www.caminha2000.com - Jornal Digital Regional -
Semanário - Director: Luís Almeida

1ª Pág.
Cultura
Desporto
Óbitos
Política
Pescas
Roteiro
Ficha Técnica
Edições C@2000
Assinaturas
Email

O BNG denuncia a falta de funcionamento do ferry Caminha-A Guarda en Semana Santa


O ferry que une A Guarda e Caminha retoma as súas viaxes o venres día 3

O ferry que une o Concello de A Guarda coa vila de Caminha, en Portugal, restablece as súas viaxes este venres día 3, con motivo da celebración da Semana Santa.

A primeira viaxe sairá dende Caminha ás 17.00 horas (hora española). Pola súa banda dende A Guarda, o ferry cara Portugal, partirá ás 17.30 horas (hora española). As travesías continuarán tanto o sábado coma o domingo.

A próxima semana o transporte estará condicionado polas labores de dragado que se están a levar a cabo no río e que non son compatibles coas viaxes do ferry.

Espérase que o sábado 11 se retomen as travesías e que o ferry recupere o seu normal funcionamento.

Durante todo o mes de abril o transporte será gratuíto.

Consulta de horarios na oficina do ferry a partir do venres día 3 e no teléfono 986 61 15 26.

Municipio de A Guarda


Visitas guiadas na Guarda durante a Semana Santa

O Concello da Guarda e o Padroado Municipal Santa Trega ofrecerán visitas guiadas na Semana Santa dende o mércores 1 ata domingo 5 de abril.

Como é habitual nos últimos anos ofreceranse visitas guiadas ó Monte Santa Trega en diferentes quendas para que poder ofrecer unha atención de calidade ós centos de visitantes que se achegarán o noso recoñecido monte.

As visitas das 12:00 e 17:00 comezan no Museo Arqueolóxico cunha duración de 90 minutos. Ás 16:00 haberá unha visita de 30 minutos no Castro de Santa Trega.

Como novidade esta semana santa tamén haberá visitas guiadas ó Castelo de Santa Cruz para dar a coñecer esta fortaleza e a súa historia. A visita comezará ás 17:00 no interior do recinto cunha duración de 1 hora.

Estas visitas non precisan reserva (excepto os grupos de máis de 10 persoas). O servizo de guía é gratuíto. No caso do Monte Santa Trega tan só é preciso realizar o pago do acceso ó monte.

Achegamos cartel anunciador e dúas fotos de visitas anteriores

Municipio de A Guarda


A lectura do pregón polo maxistrado-xuíz Antonio Piña marca o inicio das Festas de San Telmo en Tui

Declaradas de Interese Turístico Galego celebraranse do 4 ao 13 de abril

Tui celebra do 4 ao 13 de abril as súas festas patronais na honra a San Pedro González Telmo, declaradas de Interese Turístico Galego. O inicio oficial destes festexos vén marcado pola lectura do pregón que terá lugar este sábado, 4 de abril, ás 19h no acto solemne que se celebrará no Teatro Municipal de Tui, con entrada libre até completar o aforamento.

O Concello de Tui encomendou este ano a lectura do pregón ao maxistrado-xuíz Antonio Piña Alonso. Antonio Piña Alonso, nado en Tui en 1965, é licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago. En 1998 ingresou na carreira xudicial coma xuíz nos xulgados de O Carballiño e Ponteareas. En 2003 promocionou na categoría de maxistrado exercendo funcións de maxistrado-xuíz nos Xulgados de Lugo e Ourense e posteriormente sendo titular do Xulgado de Instrución nº2 de Ourense. Dende decembro de 2014 é presidente da Audiencia Provincial de Ourense. É da Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e presidiu entre os anos 2007 e 2011 a Asociación Profesional da Maxistratura de Galicia, formando parte dende 2011 do Comité Executivo Nacional. Tamén presiden o Instituto Xurídico Académico e Social Ourensano. Antonio Piña foi distinguido coa Medalla Concepción Arenal pola súa contribución ao desenvolvemento do dereito penitenciario e co III Premio de Colaboración Universitaria.

No transcurso deste ano haberá unha mostra de agradecemento a Ángel Barros que presidiu os festexos durante máis dunha década. Amais terá lugar a coroación das raíñas das festas e as súas damas. A raíña Infantil é Leila Rodríguez que estará acompañada coma damas Infantís por Nuria Castiñeira e Selena Álvarez. A raíña xuvenil é Cristina Cardoso acompañada coma damas por Jessica Pedrosa e Noelia Rodríguez.

No transcurso do acto actuará o grupo de música tradicional Arume de Malvas.

Por outra parte o domingo, ás 18h celebrarase no Teatro Municipal o Festival Folclórico Festas de San Telmo coa participación dos grupos O Mosteiro de Pexegueiro, Xuntanza de Randufe, San Fins de Rebordáns, Santa Columba de Ribadelouro, Seixos Albos de Areas, Lembranzas da Terra de Guillarei, San Xoán de Paramos e Inquedanzas de Pazos de Reis. A entrada é libre ata completar o aforamento.

Municipio de Tui


O CEIP de Guillarei beneficiarase do convenio Cultura-Deputación para obras de reforma en centros educativos

O CEIP de Guillarei será un dos 84 centros educativos públicos pontevedreses que se beneficiarán do convenio asinado entre a Consellería de Cultura e Educación e a Deputación de Pontevedra centro da aposta realizada pola cooperación administrativa e a optimización de recursos para o seu uso público. En concreto no CEIP de Guillarei serán investidos 20 mil euros en diversas obras de mellora.

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, estivo presente na sinatura deste convenio, xunto aos rexedores dos outros concelleiros beneficiarios do investimento previsto de algo máis de 2,65 millóns de euros ao longo deste ano.

Municipio de Tui



Edições C@2000
Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais