www.caminha2000.com - Jornal Digital Regional -
Semanário - Director: Luís Almeida

1ª Pág.
Cultura
Desporto
Óbitos
Política
Pescas
Roteiro
Ficha Técnica
Edições C@2000
Assinaturas
Email


As condicións do pavillón da Sangriña deixan fora A Guarda como sede da Copa da Raíña de Balonmán

O alcalde da Guarda mantivo, dende o pasado mes de decembro, contactos coa Federación Galega de Balonmán e a alcaldesa de Porriño para propoñer que a celebración da copa da Raíña tivese como sede os concellos da Guarda e Porriño.

O concello da Guarda ofertou a súa colaboración en termos similares aos do ano 2013. Daquela a competición tivo como sedes os dous concellos e a participación económica da Guarda foi de 6000 €.

Fai un días aparecía publicado nos medios de comunicación que a copa da Raíña de balonmán tería como sede exclusiva o concello de Porriño. O alcalde da Guarda púxose en contacto cos presidentes das Federacións Galega e Española para coñecer os pormenores desta decisión.

O presidente da Federación Española de Balonmán, Francisco Blázquez, comunicou ao alcalde, Antonio Lomba, que na Federación, coñecedores da traxectoria do Mecalia-Atlético Guardés e da gran afección do Pobo ao balonmán feminino, estaban interesados en que A Guarda fora sede da competición, pero que as esixencias impostas por televisión española, para a retransmisión dos partidos por teledeporte, en canto ao escaso aforo do pavillón e ao limitado espazo para as cámaras, foron determinantes para descartar a Vila Guardesa como sede da competición.

Dende o concello da Guarda lamentan non dispoñer dun pavillón municipal que cumpra os requisitos que se esixen para un evento deste tipo. Os responsables municipais queren chamar a atención doutras administracións como a Deputación de Pontevedra, a Secretaría Xeral para o Deporte e o Consello Superior de Deportes, sobre a necesidade que ten A Guarda dun pavillón que cumpra coas demandas que, ademais do Mecália-Atlético Guardés, teñen feito outros clubs, asociacións, e afeccionados da localidade.

Concello A Guarda



Melchor, Gaspar e Baltasar reciben aos nenos e nenas da Guarda

Os Reis Magos chegaron a vila da Guarda puntualmente ás 18 horas A Guarda. Xunto a un séquito de máis de trinta paxes, Melchor, Gaspar e Baltasar recibiron a todos os nenos e nenas guardeses na Casa dos Alonsos.

Acompañados pola música da charanga "Os Zanfonos" e do grupo de gaitas da Terceira Idade e tamén polo baile do grupo Xamaraina, os esperados Reis Magos, foron atendendo un a un a multitude de rapaces e rapazas que lles esperaban.

Preto dos 700 nenos e nenas puideron contarlle a Melchor, Gaspar e Baltasar o que pediran de regalo e ademais, algúns deles, facerlle entrega da carta de desexos. Outros, con ilusión, quixeron regalarlle divertidos debuxos, e incluso houbo algún que lle entregou o seu chupete.

Os Reis Magos fixéronse fotografías con todos eles e ademais, fixéronlle entrega dun pequeno agasallo e unha bolsa de gomilonas. Mentres, os paxes, percorreron a fila entregando caramelos a nenos, pais e nais, avós e avoas. En total, repartíronse preto dos 300 quilogramos de caramelos.

A gran recepción real foi un éxito, e isto notábase na cara de ledicia dos pequenos e pequenas que podían ver aos Reis Magos de preto.

Dende o Concello da Guarda queremos dar as gracias a Melchor, Gaspar e Baltasar, e tamén a todos os guardeses e guardesas que fixeron desta celebración un momento moi especial.

Concello A Guarda




Edições C@2000
Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais