JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Horário do Ferry (15 a 20 de Outubro)


Coligação PSOE-PSG/BNG rompeu-se

Rua Concepción Arenal foi o detonante

"Concepción Arenal foi o ponto crítico", admitiu António Lomba, presidente do município de A Guarda, a abrir uma conferência de imprensa realizada no dia 15, em que dava como consumada a ruptura com o BNG, após os quatro vereadores deste partido terem renunciado à exclusividade na vereação.

No entender do presidente do concelho guardés, "o BNG saiu do governo e quebrou o pacto" estabelecido entre as duas formações políticas após as eleições municipais de há cinco meses.

O mal-estar existente teve como factor determinante as divergências sobre as alterações ao trânsito na Rua Concepción Arenal, sector que se encontrava nas mãos dos nacionalistas, tendo estes acusado o alcaide de interferir nesta área.

António Lomba, por seu lado, diz que o BNG tinha introduzido alterações à postura de trânsito que contrariavam o acordado no pacto assinado após as eleições autárquicas de 26 de Maio, levando o alcalde a intervir de modo a evitar as dificuldades criadas no acesso à zona do porto, a par de o BNG estar disposto a pedonizar mais ruas de A Guarda que "não se encontravam no plano de mobilidade", referiu.

"Pecamos por mesura"

O presidente do município galego acusa os seus ex-colegas de coligação de "falta de lealdade" e diz ter actuado sempre "com lisura, responsabilidade e diálogo" com eles.

Perante esta situação, os socialistas dispõem-se a governar em solitário, com apenas cinco vereadores num total de 17 (sete do PP, cinco do PSOE-PSG, quatro do BNG e um de Iniciativa Veciñal), pretendendo "reorganizar o governo, distribuindo competências e representações", esperando, no entanto, que "o relacionamento pessoal com os edis nacionalistas se mantenha".

Governar sozinho e "conversar com todos"

António Lomba descarta a apresentação de uma moção de confiança, porque necessitaria de maioria qualificada para ser aprovada, o que prevê difícil de conseguir face à ruptura com o BNG.

Um eventual entendimento com o PP é uma incógnita, porque ainda nada disseram sobre esta situação, referiu António Lomba, levando o PSOE-PSG a apostar em "conversar com todos em benefício de A Guarda".


Este luns continúa a programación do Día da Biblioteca na Guarda

A Biblioteca Pública Municipal da Guarda continúa coas actividades para conmemorar o día da Biblioteca 2019, que se celebra cada ano o 24 de outubro. O obxectivo destas actividades é a animación á lectura durante o mes de outubro.

A segunda actividade terá lugar o vindeiro luns día 21 de outubro ás 18:00h cun contacontos moi especial a cargo de Anxo Avelino (Carballo con botas).

Chegan á biblioteca os teixos, freixos, bidueiros, aciñeiras, buxos..., para contar as súas historias, para aprender a abrazar as árbores, a coidar bosques, fragas, soutos, para plantar unha árbore que conte contos en defensa do futuro.

Espectáculo dirixido a público infantil: bebés, nenas e nenos de 0 a 6 anos.

Programación:
Luns 21 "Unha árbore vén a vernos" (Contos para abrazar ás árbores). Anxo Avelino (Carballo con Botas). Ás 18:00 h.
Xoves 24 "Bibliotecas para mudar o cambio climático". Efervesciencia. Ás 18:00 h.
Sábado 26 "Obradoiro de creación de teatros de papel". Juste Kamishibai, Papel e Teatro. Ás 11:30 h.

Concello de A Guarda


Os concelleiros do BNG con dedicación renuncian ao seu salario e piden a baixa na Seguridade Social no Concello

A reunión da Comisión de Seguimento constatou unha vez máis a intención do alcalde socialista de "seguir interferindo nas nosas competencias"

O Grupo Municipal do BNG na Guarda segue a acusar ao alcalde socialista de "irresponsabilidade" tras seguir interferindo de forma clara nas áreas de competencia exclusiva dos nacionalistas. Tras a reunión mantida coa Comisión de Seguimento do pacto de goberno convocada polo BNG, os concelleiros do grupo "constatamos unha vez máis que o alcalde non vai cesar na súa actitude nin na súa intención de seguir interferindo nas nosas competencias".

Nas últimas eleccións municipais a veciñanza da Guarda votou un cambio de rumbo que se traduciu na entrada do BNG no goberno municipal con cinco concelleiros, un reto que se asumiu dende o primeiro día cunha actitude positiva e colaborativa. Durante estes tres meses os concelleiros nacionalistas fixeron todo o posible por levar adiante o pacto de goberno, pacto que ante as inxerencias do alcalde non é viable. O BNG "non chegou aquí para ser cómplice das políticas continuístas levabas a cabo, por iso solicitamos a baixa na Seguridade Social e renunciamos ao salario, así como ás funcións de Goberno".

Para o portavoz nacionalista, Anxo Baz, "as políticas que desenvolve o PSOE prexudican gravemente á veciñanza da Guarda porque impiden levar adiante o proxecto posto en marcha polo BNG, un proxecto que busca investir en calidade de vida e en benestar social e que ten como eixo central desenvolver espazos que contribúan a atoparse a un mesmo e a relacionarse coa contorna natural e humana. En definitiva, dar pasos cara adiante para situar A Guarda no modelo de concellos que apostan sen titubeos polo futuro".

Anxo Baz quixo destacar que, pese a situación, "non renunciamos a seguir traballando por un modelo de futuro para A Guarda que, antes ou despois, estamos convencidos de que vai a chegar".

BNG de A Guarda


Contacontos e maxia nesta fin de semana na Guarda

A Guarda prepárase para unha nova fin de semana na que destacan a presentación do libro "Déixate de contos" e da editorial "Elefantes de Papel", unha sesión de "Contacontos ilustrado Mulleres Galegas" e o espectáculo de maxia "Do Maxín á Realidade".

SÁBADO 19

O Salón de Actos do Centro Cultural da Guarda acolle este sábado ás 18:30h o espectáculo de maxia "Do Maxín á Realidade".

"Do Maxín á Realidade" é un espectáculo de maxia que nos leva a vivir unha experiencia única. A maxia é o fío condutor desta viaxe, que nos fai dubidar da realidade, das propias leis físicas que rexen o noso mundo,… entramos entón, da man do ilusionista, no mundo do maxín, onde todo, ou case todo é posible.

Espectáculo subvencionado a través do programa Pontegal da Deputación de Pontevedra e enmarcado nas actividades de lecer do I Encontro de Ecoturismo & Gastronomía do Río Minho" que se celebra na Guarda e Caminha do 17 ao 19 de outubro.

DOMINGO 20

O domingo a Igrexa Parroquial da Guarda acolle ás 18:00h o I Festival de Corais de Outono, no que participan a Coral Polifónica da Guarda, A Coral a Torre de Maside e a Coral do Clube da Terceira Idade da Guarda, organizado polo Clube da Terceira Idade e Pensionistas da Guarda.

Concello de A Guarda


Espectáculo de Maxia "Do Maxín á realidade" este sábado na Guarda

O Salón de Actos do Centro Cultural da Guarda acolle este sábado ás 18:30h o espectáculo de maxia "Do Maxín á Realidade".

"Do Maxín á Realidade" é un espectáculo de maxia que nos leva a vivir unha experiencia única. A maxia é o fío condutor desta viaxe, que nos fai dubidar da realidade, das propias leis físicas que rexen o noso mundo,… entramos entón, da man do ilusionista, no mundo do maxín, onde todo, ou case todo é posible.

Espectáculo subvencionado a través do programa Pontegal da Deputación de Pontevedra e enmarcado nas actividades de lecer do I Encontro de Ecoturismo & Gastronomía do Río Minho" que se celebra na Guarda e Caminha do 17 ao 19 de outubro.

Concello de A Guarda


Dous bloggers visitan A Guarda para destacar a gastronomía no Camiño Portugués da Costa

Na xornada do martes día 15 de outubro A Guarda recibiu a visita de dous importantes Blogueiros ligados aos sectores da gastronomía e do turismo internacional.

Esta visita está enmarcada no Proxecto "Maridando coas xentes do Camiño. Blog Trip de gastronomía e encontros 2019" onde catro dos Bloggers de viaxes e gastronomía máis importantes de España percorrerán o Camiño Portugués da Costa, unha das rutas xacobeas menos coñecidas, degustando en cada etapa as Denominacións de Orixe e os produtos de Indicacións Xeográficas Protexidas da gastronomía galega, realizando varios encontros con colectivos das xentes do Camiño en cada etapa.

No caso da Guarda participou o blogger Alberto Ribas @Alvientoo, con máis de 21,000 followers en instagram, finalista dos "10 Blogs más populares de Fitur", especializado en viaxes e gastronomía, xurado gastronómico e blogger invitado en campañas turísticas en México, Rumanía, Georgia, La Rioja ou Mallorca. Tamén contouse coa participación de Diana Millos @dianamiaus, con máis de 131,000 followers en instagram, instagrammer en inglés de referencia para destinos internacionais.

Unha actividade que se realiza no meses de outubro e novembro para desestacionalizar o sector.

Na Guarda os bloggers reuníronse co colectivo de redeiras da Asociación de Redeiras Atalaia, onde puideron comprobar como é o seu traballo na nave que teñen no Porto da Guarda, intercambiando diferentes experiencias sobre o mundo do mar e da pesca, o seu valor cultural, patrimonial e social. O Alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a Concelleira de Patrimonio, Montserrat Magallanes, lles deron a benvida na Nave de Redeiras, compartindo con eles a súa experiencia nesta etapa do Camiño Portugués da Costa, xunto cos representantes da Asociación de Redeiras Atalaia da Guarda.

Concello de A Guarda




Edições C@2000
Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais