Jornal Digital Regional
Nº 584: 21/27 Abr 12
(Semanal - Sábados)






Email Assinaturas Ficha Técnica Publicidade 1ª Pág.
Cultura Desporto Freguesias Óbitos Política Pescas Roteiro

EL GRUPO O´FUNK´ILLO ABRIÓ LA PROGRAMACIÓN DE CONCIERTOS 2012 DE SALA LA HACIENDA EN O ROSAL-PONTEVEDRA

- El grupo sevillano demostró su calidad musical con un amplio repertorio de unas 2 horas de duración.

- O´funk´illo presentó en este concierto su último trabajo discográfico "sesión golfa".

- Más de 100 personas acudieron a este Concierto en el que no faltaron los nuevos temas de O´funk´illo como "Hasta las cejas", "Dame la pasta" o "Bulemetal".

El pasado 13 de Abril de 2012 el grupo sevillano O´Funk´illo abrió la programación de conciertos del año 2012 en la recién inaugurada Sala La Hacienda de O Rosal, presentando su último trabajo discográfico titulado "sesión golfa" en el que han colaborado artistas de la talla de Fortu(OBUS), Raimundo Amador, Manuel Molina(Lole&Manuel, Smash), Fundación toni Manero(sesión de vientos) y Diego Carrasco entre otros...

Más de un centenar de "funkadictos" acudieron a esta cita musical en la que no faltaron los grandes clásicos de la Banda sevillana, así como las nuevas canciones del disco "Sesión Golfa" tales como "Hasta las cejas", "Dame la pasta" o "Bulemetal" y algunas versiones de AC/DC o Led Zeppelin, entre otras.

Los fans del grupo se autodenominan funkáticos, la relación del grupo con sus fans siempre fue muy estrecha, creando una verdadera comuna que los seguía por toda la geografía en los cientos de conciertos que ha dado el grupo sevillano, el cual se identifica precisamente por estos. En los directos, el grupo imprimía fuerza, guassa, e intención en su música, conformando un show que se repitió una vez más y como única ocasión en toda Galicia en la Sala La Hacienda de O Rosal.

El bajista Pepe Bao demostró su gran talento y dominio de su instrumento ofreciendo a los asistentes algunos solos de bajo de más de 10 minutos de duración, interpretando inclusive canciones típicas gallegas como "A Rianxeira", lo que enloqueció al público asistente al concierto.

La programación para próximos eventos estará disponible a través de la página web de Sala La Hacienda: www.salalahacienda.com

Sala La Hacienda

RENOVACIÓN DOS BANCOS DA PRAZA DA INMACULADA

O Concello de Tui, a través da Concellería de Parques e Xardíns, ten procedido en días pasados á renovación dos bancos situados na céntrica Praza da Inmaculada, lugar de abondosa concorrencia de veciños de forasteiros que atopan un lugar de encontro, conversa e lecer.

Sinala a concelleira responsable de Parques e Xardíns, Olga Montes, que foron colocados un total de oito novos bancos adaptados na súa altura ás necesidades das persoas de maior idade e que atopaban certas dificultades nos existentes anteriormente e que deste xeito ven facilitado o seu uso.

Os bancos retirados serán remozados polos servizos municipais e volverán de novo a ser usados noutras rúas do centro urbano tudense para favorecer o lecer dos nosos veciños.

Olga Montes Moldes sinala que tamén con estas pequenas intervencións, que neste caso abrangueu a reparación e arranxo do estanque do monumento a Frei Rosendo Salvado, se pretende mellorar o ornato da cidade e, especialmente, incrementar a "humanización" das nosas prazas e rúas para que resulten acolledoras para os nosos veciños e visitantes.


ABERTA A INSCRICIÓN PARA UN CURSO DE PASAMANERIA EN TUI

Está organizado pola Fundación Centro Galego de Artesanía e Deseño coa colaboración do Concello

A Fundación Centro Galego de Artesanía e Deseño, da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, en colaboración co Concello de Tui organiza un curso de perfeccionamento en pasamanería de 40 horas a celebrar na nosa cidade entre o vindeiro 26 de abril e o 11 de maio en horario de tarde, de 16 a 20 horas. Este curso estará impartido polo experto artesán Rafael González Goianés e terán preferencia na inscrición os artesán con carta de artesán en vigor poden participar, de existir prazas libres, outras persoas interesadas. A inscrición é de balde.

Con este curso continúa desenvolvéndose a colaboración entre a Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia e este Concello de Tui en materia de actividades relacionadas co mundo da artesanía. Este curso de perfeccionamento en pasamanería da continuidade ao celebrado anteriormente sobre gravado e impartido por Xavier de Sousa.

As persoas interesadas en inscribirse no curso poden facelo on-line a través da seguinte dirección: http://artesaniadegalicia.xunta.es/actualidad/formacion/pasamaner-a-perfeccionamento

Coincidindo coa celebración desta acción formativa terá lugar no Anexo da Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui unha mostra titulada "Con pés á cabeza" que realiza un percorrido polos elementos de protección para pés e cabeza usados bos últimos séculos en Galicia.

Para a concelleira de cultura do Concello de Tui, Vanesa Rodríguez Pereira, este curso de perfeccionamento en pasamanería enmárcase dentro das actividades que promove esta Concellería na promoción da artesanía, entendida como unha aposta de grande interese para a nosa cidade, pois conxuga a conservación das nosas tradicións pero dende unha perspectiva actual e como un importante recurso económico e mesmo turístico. Así na primeira fin de semana de maio a nosa cidade acollerá unha nova edición da xa tradicional feira de artesanía pola rúas do casco histórico tudense.


O CONCELLO DE TUI CEDE A SÚA QUENDA NA OFRENDA DO ANTIGO REINO DE GALICIA AO SANTISIMO QUE SE CELEBRA ANUALMENTE EN LUGO

Será Lugo o delegado rexio para inaugurar a restauración da Capela Maior da Catedral

O deán do Cabildo da Santa Igrexa Catedral Basílica de Lugo ten enviado, en días pasados, unha carta ao alcalde tudense rogándolle que este Concello de Tui, a quen lle correspondía neste ano 2012 presentar a renovación da Ofrenda do Antigo Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento, ceda a súa quenda na función de Delegado Rexio en favor do Concello de Lugo.

Esta petición esta baseada en que se pretende nesta ocasión a inauguración das importantes obras de restauración realizadas na Capela Maior da Catedral lucense dende o pasado ano 2010, reinstalando neste lugar a Exposición permanente do Santísimo Sacramento -tradición que non fora interrompida dende o ano 1860-. "É por tanto, un día especialmente importante para a Igrexa de Lugo e para este gran símbolo do Antigo Reino de Galicia. Por todo isto, nosa proposta -sinala o Deán lucense- sería variar a quenda da Ofrenda, de modo que este ano presidise Lugo, e Tui o fixera no vindeiro ano. Unha alteración semellante tivo lugar ao cumprírense os 300 anos da Ofrenda".

O alcalde tudense, escoitado tamén o parecer dos outros grupos municipais, ten accedido á solicitude presentada polo Cabildo da Catedral lucense cedendo o cambio de quenda neste importante acto protocolario en atención as especiais circunstancias que concorren na súa solicitude.

A Renovación da Ofrenda do Antigo Reino de Galicia Xesús Sacramentado é unha tradición que se conserva dende o ano 1669, participando dende aquela todos os anos os representantes das sete antigas capitais de Galicia e actuando na función de Delegado Rexio por rigorosa quenda os representantes de Lugo, Santiago, Coruña, Betanzos, Mondoñedo, Ourense e Tui.


José Luis Bouza clasifícase para o Preolímpico Xogarase a clasificación para Londres no mes de maio

O padeeiro do Club Kayak Tudense José Luis Bouza clasificouse para o Preolímpico de Polonia, último paso para lograr o pasaporte para Londres 2012, tras acadar o primeiro posto no selectivo que a Federación Española de Piragüismo celebrou o pasado venres nas instalacións de Verducido (Pontevedra).

O tudense xunto ao padeeiro asturiano David Fernández acadaron a clasificación na categoría C2 1.000 metros ao impoñerse nesta regata na que dominaron de principio a fin.

Dende o Concello de Tui quérese felicitar a Bouza por esta clasificación, así como a Diego Piña e Víctor Rodríguez, que aínda que non conseguiron a clasificación na categoría K2 1.000 metros, loitaron ata o final acadando a segunda posición.

O Concello tamén quere animar e desexar sorte aos remeiros do Club Remo Tui, Jesús González, Nuria Domínguez e Sergio Pérez, concentrados coa selección nacional, e o do Club Remo do Miño, Jorge André Carvalho, concentrado coa selección portuguesa, que no mes de maio terán a oportunidade de clasificarse para Londres 2012, no preolímpico de Lucerna (Italia).


COA CELEBRACIÓN O LUNS 23 DE ABRIL DE "TUI LE: OS LIBROS NA PRAZA DE SAN FERNANDO" COMEZA O "MES DOS LIBROS" NA BIBLIOTECA MUNICIPAL

O vindeiro luns, 23 de abril, co gallo da celebración do "Día do Libro" a Biblioteca Municipal de Tui xuntamente coas bibliotecas escolares do noso concello e a Biblioteca Municipal de Valença organizan unha nova edición de "Tui le: os libros na Praza de San Fernando". Esta celebración ten como obxectivo achegar o libro e a lectura aos escolares do noso municipio e a todos os veciños de Tui.

Cada persoa que se achegue ata a Praza de San Fernando diante da Catedral de Tui pode intercambiar os seus libros vellos e usados polos que estarán alí cubrindo este histórico espazo público da zona monumental tudense.

Ao longo da mañá está previsto que máis dun milleiro de escolares participen neste acto e realicen naquel lugar diversas actuacións musicais, recitados, etc. Neste ano os organizadores se suman á campaña denominada "Eu amo as bibliotecas públicas" que promoven diversas organizacións educativas se profesionais para a difusión das actividades das bibliotecas públicas como un servizo público imprescindible para un axeitado desenvolvemento da sociedade.

Salienta nesta ano a presenza da Biblioteca Municipal de Valença que se implica tamén nesta festa do libro e a lectura que, por terceiro ano, ateigará de libros esta Praza tudense. En caso de choiva esta actividade terá lugar no Claustro da Catedral tudense.

A actividade continuará logo pola tarde para que todos os veciños de Tui poidan achegarse ata esta Praza a intercambiar libro e haberá ás 18,00 unha sesión de contacontos titulada "Contos do lobo" polo grupo Ghazafelhos".

A concelleira de cultura, Vanesa Rodríguez Pereira, salienta o importante traballo de colaboración desenvolvido entre as diversas bibliotecas escolares do noso concello xunto coas bibliotecas municipais de Tui e Valença para organizar esta actividade. Anima a todos os veciños a achegarse ata a Praza de San Fernando o vindeiro lúns para celebrar o "Día do Libro" intercambiando os seus libros usados cos outros alí depositados sendo un fermoso xeito de promover a lectura entre os cidadáns.

A responsable de Cultura anuncia tamén que con esta actividade comeza o programa do "Mes dos libros" na Biblioteca Municipal de Tui que ofrece un amplo abano de actividades dirixidas aos diversos segmentos de usuarios que frecuentan a nosa Biblioteca. Trátase se ofertar unha serie de actividades que combinan o lecer coa formación e a difusión cultural a desenvolver ao longo dos meses de abril e maio.

O programa amais da actividade do vindeiro luns abrangue as seguintes:

26 de abril:
20,30 horas: Presentación do libro "Valentín Paz-Andrade, a memoria do século XX", de Tucho Calvo. Sala Felix Rodríguez González.

3 de maio:
18,30 h.: Sesión de contacontos: "Contos de Rodari" por Pablisimo (idade de 4 a 9 anos)

8 de maio:
20,00 h.: Obradoiro para mozos e adultos "A rede que les: literatura + internet" por Estibaliz Espinosa. Biblioteca Municipal

15 de maio
18,00 h.: Obradoiro de globoflexia para rapaces. Biblioteca Municipal.

17 de maio (Día das Letras Galegas)
Feira do libro no Paseo da Corredoira de 12,00 a 21,00 horas.

19 de maio:
11,30 horas: Obradoiro "¿Seguro que sabes o que é unha caricatura?" por David Pintor (idade recomendada de 10a 13 anos). Biblioteca Municipal.

Algunhas destas actividades contan coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia a través do programa Letras Vivas.


O ALCALDE DE TUI REXEITA AS NOVAS AFIRMACIÓNS SOBRE A SUA PRETENDIDA IMPUTACIÓN XUDICIAL

Hai dous foi publicado nun medio de comunicación escrito que o Alcalde de Tui estaba imputado polo chamado "caso Patazumba e un delito contra o patrimonio histórico". Dada a falsidade desta afirmación foi esixida unha rectificación publicada no día de hoxe no mesmo medio.

Para a correcta información da opinión pública dende esta Alcaldía cómpre lembrar o seguinte:

1.- As imputacións contra este Alcalde no chamado "caso Patazumba" foron arquivadas por auto de 14 de xuño de 2010.

2.- O recurso da acusación particular a este Auto de arquivo foi desestimado "en buena medida, pero no en toda" polo mesmo Xulgado nun auto que non efectúa ningunha imputación ou acusación con este Alcalde por delito algún.

3.- En consecuencia non hai acusación de delito algún senón que como sinala o devandito Auto que as actuacións obxecto de investigación "desde el prisma administrativo se hallan amparadas en Derecho y, en consecuencia, penalmente también."

4.- Esta mesma resolución considera que "resulta incompatible la perscución pena de unas acciones que la jurisdicción contencioso-administrativo ha bendecido" ratificando a Sentencia da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de 9 de outubro de 2008 que declarou conforme a Dereito a actuación urbanística denunciada neste chamado "caso Patazumba"

Para o Alcalde de Tui resulta moi grave que se atente con estas falsas afirmacións que causan un evidente dano moral e que en absoluto corresponden á realidade.

Concello de Tui