www.caminha2000.com - Jornal Digital Regional - - Semanário - Director: Luís Almeida

1ª Pág.
Cultura
Desporto
Óbitos
Política
Pescas
Roteiro
Ficha Técnica
Edições C@2000
Assinaturas
Email

O BNG solicita a mellora do servizo de urxencias na Guarda con presenza continuada de persoal médico

O Bloque Nacionalista Galego Considera que o Punto de Atención Continuada da Guarda, que debe atender as urxencias cando o Centro de Saúde está pechado, conta con recursos a todas luces insuficientes en medios e persoal.

O feito de que o persoal médico de urxencias se reduza a unha soa persoa implica que se ésta ten que desprazarse ao domicilio dunha persoa doente ou ten que acompañar a alguén na ambulancia até o Hospital, o servizo de urxencias pode quedar incluso durante horas sen atención médica.

Dende o BNG lembran que este servizo debe cubrir todas as urxencias médicas dos concellos da Guarda, O Rosal e Oia, polo que debe atender a un elevado número de persoas (unhas 18.000), cifra que se multiplica nos meses de verán ao tratarse dunha comarca con grande afluencia de turismo.

Con esta situación danse casos de persoas que teñen que acudir ao servizo de Urxencias con necesidade de asistencia inmediata e vense obrigados a esperar ou desprazarse a Tui ou Vigo polos seus propios medios porque o médico se atopa fóra do centro no exercicio das súas funcións.

"Non podemos deixar de sinalar que os hospitais máis próximos están en Vigo, a 60 quilómetros, moitas das persoas que acoden ao servizo de urxencias non están en condicións de desprazarse ou non teñen medios para facelo" dixo ao respecto Xan Lois Lomba, Portavoz Municipal do BNG na Guarda.

Por este motivo a organización nacionalista ben de presentar unha moción no concello da Guarda para solicitar á Consellería de Sanidade que se garanta a presenza continua de persoal médico no Punto de Atención Continuada do Centro de Saúde da Guarda.

BNG


APRAZADA AO VINDEIRO DOMINGO 6 DE OUTUBRO A "FESTA NO PLACER: VIVE O CONXUNTO HISTÓRICO"

As previsións meterolóxicas aconsellan esta decisión

Baixo o lema "Festa no Pracer: vive o conxunto histórico" o Concello de Tui coa colaboración de varios locais da zona de intramuros organizaba este domingo 29 de setembro unha serie de actividades que terían lugar nas prazas do Pracer, a Armada, a Estrela e San Telmo. Esta actividade da continuidade a primeira festa celebrada no pasado ano co gallo dos 150 anos da urbanización desta praza e que contou cunha ampla participación popular, agora neste ano 2013 baixo o nome de "Festa no Placer" o Concello de Tui impulsa esta actividade de dinamización do conxunto histórico tudense.

Artesanía, gastronomía, folclore, concertos, espectáculo para nenos e visitas guiadas eran algunhas actividades programadas e que agora debido as previsións meteorolóxicas que anuncian chuvia para esta fin de semana se trasladan ao vindeiro domingo 6 de outubro.

O Concello de Tui agradece a comprensión de todos os participantes e colaboradores así como dos veciños en xeral por esta decisión.

Municipio de Tui


CONTINÚA ABERTA A MATRÍCULA DO GRAO DE PSICOLOXÍA NA AULA UNED DE TUI

A Aula UNED de Tui impartirá durante o Curso Académico 2013/2014 o primeiro e segundo curso do Grao en Psicoloxía.

A matrícula para realizar ditos estudos universitarios permanecerá aberta ate o 16 de Outubro.

Durante o curso académico 2013/2014, a Aula UNED de Tui impartirá o primeiro e segundo curso do Grao en Psicoloxía. O pasado 4 de Setembro, iniciábase o período de matriculación da oferta de Graos Oficiais da Universidade Nacional de Educación a Distancia que permanecerá aberto até o 16 de Outubro.

Todas aquelas persoas interesadas, poderán formalizar a súa matrícula a través de Internet ate dita data. Non obstante, quen desexe solicitar máis información poderá facelo a través da páxina web da UNED-Pontevedra (http://www.unedpontevedra.com), chamando por teléfono ao 986851850 ou dirixíndose ás instalacións do Aula UNED de Tui (rúa Antero Rubín s/ - antigo Convento de San Domingos). O horario de atención ao público é de luns a venres (excepto martes) de 4 a 8.

Municipio de Tui


Andaina Saudable no Río Xabriña - Covelo

O próximo domingo 29 de setembro realizarase unha nova andaina saudable organizada pola Eurocidade Tui-Valença, dentro do circuíto de andainas saudables da Eurocidade, que percorrerá a ruta do Río Xabriña, no Concello do Covelo.

A ruta ten como punto de inicio o lugar de Paraños, no concello de Covelo, onde comezamos e percorre polas parroquias de Paraños, Prado da Canda e Lamosa, situadas nun val que forma o río Xabriña, afluente do río Tea.

O percorrido que é circular de 10 quilómetros, con unha duración aproximada de 3 horas, ten como principal protagonista ao río Xabriña e algún dos seus regatos

Municipio de Tui


A XORNADA DE CULTURA XUDÍA CELÉBRASE EN TUI CON EXPOSICIÓNS E VISITAS GUIADAS DO VENRES AO DOMINGO

Mércores e xoves haberá visitas didácticas para escolares

A cidade de Tui acolle esta fin de semana a celebración dunha nova edición da Xornada Europea da Cultura Xudía na que se combinas diversas actividades: visitas guiadas e exposicións que contribuirán á difusión dos elementos patrimoniais existentes no noso municipio e relacionados coa presenza da cultura xudía na nosa cidade.

O programa abrangue as seguintes actividades
* Exposición: "Sefarad en Oriente, la diáspora sefardí en los Balcanes y Mediterráneo Oriental" de 17 de setembro a 15 de outubro en Sala Municipal de Exposicións, organiza Centro Sefarad-Israel
* Exposición sobre "Francisco Sánchez" en Oficina Municipal de Turismo. De venres 20 a domingo 29
* Mércores 25 e xoves 26: Visitas didácticas á colección de "Sambenitos" do Museo Diocesano de Tui para grupos escolares. Colabora Museo Diocesano.
* Venres 27: Visita guiada nocturna: "Convivencia e Inquisición", 21,00 horas. Inicio na "Porta da Pía"
* Sábado 28: Visita guiada polo Tui xudeu: 12,00 h. Inicio no barrio da Sarabia (Fonte Riomuiños)
* Domingo 29: 12,00 h.: Visita guiada polo Tui xudeu. Inicio adro norte da Catedral
18,30 h.: Visita polo Tui de Francisco Sánchez. Inicio na Praza de San Fernando

As diversas visitas guiadas, de similares características pretenden ofrecen alternativas horarias aos numerosos interesados nas mesmas e evitar asi un número excesivo de participantes que impide un desenvolvemento axeitado das mesmas. Amais o domingo esta xornada coincide coa celebración da "Festa no Pracer" que agrupa a diversas actividades no conxunto histórico tudense.

A Xornada foi lanzada en 1996 no Departamento Bas-Rhin (Alsacia, Francia), pola Axencia de Desenvolvemento Turístico de Bas-Rhin, conxuntamente con B'nai B'rith Hirschler de Estrasburgo, baixo a fórmula de "Portas Abertas". Á vista do gran éxito obtido, ano tras ano se foi repetindo e ampliando xeograficamente. A partir de 1999 la Xornada se estende por toda Francia, Alemania, España, Italia e Suiza. En 2000, once novos países contribuíron ao auxe europeo de esta iniciativa, convertida xa en Xornada Europea de la Cultura Xudía.

En 2004 creouse a Asociación Europea para a Preservación e Promoción do Patrimonio e da Cultura Xudeus (AEPJ), para coordinar o proxecto a nivel europeo. O evento foi adquirindo cada ano unha dimensión europea máis importante, tanto polo número crecente de países participantes, como pola crecente afluencia do público. En 2012 case 170.000 persoas participaron en más de 800 actividades organizadas en 24 países europeos.

O obxectivo principal deste evento é ofrecer ao gran público a posibilidade de descubrir o patrimonio histórico xudeu (sinagogas, cemiterios, baños rituais, etc.) e as tradicións xudías, e tamén promover e contribuír á conservación, do patrimonio xudeu como parte integral do patrimonio cultural de Europa.

Mención especial merece a exposición fotográfica " Sefardís de Oriente: a diáspora sefardí nos Balcáns e o Mediterráneo Oriental", de Casa Sefarad-Israel, que na Sala Municipal de Exposicións mostra fotografías das comunidades sefardís de Europa Oriental, doadas por particulares á organización Centropa, con comentarios do seus propietarios, nas que se pode entrever a vida cotián de ditas comunidades de xudeoespañoles.

Esta mostra recolle o traballo realizado pola institución privada Centropa, ubicada en Viena e dirixida polo norteamericano Ewar Serotta, que se dedica á recompilación e difusión de datos e información sobre o mundo xudío, en particular dos séculos XIX e XX.

O programa completo desta Xornada e de toda a Red de Juderías de España pódese consultar en liña en:

http://www.redjuderias.org/jecj/index_es.html

http://www.jewisheritage.org/jh/edjc.php?lang=1&e=

Municipio de Tui


OFERTA DE ACTIVIDADES DO DEPARTAMENTO DE PREVENCIÓN DO CONCELLO DE TUI

Arredor de 1600 alumnos de infantil, primaria e secundaria participaron no pasado curso escolar

Desde o Departamento de Prevención de Drogodependencias e outras Condutas Aditivas do Concello de Tui, oferta diversas actividades dirixidas aos alumnos dos centros educativos do noso municipio.

Asi para os alumnos/as de Infantil e Primaria obradoiros que pretenden sentar as bases para xerar actitudes xerais referidas á saúde, que van resultar moi positivas para continuar o traballo nas etapas posteriores.

Tamén poderán solicitar para o alumnado de primaria o programa "O Cine nas Aulas" este ano os alumnos/as de 1 e 2º ciclo traballarán sobre a película "Kirikú y la bruja" e os de 3º ciclo sobre a película "Os Goonies", esta última poderán visionala no Teatro da Area Panorámica.

Ademais destes programas tamén se ofrece, como en anos anteriores, o Programa de Prevención do consumo de drogas na escola da Consellería de Sanidade, "Saúde na escola"; aqueles profesores/as que o soliciten recibirán un Cd, con todo o material, ademais de contar coa colaboración da técnica de Prevención, tanto para solucionar calquera dúbida ou solicitar durante o curso a impartición dalgún contido do programa.

No pasado curso escolar participaron nas actividades deste Departamento municipal seis dos oitos centros escolares de infantil e primaria do noso municipio, con un total de 358 alumnos que asistiron aos obradoiros impartidos e 739 rapaces e rapazas que as sesións de "Cine nas Aulas".

Tamén no curso pasado desenvolveuse un amplo traballo cos centros de secundaria, realizando varios obradoiros que se trataron diversas temáticas coma as drogas, a Sida, a violencia de xénero, habilidades sociais coma a autoestima (mitos e crenzas sobre o alcohol, mitos e crenzas sobre o cannabis, publicidade enganosa, vivindo en Tolerancia, enfermidades de transmisión sexual, a mocidade fronte as drogas: "Nin bombeiros nin enfermeiras") que contaron coa asistencia dun total de 1380 alumnos/as.

Tamén no programa O Cine nas Aulas, participaron tamén os tres centros de Secundaria, cun total de 184 alumnos e 8 profesores, traballando dúas películas que puideron visionar na Teatro da Area Panorámica, as películas nas que traballaron foron "Cobardes" e " Thirteen".

Neste curso 2013-2014 os centros educativos do noso municipio poderán obtar ao mesmo tipo de Obradoiros e tamén a opción do Cine nas Aulas, coa proxección de duas películas. Os obradoiros os escollen os propios centros.

Os centros interesados poden dirixirse a este Departamento na Casa do Concello tudense que ofrece tamén asesoramento nestas materias,

Municipio de Tui


Iván Alonso dobre medallista nos Campionatos do Mundo de Maratón

" O padeeiro tudense logra o sábado a prata en K-1, e o ouro o domingo en K-2 xunto a Emilio Merchán
" O C-2 de Óscar Ferro e Ramón graña suman outro mundial para o Kayak Tudense.

O piraguismo tudense volta a estar de noraboa. Este fin de semana celebrábase en Copehaghe, o Campionato do Mundo de Maratón, onde Iván Alonso defendía o dobre título obtido o pasado ano en Roma.

Na regata de K-1 disputada o sábado, o noso padeeiro lograba a medalla de prata, sendo superado tan só nos derradeiros metros polo sudafricano McGregor. Foi unha competición na que someteron a Iván a un "severo marcaxe" pola súa condición de actuala Campión do Mundo. No derradeiro porteo fíxose a selección definitiva con McGregror, o británico e o tudense, que loitou ata o final polo campionato. O final tívose que conformar ca prata, un espléndido resultado tendo en conta a fortaleza amosada polo seu rival.

Xa o domingo a quenda era para os K-2. Aquí un ano máis as embarcacións españolas non deron opción. As parellas de Walter Bouzán/Álvaro Fernández Fiuza e Emilio Merchán/Iván Alonso, dominaron a competición de "cabo a rabo". Na última volta o gran ritmo de Emilio e Iván non puido ser seguido polos seus compatriotas facéndose co triunfo dunha forma moi clara.

Para redondear a actuación dos representación do Club Kayak Tudense, horas antes dous dos seus representantes, Ramón Ferro e Óscar Graña, revalidaban un ano máis o título, por diante do outro K-2 nacional de Campos e Romero.

Dende o Concello de Tui, quérese felicitar unha vez máis os nosos deportistas que seguen, co seu esforzo, traballo e, claro está, calidade, deixando o nome de Tui no máis alto alá onde compiten.

Municipio de Tui


Edições C@2000
Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais