www.caminha2000.com - Jornal Digital Regional - - Semanário - Director: Luís Almeida

1ª Pág.
Cultura
Desporto
Óbitos
Política
Pescas
Roteiro
Ficha Técnica
Edições C@2000
Assinaturas
Email

Bibliografia histórica no Centro Cultural

Termina na próxima Terça-feira no Centro Cultural de A Guarda uma exposição de reproduções de livros e documentos históricos da Galiza, Portugal e Espanha.

As Cantigas de Santa Maria de Afonso X, o Códice Calixtino, primeiras edições de "Sempre em Galiza" e "Folhas Novas e obras de "D. Quijote" dos séculos XVIII e XIX, incluem esta mostra bibliográfica.


O BNG na Guarda presenta unha moción co gallo do 25 de novembro, día internacional contra a violencia machista.

O Grupo nacionalista considera imprescindible e prioritario actuar contra os recortes na protección das vítimas de violencia de xénero, tanto a nivel municipal como autonómico.

A violencia machista é a manifestación máis terríbel da desigualdade entre homes e mulleres que persiste na nosa sociedade. Unha violencia que conculca dereitos e pon en perigo a vida de moitas mulleres galegas. Dende o BNG lembran que son as administracións públicas as que teñen a obriga de poñer os medios para erradicar a violencia de xénero e protexer as vítimas.

A pesar dos esforzos realizados nos últimos anos, malia o desenvolvemento lexislativo, estamos a ver como o medre do paro e o desmantelamento dos servizos públicos está empobrecendo de xeito especial ás mulleres e afectando gravemente á nosa vulnerabilidade ante a violencia machista.

O acompañamento das mulleres para accederen aos recursos e nos procesos xudiciais é garantía de seguridade para elas e pode evitar que o medo, a presión, as faga volver co maltratador. O persoal especializado e o voluntariado que realizan estas funcións vese tamén afectado polos recortes das axudas aos concellos e outras entidades.

Para Hortensia García , concelleira do BNG na Guarda, " A dependencia económica é o maior dos obstáculos para as vítimas de violencia de xénero racharen coa relación que pon en perigo as súas vidas. Estamos a vivir recortes en programas e recursos imprescindíbeis para apoiar as mulleres que deciden dar o paso. A crise actual supón un freo para denunciar, pois a outros medos súmase o medo a non atopar emprego e verse sen recursos para sairen adiante, polo que dende o BNG consideramos que o goberno galego debera analizar as necesidades das vítimas de violencia machista, neste preciso momento, e aplicar as leis vixentes con máxima dilixencia."

No momento en que todas as asociacións de mulleres alertan con diferentes informes que "a crise supón un freo para denunciar, polo temor a non encontrar emprego e verse sen recursos para saíren adiante" sorprende que o goberno galego non analice as necesidades das mulleres que sofren violencia de xénero neste momento concreto e non aplique con dilixencia as leis vixentes.

BNG


NUNCA MÁIS BAIXO MIÑO FAI UN CHAMAMENTO Á PARTICIPACIÓN DA MANIFESTACIÓN DESTE DOMINGO EN VIGO

A Plataforma Nunca Máis Baixo Miño anima a toda poboación a asistir a manifestación que partirá da Praza dos Cabalos de Vigo ás 12 horas deste domingo día 1 de decembro.

Fronte á marea negra que cubriu o noso mar e as nosas praias, fronte á grandísima marea negra de mentiras que o petroleiro do Partido Popular verteu naqueles días, mesmo fronte ao tópico da resignación do pobo galego, Nunca Máis foi a resposta dunha sociedade viva, dun país que expresou así a súa carraxe, a súa indignación e a súa dignidade colectiva, un movemento social que puxo de manifesto a nosa propia forza como pobo e que nos fixo sentir o orgullo de pertencermos a un país que se chama Galiza.

Once anos despois da catástrofe do Prestige seguen a existir razóns para a indignación, a reivindicación e a contestación social: unha sentenza inxusta, medios insuficientes para enfrontar novas catástrofes marítimas, competencias en seguranza e salvamento marítimo que continúan nas máns de Madrid, un Goberno galego que contempla cos brazos cruzados como o noso país vai á deriva, un Partido Popular que aínda ten o rostro de insultar a intelixencia da cidadanía galega negando a evidencia da desastrosa xestión do accidente e as responsabilidades políticas de Aznar, Rajoy, Cascos, Arias Cañete, López Veiga, Fernández de Mesa, López Sors…

A Plataforma Nunca Máis acordou, por unanimidade, convocar manifestacións en todo o País este domingo día 1 de decembro.

Dende o Baixo Miño animamos a tódala sociedade a participar connosco neste acto de defensa da nosa dignidade.

BNG


SE INCORPORAN 20 NOVOS TRABALLADORES AO CONCELLO DE TUI

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, recibía hoxe aos 20 novos veciños da localidade que, grazas aos programas de cooperación que o Concello ten asinados coa Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia, reincorpóranse de novo ao mundo laboral.

Do Plan de Emprego da Deputación de Pontevedra contratáronse un total de 15 persoas, 4 ao abeiro do Plan de Cooperación da Xunta de Galicia e unha persoa como orientadora laboral.

Esta adhesión do Concello de Tui aos programas de emprego da Deputación e da Xunta son unha das iniciativas levadas a cabo polo goberno municipal no que a promoción de emprego se refire, invertindo un total de 180.000 euros no que vai de ano e que engloban un total de 90 contratos laborais a desempregados tudenses.

Así, por segundo ano consecutivo a organización municipal pon en marcha o Plan Local de Emprego cun investimento de 70.000 euros de fondos propios do Concello posibilitando a contratación de 11 desempregados para prestar servizos municipais .Súmese o Obradoiro de Emprego no que participan un total de 27 desempregados e outras actividades formativas levadas a cabo polo Concello foron a formación en electricidade e carpintería para un total de 32 alumnos.

O alcalde de Tui saudou persoalmente a este novos traballadores, de carácter temporal, do Concello tudense salientando o esforzo que realiza o grupo de goberno nesta materia.

Municipio de Tui


ACTIVIDADES DO CONCELLO DE TUI CO GALLO DO DÍA MUNDIAL DA SIDA

O Servizo de Prevención de Drogodependencias do Concello de Tui, co gallo do Día Mundial da SIDA que se celebra o 1 de decembro, desenvolverá diversas actividades de información sobre esta enfermidade a diversos sectores sociais do noso concello.

Así está previsto colgar unha pancarta na fachada da Area Panorámica, ofrecendo a información a todos os cidadáns sobre a SIDA. Ademáis desenvolvéranse nos Institutos de Tui, talleres para promocionar estilos de vida e formas de diversión saudables, desmitificar falsas crenzas e mala información, permitirlle aos individuos estar a cargo da súa saúde e non ser pasivos, fomentar no marco asociativo xuvenil o desenvolvemento de estilos de vida saudables e ofrecer formación acerca desta enfermidade.

O Servicio de Prevención das Drogodependencias do Concello de Tui, continuando con esta campaña, prepara esta fin de semana, en colaboración cos establecementos de ocio nocturno de Tui, o reparto de preservativos, carteis, dípticos e folletos informativos sobre esta enfermidade.

Municipio de Tui


O ALCALDE MOISÉS RODRIGUEZ E O DELEGADO TERRITORIAL DA XUNTA EN PONTEVEDRA VISITAN AS OBRAS INICIADAS NO PARQUE EMPRESARIAL DE AREAS

O alcalde Tui,Moisés Rodríguez, xunto co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitaba hoxe as obras de "Mellora do acceso ao parque empresarial de Areas: creación de rotonda e renovación de pavimento" que comezaban a principios deste mes .

O alcalde e o delegado territorial achegáronse ao lugar onte se están levando a cabo os traballos que contan cun presuposto de 143.000 euros, subvencionados ao 80 % grazas a unha achega da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia que conta co finanzamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), aportando o Concello dos seus fondos 28.000 euros.

O goberno local busca con este investimento mellorar a seguridade vial no acceso ao parque empresarial debido ao elevado número de persoas e automóbiles que circulan diariamente no polígono industrial, así coma facilitar unha mellor comunicacicón na parroquia de Areas, concretamente no barrio de Anta.

As obras céntranse na creación dunha rotonda no cruce de acceso ao parque empresarial e a renovación do pavimento do mesmo vial que é punto clave de tránsito continuo de automóbiles e camións.

Municipio de Tui


Ata 90 persoas teñen sido contratadas ao abeiro destas políticas activas de emprego

O GOBERNO MUNICIPAL TUDENSE LEVA ACHEGADOS NESTE ANO MÁIS 180.000 EUROS NA PROMOCIÓN DO EMPREGO

Unha achega só no ámbito do Plan Local de Emprego e o Obradoiro de Emprego

O Concello de Tui leva investido neste ano 2013 mais 180.000 euros na realización de diversos programas de promoción do emprego que supoñen a realización de ata 90 contratos de traballo a outros tantos desempregados tudenses.

Así o Concello de Tui impulsa por segundo ano consecutivo Plan Local de Emprego que supón un investimento de 70.000 euros de fondos propios do Concello e posibilita a contratación de 11 desempregados para prestar desenvolver servizos municipais.

Por outra banda, o Obradoiro de Emprego permite que un total de 27 desempregados, que inclúe 22 alumnos e cinco persoas do equipo directivo, desenvolvan un traballo de formación centrado na culminación das obras da antiga escola de Randufe para a súa conversión en "Viveiro de empresas". Neste Obradoiro do Emprego a achega municipal acada os 115.00 euros.

Igualmente o Concello de Tui acolle ao abeiro dos programas de cooperación que ten asinados coa Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Pontevedra un total de 19 traballadores que se incorporan temporalmente ao Concello de Tui.

Tamén este Concello promove diversas accións de carácter formativo dirixidas a desempregados para mellorar a súa cualificación profesional e habilitalos para unha mellor inserción no mercado laboral. Así neste ano se desenvolveron os cursos de electricidade, con 15 persoas en formación, e carpintería no que participaron ata 17 desempregados.

Finalmente tamén a oferta de prazas e carácter temporal que realiza anualmente o Concello supoñen unha ampla oferta de acceso a un posto de traballo na administración municipal.

O Concello de Tui non presentou candidatura a unha subvención da Consellería de Traballo e Benestar para a posta en práctica de programas integrados para o emprego pois os técnicos municipais valoraron como problemáticas algunhas das obrigas a asumir polo Concello como era a contratación dun terzo dos participantes nestes programas o que resultaba inviable a este Concello.

O goberno municipal tudense traballa arreo no ámbito do emprego e da formación como queda testemuñado nos importantes investimentos que dedica a esta materia e dos que se benefician un importante número de cidadáns.

Municipio de Tui


OCONCELLO DE TUI E A CAMARA DE VALENÇA DISTRIBUIRÁN O LIBRO DA EUROCIDADE A CAMBIO DUN PAQUETE SOLIDARIO DE NADAL

O Concello de Tui e a Cámara Municipal de Valença teñen acordado proceder á distribución entre os veciños de ambas cidade do libro turístico sobre a Eurocidade recentemente editado a cambio dun paquete solidario de Nadal destinado a aqueles veciños con menores posibilidades económicas.

Deste xeito ambos municipios procederá á entrega dun exemplar do libro a cada veciño interesado que, presentando o seu documento de identidade, achegue un lote de produtos navideños que logo serán distribuídos polos servizos sociais de ambos concellos.

Con esta medida preténdese asegurar que esta publicación poida chegar a todos os veciños interesados na súa adquisición.

Cada municipio procederá á distribución dun lote de 300 exemplares destinado a esta finalidade e se realizará os días 2 ao 6 de decembro na Casa do Concello de Tui (en horario de 09,00 a 14,00 h.) e no Pazo Municipal de Valença.

Con esta medida os rexedores de Valença e Tui queren garantir o acceso de todos os veciños interesados a esta publicación expresando a solidariedade cos mais desfavorecidos.

Municipio de Tui


Avelino Martínez, policía local do Concello de Tui, medalla de prata no Campionato de Judo de Portugal

A pasada fin de semana celebrouse no pavillón multiusos de Odivelas (Portugal) o Campionato de Judo de Portugal, onde o policía local tudense Avelino Martínez acadou a medalla de prata na categoría de - 81 kg (50-54 anos).

Avelino Martínez, que nesta tempada participa nas filas do Judo Clube Valença, competiu contra os mellores judocas nacionais, e tras un duro combate contra quen se converteu ao final en campión, logrou o subcampionato portugués na súa categoría máster.

Este non é o primeiro éxito de Avelino Martínez no mundo do judo, dado que xa acadou dúas veces o Campionato de Europa de Policías e Bombeiros (EUROPOLYB), competición na que nas súas últimas participacións conquistou seis medallas de ouro e dous de bronce.

O Concello de Tui desexa felicitar a Lino Martínez polo éxito acadado neste campionato, así como o anima a seguir adestrando de cara as próximas probas nas que participe.

Municipio de Tui


CLAUSURA DO CURSO PARA MULLERES DESEMPREGADAS QUE A REDE CEDIM IMPARTIU EN TUI

A 25 de novembro teve lugar a clausura do curso para mulleres desempregadas que a Rede CEDIM levou a cabo en Tui neste mes de novembro. Ao acto acudiu a secretaria seral de Igualdade Susana López Abella, acompañada polo alcalde de Tui Moisés Rodríguez, a concelleira de Servizos Sociais e Muller, Olga Montes, e o concelleiro de Formación e Emprego Jose Ángel Villaverde Rocha, quen facían entrega dos diplomas acreditativos do curso impartido .

Un total de 20 mulleres recibiron esta formación gratuíta encamiñada a mellorar as súas posibilidades para atopar emprego . Cunha carga lectiva de 40 horas, a impartición do curso dividiuse en dous módulos principais: formación en detección de oportunidades de emprego e formación en mellora das habilidades sociais e comunicativas.

Logo de escoitar as valoracións e peticións finais das alumnas asistentes ao curso, a secretaria seral de Igualdade comprometeuse a por en marcha un novo módulo formativo en Tui, desta vez de alfabetización dixital, dirixido tamén a mulleres, co fin de aumentar a formación básica das aspirantes para a súa reincorporación ao mundo laboral.

Municipio de Tui


CURSO DE ESPAÑOL PARA INMIGRANTES

A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Tui desenvolverá un curso de Español para inmigrantes ata o 19 de decembro. Repartido nun total de 20 horas, 16 alumnos, todos eles homes marroquís residentes en Tui, participarán neste obradoiro formativo .

Esta actividade está financiada integramente polo Concello co fin de favorecer a integración social das persoas inmigrantes que se atopan nunha situación de especial vulnerabilidade , agravada pola barreira que supón o descoñecemento do idioma para a comunicación ou calquera actividade diaria.

Este curso está organizado dende a Oficina de Atención ao inmigrante e emigrante retornado dos servizos socias do Concello de Tui, que dirixe a Concelleira Dorinda Olga Montes Moldes.

Os obxectivos do curso son dotar os alumnos de recursos comunicativos necesarios para que se desenvolvan en situacións sinxelas da vida cotiá e intercambien información básica, favorecer a comprensión da lingua e cultura española para axudar a súa integración e desenvolvemento no entorno no que viven.

Municipio de Tui


A Gala do Piragüismo Galego recoñece a Iván Alonso, Rubén Millán e ao Club Kayak Tudense como os mellores do 2013

O pasado sábado celebrouse no auditorio do edificio da Xunta de Galicia en Monteporreiro (Pontevedra) a gala do piragüismo galego, no que recoñecéronse aos mellores padeeiros do presente ano, así como aos campións das distintas ligas disputadas ao longo do 2013.

O padeeiro tudense Iván Alonso foi declarado mellor deportista masculino, polas medallas de ouro no campionato do mundo de maratón en K2, campionato de Europa de maratón en K1 e K2, e pola medalla de prata en K1 no campionato do mundo.

O Club Kayak Tudense recibiu o galardón ao mellor club galego, sendo gañador da XVIII Liga Galega de pista, e Rubén Millán foi nomeado mellor deportista promesa do presente ano.

O Concello de Tui felicita a Iván Alonso e Rubén Millán por estes galardóns acadados nesta magnífica tempada, así como á xunta directiva e adestradores do Club Kayak Tudense, dado que un ano máis demostran ser o mellor club galego e un dos mellores nacionais.

Municipio de Tui


Edições C@2000
Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais