Jornal Digital Regional
Nº 591: 9/15 Jun 12
(Semanal - Sábados)






Email Assinaturas Ficha Técnica Publicidade 1ª Pág.
Cultura Desporto Freguesias Óbitos Política Pescas Roteiro

A DEPUTACIÓN DISCRIMINA Á GUARDA

O departamento de cultura da Deputación Provincial discrimina claramente ao concello da Guarda e aos grupos e asociacións culturais que, estando no plan cultural, contrata este concello.

A Deputación elabora anualmente un catálogo que detalla as subvencións que reciben os grupos e asociacións en cada actuación que realizan. O criterio que deben cumprir os contratantes, comisións, concellos e organizadores de eventos é solicitar a axuda con un mes de antelación. A Deputación valora o número de persoas ás que vai dirixida a actuación, a importancia e magnitude do evento e a adecuación aos intereses provinciais.

A pesar dos criterios de valoración mencionados a Deputación subvenciona ás actuacións contratadas polos concellos que teñen ás súas cores políticas e denega sistematicamente, a concellos como a Guarda, tódalas subvencións, sen especificar os criterios da negativa e nunca por escrito.

É máis, incluso subvenciona eventos que non se realizan. Mentres que no noso concello, xa sexa teatro, grupos de gaitas ou bandas de música, na Semana Santa, as festas do Monte, as alfombras ou a festa da Lagosta, négannos sempre a subvención.

A xente da Vila debe saber que existe esta discriminación, que son a eles, a quen en último termo discriminan. A Deputación debe saber que detrás dun goberno municipal hai cidadáns de todas ás cores políticas, que teñen o mesmo dereito a recibir axudas que os concellos veciños e que os cartos, aínda que os xestione a Deputación non son desa administración de dubidosa utilidade. Os cartos son nosos.

Pedimos, dende a Concellería de Cultura do Concello da Guarda, que á Deputación de Pontevedra retome a súa actitude e deixe de actuar de maneira discriminatoria cos concellos de distinta cor política. Todos os cidadáns teñen os seus dereitos goberne quen os goberne.

Antonio Lomba
Concelleiro de cultura do Concello da Guarda

O CONCELLO DE TOMIÑO ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O CAMPUS DE FÚTBOL ATA O VINDEIRO 15 DE XUÑO

O campus está organizado polo Concello de Tomiño e as Asociación Deportiva Tomiño F.C. Feminino, Tomiño A-I e Goián F.C.

O Concello de Tomiño abre o prazo de inscrición para o campus de fútbol que rematará o vindeiro día 15 de xuño.

Este ano o campus estará organizado polo Concello de Tomiño e as Asociación Deportiva Tomiño F.C. Feminino, Tomiño A-I e o Goián F.C. E celebrarase nos campos de fútbol municipais de "A Carballa" en Tomiño e o "Regatiño" en Goián.

Novamente o Concello de Tomiño aposta polo campus de verán visto o éxito do ano pasado no que participaran máis de 150 nenos e nenas de Tomiño. Este ano ofértanse 200 prazas dirixidas a nenos e nenas de entre 4 e 16 anos.

As datas do campus son do 16 ao 28 de xullo en horario de 10h00 a 13h30. O prezo da actividade é de 55 euros con desconto se se inscriben máis dun membro dunha mesma familia.

Os obxectivos deste campus son por un lado desenvolver aspectos técnicos de xogo e por outro lado actitudes adecuadas aos xogo en equipo como o respeto, unión ou comunicación.

A Concelleira de Deportes, Cristina Martínez, enfatizou a labor das tres asociacións que participan no campus e resaltou "o seu espíritu de compromiso e de mellora. Este ano ademáis puidemos mellorar aspectos con respeto a pasada edición grazas as enquisas que se cubriron ao finalizar o campus 2011. Ademáis, todo o material a empregar durante a actividade vai ser mercado integramente nos establecementos de Tomiño".


O CONCELLO DE TOMIÑO E A COMUNIDADE DE MONTES DE TOMIÑO ACONDICIONAN O TORREIRO DO ÁRBOL EN VILACHÁN.

A obra requeriu unha inversión de 45.000 euros.

O Concello de Tomiño e a Comunidade de Montes de Tomiño están ultimando o acondicionamento do Torreiro do Árbol no barrio de Vilachán en Tomiño.

A obra está cofinanciada polo Concello de Tomiño e a Comunidade de Montes de Tomiño cun orzamento total de 45.000 euros. O Concello aportou 30.000 euros que xa foran orzamentados no exercicio deste ano 2012, e a Comunidade de Montes fíxose cargo do restante, 15.000 euros.

A obra consistiu no acondicionamento do torreiro para o que se fixo unha recollida de augas, entre outras cousas. Ademáis delimitouse o perímetro con pedra e se colocaron bancos. Co fin de facer deste espacio un lugar de lecer para pequenos e maiores tamén se instalou un parque infantil e un biosaudable.

Vilachán é un dos barrios, dos trinta que ten a parroquia de Tomiño, con máis de poboación e que nos últimos anos viu incrementada o número de veciños e veciñas.

A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, considera que "esta obra é un exemplo de colaboración entre o Concello e a Comunidade de Montes coa que todo o mundo sae beneficiado. Agardamos seguir traballando en equipo coas comunidades de montes e artellar conxuntamente iniciativas nas parroquias".

Concello de Tomiño

AMPLIADO ATA O 8 DE XUÑO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO CONCURSO DE DECORACION DE BALCÓNS E VENTÁS DO CONXUNTO HISTÓRICO

Ata o vindeiro venres 8 de xuño poden inscribirse todas as personas interesadas em participar no concurso de decoración de balcón e xanelas do conxunto histórico de Tui que promoven as concellería do conxunto histórico e a concellería de Parques e xardín, coa colaboración das Floristerias tudense "La Flor" e "Rita" e a "Fototeca", ampliando nunha semana o prazo que remataba o pasado 31 de maio.

Esta iniciativa é, en palabras do concelleiro Nicolás Lorenzo Montes, unha proposta para humanizar as rúas da zona monumental tudense promovendo a implicación dos seus habitantes na conservación e promoción deste conxunto patrimonial. Como sinalan as bases do certame "preténdese chamar a atención sobre a contribución que os cidadáns residentes neste ámbito histórico poden realizar á mellora estética das diversas rúas e prazas, incrementado a calidade ambiental. A ornamentación de balcóns e ventás testemuña a implicación dos veciños no incremento da calidade estética deste espazo patrimonial e incrementa o seu valor".

Poden participar todos os veciños do ámbito do conxunto histórico para o que compre inscribirse ben no Concello ou nos establecementos colaboradores; unha vez realizar esta seralles entregado un distintivo que deber permanecer xunto ao balcón ou ventá participante entre o 8 de xuño e o 27 de xullo.

O xurado terá en conta entre outros, os seguintes criterios:
" O estado de conservación e mantemento do balcón
" A orixinalidade da ornamentación e a innovación dos elementos accesorios
" A harmonía no crecemento das plantas
" A combinación de cores e o seu valor estético
" A variedade, calidade, perdurabilidade e innovación dos elementos vexetais

Os premios establecidos neste primeiro concurso son:
" 1º premio. Diploma, cheque de 200€ e cheque de compra de plantas e materiais de xardinería por valor de 100€
" 2º premio. Diploma, cheque 100€ e cheque de compra de plantas e materiais de xardinería por valor de 75€
" 3º premio. Diploma, cheque de 50€ e cheque de compra de plantas e materiais de xardinería por valor de 50€
" Premio Especial ó mellor establecemento de hostalería. Diploma e cheque de compra de plantas e materiais de xardinería por valor de 60€.

A concelleira de parques e xardíns, Olga Montes, en nome do Concello e xunto aos establecementos colaboradores animan a todos os veciños e aos establecementos comerciais a participar nesta iniciativa que promove potenciar esta zona histórica tudense cun valor engadido, como é a decoración foral que incrementa a beleza deste espazo monumental, que será un novo valor que xustifique unha visita á nosa cidade e, sobre todo, faga máis agradable a vida nas rúas históricas de Tui.


O ALCALDE DE TUI PROPORÁ AO PLENO DEDICARLLE UNHA RUA AO MÉDICO E FILÓSOFO FRANCISCO SÁNCHEZ

O Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, realizará unha proposta ao Pleno da Corporación Municipal para que acorde dedicarlle unha rúa da nosa cidade ao médico e filósofo Francisco Sánchez, nado na nosa cidade en 1550 e cuxa obra filosófica está considerada como unha das máis relevantes da filosofía moderna.

Esta decisión ven motivada porque o pasado 30 de maio o Diario Oficial de Galicia publicaba a Orde da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia pola que autorizaba, á solicitude do Consello Escolar do centro, o cambio de denominación do IES "Francisco Sánchez" que pasará denominarse de agora en diante IES "Indalecio Pérez Tizón".

Con esta decisión, sinala o rexedor tudense, un dos máis egrexios persoeiros nado en Tui, Francisco Sánchez fica, na súa cidade natal, sen unha mínima referencia que faga xustiza á súa memoria e a súa singular achega á historia da filosofía.

Este Concello de Tui ven traballando, nos últimos anos, na recuperación da súa figura coa celebración de diversas actividades arredor de Sánchez: ciclo de conferencias en 2006 con exposición, diversas actividades nas Xornadas Europeas da Cultura Xudía ou recentemente a culminación do proxecto realizado pola Fundación Ignacio Larramendi, coa colaboración da Fundación Mapfre e o Concello de Tui de edición da Biblioteca Virtual Francisco Sánchez.

Nesta liña de difusión da vida e da obra de tan singular personalidade e dada a decisión anteriormente comentada cómpre que este tudense universal, que logo case cinco séculos segue suscitando o interese pola súa obra filosófica, posúa na nosa cidade una recoñecemento e lembranza da que é merecente e confía que o acordo da Corporación Municipal sexa unánime neste sentido.


PRESENTADO ESTA MAÑA O CENTRO DE DINAMIZACIÓN INTEGRAL DE MULLERES DE TUI

Esta maña foi presentado, no Salón de Plenos da Casa do Concello de Tui, o novo Centro de Dinamización Integral de Mulleres que con caracter transfronteirizo comezou a funcionar na nosa cidade hai escasamente un mes. A presentación correu a cargo do alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, a concelleira de Servizos Sociais, Olga Montes Moldes e o técnico do CEDIM, David Lorenzo Ramos.

O CEDIM é un Proxecto europeo, que pretende promover redes de cooperación transfronteiriza, coa creación dun Centro para a Dinamización das Mulleres, de ambos lados da fronteira. Este Centro pretende optimizar os recursos e impulsar políticas de igualdade, formando así un novo servizo compartido da Eurocidade Tui-Valença, pero cunha vocación de atender ás mullres do Baixo Miño e outras comarcas de Galicia e da zona do Alto Minho portugués. Ademais dos Centro de Tui existen outros nos Concellos de A Cañiza, Monterrei e Vila Verde.

As entidades responsables deste Proxecto son a Secretaría de Igualdade da Xunta de Galicia, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, a Comissâo para a Cidadanía e Igualdade de Género de Portugal e a Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia. Este proxecto está cofinanciado nun 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2007-2013, e nun 25% polas entidades responsables. O Concello de Tui tamén colabora neste proxecto, facilitando as instalacións e os medios necesarios para levalo a cabo.

O noso principal obxectivo, sinalou o responsable do centro David Lorenzo, é promocionar o principio de igualdade de oportunidades, mediante un servizo de atención integral. Sensibilizando á sociedade da necesidade de erradicar as trabas de igualdade e problemas como a violencia de xénero. Incentivar ás mulleres na defensa dos seus dereitos e as súas posibilidades para atopar traballo, mediante formación continua. Neste eido tamén queremos fomentar o autoemprego e emprendurismo.

Amais o Cedim pretende ser unha canle de coordinación entre os diferentes organismos e recursos de que dispoñen as mulleres. Finalmente aspiran ao desenvolvemento dunha plataforma web de promoción da incorporación das mulleres ó mercado laboral.

Para acadar éstes obxectivos as funcións a desenvolver son moi variadas:
- A principal é axudar na busca activa de emprego orientando e formando ás mulleres.
- Ofrecer atención social, valorando as demandas e derivando ós departamentos específicos
- Asesoramento xurídico en todos os temas relacionados coa muller: familia (divorcios, custodias, pensións...), laboral, mercantil, civil, penal...
- Fomentar o asociacionismo e o autoemprego, asesorando na súa constitución e axudando na procura de axudas e subvencións.
- Informar e tramitar dos recursos e axudas dispoñibles, sobre todo nos casos de violencia de xénero.
- Realizar un seguimento personalizado das usuarias e as súas necesidades, para garantir a efectividade das actuacións propostas.

O Cedim atende ao público no primeiro andar do Edifico Área Panorámica, con entrada pola parte traseira do edificio, en horario de lúns a venres de 09,00 a 13,30 horas.

EXPOSICIÓN CONMEMORATIVA DO 20 ANIVERSARIO DA ASOCIACIÓN DE AMAS DE CASA DE TUI

Está patente na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui unha exposición conmemorativa do 20 aniversario da Asociación de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios de Tui. O acto contou coa presenza do Alcalde tudense, Moisés Rodríguez Pérez, e as responsables de Xunta Directiva da asociación tudense.

Elisa Fernábdez de las Heras falou en nome da asociación agradecendo o traballo desenvolvido ao longo destes anos por todos os socios e a súa implicación no traballo asociativo. O rexedor tudense felicitou a este colectivo polo seu labor que chega a numerosos veciños de Tui e a súa contorna, polo seu dinamismo pois son numerosas actividades que realizan periodicamente e polo seu entusiasmo e ilusión logo de dúas décadas de traballo.

Nesta exposición podemos contemplar unha escolma dos diversos obradoiros que desenvolve a Asociación tudense: : pintura, que dirixe Carmen Gallego, tapicería, que dirixe Berta Ramilo, e bordados, que dirixe Marisa Pereira.

A exposición destes traballos estará aberta ao público na Sala Municipal de Exposicións do Concello tudense ata o vindeiro 16 de xuño.


PRESENTADA A 1º EUROCIDADE 10, A CARREIRA POPULAR ENTRE TUI E VALENÇA DE 10 QM DE PERCORRIDO A CELEBRAR O DOMINGO 17 DE XUÑO

Foi presentada no Centro Interfederado de Tui a "1ª Eurocidade 10" unha carreira popular organizada polo Club Atletismo Tui-Thermalia en colaboración co Concello de Tui e a Cámara Municipal de Valença e que O domingo 17 de xuño reunirá nesta Eurocidade a numerosos afeccionados ao atletismo de Galicia e o Norte de Portugal.

No decurso da presentación participaron o Presidente do Clube de Atletismo Thermalia Tui, Rafael Pérez, os concelleiros de Tui e Valença, Nicolás Lorenzo e José Monte, xunto ao Presidente da Camara de Valença, Jorge Mendes e o Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez.

Os presentes informaron que esta carreira nace con vocación de continuidade estando previsto que nos anos pares a saída e chegada será en Tui e namentres que nos impares terá lugar en Valença.

O circuíto constará de 10 qm. nesta 1ª edición a saída será de Tui pasando pola Ponte Internacional, Valença do Minho e volvendo a Tui, nun percorrido que combina o patromonio histórico e natural.. A saída darase o domingo 17 de xuño ás 11 a.m. dende a Corredoira de Tui, quedando a meta instalada no mesmo punto. o tempo máximo de duración da proba será de 1 hora 30min.

Os participantes recibirán os dorsais e un chip, que controlará o tempo, e que serán entregados o día da proba a partir das 09:00h. ata as 10:30h, é dicir, 30 min. antes do comezo da mesma. para retirar o dorsal e o chip é obrigatorio presentar o d.n.i. ou pasaporte. Ao finalizar cada unha das probas é obrigatorio a entrega do chip nunha zona habilitada tras cruzar a liña de meta.

Existen varias categorías:

A inscrición está aberta ata o vindeiro 13 de xuño e se realiza exclusivamente on-line a través da páxina www.championchipnorte.com. E custa 4 euros por persoa.

Os organizadores agradecen a colaboración de diversas entidades públicas e privadas e confina en acadar os cincocentos participantes neste primeira edición da Eurocidade 10 o vindeiro domingo 17 de xuño.


A CONCELLERIA DE SERVIZOS SOCIAIS INFORMA QUE ESTÁ ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DO "CHEQUE INFANTÍL"

A concelleira de servizos sociais do Concello de Tui informa que ata o vindeiro 30 de xuño está aberto o prazo para solicitar as axudas económicas para atención da primeira infancia en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos a través do programa "Cheque infantil" segundo a Orde da Xunta de Galicia publicada no Diario Oficial de Galicia so pasado 30 de maio.

Estas axudas económicas están destinadas para a atención de nenos/as de 0 a 3 anos en escolas infantís, non sostidas con fondos públicos por un período máximo de 11 meses. Poderá eximirse do límite de idade os nenos con discapacidade física, psíquica ou sensorial susceptibles de integración, logo do informe do equipo de orientación específico, dependente da Inspección de Educación.

A contía da axuda estará en función da renda per cápita da unidade familiar de acordo cos baremos aprobados na devandita Orde.

Poden beneficiarse as familias residentes en Galicia que se atopen nos supostos seguintes:

1. Renovación de praza: Terán preferencia aquelas persoas beneficiarias que tiveran recoñecida a axuda no curso anterior. Deberán cumprir os requisitos establecidos e renovar a praza do curso anterior.

2. Novas solicitudes de praza: as persoas con responsabilidade sobre nenas/os de 0 a 3 anos:

o Solicitantes de praza, nas modalidades de atención educativa ou atención educativa con comedor, en escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos e que non resultaran adxudicatarios/as dunha delas por falta de prazas dispoñibles. Consideraranse solicitantes sempre que exercesen a opción polo programa cheque infantil na solicitude de praza, polo que non terán que presentar solicitude.

o Residentes en localidades onde non existan escolas infantís 0-3 sostidos con fondos públicos e desexen obter praza nas modalidades de atención educativa ou atención educativa con comedor, nalgún centro partícipe do programa, existente no concello de residencia, noutro que sexa limítrofe ou ben no concello onde traballen os pais, nais ou titores legais. Neste suposto, deberán presentar a solicitude e a documentación correspondente

Requisitos das persoas beneficiarias e dos centros:

o Ter unha/un nena/o a cargo nacida/o con posterioridade a 31 de decembro de 2009. No caso de nenos/as de integración poderá eximirse do cumprimento deste requisito.

o Non dispoñer doutras axudas para igual ou análoga finalidade outorgadas por outros organismos ou institucións públicas.

Os servizos sociais do Concello de Tui, segundo informa a concelleira responsable Olga Montes Moldes, ofrecen o seu asesoramento para preparar a documentación requirida e para resolver as dúbidas que os posibles beneficiarios teñan sobre esta normativa e o seu procedemento de solicitude. Tamén poden acceder á a páxina web do concello onde atoparán tanto as bases como os anexos de solicitude.


O DELEGADO TERRITORIAL DA XUNTA E O ALCALDE DE TUI CELEBRARON ONTE NO PARQUE NATURAL DO MONTE ALOIA O DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Participaron nun acto de formación en torno a sensibilización sobre a natureza no que estiveron presentes os nenos do CEIP Pazos de Reis de Tui

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e o Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, celebraron onte no Parque Natural do Monte Aloia o Día Mundial do Medio Ambiente, xornada que tamén puideron gozar neste entorno escolares do concello de Tui, que puideron así descubrir a importancia da protección á natureza. Neste acto estiveron acompañados polo xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Infraestrutura e Territorio, José Luis Díez.

O acto, organizado polo Servizo de Conservación da Natureza, celebrouse no Parque Natural do Monte Aloia ata o que se desprazaron 60 alumnos do CEIP Pazos de Reis de Tui de Primeiro, Segundo e Terceiro de Primaria.

Os escolares tudenses, acompañados por técnicos medioambientais do Centro de Interpretación do Monte Aloia, puideron coñecer a labor desenvolvida neste parque a través da información recollida no propio centro de interpretación, así como coñecer en primeira persoa a riqueza ambiental deste entorno paseando polo sendeiro autoguiado instalado nas inmediacións do edificio informativo.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra lembrou durante a súa visita a importancia do mantemento e coidado "dos nosos montes e parques, xa que é unha obriga de todos protexer a natureza, as augas e os seus entornos", e apostou pola aplicación dunha economía verde que teña en conta o emprego de enerxías renovables, o reciclaxe dos residuos, a aplicación da arquitectura ecolóxica e do turismo responsable co medio ambiente.

En relación ao Monte Aloia, recordou Cores Tourís que dentro do plan reitor de uso e xestión do mesmo se atopan a conservación e restauración da biodiversidade; o uso público, a educación ambiental e a investigación, así como o aproveitamento racional de recursos e desenvolvemento. Destacou o responsable territorial a gran diversidade medioambiental que posúe este entorno, con gran número de especies de fungos, liques e brións, así como "unha rica vexetación, tanto nos rochedos como nos pastos e no mato", explicou Tourís. Especies autóctonas coma carballos, sanguiños, acivros, sobreirais, castiñeiros, pereiras bravas, toxos, queirugas e fentos, así como multitude de especies animais completan a imaxe dun parque que aposta pola xestión forestal sostible e que, por tanto, "é exemplo do que hoxe estamos a celebrar".

O Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, agradeceu á Xunta esta celebración no noso Concello e expresou o seu orgullo por contar en Tui con este Parque Natural, o primeiro declarado en Galicia e que conforma un espazo privilexiado para achegarse á biodiversidade de Galicia.

O Día Mundial do Medio Ambiente naceu hai 40 anos para fomentar a sensibilización sobre o medio ambiente e promover a atención e acción política ao respecto. Este ano esta data está dedicada á economía verde, entendendo como tal a que mellora o benestar humano e a xustiza social, reducindo significativamente os riscos medioambientais e a pegada ecolóxica. Todo esto implica que a economía verde sexa de baixas emisións de CO2, eficiente no emprego de recursos e de inclusión social.


CELEBRADA A ASEMBLEA PARA A APROBACIÓN DOS ESTATUTOS DO CONSORCIO DA XESTIÓN DO CICLO URBANO DA AUGA DO LOURO

Na tarde do dia cinco tivo lugar en Tui unha asemblea na que participaron os Alcaldes de Tui, O Porriño, Mos e Salceda de Caselas xunto ao Director Xeral de Augas de Galicia e os concelleiros dos citados concellos para a aprobación definitiva dos Estatutos que regularan o Consorcio para xestión do ciclo urbano da auga do Louro.

Para o Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, a celebración desta asemblea coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente é unha feliz circunstancia e que testemuña o compromiso das diversas administracións públicas e especialmente os concellos ribeireños do Louro e a Xunta de Galicia pola conservación do noso medio natural

Cómpre recordar que no ano 2009 o Goberno da Xunta de Galicia puxo en marcha a estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Guillarei e impulsou a creación dun consorcio que se encargara da xestión do sistema de saneamento do Louro, o cal inclúe a citada EDAR. Pero o novo ente irá máis alá da idea inicial de xestión da EDAR de Guillarei, xa que se encargará de todo o saneamento e abastecemento, inspección, explotación de todas as instalacións de potabilización, depuración e bombeo do ámbito territorial.

O novo consorcio xestionará o ciclo completo da auga dos 58.918 habitantes dos 4 concellos pontevedreses. A prestación deste servizo integral implica a garantía ambiental para o río Louro, non só coa xestión do saneamento, senón cun sistema de inspección máis rigoroso dos vertidos das industrias; o servizo da depuración da EDAR de Guillarei e a sostibilidade económica, financeira e institucional na xestión.

O consorcio configúrase como local, aínda que con participación autonómica, polo que a Xunta permanecerá para garantir a sostibilidade institucional e económica nos primeiros anos, ata o seu autofinanciamento.

Tras a asemblea de onte está previsto que o Consorcio esta constituído definitivamente antes de final do presente ano 2012 comezando o seu funcionamento.


O ALCALDE MANTEN UN ENCONTRO DO DIRECTOR DA AECTGNP PARA ESTUDAR UNHA CANDIDATURA DA EUROCIDADE AO POCTEP

O Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, mantivo onte na Casa do Concello tudense unha reunión de traballo co director da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia - Norte de Portugal, Juan José Lirón Lago, para avanzar na presentación dunha candidatura da Eurocidade Tui-Valença á 3ª convocatoria do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España - Portugal (POCTEP) aberta ata a segunda quincena de xuño.

No decurso da xuntanza foron perfilados os principais aspectos do proxecto que a Eurocidade pretende presentar ao abeiro do chamado eixo 1 da convocatoria destinado ao fomento da competitividade e a promoción do emprego.

Para o Alcalde de Tui estamos diante dun novo exemplo que como a Eurocidade avanza promovendo este proxecto de cooperación e xestión conxunta para promover a actividade económica e de emprendedores.

Moisés Rodríguez Pérez agradece a axuda da AECTGNP que está cooperando intensamente coa Eurocidade nestes primeiros pasos de xestión compartida que teñen iniciado o pasado 10 de febreiro a Cámara Municipal de Valença e o Concello de Tui. A presentación deste candidatura conxunta ao Poctep contribuirá eficazmente a afondar neste traballo compartido e a poñer en valor as sinerxías existentes entre ambas cidades.


ANDAINA SAUDABLE EUROCIDADE 2012 ESTE SÁBADO 9 DE XUÑO - CAMIÑO DE SANTIAGO

O próximo sábado 9 de xuño, ás 10.30 hora española, realizarase a sexta Andaina Saudable Eurocidade 2012, organizada pola Cámara de Valença e o Concello de Tui.

Nesta ocasión o "Camiño de Santiago" sairá dende a Igrexa Matriz de Fontoura, en Valença, e percorrerá as Freguesías de Fontoura, Cerdal, Arao, Valença e Tui, Rebordáns e Ribadelouro, cunha distancia de 22 qms, e cun grado de dificultade baixo.

Dado que esta andaina non é circular, a organización poñerá un autobús a disposición dos participantes para realizar a volta ao punto de saída, aínda que non é necesario facer a inscrición previa.

O punto de encontro se encontra nas coordenadas: 41°57'22.70"N/ 8°37'58.64"W


A OFICINA MUNICIPAL DE TURISMO ATENDEU 2.844 CONSULTAS NO PASADO MES DE MAIO

A Oficina Municipal de Turismo do Concello de Tui atendeu durante o pasado mes de maio de 2012 un total de 2.844 consultas na súa sede do Paseo da Corredoira. Deste total de consultas, 1.847 foron de turistas ou visitantes procedentes de España e 997 de turistas cuxa orixe está noutros países estranxeiros.

Das estatísticas elaboradas pola Oficina Municipal de Turismo informan que os visitantes segundo a comunidade autónoma de orixe proceden na maioria de:
1. Galicia
2. Madrid
3. Castilla La Mancha

Outras comunidades coma Cataluña, Castilla-León e Comunidad Valenciana teñen unhas cifras moi similares.

Das 997 consultas atendidas ao longo do pasado mes a visitantes estranxeiros, salientan como principais procedencias: en primeiro lugar Alemania, seguido de Portugal, Italia e Francia. Ata de 35 nacionalidades distintas e dos cinco continentes proceden os visitantes que se achegaron ata Tui no pasado mes.

Destas consultas 536 foron realizadas por peregrinos que realizan o camiño portugués destacando o feito de que os peregrinos estranxeiros triplican aos nacionais: 435 fronte 141.

Para concelleira responsable de turismo do Concello de Tui, Raquel Lorenzo Pimentel, estas cifras continúan expresando o importante potencial que posúe o noso municipio que segue acollendo, gracias aos seus importantes recursos patrimoniais, un alto continxente de visitantes.

Esta Oficina Municipal de Turismo está atendida por dúas bolseiras que contratadas polo Concello de Tui contan cunha subvención do Patronato de Turismo "Rías Baixas" da Deputación Provincial de Pontevedra.


A CONCELLERIA DE PARQUES E XARDÍNS COLABORA COA CONFECCIÓN DUNHA ALFOMBRA FLORAL PARA A FESTA DO CORPUS

A Concellería de Parques e Xardíns do Concello de Tui que dirixe a concelleira Olga Montes Moldes ten acollido con grande interese a solicitude de colaboración formulada por un grupo de veciños que están traballando na elaboración dunha alfombra de flores para confeccionar o vindeiro domingo, festividade do Corpus Christi.

Está previsto que esta alfombra engalane a Praza de San Fernando ou no Claustro da Catedral en caso de ameaza de chuvia outorgándolle un maior esplendor á procesión do Corpus tudense, onde o Santísimo Sacramento será portado polas rúas da cidade na singular e artística custodia procesional realizada en 1602 por los ourives de Valladolid Miguel de Mojados e outros que se conserva na Catedral tudense.

Segundo informa a concelleira Montes Moldes dende o Concello se completa o material necesario polos alfombristas e se ofrece o apoio necesario para culminar esta ilusionante iniciativa que posúe tamén na nosa cidade unha arraigada tradición de máis dun século.

Olga Montes comenta que xa no pasado ano foi realizada xa esta colaboración que posibilitou a recuperación desta tradición de elaborar unha alfombra de flores na festividade do Corpus Christi logo de varios anos de perentese. En nome do Concello agradece este iniciativa que enriquece a celebración desta festividade e na que colaboran entidades como a Adoración Nocturna, o grupo de Pastoral da Saúde, Grupo Scout, Floristerias Rita e La Flor, contando cun deseño aportado pola tudense Angeles Fernández Lago, que traballa dende hai anos nos alfombrados da vila de Ponteareas.

Concello de Tui

7ª MOSTRA DE CINEMA ETNOGRÁFICO

MUSEO DO POBO GALEGO