www.caminha2000.com - Jornal Digital Regional - - Semanário - Director: Luís Almeida

1ª Pág.
Cultura
Desporto
Óbitos
Política
Pescas
Roteiro
Ficha Técnica
Edições C@2000
Assinaturas
Email

O TEATRO MUNICIPAL DE CUMPRE DEZ ANOS DE FUNCIONAMENTO

Ao longo desta década acolleu a case 220.000 usuarios

A 11 de abril o Teatro Municipal de Tui cumpriu dez anos de funcionamento converténdose no principal referente da actividade cultural no xa de Tui senón mesmo do territorio sur da provincia de Pontevedra e do Norte do Alto Minho portugués.

Este importante equipamento cultural ten aberto ás súas portas mais de 600 xornadas ao longo desta década acollendo todo tipo de eventos de caracter cultural e social. Dende a primeira representación da obra "Fausto" de Goethe este escenario se foi consolidando como un lugar de cita obrigada de todas as compañía de Galicia que valoran a calidade deste equipamento e a fidelidade do público que acude en grande número cunha media de máis de 300 espectadores por espectáculo. Esta complicidade do público é un dos principais valores que acadou o Teatro Municipal e que responde deste xeito á calidade e continuidade dunha programación xa consolidada.

A construcción deste Teatro Municipal entra dentro da rehabilitación do antigo edificio "San Paio" iniciada no mandato do alcalde Miguel Angel Capón Rey e culminada xa no período de goberno do alcalde Antonio F. Fernández Rocha, cando era concelleiro de Cultura Moisés Rodríguez Pérez, actual rexedor tudense. Neste aniversario cómpre salientar o importante protagonismo de D, Manuel Fraga Iribarne, daquela Presidente da Xunta de Galicia que asumiu con grande interese este proxecto, e diversos responsables institucionais que dende as súas áreas de goberno impulsaron a rehabilitación integral deste edificio: Victor Manuel Vázquez Portomeñe, José Cuiña Crespo (q.e.p.d.), Juan Miguel Diz Guedes ou Jesús Pérez Varela.

O Alcalde de Tui amosa a súa enorme satisfacción por este aniversario e polo traballo desenvolvido dende a concellería de cultura, tanto anteriormente baixo a súa responsabilidade como na actualidade coa dirección da concelleira Vanesa Rodríguez Pereira, e o equipo de persoal deste Teatro. Gracias a esta laboura o Teatro Municipal tudense é hoxe en día un dos espazos de referencia no ámbito cultural de Galicia e un orgullo para todos os tudenses, tanto pola calidade das súas instalacións como da súa programación.

Toda a información sobre a programación do Teatro Municipal de Tui está recollida na web www.culturatui.info . Na mesma pódense adquirir tamén as entradas para os diferentes espectáculos. En 2012 o 45,7% das localidades foron vendidas ao través deste medio.

Municipio de Tui


RESULTADO DO SORTEO DA CAMPAÑA DE PROMOCIÓN DA PRAZA DE ABASTOS

Entrega do segundo premio a Dona María González Martínez (ao non estar presentes no acto as gañadoras dos outros premios) pola concelleira responsable de Mercados e Praza de Abastos, Olga Dorinda Montes Moldes

A 12 de abril tivo lugar na Praza de Abastos de Tui o primeiro dos sorteos de cheques de compra entre os usuarios deste mercado que participan na campaña "Presume de Praceira/o".

O resultado do sorteo foi o seguinte
1º premio de 75 euros , a Dona Angeles Alen Alonso
2º premio de 50 euros, a Dona María González Martinez
3º premio de 25 euros a Dona Yoya Alonso Testa.

Esta campaña xorde coa finalidade de incentivar o consumo de produtos perecedoiros frescos e resaltar os valores de compra na Praza de Abastos e Mercados, así como a posta en valor de profesionalidade e bo facer do profesionais que traballan dia a dia na nosa Praza de Abastos. Está pois en desenvolvemento a terceira edición da campaña de promoción " PRESUSME DE PRACEIRO/A" organizada pola Conselleria de Economia e Industria coa colaboración do Concello de Tui.

O obxectivo desta acción promocional é implicar aos clientes do mercado na elección do que é, a xuízo destes usuarios, o mellor praceiro/a en función da calidade dos productos que ofrece no seu posto de venda e, especialmente sobre a base da ssúa profesionalidade, trato próximo e o seu labor de presceiptor diario respecto á súa clientela.

O próximo sorteo de cheques compra será o vindeiro dia 3 de maio de 2013 ás 10.30 horas.

Municipio de Tui


UNHA DELEGACIÓN TUDENSE VISITA A LOCALIDADE DE FRÓMISTA NESTA FIN DE SEMANA

Participan nas festas do "San Telmillo"

Unha delegación de veciños da cidade de Tui visitaran esta fin de semana a localidade de Frómista unida a Tui por un acordo de irmanamento dende o ano 1985. Nesta vila da provincia de Palencia naceu no século XIII San Pedro González Telmo.

Un autobús con mais de sesenta tudenses, encabezados polo Alcalde e outros concelleiros da Corporación Municipal, achéganse este sábado e domingo ata Frómista para participar nos actos festivos que culminan as festas na honra do noso común patrón San Telmo.

O acordo de irmamento coa localidade de Frómista está asinado no ano 1985 e dende aquela son numerosas as oportunidades en que tudenses e fromisteños se teñen atopado nalgunha das localidades compartindo a súa comúns devoción a San Telmo e os alongados lazos de amizade establecidos.

O programa previsto é o seguinte:

Sábado 13 de abril de 2013
12,00 h. Benvida oficial
14,00 h.: Comida popular "Paellada" cos veciños de Frómista Tarde: Visita guiada á Igrexa de San Martín, ao Museo Virtual "Vestigia, Leyenda del Camino" e Canal de Castilla.
23,00 h.: Verbena popular

Domingo 14 de abril de 2013
12:00 h. Santa Misa e cambio de Vítor acompañado polos Danzantes de Frómista
14,00 h.: Comida de irmandade
17,00 h.: Regreso a Tui

Para o alcalde de Tui esta viaxe era unha vella aspiración que pretende revitalizar o acordo de irmanamento existente entre Tui e Frómista e a alongada amistade que existe entre estas localidade e numerosos dos seus veciños.

Municipio de Tui


NOTA ACLARATORIA SOBRE O SUPOSTO PROXECTO DE EXTRACCIÓN DE OURO EN PINZÁS (TOMIÑO)

Ante a información aparecida en diversos medios de comunicación sobre o comunicado que fixo público a compañía canadense Medgold Resources de que tiña solicitado permisos para a exploración de ouro na parroquia de Pinzás (Tomiño), no que a compañía con sede en Vancouver da en chamar "Pinzás Gold Project", o goberno municipal do Concello de Tomiño quere manifestar o seguinte:

1) Non existe solicitude ningunha no Concello para a explotación dunha mina de ouro en Pinzás.

2) O Concello de Tomiño non ten coñecemento algún desa pretensión nin do chamado proxecto "Pinzás Gold Project".

3) A compañía Medgold Resources que anuncia ese suposto interese non se dirixiu en ningún momento ao Concello de Tomiño

4) Tras conversa telefónica realizada esta mañá coa Subdirectora Xeral de Recursos Minerais, Maria José Mijares Coto, maniféstanos que o que existe é unha solicitude de exploración diante da Xunta pero que en ningún caso está autorizada e que para autorizala precisarase de informe do Concello de Tomiño así como dos informes sectoriais pertinentes, e de trámite de exposición publica tal e como marca o procedemento administrativo.

5) Cando se lle pida informe, o Concello de Tomiño terá en conta o alto valor paisaxístico, medioambiental e patrimonial desa zona, e actuará coa premisa de que a existencia de recursos enerxéticos dunha zona ten que redundar en beneficio dos veciños e veciñas e non servir aos intereses económicos dunha empresa.

Municipio de Tomiño


O CONCELLO DE TOMIÑO REALIZA UN PARO SIMBÓLICO DE 17 MINUTOS EN SOLIDARIEDADE COS AFECTADOS POLAS PREFERENTES

A alcaldesa da vila leu un comunicado dando o apoio municipal aos estafados. Durante o acto, contouse coa presenza da Plataforma de afectados polas preferentes do Baixo Miño.

O Concello de Tomiño (Provincia de Pontevedra) realizou a 12 Abril un paro simbólico do 43% das dependencias municipais, como medida de apoio aos afectados polas preferentes.

A decisión tomouse tendo en conta a validación feita polo Congreso dos Deputados con respecto á aprobación do Real decreto lei 6/2013, que avanza na regulación xurídica, para que se poida aplicar unha quitación mínima do 43% para as participacións preferentes e subordinadas.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González Álvarez, convocou de urxencia aos medios de comunicación ás 11.43 horas a unha rolda de prensa na que a realizou unha declaración de solidariedade cos afectados (achégaseen arquivo adxunto texto completo do comunicado lido na ocasión). Durante o acto, contouse coa presenza da Plataforma de afectados polas preferentes do Baixo Miño .

Asemade, pechouse de forma simbólica entre as 11.43 e as 12.00 horas o 43% das dependencias municipais.

A alcaldesa explicou que a decisión de realizar este paro simbólico adoptouse "despois de se cometer un acto que xulgamos indigno e contrario aos intereses de veciños e veciñas do noso concello e do conxunto do noso país. Transmitímoslle así á cidadanía a nosa vontade de continuar a defender a modificación dunha lexislación e dunhas decisións políticas que tentan eliminar totalmente as nosas posibilidades de desenvolvemento".

Municipio de Tomiño


Andaina Saudable Eurocidade - Trilho entre Mosteiros

O próximo sábado 13 de abril ás 10.00 horas

O próximo sábado 13 de abril terá lugar a terceira andaina saudable da Eurocidade 2013, "Trilho entre Mosteiros" en Valença, organizada pola Eurocidade Tui-Valença.

Este trillo terá o seu inicio ás 10.00 horas españolas, dende o punto de encontro na Igrexa Matriz de Ganfei (Valença), tendo un percorrido de 14 quilómetros, cunha duración aproximada de cinco horas e sendo a dificultade moderada. Para todos aqueles que non coñezan o punto de encontro quedarase ás 09.50 horas españolas no parquing do Lidl de Valença.

Pódese seguir toda a información na páxina:

http://www.facebook.com/pages/Caminhadas-Saud%C3%A1veis-e-Andainas-Saudables/490178017705157

Puntos de encontro:
" Ás 10.00 horas españolas 42º 2' 20.31''N / 8º 37' 24.48''W
" Ás 09.50 horas españolas no parking do Lidl de Valença

Municipio de Tui


REMATA A VISITA DE DELEGACIÓN DE VERSMOLD QUE ASINOU O IRMANAMENTO CON TUI E PARTICIPOU NOS ACTOS FESTIVOS DE SAN TELMO

Esta mañá partiron da nosa cidade os integrantes na delegación oficial da cidade de Versmol que ao longo desta fin de semana participaron nos actos institucionais de sinatura do acordo de irmanamento con Tui asi como na programación dos festexos na honra de San Telmo, culminando coa súa participación na ofrenda ao patrón tudense celebrada no interior de Catedral ao no saír a procesión por mor da choiva.

A delegación estaba presidida polo alcalde de Versmold, Thorsten Klute, acompañado de concelleiros das diversas agrupacións políticas daquel municipio, por varios xornalistas locais e por diversos persoal daquel concello. Amáis da delegación oficial un grupo de case corenta veciños de Versmold, moitos deles emigrantes galegos, estiveron en Tui nestas xornadas efectuando o seu desprazamento nun autobús, entre eles os integrantes do equipo de fútbol "Español" de Vesrmold que disputou un partido co Tyde FC na mañá do pasado sábado.

A sinatura deste acordo de irmandade foi o acto central desta visita. Celebrado no Salón de Plenos da Casa do Concello na tardiña do pasado sábado 6 de abril foi logo expresado coa plantación dunha maceira doada polo municipio de Versmold e que foi colocada no inicio dos Xardíns de Troncoso.

O día anterior celebrouse un concerto na Sala de Audicións do Conservatorio Municipal de Música onde foron interpretadas diversas pezas musicais por alumnos dos centros docente musicais de Versmold e Tui que compartiron así a súa afección e as súas melodías.

Para o rexedor tudense, Moisés Rodríguez Pérez, o resultado desta visita é sumamente satisfactorio xa que mais aló da sinatura do acordo de irmanamento a poboación tudense acolleu moi favorablemente esta iniciativa, como foi posible comprobar no acto de sinatura cun Salón de Plenos ateigado de veciños e a abre posibilidades de colaboración en numerosos ámbitos de interese común: a música e o deporte, pero tamén a educación e mesmo en materia laboral.

A delegación de Versmold estivo acompañada en numerosos momentos por antigos emigrantes tudenses naquela cidade xermánica que gardan unha agarimosa lembranza da súa estadía naquela localidade coa que manteñen aínda numerosos lazos familiares e de amizade.

Municipio de Tui


3.600 persoas disfrutaron da programación celebrada no Teatro Municipal durante as festas de San Telmo

3.600 persoas disfrutaron da programación celebrada no Teatro Municipal durante as festas de San Telmo. O primeiro dos actos desenvolvidos neste espazo foi a Coroación das Raíñas e a lectura do pregón das festas a cargo de Rosendo Bugarín que congregou a máis de 500 persoas o sábado 30 de marzo.

Ao día seguinte, domingo 31, máis de 1000 persoas pasaron polo Teatro para presenciar o Festival Folclórico Festas de San Telmo.

Por outra parte dende o luns 1 ao sábado 6 de abril 1.625 espectadores disfrutaron da V Semana do Teatro Afeccionado cun máis que notable éxito de público.

Xa na fin de semana grande das festas o domingo 7 de abril a Banda de Música Popular de Tui ofreceu no Teatro Municipal un concerto que estaba previsto ao aire libre pero que por mor da choiva se tivo que trasladar a este espazo. Contou con 175 persoas de público.

E por último o luns 8 de abril, Luns de San Telmo, foron más de 300 as persoas que disfrutaron do concerto que ofreceu a Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín.

Dende a concellería de Cultura amosa a súa satisfacción por esta gran resposta do público as actividades celebradas durante as festas. Salientan amais a boa acollida que teñen as representación de teatro que realizan os distintos grupo de teatro afeccionado da cidade cunha media de 270 espectadores.

Lembran dende o departamento de Cultura que o próximo venres 19 de abril comeza a programación no Teatro Municipal na que haberá sete espectáculos ata o 24 de maio. Esa programación pode consultarse na Axenda Cultural Corredoira ou na web www.culturatui.info.

Municipio de Tui


NO PASADO MES DE MARZO SAIRON DE TUI 578 PEREGRINOS

É o segundo lugar de inicio de todos os camiños a Santiago

No pasado de marzo a cidade de Tui foi escollida por un total de 578 peregrinos para iniciar a súa peregrinación cara á Santiago de Compostela, sendo o segundo lugar de inicio da peregrinación en todos os camiños xacobeos, tras Sarria (Lugo).

A este continente de peregrinos que comezaron en Tui cabe engadirlles os 369 que escolleron a cidade de Valença. O que supón que un total 947 peregrinos dos 1487 que realizaron o itinerario do camiño portugués ao longo dese mes de marzo de 2013 iniciaron na nosa Eurocidade o camiño de Santiago.

Con estes datos facilitados pola Oficina de Estatística do Arcebispado de Santiago evidénciase, nunha nova oportunidade, a importancia que posúe a nosa cidade nos itinerarios xacobeos e como o Camiño portugués segue gozando dun alto atractivo para os peregrinos que percorren esta ruta histórica de peregrinación que ten en Valença e Tui o seu lugar de entrada en Galicia. Cabe destacar que os peregrinos reciben con sorpresa e fascinación a beleza da cidade de Tui, descoñecida para moitos. Os visitantes destacan a beleza paisaxística e a riqueza patrimonial da cidade como clave do seu encanto.

Para os responsables municipais estes datos testemuñan como a peregrinación xacobea é un recurso turístico e cultural de primeiro orde na nosa cidade pois aporta un importante número de visitantes que percorren as rúas do noso conxunto histórico. Tamén amosan a súa satisfacción pola consolidación da nosa cidade como a auténtica porta de entrada en Galicia do camiño portugués como ven reflectido nos datos estatísticos aportados. Os peregrinos que preparan o seu itinerario de peregrinación escollen a Tui como inicio do seu camiño ou como etapa do seu peregrinaxe tanto polos seus recursos turísticos, coa Catedral como gran atractivo, como polos servizos de atención aos peregrinos que oferta este municipio.

Municipio de Tui


O CLUB PIRAGÜISMO PENEDO ACADA TRES OUROS NA COPA DE ESPAÑA DE SLALOM OLÍMPICO

O Club Piragüismo Penedo participou a pasada fin de semana na Copa de España de Slalom Olímpico, no canal de slalom permanente do río Tea en Mondariz.

O club de Caldelas de Tui acadou tres ouros, o que fixo rematar o campionato na 6ª posición na clasificación por clubs, sendo o segundo mellor club galego.

Daniel J. Suárez-Llanos, na categoría C1 Sénior, Luís Fernández, na categoría C1 Cadete e o C2 Sénior de Marcos Fortes e Jonatan Calvo acadaron a medalla de ouro nesta competición.

Dende o Concello de Tui felicitan ao Club Piragüismo Caldelas por estes logros que testemuñan o importante traballo que esa entidade deportiva está realizando e o alto nivel do deporte tudense.

Municipio de Tui


Este domingo celébrase o I Gran Premio Cidade de Tui de Ciclismo en Ruta

Este domingo celebrarase en Tui o Gran Premio Cidade de Tui de Ciclismo en Ruta organizado polo Club Ciclista de la Fuente coa colaboración do Concello de Tui.

Esta proba deportiva foi presentada esta mañá polo alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, o presidente do Club Ciclista de la Fuente, Dean Flecher e o secretario deste club, Xavier Martínez.

O concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, manifestou a súa satisfacción pola colaboración que inician co Club Ciclista de La Fuente, indicando que poñen moita confianza neles e nesta proba que se celebrará o domingo. Lembraba o edil que hai anos en Tui as probas ciclistas tiñan moita tradición con persoas coma Colmenero, Máximo Rosada ou Manuel Martínez.

Solicitaba amais o edil de Deportes a colaboración cidadá xa que o domingo por mor desta proba ciclista cortaranse as rúas Coengo Valiño e a rúa nova.

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, deu a noraboa a este novo club pola organización desta proba agardando que o tempo acompañe e brindaba a colaboración do Concello a este colectivo. Lembrou tamén a existencia do Club Ciclista Tudense que colaboraba en eventos como a festa da bicicleta, salientando que o ciclismo ten en Tui gran tradición.

Dean Flecher, presidente do Club Ciclista de la Fuente, explicou que o club se creou hai 18 meses e esta é a primeira carreira que organizan, avanzando que teñen xa moitos plans para o futuro. Salientaba a importancia da colaboración tanto do Concello coma doutras entidades e dos patrocinadores. Avanzaba que esta vai ser unha proba espectacular. Comezará ás 10.45h no Paseo da Corredoira onde rematará ás 13h coa entrega de premios. O circuíto percorrerá as rúas de Tui pero se achegará tamén ata o Eiras o Rosal, Goián, Pexegueiro, Malvas e Tui centro, cu percorrido de 76 quilómetros.

Xabier Martínez, secretario do Club explicaba que a inscrición está aberta ata este venres en www.ccdelafuente.com , ou o propio domingo unha hora antes do comezo, coa salvidade de que se establece un máximo de 200 participantes. Explicaba tamén que haberá premios en meta volante, de montaña e ao mellor equipo.

Municipio de Tui


EDUCACIÓN FAMILIAR TRABALLA COS MAIORES NUN PROGRAMA DE FORMACIÓN E IGUALDADE DE XÉNERO

A iniciativa pretende establecer e coordinar uns criterios de xénero para impartir nos colexios e familias dende idades temperás

O departamento municipal de Educación Familiar impulsa unha nova fase do proxecto "Os Pinceis de Artemisia", unha experiencia de formación en temas de igualdade de xénero.

Seguindo as pautas do libro do mesmo nome publicado pola ONG InteRed, esta acción está dirixida ao grupo de persoas que participa no programa de maiores desenvolto polo Concello de Tomiño dende hai varios anos.

A educadora familiar, Isabel Ayán, explicou que esta primeira sesión, celebrada na mañá de hoxe, estivo centrada no tema dos "Coidados", dende a perspectiva dos maiores. Coordinados ademais por un equipo técnico de colaboradores da ONG InteRed, os participantes tiveron, en primeiro lugar, que lembrar e expresar como eran os coidados (e/ou as carencias neste aspecto) na súa infancia e xuventude. Coma tarefa para a próxima xuntanza, terán que aportar "unha historia de coidados" vivida nalgún momento das súas vidas.

A segunda fase da actividade consistirá en "construír" unha cámara de fotos de modo artesanal para tomar unha instantánea sobre o que para cada un, significa coidar (dos demais, dun mesmo, dos animais, da natureza, etc.).

A educadora familiar do Concello agradeceu o traballo desinteresado dos colaboradores e adiantou que está previsto celebrar tamén unha terceira fase, cun encontro interxeracional dos maiores e nenos de primaria de colexios da vila, co fin de realizar diversas actividades relacionadas cos coidados e coordinadas polo grupo de maiores.

Finalmente, habería unha posta en común do aprendido e exporíanse as conclusións alcanzadas sobre o significado dos coidados e prácticas desexables neste eido.

Municipio de Tomiño


O BNG renova os seus órganos de dirección no Baixo Miño

Xosé Manuel Méndez é reelixido Responsábel Comarcal do BNG no Baixo Miño e Marisa Guerra será a nova Vice-Responsábel Comarcal

A Asamblea de militantes do Bloque Nacionalista Galego no Baixo Miño ven de elixir o seu novo Consello Comarcal . O novo organismo, proposto por unanimidade do Consello Comarcal saínte, está formado por 14 membros e conta tanto con persoas de dilatada experiencia política e institucional -caso do propio Responsábel Comarcal, Xosé Manuel Méndez; Sandra González, Alcaldesa en Tomiño; Alberte Alonso, Portavoz Municipal no Rosal; Uxío Benítez, Tenente Alcalde en Tomiño ou Xan Lois Lomba, Portavoz Municipal na Guarda- coma con militantes nacionalistas que se integran por primeira vez nos órganos de dirección da organización -caso de Ana Bermejo, vencellada dende hai anos ao mundo asociativo ou Marisa Guerra, que ocupará o posto de Vice-Responsábel Comarcal.

A este Consello Comarcal sumaránse os/as Responsábeis Locais do BNG que resulten eleitos no proceso Asemblear que se realizará en cada localidade do Baixo Miño.

Na súa intervención na asemblea comarcal, que forma parte do proceso de renovación dos órganos de dirección do BNG logo da XIV Asemblea Nacional, Xosé Manuel Méndez referiuse á reafirmación do nacionalismo como unha verdadeira necesidade para Galiza e ao BNG como o mellor instrumento para o avance social da nosa nación: "Nuns tempos tan duros como os que estamos a vivir é cada día máis evidente que non é posíbel darlle saída á situación do sector agrogandeiro, pesqueiro, naval e industrial galegos sen poder de decisión como país, sen soberanía. Por iso resulta imprescindíbel o BNG, porque Galiza non pode saír da crise baixo os deseños de Madrid e da Troika; Galiza só poderá saír da crise se ten capacidade para decidir por si mesma o seu futuro".

O Responsábel Comarcal tamén fixo referencia á importancia do BNG nos concellos e puxo a Tomiño como exemplo do traballo que o Bloque Nacionalista Galego fai onde ten responsabilidades de goberno: "Mentres o resto dos concellos reduciron os seus orzamentos municipais para este ano, en Tomiño medraron un 12%; mentres nos outros concellos se segue unha política de recortes en Goián van crear a segunda Escola Infantil do Concello. Aí está a demostración de que existe outra forma de gobernar e así goberna o BNG"

BNG


Espectáculo "Cuerpo", que dirige Josué Álvarez, dia 13 em A Guarda

A Compañía de Danza que dirige Josué Álvarez presentara su Espectáculo "Cuerpo", el Sábado día 13 de Abril del 2013 a las 21 h les esperamos en el Centro Cultural de A Guarda. Organiza Asociación Studio 88, de A Guarda.

Desde la Asociación Studio 88, hemos querido dar un paso más, y coincidiendo con el 15 Aniversario. Studio 88 Refleja la evolución que ha ido teniendo al cabo de esta trayectoria artística. Un planteamiento que es tan necesario para nuestra sociedad, Josué Álvarez cuenta con otro equipo Artístico que dará a conocer ese mismo día.

Cuerpo es un espectáculo que trata de abarcar la danza con algunas variantes de distintas disciplinas. Es un espectáculo donde se mostrara la técnica donde el Cuerpo cobra la mayor importancia por que como toda persona que Baila es la canalización del Reflejo de Nuestro trabajo, con el que trabajamos diariamente, expresión corporal, sensaciones, emociones circunstancias de la vida cotidiana. La importancia de que cada persona sea libre e independiente, la importancia del respeto, la aceptación, el dialogo y saber pedir perdón. Al mismo tiempo que convivimos con los demás. Josué Álvarez agradece a cada una de las personas que han querido formar parte de este trabajo que presentaremos. Y quiere dedicarles las siguientes palabras, Os agradezco por compartir conmigo este arte después de la jornada de trabajo nos juntamos y os desplazáis de diferentes lugares, gracias por compartir cada día, en el que nos juntamos en cada ensayo. La confianza, el esfuerzo, y esa magia que se crea en cada ensayo que hace que este arte crezca, porque así lo sentís y con vuestra aptitud me lo demostráis. Gracias por a ver tomado esta decisión de querer contribuir vuestro espacio y a portar vuestro trabajo a la cultura Artística y Etnográfico. Agradecer al Recreo Artístico Guardés por permitir que ensayemos allí, al Concello de A Guarda y a otros establecimientos que han colaborado con nosotros. La entrada será Gratuita. Os esperamos.

Asociacion Studio 88



Edições C@2000
Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais