www.caminha2000.com - Jornal Digital Regional - - Semanário - Director: Luís Almeida

1ª Pág.
Cultura
Desporto
Óbitos
Política
Pescas
Roteiro
Ficha Técnica
Edições C@2000
Assinaturas
Email

A Guarda

Caminhadoce no próximo fim-de-semana

Dentro de uma política de aproximação e intercâmbio entre os municípios de A Guarda e Caminha, o Caminhadoce vai atravessar o rio Minho, tendo lugar no próximo fim-de-semana (31/5 e 1/6) a versão galega deste evento.

Os stands serão instalados na Alameda, contando-se com a presença de doceiros caminhenses nesta estreia galega.


GRAN ACOLLIDA DE PLAY-DOC NO TOWN HALL DE NOVA YORK

- O festival presentou esta semana a súa proposta aos neoiorquinos dentro do Best Fest Film Series, evento que acolle os certames máis excitantes do ano, segundo os seus organizadores

- Lois Patiño, gañador na pasada edición de Play-Doc con Costa da Morte, compartiu o seu filme co público, que puido coñecer tamén a outros cineastas e a cultura de Galicia a través do coloquio cos directores do festival, Sara García e Ángel Sanchez

Play-Doc Festival Internacional de Documentais de Tui anunciou en febreiro que foi seleccionado para formar parte de Best Fest Film Series, programa que escolle cada ano os 10 festivais máis excitantes do mundo, segundo a opinión dos seus organizadores, os xestores da mítica sala Town Hall de Nova York. Esta semana tocou acudir á cita. Os directores do festival, Sara García e Ángel Sanchez, presentaron o festival ante centos de asistentes.

Un certame que se caracteriza, segundo explicaron, por ser “pequeno e feito dende a periferia, cunha aposta decidida por un cine valente e comprometido”. Isto, curiosamente, imprime un certo carácter de “comunidade” entre un “público moi numeroso e heteroxéneo”, que se achega cada ano a Tui para coñecer as últimas tendencias do cinema documental de autor, e as retrospectivas de grandes autores como Marcel Lozinski, Artavazd Pelechian, Ross McElwee, os irmáns Maysles, Bogdan Dziworski, Raymond Depardon ou Jay Rosenblatt, entre outros.

O acto serviu amais como unha plataforma de promoción turística moi importante non só de Tui senón tamén de Galicia, pois os directores puxeron en contexto o lugar e cultura onde se desenvolve o festival, con mención especial á ruta xacobea, pasando un vídeo sobre os Camiños de Santiago.

Puxeron un especial énfase, sobre todo, na xeración de novos cineastas que está dando a coñecer o cinema galego en festivais internacionais de todo o mundo. Nesta posta en valor da cinematografía galega máis recente, destacaron os nomes de cineastas como Oliver Laxe, Eloy Enciso, Xurxo Chirro, ou Lois Patiño; presentes nas pasadas edicións de Play-Doc.

Patiño, vencedor en 2014 coa película Costa da Morte, acompañou os directores do festival para presentar este filme. O realizador é un habitual do certame, onde mostrou varias veces as súas curtas paisaxísticas. A longa que leva presentando xa case un ano no circuíto de festivais internacionais, é a consecución lóxica desa traxectoria pictórica, á que engade elementos etnográficos e míticos nesta galardoada cinta: premio ao director emerxente en Locarno, e dende aí infinitude de galardóns, o último en Corea do Sur, no prestixioso festival de cinema independente de Jeonju.

Logo da proxección, tivo lugar un debate moi intenso entre Patiño e os directores de Play-Doc cos asistentes, que mostraron un grande interese tanto polo filme como pola actualidade cinematográfica galega e polo futuro do festival. Tanto os responsables de Town Hall coma os de Play-Doc agardan que a presentación en Nova York poda aumentar o número de visitantes a Galicia para coñecer o festival e a rexión e, se cadra, tamén as outras moitas actividades en torno ao cinema que se levan a cabo na zona.

Nun contexto económico difícil, os organizadores de Play-Doc quixeron reservar un apartado de agradecementos para todas aquelas entidades, organismos públicos e empresas que financian o festival: Xunta de Galicia, Concello de Tui, Deputación de Pontevedra, Xacobeo, o operador de cable R, Gadis, Estrella Galicia e Gas Natural Fenosa; importante incorporación en 2014. Sen eles, non sería posible manter vivo Play-Doc cada ano, e lograr que o festival siga medrando.

Play-Doc


Ese domingo celébrase en Tui a III Big Ride coa participación dos corredores máis recoñecidos a nivel mundial

Un ano máis os amantes da bicicleta de montaña teñen cita este domingo en Tui para disputarse os primeiros postos na III Big Ride Tui, segunda proba del Open de España de Enduro BTT 2014.

Cun percorrido total de 42km e un desnivel acumulado de máis de 2000 metros, os máis de 300 participantes percorrerán os camiños do Monte Aloia e arredores con 5 tramos cronometrados sendo o nivel físico esixido máis alto co do ano pasado.

A saída terá lugar ás 8:30h no Paseo da Corredoira lugar no que terá lugar tamén a entrega de premios ás 16h.

Un total de 15 ciclistas internacionais participarán tamén nesta competición acollendo os de maior nivel de Francia, Estados Unidos, Alemaña, Suecia E Portugal, os cales probarán neste percorrido prototipos de pezas novas de bicicletas BTT. Todos eles partirán o luns desde O Porto cara Escocia, para participar na segunda proba do circuíto mundial desta modalidade que se celebrará a vindeira fin de semana.

Hoxe tiña lugar a presentación no Parador de Tui á que acudiron o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o secretario Xeral de Deportes da Xunta de Galicia, Jose Ramón Lete Lasa, o concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, o xerente da empresa tudense Sherpa Project, Guti Martín, e o ciclista californiano, Ben Cruz do equipo Cannondale que participará na proba.

O concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, quixo agradecer a labor que a empresa Sherpa Project está a facer, xa que a organización deste evento en Tui é posible grazas a eles. Agradecemento que o director, Guti Martín, acolleu e aproveitou para destacar á súa vez a colaboración dos novos patrocinadores que se uniron este ano, algo que non é doado nos tempos que corren. Lamentou tamén a baixa do actual Campión do Mundo, Jerome Clementz, quen finalmente non poderá asistir por unha recente rotura de clavícula.

O ciclista californiano Ben Cruz,de 23 anos de idade, agradeceu a invitación a este evento que, nas súas palabras, funciona cunha excelente organización.

Para o secretario Xeral de Deportes da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa, a celebración do Big Ride en Tui é un exemplo da aposta polo deporte das dúas rodas, fomentando o uso deste vehículo, o que se espera, nun futuro moi próximo, sexa cada vez máis empregado polos cidadáns avogando por uns hábitos de vida respectuosos co medio ambiente.

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, quixo facer fincapé, aproveitando a presenza do Secretario Xeral de Deportes da Xunta de Galicia, do premio Galicia Saudable concedido á Eurocidade polas súas actividades deportivas, premio que supuxo o motor de arranque para apostar polos deportes en diferentes categorías.

Os espectadores que vaian seguir a carreira poderán recoller o mapa do circuíto a partir de hoxe venres na Oficina da Carreira situada no edificio da Área Panorámica de Tui. Na parte traseira do edificio estará situado o punto de lavado de bicicletas e as carpas de asistencia e avituallamento dos participantes.

Municipio de Tui


As autoridades da Eurocidade Tui - Valença reúnense co equipo directivo da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia - Norte de Portugal

Hai uns días o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, e o presidente da Câmara Municipal de Valença, Jorge Salgueiro Mendes, acompañados do concelleiro de Tui, José Angel Villaverde Rocha e do vereador de Valença, José Monte, recibiron na Casa do Concello de Tui ao novo equipo directivo da AECT Galicia - Norte de Portugal. A reunión serviu para presentar ao equipo directivo da Oficina de cooperación transfronteiriza da Eurorrexión, composto pola súa directora - a portuguesa Maria Geraldes - e o Secretario - o galego Xosé Lago-. Na xuntanza, abordáronse entre outras cuestións dúas actuacións de carácter transfronteirizo que van ter lugar na Eurocidade nas vindeiras datas: Un encontro sobre "A colaboración en rede na promoción do cooperativismo e a economía social: a Rede Eusumo", e uns "Job Days Galicia - Norte de Portugal".

A primeira destas actuacións terá lugar o vindeiro martes, 27 de maio, na Aula UNED de Tui. Este encontro ten como obxectivo o fortalecemento da colaboración institucional e a intercooperación entre as entidades de economía social de Galicia e do Norte de Portugal. Ademais, disporase dun espazo no que se exhibirá unha mostra de produtos e servizos das cooperativas da Eurorrexión no que poderán presentar as súas propostas empresariais. As persoas destinatarias desta actividade son, principalmente, os axentes públicos e privados relacionados coa promoción do cooperativismo e o autoemprego na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal: axentes de emprego e desenvolvemento local, persoas socias de cooperativas xa constituídas, persoas que estean interesadas en emprender e público en xeral.

Pola súa banda, os "Job Days Galicia - Norte de Portugal" celebraranse o martes 17 de xuño, na Área Panorámica de Tui. No marco da campaña GALICIA-NORTE DE PORTUGAL JOB DAYS, varios organismos (a AECT, o EURES transfronteirizo Galicia - Norte de Portugal, a Xunta de Galicia, a Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte de Portugal, o concello de Tui, a Cámara de Valença e organizacións empresariais como ASIME e AIMMAP) están a organizar un Job Day, concibido como un encontro dedicado a facilitar o contacto entre empresarios e profesionais do sector metalúrxico e promover así a mobilidade e a colocación/contratación no territorio da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal. Este primeiro Job Day terá un área de exposición e stands, destinados fundamentalmente ao intercambio de información cos candidatos ás prazas vacantes que previamente se teñan ofertado; á realización de entrevistas cos candidatos; e á publicitación das ofertas de emprego nunha plataforma informática especialmente habilitada para o evento. Tamén haberá conferencias e presentacións temáticas especializadas, sobre temas como o desprazamento de traballadores entre Galicia e Portugal; os procedementos da contratación transfronteiriza; o funcionamento do servizo EURES; a situación e tendencias do mercado laboral; as vacantes de difícil cobertura; os apoios á mobilidade transfronteiriza; ou as temáticas da Innovación nas Pequenas e Medianas Empresas e os Fondos Europeos para as empresas no período 2014-2020.

Municipio de Tui


O policía local tudense, Avelino Martínez, bronce no Campionato Nacional Portugués

O pasado sábado, 17 de maio, celebrouse en Anadia - Aveiro (Portugal) o Campionato Nacional Portugués de Judo, onde o judoca tudense Avelino Martínez participou co equipo Juvalença (Judo Club de Valença) na categoría M5 (50 a 54 anos) e menos de 81 kg, acadando a medalla de bronce.

O Concello de Tui felicita a Lino Martínez por este triunfo e anímao a seguir adestrando de cara ao Campionato de Europa de Policías e Bombeiros (EUROPOLYB), que terá lugar no mes de xullo en Bruxelas, onde defenderá o seu título de campión acadado hai dous anos en Tenerife.

Municipio de Tui


A atleta tudense Uxía Pérez Bugarín convocada coa Selección Española para as probas de clasificación para os Xogos Olímpicos da Xuventude

O próximo martes 27 de maio viaxará a Baku (Azerbaian)

A atleta do Club Atletismo Tui-Thermalia, Uxía Pérez Bugarín, foi convocada coa selección nacional de atletismo para disputar a clasificación para os Xogos Olímpicos da Xuventude, que se disputarán neste ano 2014 na localidade China de Nanjing.

Uxía Pérez, que foi galardoada na Gala do Deporte Tudense 2013, como mellor atleta feminina promesa, esta obtendo uns resultados impresionantes ao longo deste ano, a nivel galego e nacional, tanto en probas en pista como en cross.

A atleta tudense viaxará á capital de Azerbaian, Baku, para loitar contras as atletas europeas, na proba de 3.000 metros.

Os Xogos Olímpicos da Xuventude son un evento multideportivo, que se celebra cada catro anos, promovido polo Comité Olímpico Internacional (COI), nel que participan atletas de todo o mundo entre 14 e 18 anos.

O Concello de Tui felicita a Uxía Pérez, ao Club Atletismo Tui-Thermalia e ao seu adestrador, Daniel Mouriño, pola convocatoria para formar parte da selección nacional e competir por unha das prazas que Europa terá para a proba de 3.000 metros nos Xogos Olímpicos da Xuventude, desexándolles os maiores dos éxitos nesta tempada.

Municipio de Tui


Alumnado do CEIP de Pazos de Reis visitou o luns a Casa do Concello

Coñecer máis de preto o funcionamento da institución municipal, a máis cercana aos cidadáns, foi o obxectivo da visita que o luns realizaron á Casa do Concello unha trintena de alumnos de 3º e 4º de Primaria do CEIP de Pazos de Reis xunto cos seus profesores.

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, deu a benvida ao escolares explicándolles o funcionamento do Concello de Tui, os servizos que presta aos cidadáns, etc. Posteriormente o rexedor tudense acompañou ao alumnado nun percorrido polos distintos departamentos emprazados na Casa do Concello que os alumnos puideron coñecer de primeira man ampliando así os coñecementos sobre a administración local que están a estudar no seu centro educativo.

O alcalde e a concelleira de Educación, Vanesa Rodríguez, agasallaron aos nenos e nenas de Pazos de Reis cun exemplar do calendario escolar da Eurocidade no que se recollen distintas propostas de lecer para realizar en familia. Acompañados polos seus profesores Martina Horta, Marián Salvador e Manuel Fálquez o alumnado visitou posteriormente a Catedral de Tui e realizaou un pequeno tramo do Camiño de Santiago ao seu paso pola cidade.

Municipio de Tui


Este domingo celébrase en Tu io III Torneo Kaiak Polo Club Penedo o domingo no Centro Interfederado de Tui

Este domingo 25 de maio terá lugar en Tui o III Torneo Kaiak Polo Club Penedo, organizado polo equipo feminino do Club Penedo xunto coa colaboración do Concello de Tui e a Federación Galega de Piragüismo dentro da XIX Liga Galega de Kaiak Polo.

A cita terá lugar nas instalacións situadas en fronte ao Centro Interfederado de Tui entre as 9h ás 18h.

Hoxe tivo lugar a presentación desta actividade deportivo no Concello de Tui a cargo do alcalde Moisés Rodríguez, o concelleiro de Deportes Nicolás Lorenzo, a delegada de Deportes do Club Penedo Estela Campos, e as xogadoras do equipo feminino de kaiak polo Patricia Rincón e Mónica Madarnas.

70 participantes de Galicia e Portugal disputarán o trofeo ao longo da xornada competindo en equipos de 5 xogadores en campo, cunha duración de 20 minutos cada partido, no que os goles deberán marcarse en porterías situadas a 2 metros de altura sobre a superficie da auga. O kaiak polo é un deporte de contacto polo que as xogadoras neste caso, van protexidas con chaleco e caso con rexilla.

O concelleiro de deportes, Nicolás Lorenzo, destacou a importancia da celebración deste torneo por ser o primeiro desta categoría que se ten lugar na cidade, motivo polo que, dicía, espertará o interese dos cidadáns por presenciar unha competición destas características.

Existen so 3 categorías na Liga Galega de Kaiak Polo, a sub16 para grupos mixtos de ata os 16 anos, sub21 para grupos de ata os 21 anos e homes absoluta, polo que o equipo feminino do Club Penedo vese obrigado a enfrontarse á categoría sub21 que inclúe homes.

Tanto a delegada de deportes do Club Penedo, Estela Campos, como a xogadora Patricia Ricón, salientaron o reto que a organización desta competición supón para o club feminino de kaiak polo xa que toda a montaxe de porterías e campos está a ser levado a cabo polas propias xogadoras do equipo.

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, lembrou a andaina do Club Kaiak Polo que hai anos comezaba a practicar nas piscinas municipais e agora, xa coma equipo consolidado, xogan dentro da Liga Galega de Kaiak Polo, todo un orgullo para a cidade de Tui, ao albergar os únicos dous equipos femininos da Liga Galega feminina, Club Penedo A, e Club Penedo B.

Municipio de Tui


A CAMA DE SAN XIAO, SEXTA ANDAINA SAUDABLE DA EUROCIDADE TUI-VALENÇA

Este próximo domingo, 25 de maio, terá lugar a quinta andaina do Circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade, "A Cama de San Xiao", organizado pola Eurocidade Tui-Valença e dirixidos polos monitores de VerdeAzul.

O punto de encontro desta nova andaina será na Casa Forestal do Monte Aloia, ás 10.00 horas españolas, cun percorrido aproximado de 8 quilómetros, e de dificultade baixa, polo Parque Natural do Monte Aloia. O punto de encontro alternativo será a estación de servizo da Repsol, ao carón do Parador de Tui, ás 09.45 horas españolas.

Esta andaina está recollida dentro das actividades deportivas da Eurorrexión Activa, polo que contará con monitores especializados para a realización de exercicios de quecemento previos á andaina, así como de estiramentos ao finalizar a mesma.


Municipio de Tui


O Plan Especial do Conxunto Histórico podería estar aprobado antes de finais de ano

A Xunta de Goberno do Concello de Tui aprobou provisionalmente, o pasado xoves, o documento do Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico de Tui, PEPCHA, o que supón entrar na recta final da súa tramitación.

O Plan Especial de Protección do Centro histórico aprobouse inicialmente o 22 de marzo de 2012. Permaneceu en exposición pública do 11 de abril até o 11 de xuño de 2012, tempo no que foron presentadas un total de 123 alegacións e foron atendidas máis de 200 persoas ou grupos de persoas, sendo consultadas as condicións urbanísticas de máis de 350 propiedades (máis do 50 % do total). Neste tempo a web sobre o Plan (http://www.pepchatuiotea.es/) recibiu un total de 1.739 visitas.

Das 123 alegacións presentadas estimáronse, total ou parcialmente, 93 alegacións, un 76% do total das presentadas. No documento de aprobación provisional se incorporaron as modificacións tanto das alegacións estimadas así coma do Informe da Dirección Xeral de Patrimonio e do resto de Informes Sectoriais. Os cambios non supoñen modificacións substanciais, polo que non se precisa dun novo proceso de exposición pública. A páxina web coa documentación da aprobación inicial será actualizada cando se aprobe definitivamente.

A aprobación provisional do documento do PEPCHA é un acto de trámite, tras o cal se precisa requirir informe á Dirección Xeral de Patrimonio, que terá un prazo máximo de tres meses para emitilo (Lei 8/1995, de 30 de outubro, de Patrimonio cultural da Comunidade Autónoma de Galicia), e á Secretaría Xeral de Urbanismo, que terá un prazo máximo de dous meses para emitilo (Lei 9/2002, de 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia). Transcorridos estes prazos, os informes enténdense favorables.

Por tanto, unha vez enviados os documentos á Xunta poderíase proceder á aprobación definitiva do Plan, nun prazo máximo de tres meses, se os informes non requirisen ningunha corrección, polo que a aprobación definitiva chegaría despois do verán. Se dos informes se concluíse que se precisan correccións, estas introduciríanse no documento previo á súa aprobación definitiva. En todo caso, antes de final de ano o Plan Especial de protección do Centro histórico de Tui podería estar aprobado definitivamente.

Obxectivos do PEPCHA

Un dos obxectivos principais do PEPCHA é a peonalización da zona de intramuros. Para iso é necesario crear novas zonas de aparcadoiro, por unha parte na zona traseira do Seminario xa contemplada no PXOM, así como un aparcadoiro en superficie na zona do embarcadoiro e un aparcadoiro soterrado na zona das pistas deportivas do Seminario. Baralláronse tamén outras alternativas que foron descartadas, entre outros motivos, polo seu elevado custe, coma a do Baluarte do Olmo ou un aparcadoiro subterráneo na Corredoira. A decisión final será acordada coa Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

A aprobación definitiva do PEPCHA, suporá dotar de seguridade xurídica ao propietarios de inmobles na zona, que poderán obter as licenzas con maior rapidez que ata o de agora. O Plan tamén regulará os usos no ámbito do Centro histórico e potenciará a súa rehabilitación e revitalización, e permitirá acceder a maiores axudas para a rehabilitación.

Tras aprobarse a novo PXOM no ano 2011, a aprobación do PEPCHA suporá un logro histórico ao dotar a Tui do primeiro Plan Especial de Protección do Centro histórico desde a declaración no ano 1.967 do Conxunto Histórico de Tui a cidade de Tui como Ben de Interese Cultural.

Municipio de Tui


Do 3 ao 11 de xuño abrirase o prazo de inscrición para os Campamentos Urbanos Deportivos de Verán 2014

O Concello de Tui organiza os Campamentos Urbanos e Deportivos de Verán 2014, que se levarán a cabo durante o mes de xullo e a primeira quincena do mes de agosto.

Estes campamentos van destinados aos nenos/as e mozos/as de Tui con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos (idades cumpridas ao inicio de cada quenda), co fin de ofrecer unha alternativa lúdica-deportiva-educativa aos cativos/as do noso concello. Ademais, co desenvolvemento destes campamentos, preténdese ofrecer unha alternativa aos pais e nais que traballan durante ese período, para que podan conciliar así a vida familiar e laboral.

As inscricións realizaranse na secretaría do Concello de Tui, dende o día 3 ata o 11 de xuño, no horario de 09.00 a 14.00 horas, entregando cumprimentado o formulario de solicitude xunto á documentación requirida nas bases, que poden consultarse na páxina web do Concello de Tui www.concellotui.org ou na secretaría do concello.

O concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, destaca a importante acollida que ten esta iniciativa na que en 2013 participaron 360 nenos e nenas, engadindo coma xa nas últimas semanas os pais están preguntando por esta oferta estival. O edil insistiu no dobre obxectivo destes campamentos: a conciliación da vida laboral e familiar e ofertar unhas actividades lúdicas, deportivas e educativas nos meses de verán.

Municipio de Tui


Edições C@2000
Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais