|
Ruta da Lamprea do Miño
Durante nove días, do 12 ó 20 de Abril, e coincidindo coa celebración da Semana Santa, os veciños da Guarda e visitantes e turistas terán a oportunidade de coñecer primeira edición dunha ruta que nace para promocionar a lamprea do Miño a un prezo alcanzable. Conta cun total de 27 establecementos entre restaurantes e bares que ofertarán a seu concepto do pincho da lamprea do Miño a un prezo único de 2€. O horario da ruta é de 11.00 a 13.30 horas e de 19.00 a 21.00 horas.
Ademáis, para fomentar a elaboración de pinchos de calidade entre os establecementos aheridos organízase o Concurso de Mellor Pincho da Lamprea do Miño, onde os únicos responsables de escoller o mellor pincho será aqueles participantes na ruta, valorando cada pincho degustado. Os participantes Terán que degustar o pincho de lamprea en tres establecementos diferentes como mínimo para poder participar nun sorteo de cinco agasallos.
Consigue o teu pasaporte e participa!
Exposición "María só María"
O pasado Xoves, 10 de abril, inaugurouse no centro Cultural da Guarda a exposición "María só María", da portuguesa Adriana Henriques. Esta Exposición, organizada pola Junta de Freguesía de Sao Victor de Braga, estará aberta ao público ata o 24 de abril no Centro Cultural, co seguinte horario: de 10 a 13h. e de 17. a 20h. de luns a venres e de 10 a 13h. os sábados.
Adriana Henriques presentanos unha exposición composta por acuarelas e pasteis que fala íntegramente das mulleres. Fala de todas esas mulleres que perderon ós seus fillos e tiveron que aferrarse a unha eternidade, algo superior que lles ofreceu protección. A espiritualidade está presente en toda a súa obra.
No acto estiveron presentes o Presidente da Freguesía de S.Vítor-Braga Sr. Ricardo Silva e a Concelleira de Cultura de Braga, Sra. Lidia Dias, xunto co alcalde da Guarda, D. José Manuel Domínguez Freitas, o Concelleiro de Cultura, Sr. Antonio Lomba Baz, e o párroco de A Guarda, D. Jesús García Villadóniga. Ademáis de presentar a exposición pictórica, coñecimos da man do Presidente da Junta de Freguesía de Sao Víctor, importantes eventos que se levan a cabo durante a Semana Santa de Braga.
O acto máis distintivo da Semana Santa Braguense é a Procesión da Burrinha, sendo como eles mesmos destacan "unha lección de catequesis para os creentes e unha lección de humanidade para os non creentes". A rúas engalánanse con motivos florais e decorativos, que fan que un acto relixioso se convirta en arte.
O alcalde da Guarda destacou a importancia dun acto co que xa non se entende a Semana Santa en Portugal,e aproveitou a ocasión para convidar a tódolos guardeses a perderse por unha cidade tan fermosa como é Braga. "Non sabemos se por casualidade ou destino, pero xa fai unha década que A Coral Polifónica da Guarda participa nesta procesión, e estamos moi agradecidos".
O párroco da nosa vila, Jesús García Villadóniga , salientou o contido relixioso dunha procesión relacionada enormemente co Antigo Testamento, na que o arte está tratado con "mimo", deixando ás súas costas unha clara mensaxe de humanidade.
Visita do Presidente de Portos de Galicia, D. José Juan Durán
Jose Juan Durán, Presidente de Portos de Galicia, visitou a 10/4 A Guarda para supervisar e revisar as actuacións acometidas para solventar os danos provocados polos temporais deste ano, que afectaron en gran medida a este Concello.
Acompañado do alcalde, José Manuel Domínguez Freitas, do xefe da zona sur de Portos de Galicia, e representantes municipales do Partido Popular, fixeron un percorrido polas inmediacións do Porto da Guarda para visualizar de primeira man as obras realizadas nesta zona, e que contaron cun investimento de 20.000 euros
As obras basearonse na reparación de cubertas de edificios anexos á lonxa, escaleiras, balizas, socabóns… Pero hai moito máis que arranxar, polo que tamén estiveron falando doutras cuestións, como a problemática do espaldón, do espigón e da importancia da mellora da parte inferior da praia do carreiro. Segundo José Juan Durán: "Pretendemos arranxalos o antes posible. Sobre todo a praia do carreiro, que será unha das primeiras obras que levemos a cabo". "Son tempos difíciles para grandes investimentos, pero as pequenas actuacións son moi importantes".
O alcalde da Guarda, José Manuel Domínguez Freitas, mostrou a necesidade de que a praia do carreiro esté arranxada antes do verán, e destacou a importancia de mellorar o aspecto da zona da Atalaia. Ademais, no quixo rematar a visita sen tratar un aspecto que xa fai tempo que lle preocupa, como é o da rúa do Porto, unha zona peonil que é transitada por vehículos.
Postura del gobierno municipal sobre um problema de accesibilidad que sufre D. Valentín González González
En muchos medios de comunicación han aparecido noticias estos últimos días relacionadas con un problema de accesibilidad que sufre D. Valentín González González debido a que para acceder a su domicilio en Baixo Muro 14 de A Guarda hay que salvar tramos de escaleras. Quiero, mediante esta nota de prensa, dejar clara la postura del gobierno municipal, que aparece retratado en muchos casos como insensible ante esta problemática, extremo que no es, en absoluto, cierto.
a) El gobierno municipal, a través de Servicios Sociales, ofertó toda la colaboración a la familia del Sr. González González para facilitar su traslado cuando fuese necesario. No solo fue rechazada esta ayuda sino que nunca se permitió a los profesionales de dicho Servicio que visitaran al Sr. González González.
b) La calle Colón, en la que se encuentran los 8 escalones que dificultan la accesibilidad hacia la calle Baixo Muro, donde él vive, tiene una pendiente superior al 15%, pendiente que no es corregible y que según COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) no es accesible ni suficientemente segura.
c) La familia presentó un proyecto, redactado por un arquitecto de la localidad, que creaba unas rampas en la calle Baixo Muro que empeoraban su uso para todos los ciudadanos. En la actualidad esta calle es perfectamente horizontal. Pero es más. COGAMI dice que el proyecto presentado no cumple con la normativa de accesibilidad al tener rampas de más de 3 m. de longitud con un 10% de pendiente. El Ayuntamiento no puede afrontar obras que incumplan la legalidad vigente.
d) La propuesta del arquitecto municipal pasaría por la desaparición de las escaleras de acceso a la Cofradía de Pescadores para después poder hacer las rampas precisas en la rúa Baixo Muro que cumplieran normativa, En todo caso, ello llevaría aparejadas obras de remodelación interior de la citada Cofradía que escapan de la competencia municipal. En los dos casos anteriores sería preciso el permiso de Patrimonio al lindar con la antigua muralla de A Guarda.
e)COGAMI ofrece como solución la instalación de un ascensor con las dimensiones y características definidas por la normativa vigente en el otro extremo de la calle Baixo Muro, es decir en el entronque con Hernán Cortés y cita ejemplos de ciudades como A Coruña, Lérida, Pamplona, etc. que utilizan estos elementos. Es una solución muy costosa para la economía municipal, nada comparable a la de las ciudades citadas. Y de muy difícil, por no decir imposible realización, dada la estrechez del callejón.
f) Las administraciones que se interesaron por este asunto, o Valedor do Pobo, el Defensor del Pueblo, el Juzgado saben que en A Guarda es fácil localizar más de una veintena de lugares en que los vecinos para acceder a sus casas tiene que hacerlo a través de escaleras en la calle. En todos estos casos o al menos en los que se demandara porque hay ancianos con problemas de movilidad, personas en sillas de ruedas, enfermos encamados que precisan ir a instalaciones sanitarias, ¿tendría el ayuntamiento que instalar un ascensor? Porque una cosa está clara: las rampas tendrían unas pendientes no autorizables. Pensemos en la las escaleras del Pescador, en las que hay detrás del restaurante Gaviota, etc. Ojalá se pudiera en el caso presente y en todos los demás arbitrar una solución para facilitar la accesibilidad universal, pero muchas veces la realidad es tozuda.
g) La sentencia judicial que acabamos de conocer la vamos a recurrir. Y estamos de acuerdo en el fondo de la cuestión que no es otro que el ayuntamiento trate de solucionar el problema, igual que tratamos de solucionar, cuando se puede los de todos los ciudadanos. Otra cosa es que para ello la sentencia se base en una ley que está derogada o que obligue a más cosas de las pedidas en la demanda. Y la nueva norma amplía los plazos en la búsqueda de soluciones, si existen y se cumplen los requisitos, hasta el 2019.
i) Seguimos ofertando a la familia del Sr. González González toda la colaboración municipal. Pedimos que cualquier persona que tenga una posible solución, que cumpla con la ley y que sea posible económicamente, que nos la haga llegar. Somos los primeros interesados en la solución de este asunto y que el Sr. González González pueda llevar una vida normal e independiente.
A Guarda, 9 de abril de 2014
O Alcalde,
José Manuel Domínguez Freitas
UNHA NOVA EXPOSICIÓN DE ARTE SACRO ACHEGA ATA A GUARDA A SEMANA SANTA BRACARENSE
A Exposición está organizada dende a Junta de Freguesía de Sao Victor de Braga.
 |
Datas Exposición: Do 10 ó 24 de abril.
Horario: De 10 a 13h. e de 17. a 20h. De Luns a Venres; De 10 a 13h. os sábados.
Este xoves 10 de marzo, inaugúrase no Centro Cultural da Guarda, a exposición "María Só María" da artista Adriana Henriques, composta por acuarelas e pasteis.
Esta exposición insírese dentro das diferentes actividades que dende a Junta de Freguesía de Sao Víctor de Braga, realizan para promocionar a Semana Santa Bracarense, unha das máis importantes e tradicionais en Portugal, que se caracteriza por un completo programa de "solemnidades". Procesións tan destacadas como a do ECCE HOMO, no Venres Santo ou a da NOSA SENHORA DA BURRINHA, o Mércores Santo, que representa a fuxida da Sagrada Familia a Exipto.
As diferentes rúas desta vila portuguesa engalánanse con luces e flores, con motivos alusivos a estas datas, e os tradicionais "Passos", altares de rúa, que complementan a suntuosidade das igrexas.
No acto deste xoves, ademais de presentar a exposición pictórica, teremos a oportunidade de coñecer, da man do Presidente da Junta de Freguesía de Sao Víctor, máis curiosidades sobre esta importante celebración bracarense. No acto estarán presentes o alcalde, José Manuel Domínguez Freitas, e o Concelleiro de Cultura D.Antonio Lomba Baz.
Visitas guiadas
Durante a semana Santa do 2014 o Padroado Municipal Monte Santa Trega volverá a ofrecer visitas guiadas gratuítas para todos aqueles que queiran achegarse ao monte e coñecer os seus valores arqueolóxicos, históricos e paisaxísticos.
As visitas faranse tódolos días excepto o luns dende o sábado 12 ata o domingo 20 de abril. Haberá 3 quendas de visitas ás seguintes horas:
- 12,30h da mañá: cunha duración de 1 h 30 minutos. O punto de encontro será no MASAT (museo arqueolóxico Santa Trega) que está no cumio e rematarase no castro.
- 16,00h da tarde: 30 minutos de duración. Punto de encontro no castro. Centrarase no xacemento arqueolóxico.
- 17,00h da mañá: cunha duración de 1 h 30 minutos. O punto de encontro será no MASAT cumio e rematarase no castro.
As visitas son totalmente gratuítas. Os visitantes só deberán abonar as taxas de acceso que son de 1€ os adultos e 0,50 € os nenos.
Ademais, lembrarvos que a partires do 1 de maio comezará no Trega unha nova campaña de actividades didácticas e obradoiros orientado a colexios.
Andaina
Celebrouse o pasado sábado a segunda andaina do Concello da Guarda con un éxito rotundo de participación, pois foron máis de 100 persoas as que disfrutaron dunha maravillosa ruta pola localidade ourensá de Melón. O río Cerves, coas súas fervenzas, o mosteiro e as Termas de Prexegueiro, onde os participantes que así o desexaron puderon relaxarse finalizada a ruta, foron os principais reclamos turísticos destes 18 km de camiñata.
FESTIVAL POÉTICO MUSICAL DO BAIXO MIÑO
Un centenar de persoas congregáronse o pasado sábado en torno ó Festival Poético Musical no Centro Cultural da Guarda. Música, poesía e danza foron os ingredientes que conformaron o evento organizado pola Asociación Poetas do Baixo Miño.
O Coro Cantabile abreu o acto, seguido polos nenos do colexio Padres Somascos: Iria Sanz Berridy, Marcos Baz Martínez, Blanca Martínez Salinas, Mario Fernández Baz, Lucía Baz González e Iria Peniza Rodríguez, que recitaron os seus propios poemas e estiveron acompañados polas alumnas do Conservatorio Elemental de Música da Guarda, Andrea Rey Vallarino (Violín) e Montserrat González Pérez (Viola).
As rapazas do grupo Xamaraina deleitaron ó público con dúas pezas de ballet inspiradas no mundo da poesía, e Emilia Rosende, Castor Rodríguez e Oliva María Pereira, poetas da nosa comarca, interpretaron as súas composicións. Como broche final, destacou a actuación do grupo de pandereteiras da Agrupación Cultural Guardesa.
Máis dun centenar de persoas acudiron ó festival benéfico "Martiño Estamos Contigo"
O pasado, venres 4 de Abril, levouse a cabo no Centro Cultural da Guarda o festival benéfico no que colabora o Concello da Guarda e que ten como protagonista a Martiño.
Martiño é un neno guardés, que con tan só 6 anos sufre unha das chamadas "enfermidades raras", o que que lle impide facer unha vida normal.
Centos de persoas acudiron a este acto solidario, que foi presentado polo párroco da guarda, Jesús García Villadonga, e que contou coas actuacións musicais do grupo Antorcha, Mª José Baz, o Coro Cantabile, o Cuarteto de Clarinetes da Banda Infantil da Guarda, Xerock e o Grupo Folk Loreira.
Ademais das actuacións musicais, proxectouse un vídeo con imaxes de Martiño, no que puidemos ver, como destacou Julia sobrino, "a unha nai volcada co seu fillo".
3ª Andaina Saudable Eurocidade - Trillo Alto da Capela Velha
Mañá sábado, 12 de abril, realizarase o terceiro sendeiro do programa de Andainas Saudables da Eurocidade Tui-Valença, nesta ocasión no municipio de Valença polo "Trillo Alto da Capela Velha".
Esta nova andaina terá unha distancia de 10 quilómetros, sendo a dificultade baixa, e cunha duración aproximada de catro horas.
O punto de saída será na igrexa de Gondomil, ás 10.00 horas españolas, tendo o punto de encontro alternativo, ás 09.40 horas españolas no aparcamento do Lidl de Valença.
En cada unha das andainas anteriores participaron máis de 170 persoas, polo que a Eurocidade Tui-Valença anima a todos os cidadáns de Valença e Tui a participar neste novo percorrido.
A programación do Teatro Municipal recibe o premio "Institucións Culturais" de AELG
A entrega do galardón será o 3 de maio en Pontevedra
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, AELG, concedeu o premio "Institucións Culturais" 2014 ao Programa anual de teatro do Concello de Tui recoñecendo o especial destaque ás artes escénicas. O galardón é compartido coa Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo polo programa de teatro Buxiganga e coa Área de Cultura da Deputación Provincial da Coruña polo Premio de Teatro Rafael Dieste, así coma co programa anual de teatro do Concello de Narón.
Con este premio a AELG destaca ás entidades que "contribúen á divulgación da lingua e da cultura galegas, e neste caso polo seu apoio ao teatro galego, que por extensión significa o apoio á normalización da cultural galega e do noso idioma".
A entrega do premio realizarase o sábado 3 de maio, no Teatro Principal de Pontevedra, no transcurso da Gala das Letras.
O Teatro Municipal de Tui cumpre este venres, 11 de abril, once anos dende a súa apertura. Neste tempo este espazo tense convertido nun referente tanto para o público, que acode fielmente aos espectáculos programados, coma para a crítica e as compañías teatrais. A programación realizada con carácter semestral é recollida na Axenda Cultural "Corredoira" así coma na web www.culturatui.info. Precisamente neste portal web o público pode mercar de xeito anticipado as entradas para os espectáculos previstos, vendéndose na actualidade o 40% das localidades por esta vía.
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, agradece á A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, AELG, a concesión deste premio, indicando que supón un recoñecemento ao traballo levado a cabo ao longo dos últimos once anos apostando por unha programación continuada, estable e de calidade. Nese senso quere agradecer o traballo realizado polo equipo do Teatro Municipal, que co seu esforzo e ilusión son unha peza fundamental no éxito deste espazo escénico. Igualmente quere salientar o labor realizado dende a concellería de Cultura, dirixida por Vanesa Rodríguez, mantendo, pese aos tempos difíciles que vivimos, a súa aposta decidida pola cultura.
O padeeiro Luis Fernández, do Club Piragüismo Penedo, Ouro na Copa de España de Slalom Olímpico
A pasada fin de semana (5/6 Abr)disputouse no río Tea, en Mondariz, a Copa de España de Slalom Olímpico, onde o Club Piragüismo Penedo competiu con varios dos seus padeeiros, acadando o oitavo posto na clasificación xeral, dun total de dezaseis clubs españois e tres portugueses.
Como resultados máis destacados, Luís Fernández, na categoría C1 Xuvenil, acadou a medalla de ouro, o que constata o excelente estado de forma de cara ao Campionato do Mundo de Slalom, que se disputará os días 24, 25 e 26 de abril en Australia. O padeeiro do club tudense emprendeu xa o viaxe a terras australianas xunto aos compañeiros e técnicos do equipo nacional xuvenil e sub23.
O Club Penedo acadou a medalla de prata na categoría C2 Sénior, cos padeeiros Marcos Fortes e Jonatan Calvo, destacando tamén a labor do infantil Miguel Ángel Oliveros, que aínda que non participou en competición oficial, demostrou que vai ser un padeeiro a ter en conta nas próximas probas.
O Concello de Tui felicita ao Club Piragüismo Penedo e aos seus padeeiros polos éxito na Copa de España, así como desexa moita sorte a Luís Fernández no Campionato do Mundo de Slalom.
O Obradoiro de Emprego de Tui clausurouse hoxe coa formación de 22 alumnos
Supuxo un investimento de máis de 300 mil euros, e rehabilitou a antiga Escola de Chans coma Viveiro de Empresas
Esta mañá tivo lugar a clausura do obradoiro de emprego "Tui Emprende 2013" no que 22 alumnos do Concello de Tui se formaron e participaron, durante os últimos 6 meses, na rehabilitación da escola de Chans de Randufe, futuro Viveiro de Empresas .
Cun orzamento de 305.000 euros, dos que 109.000€ foron aportados polo Concello de Tui e o restante pola Consellería de Traballo da Xunta, púxose en marcha este obradoiro o pasado mes de outubro coa finalidade de formar a desempregados e aumentar así as súas posibilidades de integración no mercado laboral.
Ao acto de clausura acudiron o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez,o concelleiro de Formación e Emprego, Jose Ángel Villaverde, os edís Nicolás Lorenzo, Olga Montes e Vanesa Rodríguez, así coma Carlos Vázquez Padín de C21, Telmo González de ALT e Enrique Cabaleiro, do PSOE, así coma persoal do obradoiro e o alumnado.
O concelleiro de Formación e Emprego, José Ángel Vilalverde, quixo agradecer o traballo, tanto do equipo coma do alumnado, nun inverno especialmente duro pola condicións meteorolóxicas e que, porén, non afectou a tenacidade de todos os integrantes do obradoiro que remataron, con éxito, a rehabilitación da Escola de Chans de Randufe na data prevista.
A directora do proxecto, Rosa Muiños, salientou a importancia de seguir investindo neste tipo de obradoiros xa que repercute tanto na formación da poboación, coma na mellora das condicións de vida e futuras oportunidades do alumnado, á vez que permite á cidade recuperar patrimonio de gran valor, que neste caso concreto, permitirá a futuros emprendedores comezar as súas iniciativas económicas neste novo Viveiro de Empresas.
Fixo fincapé no dobre valor que este curso ten para os participantes xa que ademais de aportarlle formación e experiencia profesional , apórtalles algo tan importante coma é a autoestima, característica esencial e condicionante dunha persoa á hora de afrontarse ao mercado laboral e aos ámbitos da vida en xeral.
A media de idade dos alumnos situouse nos 28 anos e todos eles levaban arredor dun ano desempregados. Divididos en dous módulos fundamentais de albanelería/carpintería e montador e instalador de mobles de carpintería, os eixos fundamentais de actuación foron a colocación de tabiqueiras, preinstalación de electricidade e fontanería, formación de solados, teitos e baños, colocación de carpintería nas portas de paso e dotación de mobles, finalizando así as obras xa iniciadas no anterior obradoiro Tui emprende 2012.
Pola súa banda, o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, expresou a satisfacción da realización deste tipo de proxectos xa que non forman so profesionais, senón tamén persoas, polo que anunciou, que presentaron xa ante a Xunta o proxecto dun novo obradoiros de emprego, agardando que sexa concedido proximamente.
350 PARTICIPANTES NA I TRANSGALAICA TUI 2014
 |
No dia 6 disputouse a I Transgalaica Tui 2014, na que 350 ciclistas tomaron a saída dende o entorno da casa cultural e o pavillón da Comunidade de Montes de Areas, organizado polo Club Ciclista de la Fuente e Team Relay, en colaboración co Concello de Tui e a Federación Galega de Ciclismo.
Nesta proba competitiva polos montes de Areas, Malvas e Pexegueiro, o claro dominador na categoría masculina foi Brandán Márquez, do Team Corbelo, por diante dos corredores do Club Ciclista de la Fuente, Javier Busto e o tudense Avelino Vaz.
Na categoría feminina, a ganadora foi Susana Alonso, do Extremadura MTB Team, seguida de Silvia Blanco Dosil e Silvia García Iglesias.
O Club Ciclista de la Fuente acadou a primeira posición na xeral por equipos, nunha proba que estivo apoiada pola Cruz Vermelha de Valença, Protección Civil e Policía Local de Tui, así como polos colaboradores do club organizador, e dos clubs ciclistas locais MTB Aloia e Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas.
O Concello de Tui felicita ao Club Ciclista de la Fuente e ao seu presidente Dean Flecher, pola perfecta organización desta primeira Transgalaica Tui 2014.
|