinados, ou executados vilmente polos mesmos que encumbraban a Calvo Sotelo como "pró-martir del Alzamiento". Para nós sempre serán exemplo de dignidade, loita e compromiso. BNG A EUROCIDADE TUI-VALENÇA XA CONTA CO SEU LOGOTIPO.
O equipo portugués formado por Fernando Lima e Marina Abreu foi o gañador do concurso convocado pola Eurocidade Tui-Valença para elixir o seu logotipo. Do total de 17 traballos presentados ao certame o xurado elixiu o realizado por estes dous deseñadores que recibirán coma premio 1.000 euros. A presentación do logotipo tivo lugar este mediodía na Biblioteca de Valença a cargo do alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, o presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro Mendes, e os propios deseñadores. Fernando Lima explicou que na realización deste logotipo centráronse nos principios intrínsecos do proxecto de Eurocidade, tomando os dous territorios como punto de partida, coa unión e inserción que existe entre ambos. Quixeron amais plasmar os valores de cooperación, amizade, solidariedade... Tamén reflectiron o entrelazado da vella ponte internacional como elemento de unión e o río que une e non separa. As cores - azul e verde - representan a paisaxe do río e do territorio. O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, cualificou a imaxe elixida para representa a Eurocidade de dinámica, activa, viva...con elementos imprescindibles para a unión. E tamén resaltou as aplicacións da imaxe corporativa que foron presentadas esta mañá sobre elementos como camisetas, mochilas ou gorras. Agarda, o rexedor tudense, que este logotipo sexa tamén ben acollido pola poboación. Por outra parte Moisés Rodríguez sinalou que o proxecto de Eurocidade ten proxectos en común que teñen que seguir defendendo para solucionar problemas da cidadanía como os transportes ou a telefonía. O presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro Mendes, aludía tamén á construción que se vai realizado da Eurocidade, apuntando que "debe anticiparse as realidades que acontecen en Europa" ao tempo que debe "aproveitar as sinerxías comúns das dúas cidades". Afirma amais o presidente valenciano que "os resultados comezan a ser notables", indicando que ten maior visibilidade a Eurocidade que Tui e Valença por separado. Indicaba que "hai que construír novas pontes para as poboacións de Tui e de Valença, novas esperanzas de futuro e maior calidade de vida". Concluía o presidente valenciano amosando a súa esperanza en que do cumio Hispano-Luso do próximo luns, 13 de maio, en Madrid, saian conclusións que sexan positivas para a Eurocidade en temas como o do transporte. Municipio de Tui TUI ACOLLE UNHA XORNADA SOBRE A FIGURA DE JOSE CALVO SOTELO NO 120 ANIVERSARIO DO SEU NACEMENTO Céntrase na súa achega municipalista. Contará coa presenza da súa filla Este sábado, 11 de maio, terá lugar en Tui unha xornada de estudo sobre a figura de José Calvo Sotelo e a súa achega ao municipalismo e que servira para conmemorar o 120 aniversario do seu nacemento que se cumpriu o pasado dia 6 de maio. Este acto está organizado conxuntamente pola Fundación Ignacio Larramendi, o Instituto de Estudios Históricos da Fundación San Pablo - CEU e o Concello de Tui. Esta xornada terá lugar no salón de acto da Aula da UNED de Tui a partires das 11,30 horas. O programa desta Xornada abrangue
Tamén está prevista a proxección dun documental que recolle a biografía de José Calvo Sotelo e ao remate da mañá unha visita ao monumento a Calvo Sotelo onde será depositado en ramo de flores. A realización desta xornada pretende achegar a todos os veciños de Tui e interesados unha aproximación á figura de José Calvo Sotelo, un dos principais referentes da política española nos anos vinte e trinta do pasado século. Nesta xornada se pretende un achegamento a unha vida e traxectoria política e profesional que abrangue moitos máis aspectos que o de converterse en icona do réxime franquista no que el non participou. Elixido deputado en 1919 será co Directorio Militar de Primo de Rivera Director General de Administración, realizando o Estatuto Municipal e Provincial que aínda hoxe segue mantendo a súa vixencia doctrinal; é nomeado Ministro de Facenda no Directorio Civil, onde promove unha profunda reforma fiscal, a creación dun sistema de banca pública e a creación do monopolio de petróleo. Coa proclamación da República marcha ao exilio retornando en 1933 como líder da dereita monárquica, aínda que foi electo deputado por Carballiño en todos os comicios da II República. O seu asasinato o 13 de xullo de 1936 corta esta traxectoria política. Municipio de Tui O Circuíto das Andainas Saudables Eurocidade 2013 segue có "TRILHO SERRA D'ARGA"
Este sábado 11 de maio levarase a cabo a quinta andaina do Circuíto das Andainas Saudables Eurocidade 2013, "Trilho Serra d'Arga". Nesta ocasión a andaina non se realizará no municipio de Valença, se non que percorrerá a Serra d'Arga, para o cal todas as persoas interesadas en participar terán que inscribirse a través do mail caminhadas.andainas@gmail.com ou na piscina municipal de Valença, ata completar as prazas do autobús, tendo un custe de 2€ por persoa a aboar no día da andaina. O día límite para anotarse será este xoves 9 de maio. Os autobuses recollerán aos participantes na Central de Transportes Rodoviarios de Valença (Campo da Feira), as 08.00 horas portuguesas, 09.00 horas españolas. A duración desta andaina será de 4h30 aproximadamente, percorrendo unha distancia de 11 quilómetros, sendo a dificultade da mesma fácil/moderada. Na anterior andaina "PRG2 - Serra do Galiñeiro", 128 camiñantes puideron gozar das vistas panorámicas do Val do Loura e da enseada de Baiona, coas illas Estelas e a ría de Vigo ao fondo, percorrendo entre piñeiros, un sotobosque de acivros, gando pacendo libre polo monte, carballeiras preñadas de follas novas, eguadas ceibes, cabritos recen nacidos e prados e monte baixo. Municipio de Tui XI Marcha BTT Monte Aloia xunto a unha andaina e unha marcha popular
Máis de 400 persoas van participar esta fin de semana nas tres actividades organizadas polo Club MTB Aloia e a Asociación de Veciños "A Lavandeira" coa colaboración do Concello de Tui. Trátase da XI Marcha BTT Monte Aloia, a III Andaina e a II Marcha Popular de BTT. Estas probas foron presentadas esta mañá na Casa do Concello de Tui polo alcalde, Moisés Rodríguez, o concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, o presidente do Club MTB Aloia, José Carlos Vila e o secretario da AAVV "A Lavandeira" Emilio Alonso. O concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, agradeceu o empeño e traballo dos organizadores desta actividade nunha xornada dominical de deporte e para coñecer o Monte Aloia, brindándolles o apoio municipal. Amosou amais o edil o seu desexo que para o próximo ano se poidan unir nunha soa marcha as dúas probas de BTT que na actualidade se celebran en Tui con moi poucas semanas de diferenza, de tal xeito que se faga unha gran marcha con mil participantes, que avanzaba sería todo un éxito. O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, sinalou como Tui é unha cidade activa na que se organizan moitos eventos, pondo de relevo o traballo que realizan os distintos colectivos, así como a importancia dos patrocinadores e colaboradores. A XI Marcha BTT Monte Aloia sairá ás 9.30h do Parque do Montiño en Rebordáns para realizar un percorrido de 28 quilómetros. En primeiro lugar dirixiranse cara o Paseo da Corredoira e logo cara o conxunto histórico, onde os participantes máis atrevidos protagonizarán un dos primeiro momento máis espectacules da marcha coa baixada das escaleiras da Praza da Estrela ata o Paseo Fluvial. Logo terán 15 quilómetros de subida ata o Monte Aloia, e na ruta de regreso novamente outro punto espectacular coa baixada por un cortalumes. Jose Carlos Villa, presidente de MTB Aloia, explicaba que sempre buscan innovar en cada edición. A inscrición para a Marcha pódese facer ata este xoves, 9 de maio, en http://mtbaloia.blogspot.com.es/. Emilio Alonso, da AAVV "A Lavandeira", pola súa parte explicou as características da Andaina, dirixida a acompañantes e ao público en xeral, que fará un percorrido circular, de 8 quilómetros, con saída e chegada no Parque do Montiño. Mentres a II Marcha Popular de BTT que irá a ribeira do Louro completará un total de 16 quilómetros. As tres actividades - Marcha, Andaina, e Marcha Popular- coincidirán entorno ás 12h na Poza Baqueiro,onde amais está prevista a actuación da Banda de Bombos de Fonte do Frade. Municipio de Tui EXPOSICIÓN DE PLUMIÑAS TUDENESES DE ROSA MARÍA VILA NO ANEXO DA SALA MUNICIPAL DE EXPOSICIÓNS
A zona Anexo da Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui acolle dendê hoxe e ata o 31 de maio unha exposición de plumiñas realizadas póla tudense Rosa Maria Vila que recolle unha escolma da súa última producción gráfica com Tui como gran protagonista desta mostra. Como sinala a propia artista "No ano 1998 comezou a miña andaina artística realizando a primeira exposición na cidade na que nacín, Tui. Despois consecutivamente fun realizando exposicións por diversas salas ao longo das diferentes comarcas e norte portugués. O meu traballo artístico está ligado ao debuxo en tinta, plasmando todos aqueles recunchos polos cales discorre a miña vida cotiá, debuxando sempre de forma realista. Co paso do tempo a miña inquietude fixo que me atraesen outras técnicas como o óleo, a acuarela, o pastel ou o grafito mesturándoas e evolucionando pero sen deixar de manter ese romanticismo característico dos primeiros traballos. Debuxo e pinto intentando captar todo ese realismo sempre interpretado". Con esta nova mostra a Sala Municipal de Exposicións segue consolidándose como un espazo dedicada a difusión e promoción dos artistas locais que atopan nestas instalación un lugar para a exhibición da súa producción. Municipio de Tui |
Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Crónica Política (1906 - 1913)
|