Jornal Digital Regional
Nº 382: 22/28 Mar 08 (Semanal - Sábados)
Email Assinaturas Ficha Técnica Publicidade 1ª Pág.


GALIZA

Anxo Quintana de férias em Caminha

Anxo Quintana, porta-voz do Bloco Nacionalista Galego e vice-presidente da Xunta da Galiza, esteve de férias em Caminha no passado dia19.

Aproveitando a oportunidade, o C@20000 abordou-o sobre o tão apregoado projecto da ponte entre Caminha e A Guarda, tendo-nos referido que estas ligações transfronteiriças são da incumbência do Estado espanhol, competindo a Madrid definir essas opções e não ao governo autonómico de Santiago de Compostela.

Recorde-se que a Câmara de Caminha tem em curso um estudo de viabilidade da ponte no âmbito de um projecto lançado no seio da "Valimar", em consonância com a Xunta da Galiza segundo vem assegurando a autarquia.


Ribadeo e Mirandela selan un irmanamento musical

A Banda Municipal de Ribadeo (BMR), xunto coa Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo, e máis a Escola Profesional de Música de Mirandela (Portugal) selaron un irmanamento musical co gallo do concerto de Semana Santa da municipal ribadense no que actuou como formación convidada a Brass Band Esproarte, do centro luso. Agora tócalle, en datas aínda por confirmar, a unha formación musical ribadense viaxar até Mirandela para completar a segunda parte dun intercambio cuxos responsábeis sinalaron que "se vai manter no tempo".

Tanto o director da formación ribadense, Lourenço Cruz, coma o da Brass Band Esproarte, Nuno Machado, calificaron o concerto coma "éxito tanto pola participación do público como polas sensacións que este intercambio deixou nos mozos e mozas que forman ambas e dúas agrupacións. Para eles foi unha experiencia moi positiva poder ensaiar e tocar con músicos aos que non coñecen así como ter que preparar un repertorio para ofrecer en público".

Tanto a Brass Band Esproarte como a Banda Municipal de Ribadeo ofreceron o seu repertorio en solitario pero como remate final do concerto ambas e dúas formacións, de xeito conxunto, interpretaron o Aleluia de Haendel e máis un arranxo do musical Highlights from Chess de Ulvaeus e Andersson. Como unha interpretación "espectacular e moi coidada", así calificaba ao remate do concerto Lourenço Cruz, o director da BMR, a actuación da formación lusa. Pouco ou nada difiren as súas palabras da opinión dun público que despediu á Brass Band Esproarte cunha prolongada e pechada ovación.

Pero se espectaculares foron as actuacións por separado, máis aínda o foi a actuación conxunta, onde segundo sinalaron os seus responsábeis, as dúas formacións "ofreceron o mellor de si, demostrando que son dous modelos de centro educativo - musicais moi semellantes cuxos resultados están sendo enormemente positivos".

O director pedagóxico da Escola Profesional de Música de Mirandela, Jose Francisco Dias, sinalou no seu discurso de agradecemento que este intercambio é "un xeito de estreitar lazos entre dous países, Galicia e Portugal, con enormes semellanzas a nivel lingüístico, cultural e paisaxístico". Dias reafirmou o seu compromiso de "levar adiante máis intercambios destas características con Ribadeo e brindou o seu mellor recibimento para cando a formación ribadense viaxe a Mirandela".

Pola súa banda o director da municipal ribadense, Lourenço Cruz, calificou como "extraordinaria" a experiencia e convidou, tanto aos músicos como aos responsábeis dos centros, a "mantelo vivo no tempo e a afondar máis aínda nestes lazos musicais que unen dende xa a Ribadeo e máis a Mirandela".

NOTA DESCRITIVA DA BRASS BAND ESPROARTE

A Brass Band Esproarte xorde no marco da Escoal Profissional de Música de Mirandela, un centro educativo-musical que nace a comezos dos anos 90. Conta co apoio do goberno portugués así como da Câmara Municipal Mirandela e a asociación de comerciantes e industriais desta localidade portuguesa sita na rexión Norte, no Alto de Trâs - os - Montes. Este centro veu encher un oco para todas e todos aqueles que na zona querían adicar a súa vida á música, un proxecto innovador que rachou todas as barreiras na rexión e axiña se converteu nun referente do ensino musical no país luso.

Grazas á súa calidade e á solidez do seu proxecto a Escola de Mirandela non só vai ser o centro no que recalen os mozos e mozas da rexión norte, tamén outros chegados do resto de Portugal van dar ao cabo cos seus estudos musicais neste centro.

Un dos eixes centrais do seu traballo pedagóxico é a celebración de actuacións pública en diferentes escenarios do país e tamén do estranxeiro. Formacións xurdidas no marco da Escola Profissional de Música de Mirandela, como é o caso da Brass Band que hoxe nos visita, teñen ofrecido concertos en Ávila, Salamanca, Zamora, Canadá, Escocia, arquipélago de Madeira ou Angola.

Todo elo baixo á dirección de José Francisco Días, responsábel do centro, e un dos encargados de convertela nun referente en todo o país luso.

Lourenço Cruz

ROTA DOS LAGARES DE AZEITE DO RIO ÂNCORA
Autor
Joaquim Vasconcelos
Ambiente
Animação
Cultura
Desporto
Distrito
Educação
Empresas
Freguesias
Galiza
Justiça
Óbitos
Pescas
Política
Roteiro
Tribuna
Turismo
Saúde
Sucessos
MEMÓRIAS
DA
SERRA D'ARGA
Autor
Domingos
Cerejeira