Jornal Digital Regional
Nº 597: 21/27 Jul 12
(Semanal - Sábados)






Email Assinaturas Ficha Técnica Publicidade 1ª Pág.
Cultura Desporto Freguesias Óbitos Política Pescas Roteiro

Maiores da Residencia Monte Tecla aprenden a utilizar os biosaudables das Docas do Pasaxe

Asistidos por monitores -Jose, Ana e Lorena- e por persoal propio Residencia, desprazáronse ata as Docas algunhas das persoas da Residencia Sta Tecla co fin de instruirse na utilización dos distintos elementos que conforman un novo parque de ocio e deporte no Concello da Guarda a disposición de todas as persoas interesadas na actividade física. Desde a Concellerías de Deporte e Serizos Sociais queremos agradecer a participación desinteresada de Transgalaica e da Residencia Monte Tecla na organización desta actividade.


Monte Trega acolleu a Ruta das Lendas

O pasado venres 13 de xullo o monte Trega acolleu a Ruta das Lendas. Os participantes -ó redor de 150 persoas- que partiron do Centro Cultural ás 22.00 h puideron asistir a teatralización -a cargo de Benito Guerreiro- de pasaxes conmemorativos da Sociedade Pro Monte cando o fundador Manuel Lomba Peña recibe os veciños que se encamiñan á cima do Trega e comunícalles a decisión dalgúns personaxes ilustres guardeses de crear a Sociedade pro Monte no 1912.

Posterioremente os participantes foron sorprendidos por un peón que traballa nas obras da construción da estrada de acceso. Asustado transmite os seus medos ós mouros residentes na citania e decide abandonar o traballo.

Finalmente en torno a Laxe Sagrada o castrexo que vela polos segredos do poboado conta a lenda popular do lume, a auga e o ouro que agochan estas pedras e o temor a coñecer a realizade.

Complementouse a visita con información aportada polo Guía do Padroado -Leonardo González- sobre a fundación da Sociedade Pro Monte e sobre a interpretación dos petróglifos perfectamente visibles coa luz dos focos.

Concellería de A Guarda

O BNG presenta unha moción na Guarda sobre a supresión do copago farmacéutico

"Dende o BNG queremos outra xestión sanitaria, que non se centre en recadar das persoas enfermas senón en atendelas dignamente"

O Bloque Nacionalista Galego ven de presentar no rexistro do concello unha moción para a supresión do copago farmacéutico ás persoas pensionistas.

A entrada en vigor do novo copago farmacéutico imposto polo Goberno do Estado do PP incorpora ao copago a máis de 725.000 pensionistas e aumenta a aportación de centos de miles de persoas activas.

As persoas obrigadas ao copago farmacéutico poideron xa comprobar desde un primeiro momento como a realidade do recorte as afectaba gravemente. De feito pensionistas con persoas que dependen da súa cartilla, teñen que soportar un duplo ou triplo tope de 8 ou 18 euros.

O BNG sinala que o Goberno galego ten competencias e capacidade para evitarlle ás persoas enfermas e pensionistas que residen en Galiza este recorte dos seus ingresos, pero o goberno do PP na Xunta toma a decisión de non facelo, para non ser un problema para Madrid, xa que prefire ser un problema para as persoas pensionistas de Galiza.

"Dende o BNG queremos outra xestión sanitaria, que non se centre en recadar das persoas enfermas senón en atendelas dignamente, nunha sanidade que sexa un elemento de redistribución de riqueza e que sexa financiada suficientemente dende os impostos" comentou Xan Lois Lomba, portavoz municipal do BNG.

O BNG advirte que o Goberno galego está a tempo de rexeitar estas medidas retrógradas e insolventes impostas polo PP dende o Goberno do estado.

BNG

O CAMPUS DE FÚTBOL COMEZA A SÚA EDICIÓN 2012

Nenos e nenas de 4 a 16 anos aprenden a xogar ao fútbol desde o 16 ao 28 de xullo.

O Campus de fútbol que o Concello de Tomiño organiza coa Asociación Deportiva Tomiño F.C. Feminino, Tomiño A-I e o Goián F.C. iniciou onte a súa segunda edición. O campus rematará o sábado 28 de xullo no Campo da Carballa cunha festa para os nenos e nenas participantes.

Esta semana aprenderá diferentes tácticas e técnicas variadas como habilidades, control e pase, blocaxes, tiro e desviacións, depexes e saques ou rechaces. O xoves ademáis, visitará o campus o fisioterapeuta Alberto Carrera Blanco do Centro de Fisioterapia Nivaria que lles ensinará a facer estiramentos entre outras cousas.

O campus de fútbol se desenvolve nos campos de fútbol da Carballa en Tomiño e do Regatiño en Goián. Nesta edición hai inscritos 215 nenos e nenas que non se quixeron perder esta actividade. O horario do campus é de luns a vernes de 10h00 a 13h30 e os participantes ademáis de recibir a correspondente merenda foilles entregado unha equipaxe.

A Concelleira de Deportes, Cristina Martínez, resalta "a labor e profesionalidade do equipo técnico que sen dúbida é un dos pilares fundamentais do éxito do campus. Un campus que ademáis contará con algunha visita sorpresa que agardamos que lles guste aos nenos e nenas, combinamos de maneira exitosa deporte e diversión".


O CONCELLO DE TOMIÑO PRESENTA UN VIDEO PROMOCIONAL DO "ESPAZO FORTALEZA"

A Alcaldesa foi a primeira en colgar o video na súa páxina de facebook.

O Concello de Tomiño presentou esta mañán en rolda de prensa o video promocional do "Espazo Fortaleza". Á presentación correu a cargo da Alcaldesa, Sandra González, e os realizadores do mesmo Gabriel Prada e Gonzalo Lomba.

A Alcaldesa de Tomiño quixo con esta rolda presentar en primicía o video de 3 minutos de duración no que se promociona o "Espazo Fortaleza". O video foi creado por dous realizadores de Tomiño: Gabriel Prada, músico que ten un estudio no municipio e Gonzalo Lomba, técnico de comunicación audiovisual.

O video baixo o lema "Onde latexa o Miño" recolle fielmente a fermosura do espazo. É un video breve máis poético que descriptivo, que pretende facer xustiza a un lugar único. Para iso combina tanto imaxes da fortaleza como do río como da obra recén inaugurada.

Ademáis, Gabriel Prada compuxo un tema específico para ocasión no que trasmite a tranquilidade e relaxamento que ofrece o lugar. Á través do video procurase chegar ás redes sociais e un público xoven.

Unha vez finalizou a rolda de prensa, a Alcaldesa colgou no seu facebook o video e compartiuno na súa páxina iniciando así o seu andar polas redes sociais.

O "Espazo Fortaleza" segue acollendo actividades e esta fin de semana celebrarase un campamento de tennis praia puntuable para o campeonato galego no que se contemplan categoría masculina, feminina e mixta.

O espazo, ademáis, está incluido na marca "Patrimonio oculto" que dende Turgalicia e a Secretaría Xeral de Turismo promociona lugares que ata agora non estaban postos en valor.

A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, apuntou que "este video servirá para atraer público tanto de Tomiño como de fora e a través desta ferramenta como é a rede. É un xeito de chegar a máis xente e de lugares diferentes. Nos tempos que corren debemos adaptarnos e aproveitarnos dos medios que a rede ofrece e revertilos no beneficio do municipio".

Concello de Tomiño

A concellería de Mercado está pondo ao día a normativa e funcionamento do mercado semanal dos xoves

A concellería de Mercado do Concello de Tui está realizando unha serie de traballos para pór ao día a normativa e funcionamento do Mercado Ambulante que cada xoves se celebra en diversas rúas do casco urbano.

Por unha banda, segundo explica a concelleira de Mercado, Olga Montes, estase actualizando o actual regulamento de venda ambulante, que data de 2007, á Lei de Comercio de Galicia aprobada en 2010. Por este motivo unha serie de artigos do regulamento foron adaptados á nova normativa galega. O novo texto foi aprobado inicialmente en pleno o pasado 31 de maio, atopándose na actualidade en período de exposición pública. Un tempo no que sinala Olga Montes "todas as persoas que se consideran afectadas poden exercer o seu dereito a presentar alegacións".

Por outra parte a edil anuncia que no mercado semanal se van levar a cabo regularmente verificacións de que os postos están ao día no pago da taxa municipal. Segundo Olga Montes está medida nace da necesidade de facer fronte ao alto índice de impagados que existe neste concepto, e que supón un agravio comparativo con respecto a aqueles vendedores que sí están ao corrente no pago.

Por último a concelleira de Mercado salienta que o fin último de todas es medidas é mellorar o funcionamento do actual mercado semanal do xoves, adaptado o seu regulamento a normativa en vigor, e propiciando que todos os vendedores acudan en igualdade de condicións.


Este sábado haberá unha xornada de portas abertas nas piscinas municipais

Este sábado celébrase unha xornada de portas abertas nas piscinas municipais de Tui de tal xeito que o acceso a estas instalacións será completamente gratuíto.

Así o informa a concelleira responsable deste servizo, Olga Montes, quen apunta que con esta iniciativa búscase promocionar as piscinas municipais, e achegar este espazo a todos aqueles que aínda non o coñecen, pero ao tempo brindar unha xornada veraniega de lecer nestas instalacións.

Amais da xornada de portas abertas a partir das catro da tarde, tamén con carácter gratuíto, haberá inchables acuáticos, como tobogáns, churros ou aneis, con monitores da empresa Actividades Acuáticas Miño S.L. De todos os xeitos reservarase un espazo para aqueles que non desexen empregar estes inchables.

Lembramos que as piscinas municipais de Tui abren de luns a domingo en horario de 13 a 20.30h. O concello conxelou este ano os prezos de acceso a este servizo de tal xeito que os menores de 16 anos, xubilados e pensionistas deben aboar 1,50€ polo pase diario, e os adultos 2€. Existen tamén bonos por 30 baños cuxos prezos son de 35 e 40€ respectivamente. Este sábado coincidindo coa xornada de portas abertas o acceso será completamente gratuíto.


O CONCELLO DE TUI PROMOVE CATRO CURSOS DE FORMACIÓN OCUPACIONAL PARA 60 DESEMPREGADOS

O Concello de Tui anuncia a convocatoria de catro cursos de formación ocupacional ao abeiro da Resolución da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia. En concreto estes cursos, cofinanciados polo Fondo Social Europeo, son os seguintes:

o "Operacións de montaxe de redes eléctricas" de 298 horas
o "Instalación de elementos de carpintería" de 578 horas
o "Montaxe de mobles e elementos de carpintería" de 538 horas
o "Operacións de fontanería e calefacción-climatización doméstica" de 558 horas

A impartición destes cursos supoñen un investimento de 261.315,88 € por parte da Conselleria de Traballo e Benestar, e testemuñan o positivo traballo que desenvolve o Concello tudense pois, logo de Vigo e Pontevedra, é o municipio a provincia que recibe unha achega máis importante. Cada curso proporcionará formación a 15 desempregados.

A previsión de inicio destas accións é para o mes de agosto, celebrándose en horario de mañá para 3 deles e de tarde para a especialidade de montaxe de mobles. Todas aquelas persoas interesadas en asistir, deben inscribirse ó máis axiña posible na súa oficina de emprego, indicando os curso ó que queren acceder.

Os cursos de redes eléctricas e o de fontanería calefacción, non ten requisitos de acceso. Para os cursos da especialidade de madeira é preciso ter a titulación de ESO ou similar e a titulación do nivel de galego Celga2.

Para o concelleiro responsable de Emprego e Formación, José Ángel Villaverde Rocha, coa impartición destes cursos de formación o Concello de Tui promove unhas accións formativas que para un total de 60 desempregados que deste xeito poden mellorar a súa formación de cara a unha posterior inserción no mercado laboral.

Este anuncio testemuña o importante compromiso asumido polo Concello tudense no ámbito da formación e do emprego promovendo diversas actuacións neste ámbito que suscita as maiores preocupacións dos nosos cidadáns. Asi tamén nestes días o Concello pon en marcha o seu Plan de Emprego Municipal.


O SÁBADO VISITA GUIADA NOCTURNA Á CATEDRAL DE TUI

Este sábado, 21 de xullo, ás 22,00 horas (de Tui) terá lugar unha nova visita guiada nocturna que a Eurocidade Tui-Valença promove nos meses de xullo e agosto a diversos elementos patrimoniais de ambas localidades co obxectivo de ofrecer un achegamento dos propios veciños e dos numerosos visitantes que nestas datas visitan ambas cidades a diversos lugares emblemáticos dos conxuntos históricos de Tui e Valença.

Nesta terceira visita os asistentes realizaran un percorrido pola Catedral de Santa María de Tui percorrendo os elementos máis singulares deste conxunto arquitectónico realizado en estilo románico e gótico -coa primeira portada realizada neste estilo artístico na Península Ibérica-. É a primeira ocasión en que se poderá visitar este templo en horario nocturno o que posibilitará unha visión, cando menos, diferente deste singular edifico tudense.

Na vindeira semana continuará este programa agora en Valença do Minho(os horarios son sempre en hora local):

- 28 de xullo: Valença - 20,00 h.
- Visita ao Mosteiro de Sanfins
- 29 de xullo: - 08.00 h. Andaina con inicio na Catedral de Tui ata San Fins con pasaxe en barca en Caldelas de Tui (inicio 08.00 horas)

- 17 agosto: Tui - 22,00 h.
- Paseo pola ribeira do Miño: da Alameda á Ponte Internacional (Inicio pérgola da Alamada de San Domingos)

- 24 de agosto: Valença - 21,30 h.
- Visita nocturna aos camiños de ronda da muralla moderna de Valença
- Momentos musicais, Demostração de defesa militar, Inicio Porta da Coroada

- 31 de agosto: Tui - 22,00 horas
- Noite xudía en Tui

Esta actividade está organizada polas concelleiras de cultura e turismo dos Concello de Tui e da Cámara Municipal de Valença e conta coa colaboración de diversas entidades e institucións de ambas cidades.



Avelino Martínez Pérez
dobre Campión de Europa en Judo e Loita Sambo

Acadou dúas medallas de ouro nos IV Campionatos de Europa de Policías e Bombeiros (EUROPOLYB) Tenerife 2012

O policía local do Concello de Tui, Avelino Martínez (Lino), proclamouse o pasado fin de semana Campión de Europa de Judo e Loita Sambo, nos Campionatos de Europa de Policías e Bombeiros, celebrados na cidade de Tenerife.

Nestes campionatos houbo un total de 74 modalidades deportivas, contando con probas específicas de policías e bombeiros, como detención, bastón policial, tiro, etc.

O Concello de Tui estivo representado nas modalidades de Judo e de Loita Sambo, nas que Lino obtivo sendas medallas de ouro.

Esta é a terceira participación de Avelino Martínez nestes europeos, nos que xa conta con outro ouro en judo, nos Campionatos de Europa de Pontevedra 2008 e dúas medallas de bronce en judo e natación, nos Campionatos de Europa de Valencia 2010.

Recepción Oficial

O Concello de Tui quere felicitar a Lino Martínez polos éxitos acadados neste Europeo, polo cal se lle fará unha recepción oficial no Concello de Tui, o próximo día 23 de xullo, ás 11.00 horas no Salón de Plenos de Tui. Nesta recepción estarán presentes o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, concelleiros de Tui, así como todas aquelas persoas que desexen felicitar ao noso deportista.


A NOVA UBICACIÓN DA OFICINA DE TURISMO NA SALA ARCEBISPO LAGO DO MUSEO DIOCESANO ACÁDASE GRACIAS A UN ACORDO DE CESIÓN RENOVABLE ANUALMENTE COA DIOCESE DE TUI-VIGO

Para o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, a comunicación do BNG aos medios sobre a Oficina Municipal de Turismo evidencia a incalificable actitude do BNG que se comporta cunha grave irresponsabilidade ao dar como oficial un borrador, tentando nunha nova oportunidade enganar a opinión pública con mentiras e terxiversacións.

En primeiro lugar, o BNG puido consultar un borrador de acordo de cesión ao facilitarllo ao propio Alcalde; un documento que non ten caracter oficial ao non estar asinado, confiando realizar este sinatura en datas inmediatas. A publicación de algúns dos seus termos é unha actitude completamente irresponsable.

Hai escasamente quince días ese mesmo grupo criticaba que non houbera unha Oficina de Turismo digna, agora cando este goberno municipal anuncia unha ubicación axeitada para este servizo o BNG tenta boicotear esta importante decisión evidenciando que o seu interese non é o progreso da nosa cidade e a mellora dos seus servizos senón unicamente criticar ao goberno e ao seu alcalde.

A ubicación da Oficina Municipal de Turismo na Sala Arcebispo Lago supón a dignificación deste importante servizo municipal. A cesión por parte da Diocese é de caracter temporal sen outras obrigas para o Concello que asumir os gastos correntes (luz, etc.) e, se fose o caso, vixiar a través desta sala o acceso ao Museo Diocesano para garantir a súa apertura e manter a oferta de recursos turísticos do noso municipio.

O Concello como é lóxico asume o mobiliario a instalar nesta Oficina (onde non é preciso efectuar obra algunha) e a cesión é de caracter anual prorrogable automaticamente de non existir denuncia. Este acordo entra dentro das competencias da Alcaldía e non precisa en ningún caso acordo plenario, que o BNG nunha nova mentira interesada afirma para denigrar a imaxe do goberno municipal.

O goberno municipal barallou diversas posibles ubicacións desta Oficina pero ou se alugaba ou mercaba un local ou se procuraba unha solución que non implicase un gasto substancial como a acadada con esta cesión que suscita unha xeral aprobación, agás para o BNG que non pode aturar unha solución axeitada para a imaxe de Tui.


La II Festa do Miño espera superar las cifras de participación de 2011 cuando reunió a más de 5 mil personas

Romería popular, descenso popular e internacional, fiesta gastronómica, Dover en concierto y dj como Fonsi Nieto integran el programa de este año

Tui vivirá el sábado 8 de agosto la Festa do Miño. Bajo esta marca se agrupan una serie de eventos tanto deportivos, como gastronómicos y de ocio que convertirán esta fecha en Tui en una auténtica fiesta de verano. La segunda edición de la Festa do Miño fue presentada esta mañana en el Parador de Turismo San Telmo de Tui con la asistencia del alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, los concejales de Deportes, Nicolás Lorenzo, y de Cultura, Vanesa Rodríguez, del diputado provincial, Pablo Baquero, del presidente del Club Kayak Tudense, un representantes de la principal empresa patrocinadora Schweppes, José Manuel Hermida, y de uno de los responsables de la organización, Justi Peixoto.

El concejal de Deportes, Nicolás Lorenzo, mostró su confianza en la consolidación de esta Festa do Miño, con la que "el año pasado se inició un nuevo camino en el Descenso del Miño", añadiendo que el éxito va estar asegurado al conjugar deporte, cultura y gastronomía y recuperando tradiciones que se habían perdido. Esta debe ser, decía, la fiesta del verano y el ayuntamiento debe seguir apostando por ello.

El diputado provincial, Pablo Baquero, puso de relevo el apoyo de la Diputación de Pontevedra a esta iniciativa y al deporte, recordando el convenio firmado recientemente con la Federación Gallega de Piragüismo para poner en marcha las escuelas deportivas de piragüismo. Concluía que "la suma de voluntades y esfuerzo es lo que hace posible que este tipo de eventos continúen en el tiempo superándose año a año".

La edil de Cultura, Vanesa Rodríguez, avanzó los pormenores de la Festa Gastronómica en la que el año pasado participaron más de 1.500 personas. Este año en la segunda edición habrá 24 puestos de comida tradicional a cargo de las distintas casas culturales que ofrecerán pinchos a 1€ y 3€. No faltará en este evento la música a cargo de las propias asociaciones culturales amenizando este evento junto a otras actividades que se darán a conocer próximamente.

Justi Peixoto, uno de los responsables de la organización, daba cuenta de los detalles del II Festimiño que se celebrará en el Paseo Fluvial con el grupo español Dover presentando su nuevo disco y actuación de varios dj's como Fonsi Nieto y la rusa Sexation. Agradecía además "la complicidad e implicación del ayuntamiento de Tui, porque sin el apoyo del ayuntamiento, de las instituciones y de las entidades privadas como Schweppes no serían posibles estos eventos".

El presidente del Club Kayak Tudense, Esteban Alonso, agradeció es esfuerzo que se está haciendo desde el ayuntamiento de Tui que ha aumentando tanto la partida económica para el Descenso del Miño como para el propio club. Lamentaba que este año, por problemas económicos, no se pueda celebrar una nueva edición de la Copa Presidente de la Xunta en K4 y C4, esperando poder retomarla en el futuro. Sobre el Descenso Internacional explicaba que se busca revitalizarlo un poco más y para ellos tratarán tener deportistas en cantidad y calidad, buscando mayor presencia de nombres como los de los olímpicos gallegos y portugueses que acudirán a Londres, o de los vencedores del Descenso del Sella, entre otros. Para ello indicaba que tienen a su favor la celebración la semana siguiente, el 18 de agosto, en Tui del Campeonato de España de Maratón. Por otra parte reconocía que el año pasado eran un poco escépticos en cuanto a la acogida de Descenso Popular, pero "visto lo bien que se han hecho las cosas y la buena respuesta que ha tenido por parte del público" esperamos repetir el éxito y superar la participación 250 personas de 2011, lo que argumentaba diciendo que en los 32 años del Club Kayak han pasado por el mismo 1.500 deportistas y muchos de ellos se sumarán a este Descenso Popular.

Por último el alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, comenzaba su intervención destacando que "la suma de muchas personas y de muchos esfuerzos hace posible que se sigan manteniendo determinadas actividades". Añadía que pese a los tiempos complicados que vivimos "hay que seguir apostando por el deporte, la cultura y el turismo". Moisés Rodríguez indicaba que "no podemos vivir de espaldas al río" al tiempo que reconocía el esfuerzo de los piragüistas que entrenan a diario al margen de las condiciones meteorológicas y gracias a su trabajo, organizado y bien dirigido, logran importantes éxitos.

Programa previsto

La principal novedad de la II Fiesta del Miño, que se celebrará el sábado 11 de agosto, es este año comenzará a las 12h en el Paseo de la Corredera de donde partirá una caravana en dirección a la Ribeira de Caldelas, con autobuses gratuitos, para los que deseen participar en la Romería Popular que se va a celebrar a mediodía, o en el II Descenso Popular de la tarde.

En la Romería Popular habrá una comida campestre a precios populares amenizada por grupos folclóricos y dj's.

Por la tarde a las 16.30h desde la misma ribera de Caldelas saldrá el II Descenso Popular del Miño, una prueba no competitiva, en la que los participantes completarán 7 kilómetros de recorrido en aguas del río hasta llegar frente las instalaciones del Club Kayak Tudense en Tui. La inscripción está ya abierta hasta el mismo día de la prueba.

Dos horas más tarde, a las 18.30h, saldrá desde Salvaterra de Miño el 41º Descenso Internacional del Miño, con un recorrido de 14 kilómetros hasta la meta ubicada en Tui.

La Fiesta del Miño proseguirá a las 20h en el Paseo de la Corredera con el II Fiesta Gastronómica, con 24 puestos de comida y bebida a precio de 1 y 3 euros.

Y ya a partir de la medianoche es el turno del II Festimiño en el que este año el grupo de pop-rock español Dover presentará por primera vez en concierto su nuevo trabajo discográfico. Luego la música continuarán con dj's como Fonsi Nieto o la rusa Sexation, así como con los locales dj Trillo y dj Oscar. La entrada al Festimiño será completamente gratuita.

Toda la información y las novedades sobre la Fiesta del Miño se pueden consultar en su web www.festadomiño.com así como en Facebook y Twitter.


Indonesia, Xapón, Venezuela, Perú, e Togo
protagonistas na Noite Internacional do Miño

O próximo martes, 24 de xullo, a partir das 21.30h, terá lugar no Parque do Laxal en Rebordáns a XIII Noite Internacional do Miño. Unha cita xa consolidada no verán tudense que abre un abano á cultura non so doutros países senón tamén doutros continentes. A organización corresponde á Escola de Baile e Música San Fins de Rebordáns que conta coa colaboración do Concello de Tui, ao través da Concellería de Cultura, e da Comunidade de Montes de Rebordáns.

A presentación desta edición da Noite Internacional tivo lugar esta mañá na Casa do Concello contando coa presenza do alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, a concelleira de Cultura, Vanesa Rodríguez, o edil Ángel Gutiérrez, e Roberto Rocha e Félix González da Escola de Baile e Música.

A edil de Cultura,Vanesa Rodríguez salientou que grazas ao esforzo e traballo da Escola de Baile e Música San Fins esta Noite Internacional chega xa a súa décimo terceira edición, salientando a importancia da labor que realizan, na que dicía, contan co apoio do Concello de Tui.

O alcalde, Moisés Rodríguez, afirmaba "esta non é unha actividade menor senón que é importante e está consolidada" recoñecendo que é moi complicado lograr o nivel que cada ano manteñen nesta cita cultural. Engadía o rexedor que "a crise non pode ser unha oportunidade para dicir non, e hai que seguir apostando pola cultura". Salientaba o ambiente extraordinario que se vive en cada edición da Noite Internacional, así como a implicación de toda a parroquia, ao tempo que amosaba a súa confianza en que o próximo martes volverá ser un éxito.

Roberto Rocha, un dos responsables da organización, comezaba dando as grazas a todas as entidades, como o Concello de Tui e a Comunidade de Montes, xunto aos empresarios locais e os veciños, que fan posible que este festival sexa viable. Cada ano, segundo explicaba, buscan organizar un programa onde teñan cabida grupos de distintos continentes coa premisa de que sempre sexan grupos que anteriormente non estiveron na Noite.

Este ano sobre o escenario estarán grupos de Togo, Venezuela, Xapón, Perú e Indonesia, sendo este último o prato forte desta edición polo espectacular da súa arte, o seu folclore e o seu vestiario.

Así nesta XIII Noite Internacional do Miño poderase disfrutar do grupo Tomoe-ryu Yutakadaiko de Xapón que representa de forma extraordinaria o folclore nipón, do exotismo de Indonesia co Folk Dance Ensemble T-Ta Paramadina. Mentres dende Togo o Ballets Tchamba presentará ritmos frenéticos e coreografías espectaculares con danzas tradicionais e lendas de África. Amais dende América estarán nesta Noite Internacional a Compañía Internacional Folclórica Danzas Zazaribacoa de Venezuela e a Asociación Cultural Qhaswua do Perú.


O CONCELLO DE TUI PROMOVE UN "PLAN DE EMPREGO MUNICIPAL" QUE SUPORÁ ONCE CONTRATOS

Nestes días abre o prazo para a contratación de 12 prazas para o Grumir

O Concello de Tui testemuñando a súa preocupación pola promoción do emprego entre os cidadáns promove un "Plan de Emprego Municipal" convocando un total de 11 prazas en diversos ámbitos da actividade municipal. En concreto, se convocan dúas prazas de auxiliares administrativos, 3 prazas de oficiais para obras e 6 peóns.

Este plan de emprego esta financiado integramente polos Concello de Tui que leva nos orzamentos municipais deste ano unha partida de 105.000 euros para esta finalidade de promover un contrato laboral de ata seis meses a 11 desempregados.

Para o alcalde de Tui esta decisión se enmarca no importante esforzo que está a desenvolver este Concello de Tui no tema do emprego, tanto en base a fondos propios do Concello como mediante a xestión de diversas achegas e subvencións doutras administracións. En concreto, xunto a estes 11 contratos do Plan de Emprego Municipal compre engadir as 12 prazas xa convocadas para o Grupo Municipal de Intervención Rápida (Grumir) cofinanciadas polo Concello de Tui ou as 60 prazas nos catro cursos de formación ocupacional a convocar de inmediato.

Estas medidas, sinala o rexedor tudense, se adoptan na loita que promove o Concello de Tui contra a crise no ámbito económico e no social e laboral dada a difícil situación socio-económica que vivimos. Aínda que as políticas de emprego non son unha competencia da Administración Local, o goberno municipal tudense está a realiza un importante esforzo nesta materia pois é consciente das actuais dificultades que existen no mercado laboral cun índice de paro excesivamente alto.

Moisés Rodríguez sinala que con este Plan de Emprego Municipal trátase de integrar, aínda que temporalmente, a once desempregados no mercado do traballo ao tempo que realizan un labor a prol da nosa comunidade a través dos diversos servizos municipais.

Dende a súa toma de posesión, engade o alcalde Rodríguez Pérez, o tema do emprego é unha prioridade da actuación do goberno municipal. Amosa a súa satisfacción pola convocatoria deste Plan de Emprego Municipal e agradece o apoio da Xunta de Galicia esta materia a través das axudas concedidas para a contratación do persoal do Grumir ou para a impartición dos cursos de formación ocupacional.

Concello de Tui

A BIBLIOTECA MUNICIPAL PON EN MARCHA O SERVIZO DE PRESTAMO DE E-READER

A Biblioteca Pública Municipal de Tui pon en marcha un novo servizo de promoción da lectura, neste caso a través dos novos formatos de lectura de libros electrónico, os e-book, por medio dos aparellos para a súa lectura, os chamados e-reader. A Biblioteca dispón de tres e-reader a disposición dos seus usuarios que teñen cargados arredor e-books, ou libro electrónico - unha publicación de texto, con ou sen imaxes, en formato dixital-.

De momento o préstamo destes dispositivos se realiza unicamente para a lectura en sala. O/a usuario/a solicitará o e-reader no posto de información e terá de presentar para retiralo en préstamo o carné de socio da Biblioteca ou o seu D.N.I. así como asinar o documento de aceptación das condicións de uso e cumprimento. Este servizo só poden usalo os maiores de 15 anos.

Para a concelleira de Cultura do Excmo. Concello de Tui, Vanesa Rodríguez Pereira, con este novo servizo a Biblioteca Pública Municipal de Tui continúa impulsando actividades e ofertas para o achegamento da lectura, tamén nestes novos soportes, a oso seus usuarios e ao público en xeral. O libro electrónico é un sector emerxente no ámbito da producción literaria e das bibliotecas pola súa vocación de espazo aberto ao acceso á cultura se agardan tamén que ofrezan contidos neste medio. E coa finalidade de aproveitar as vantaxes do libro electrónico e superar o nivel de descoñecemento que os usuarios poidan ter sobre o mesmo, a Concellería de Cultura tudense promove este préstamo dos e-reader ou dispositivos de lectura para que os usuarios se familiaricen con esta nova forma de acceso á lectura.

Concellería de Educación e Cultura do Concello de Tui