www.caminha2000.com - Jornal Digital Regional - - Semanário - Director: Luís Almeida

1ª Pág.
Cultura
Desporto
Óbitos
Política
Pescas
Roteiro
Ficha Técnica
Edições C@2000
Assinaturas
Email

ARRANCA A PROGRAMACIÓN DE VERÁN CUNHA CITA PARA OS MÁIS PEQUENOS DA CASA

Actuación de Títeres día 29 de xuño

O próximo domingo, 29 de xuño, ás 20.30 h da tarde, no Auditorio de San Bieto terá lugar un espectáculo de títeres, a cargo da compañía Tanxarina Títeres.

Titiricircus é un "todoterreno" que leva ás súas costas máis de 900 representacións. Trátase dunha memoria fantástica e festiva do gran circo de carpa alta e bicolor: a historia de dous traballadores que lembran, acompañados de marionetas, as glorias do seu pasado na pista.

Nun permanente xogo participativo co público aparecen os números máis importantes daquel vello circo xa desparecido, como o home máis forte da Península Ibérica, o malabarista máis divertido, o baiolongo do mundo…

Municipio de A Guarda


ACIGU y FEBAM ofrecen cursos de Manipulador de Alimentos el 3 y 4 de Julio

Para intentar cubrir la demande de asociados y publico en general programa dos nuevos cursos en horario de mañana.

La formación en Manipulación de Alimentos es necesaria para trabajar en hostelería y empresas de alimentación en general.

Los cursos se realizan el día 3 en A Guarda, sede de Acigu CCA, y el día 4 en Tui, Febam, en horario de 10 a 13 horas y van dirigidos a todo el público. Hay descuentos para grupos y asociados. La matricula se realiza en los teléfonos 674 342 397 - 986 605 084, o en las sedes de ACIGU CCA y FEBAM.

ACIGU


Piano Jazz en la Eurociudad Tui-Valença de la mano de Abe Rábade con el Festival IKFEM

El músico impartirá un ciclo de Masterclasses de Piano Jazz que incluye visita a los órganos de Santiago de Compostela

El Festival Internacional de Instrumentos de Tecla IKFEM, que se celebrará en la Eurociudad Tui-Valença del 18 al 26 de julio, acerca el mundo del jazz de la mano de Abe Rábade, músico natural de Santiago con Licenciatura Cum Laude en Composición de Jazz y Práctica Pianística por Berklee College of Music de Boston.

El Festival Internacional de Instrumentos de Tecla IKFEM ofrece becas de 100 euros para sus Materclasses de piano

El plazo de inscripción para las Masterclasses finaliza el 9 de julio

El Festival Internacional de Instrumentos de Tecla IKFEM, que se celebra en la Eurociudad Tui-Valença el próximo més de julio, ofrece becas de 100 euros para las masterclasses de piano, piano a 4 manos y música de cámara con piano que serán impartidas por Rasa Biveiniene y Albert Mamriev.

IKFEM


A Asociación O Pelouro recibe unha subvención de 2.037 euros para realizar talleres

Esta semana alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, como deputado provincial fixo entrega dunha subvención á Asociación O Pelouro por importe de 2.037 euros para a realización de talleres múltiples. Para a entrega desta axuda o alcalde recibiu a Teresa Ubeira, Laura Llauder e Fernando Sueiro da Asociación O Pelouro.

Esta achega da Deputación Provincial forma parte das subvencións dirixidas a entidades de Iniciativa Social no marco da prestación de Servizos Sociais de Atención Especializada, que se leva a cabo dende o Servizo de Servizos Sociais e Promoción de Emprego da institución provincial.

A asociación O Pelouro desenvolve a súa actividade no Colexio O Pelouro fundado en 1973 por Juan Llauder e Teresa Ubeira en Caldelas, no termo municipal de Tui.

Municipio de Tui


Un centenar de padeeiros galegos e portugueses compiten o domingo en Tui na cuarta competición da Liga Galega de Promoción de Slalom

Un centenar de deportistas galegos e portugueses, con idades entre os 9 e os 14 anos, daranse cita esta fin de semana en Tui para participar na cuarta competición da Liga Galega de Promoción de Slalom - Trofeo Eurocidade que se vai celebrar na Praia da Mariña en pleno casco urbano.

A presentación desta competición celebrouse na Casa do Concello por parte do alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, o seleccionador de slalom da Federación Portuguesa de Canoagem, Manuel Freiría, e un representante do Club Tea, David Fernández.

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, destacou o excelente marco que é o río Miño e a Eurocidade para a celebración desta proba precisamente entre deportistas galegos e portugueses. Agradeceu ás federacións galega e portuguesa ter elixido Tui para esta competición coa que tamén se fomenta o deporte e a convivencia entre os deportistas. Animaba a achegarse este domingo ao río a gozar desta espectacular proba.

O concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, afirmou que "Tui é unha cidade envorcada co deporte" sinalando que o calendario deportivo establecido con citas todas as fins de semana "é un atractivo turístico máis". Nese senso aludiu ao efecto multiplicador que teñen estas probas deportivas xa que os deportistas veñen acompañados das súas familias coa boa repercusión que iso ten para o comercio e a hostalería local.

Manuel Freiría, seleccionador de slalom da Federación Portuguesa de Canoagem, explicou que participarán nesta competición 12 clubs galegos e portugueses que puntuarán tanto para a Copa Galega de Promoción como para o Circuíto Nacional Portugués. O circuíto que medirá entorno a 100 metros estarán fronte á Praia da Mariña onde os padeeiros terán que realizar, contrareloxo sen rivalidade directa, unha serie de manobras de habilidade para pasar polas portas establecidas coma balizas. Lembraba que esta disciplina é olímpica. Explicaba amais Manuel Freiría coma a Eurocidade é o lugar idóneo para celebrar esta proba tanto pola súa situación, polas boas instalacións deportivas coma por contar co apoio municipal.

A cuarta competición da Liga Galega de Promoción comezará o domingo ás 11h no circuíto establecido a carón da Praia da Mariña entre o porto deportivo e a ribeira do Miño. A entrega de premios está prevista para ás 14.30h.

Municipio de Tui


Este domingo 29, oitava andaina do Circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade, Andaina de San Fins

Este domingo, 29 de xuño, realizarase o oitavo percorrido do Circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade, "San Fins", organizado pola Eurocidade Tui-Valença e dirixido polos monitores da empresa tudense VerdeAzul.

O punto de encontro desta nova andaina será no colexio de Rebordáns, ás 10.00 horas españolas, cun percorrido aproximado de oito quilómetros de dificultade baixa, pola parroquia de Rebordáns. O punto de encontro alternativo será a estación de servizo da Repsol, ao carón do Parador de Tui, ás 09.45 horas españolas.

Municipio de Tui


15 empresas da Eurorrexión ofertarán 45 postos de traballo nos Job Days que se celebran o próximo martes 1 de xullo en Tui

O edificio da Área Panorámica de Tui acollerá o próximo martes, 1 de xullo, os primeiros Job Days da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. O seu obxectivo é propiciar a contratación de traballadores transfronteirizos en empresas do sector do metal.

A presentación deste Job Days tivo lugar esta mañá na Casa do Concello de Tui contando coa presenza do alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o presidente da Cámara de Valença, a directora da AECT, María Geraldes, o secretario da AECT, José Lago, a responsable do EURES Transfronteiriço Galicia-Norte Portugal, Teresa Ventín, e unha representante de ASIME, Lucía Martínez.

A inauguración terá lugar ás 10.30h a cargo do alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, a directora da AECT, María Geraldes, o presidente de ASIME, Julio Gómez, o presidente da Direçao da AIMMAP, Aníbal José da Costa, o presidente da CCDRN-N e da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal, Emídio Gomez, do secretario de estado do Emprego de Portugal, Octávio de Oliveira, e do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda.

Nesta xornada serán ofertados corenta e cinco de postos de traballo por parte de quince empresas do sector afincadas na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, en concreto oito son galegas e sete portuguesas. Os interesados en participar neste proceso selectivo débense inscribir ata hoxe na web da AECT cubrindo a ficha de en inscrición.

Están previstos amais distintos debates co tema "As Pemes como motor de crecemento no período 2014-2020", "Os desafíos empresariais da innovación industrial", "O Mercado de traballo transfronteirizo na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal" e "Período de financiamento comunitario 2014-2020 na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal".

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, salientou na presentación desta mañá que nestes Job Days farase a contratación efectiva de 45 persoas que atoparán traballo no sector do metal, grazas a que as ofertas presentadas polas empresas serán relacionadas cos demandantes que se inscriban nesta actividade. Amosou a súa gratitude polo feito de celebrar este encontro da Eurocidade que continúa a traballar neste caso nun tema tan importante coma é o do emprego.

O presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro, puxo o aceno na súa intervención coma nun momento no que o desemprego segue a ser un problema na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal é preciso aunar esforzos para minimizar ese drama, dicía. Amosou o seu orgullo por acoller este Job Days na Eurocidade.

A directora da AECT, María Geraldes, explicou coma ás 45 vacantes que se ofertan se presentaron xa 70 candidatos, unha cifra que agardan incrementar ata o centenar. Engadía coma este será un evento temático dirixido ás necesidades das empresas e o traballo, que supón un desafío xa que difire do modelo habitual deste tipo de actividades. Destacou asemade o interese que os debates que se van celebrar teñen tamén para as empresas da Eurorrexión, agardando que este primeiro Job Day contribúa a diminuír a situacion de desemprego na zona.

Municipio de Tui


O alcalde de Tui e deputado fixo entrega dunha subvención de 1862 euros a Acolle para unha actividade de musicoterapia na Residencia Paz y Bien

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, como deputado provincial fixo entrega no día de onte dunha subvención por importe de 1.862 euros á Asociación Acolle para a realización dun proxecto de Mantemento da Actividade de Musicoterapia a realizar na Residencia Paz y Bien en Tui. O alcalde entregou a subvención á voceira de Acolle, Elena María de Saa, acompañado pola concelleira de Servizos Sociais, Olga Montes.

Esta achega da Deputación Provincial forma parte das subvencións dirixidas a entidades de Iniciativa Social no marco da prestación de Servizos Sociais de Atención Especializada, que se leva a cabo dende o Servizo de Servizos Sociais e Promoción de Emprego da institución provincial.

Acolle é a Asociación Galega de Residencias e Centros de Anciáns de Iniciativa Social. A Residencia Paz y Bien, situada na rúa Sarabia de Tui, é unha das once residencias ou centros galegos que integran Acolle.

Municipio de Tui


Edições C@2000
Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais