Os Clássicos da Galiza e o Arquivo Digital da AGLP: projetando o passado para o futuro
 |
Na vindoura quarta-feira, dia 29 de fevereiro às 19h30, terão lugar no Salão de Atos da Escola Oficial de Idiomas de Vigo, as apresentações da coleção Clássicos da Galiza e do Arquivo Digital da AGLP, enquadradas dentro do ciclo de divulgação destas novidades nas principais cidades e vilas galegas e organizadas pola Associação Pró Academia Galega da Língua Portuguesa, nesta ocasião em colaboração com o Departamento de Português da EOI de Vigo
Os Clássicos da Galiza são uma reedição de Edições da Galiza, em parceria com a AGLP, dos grandes autores galegos adaptados ao Acordo Ortográfico de 1990. Além disso, nesta excelente coleção os textos literários são acompanhados de grande número de notas de rodapé, glossários, apêndices, e até partituras, que esclarecem e enriquecem os textos originais.
José Luís do Pico Orjais e Fernando Vásquez Corredoira, apresentarão a coleção Cássicos da Galiza que vai já pelo terceiro volume: "Cantares Galegos" de Rosalia de Castro, "Queixumes dos Pinhos e Outros Poemas" de Eduardo Pondal, e "Cantos Lusófonos: Cancioneiro Popular".
Celso Álvarez Cáccamo, acadêmico e membro da Comissão de Planeamento e Informática da AGLP, apresentará o recentemente criado Arquivo Digital da AGLP, um inovador repositório de materiais digitalizados acerca da língua e cultura galega. O Arquivo Digital contém materiais de texto, áudio, vídeo e imagem, disponibilizados sob licença Creative Commons, permitindo-se assim o seu livre acesso, utilização, distribuição e cópia, amais dum rápido e eficiente sistema de procuras, catalogação e acesso.
|
Manu Garrido participa en el Campeonato Gallego de Invierno
El piragüista Manu Garrido, tres veces Campeón del Mundo de Maratón en c1 sub23 y miembro del Club Kayak Tudense, competirá sábado a las 13.45h en Campeonato Gallego de Invierno sobre 5 mil metros en el embalse de Verducido.
Manu Garrido, afronta esta primera competición, ya como senior, con "muchas ganas" aunque reconoce que no está en su mejor momento de forma por un proceso vírico que le ha afectado en las últimas semanas, y del que no está aún plenamente recuperado. Esta regata de cinco mil es de las que le gusta, aunque su especialidad es el maratón, además en años anteriores siempre estivo en el podio.
Manu Garrido comenta que "al 100% no vamos a estar, pero a mi me gustaría poder luchar por estar delante, y poder competir. Es una regata en la que hay mucho nivel. Es una regata muy dura y bonita. Es tan duro ganar como ser sexto".
|
CINCO FILMES COMPETIRÁN NA SECCIÓN OFICIAL
DE PLAY-DOC POR UN PREMIO DE 5.000 EUROS
- Un xurado internacional de críticos e programadores especializados decidirá que cinta
gaña nunha selección que combina cineastas veteranos, como Victor Kossakovsky ou
Ben Rivers, con novas promesas do xénero
Play-Doc Festival Internacional de Documentais de Tui, que terá lugar
do 21 ao 25 de marzo, mostrará na súa sección oficial cinco títulos do máis destacado do xénero de
non ficción desta tempada. A sección, na que se compite por un premio de 5.000 euros, combina
nomes consagrados do documental con prometedores novos cineastas. Todos eles son exercicios
autorais, que foxen da reportaxe televisada e da información pura, para ofrecer achegas netamente
cinematográficas e moi persoais, independentes e alternativas. Esta é a liña que defende Play-Doc
cada ano, e na que desta volta poden intuírse dúas tendencias principais: a exploración da paisaxe e
o diario filmado.
Na primeira vertente, o reputado director ruso Victor Kossakovsky, premiado en prestixiosos
festivais internacionais coma o de Karlovy Vary ou Dok Leipzig, chega a Tui para presentar ¡Vivan
las Antípodas! O seu último documental é un calidoscopio do planeta Terra a partires de catro pares
de Antípodas (Arxentina e China, España e Nova Zelandia, Chile e Rusia, Botswana e Hawai),
cunha potente carga estética.
Igual de impactante resulta Two Years At Sea, de Ben Rivers. O británico ten unha curta mais
prolífica carreira de menos dunha década, na que dirixiu uns 20 traballos de corte experimental
aplaudidos pola crítica, que o premiou precisamente na pasada edición do festival de Venecia por
esta cinta. Nela, Rivers filma en branco e negro o día a día dun ermitán que vive nun apartado
bosque.
O filme Mirage, do serbio Sr an Ke a, sitúase entre esta primeira vertente paisaxística e o diario
filmado, ao combinar rexistros das construcións da grande metrópole de Dubai con testemuños dos
obreiros e os turistas que habitan ese espazo. Os contrastes que se advirten entre ambas declaracións
e as condicións de vida opostas que Ke a retrata compoñen unha dura metáfora do capitalismo
global.
Máis local, pero igual de necesaria, é Yatasto, de Hermes Paralluelo. A película mergúllanos nas
vidas dun grupo de rapaces 'carreros' en Arxentina, que recollen cartóns da rúa para vendelos,
montados no seu carro de cabalos. Os seus longos e medidos planos secuencia convenceron aos
programadores dos festivais de Marsella, Bos Aires ou na Viennale, onde obtivo o premio da crítica.
Completa a sección Vikingland, de Xurxo Chirro. A representante de Galicia recupera cintas de
vídeo gravadas por un mariñeiro mercante da Guarda para compor un retrato da diáspora galega.
Os traballos serán valorados por un xurado internacional composto por tres grandes profesionais.
Nicolas Azalbert é crítico cinematográfico na histórica revista francesa Cahiers du Cinéma e
correspondente en América Latina para a Semana da Crítica de Cannes. Pamela Cohn é produtora,
programadora e xornalista, profesión que exerce en medios como Senses of Cinema ou no seu
blogue Still in Motion. Carlos Muguiro é docente e investigador na Pompeu Fabra e fundador do
festival Punto de Vista, do que foi director artístico ata 2009.
|
A comparsa "Emigración a marte" de Pexegueiro gaña o concurso de Entroido en Tui
Record de público no desfile-concurso en Tui na súa vixésimo quinta edición
Miles de persoas ateigaron esta tarde as rúas novas de Tui para, nunha soleada tarde, disfrutar do desfile-concurso de Entroido que este ano rexistrou record de participación con catorce comparsas e preto de mil persoas desfilando, e tamén record de público presenciando o percorrido do desfile.
A gañadora absoluta do concurso foi a comparsa do Centro Cultural O Mosteiro de Pexegueiro con "Emigración a Marte", cunha magnífica representación do Discovery, e dun platillo voante con movemento do que saían os mandatarios marcianos, acompañando un numeroso grupo de astronautas, encargados da representación musical, coma de marcianos. Amais leváronse o segundo premio en carrozas tanto polo transbordador coma pola nave espacial, e o seu acompañamento musical foi galardoado co terceiro premio.
A segunda clasificada na categoría absoluta foi "Cantos Somos...a gran festa" que celebrou os seus 25 anos cunha comparsa de sátira local na que non faltou nin a corporación nin unha gran papada. Esta comparsa levouse amais o primeiro premio en acompañamento musical e o sexto en carrozas.
O terceiro premio absoluto foi para Luces de Tomiño que recreou un bosque animado con todos os detalles dende unicornios, pegaso, duendes, fadas... recibiu tamén o cuarto en carrozas. Levouse tamén o cuarto premio en carrozas.
Tamén na clasificación xeral o cuarto premio foi para a comparsa do Centro Cultural de Soutelo, de Salceda por unha extraordinaria representación de "Paris,mon amour", no que incluíron unha magnífica carroza da Torre Eiffel co arco do triunfo, que se levou o primeiro premio en carroza.
O xurado tivo un arduo traballo para entregar os premios dada a calidade das comparsas participantes que desbordaron imaxinación nas súas creacións con creacións dende contos coma a Cenicienta, ou duentes e fadas. Amais houbo dobre representación dos picapedra onde non faltaron nin os tronco móbiles, nin os dinosaurios. Houbo parodias de Urdangarín, dos bombeiros, dunha tribo, ou da película Grease.
O deste ano foi un desfile moi especial dado que se trataba da vixésimo quinta edición deste desfile dende a súa recuperación en 1987.
Todas as comparsas participantes deberán asistir o próximo domingo ao Enterro do Bacallou que saíra ás 19.30h dende a Praza de San Fernando.
Premios Xeral
1º Emigración a Marte - CC O Mosteiro de Pexegueiro
2º Cantos Somos... A Gran Festa
3º "Duendes y hadas" - Luces de Tomiño
4º "París, Mon Amour" - C.C. de Soutelo, Salceda
5º "Os canteiros da Picoña" - Comisión de festas da Virxe da O de Salceda
6º "A tribo" da ANPA do CRA Mestra Clara Torres
7º "Volveu o home do Saco" - C.C. A Insua de Caldelas
Carroza
1º "París, Mon Amour" - C.C. de Soutelo, Salceda
2º Emigración a Marte - CC O Mosteiro de Pexegueiro
3º "Os canteiros da Picoña" - Comisión de festas da Virxe da O de Salceda
4º "Duendes y hadas" - Luces de Tomiño
5º "Picamacanudos" - Asoc. Grupo de baile Balcón do Val Miño de Gondomar
6º Cantos Somos... A Gran Festa
7º La Cenicienta - Asoc. Cultural de Malvas, Tui
Acompañamento musical
1º Cantos Somos... A Gran Festa
2º "Os escoceses" - C.C. Laxes de Paramos
3º Emigración a Marte - CC O Mosteiro de Pexegueiro
Concellería de Educación e Cultura do Concello de Tui
|
UNHA DELEGACIÓN DO CONCELLO DE TUI VISITARÁ A LOCALIDADE XERMANA DE VERSMOLD
Unha delegación oficial do Concello de Tui, encabezada polo seu Alcalde, visitará de xoves a sábado a localidade de Versmold, en Alemania, devolvendo deste xeito á visita realizada polas autoridades de Versmold á nosa cidade no pasado mes de xullo. As relacións entre Tui e Versmold xorden pola presenza naquela localidade de Renania do Norte - Westfalia dunha ampla comunidade de emigrantes tudenses. Aínda que un bo número regresaron ao noso municipio aínda son numerosos os residentes en Versmold.
A delegación tudense será recibida oficialmente no Concello de Versmold polo seu burgomestre, Thorsten Klute, e desenvolverán un amplo programa de actividades que abrangue, entre outras actividades, un encontro coas autoridades municipais, cun grupo de empresarios locais, a visita á fábrica de embutidos "Wiltmann", unha das principais produtoras de Alemaña, e ao mercado de San Pedro. Completa o programa un percorrido polos principais enclaves desta localidade de pouco máis de 21.000 habitantes.
A delegación tudense fará tamén entrega dun agasallo aos integrantes do club de fútbol "Español" de Versmold, consistente nunha equipaxe patrocinada polo noso Concello.
A delegación do Concello de Tui está encabezada polo seu alcalde, Moisés Rodríguez Pérez , e está integrada polos concelleiros do goberno municipal Vanesa Rodríguez e José Angel Villaverde, así como polos concelleiros de Alternativa Tudense, Telmo González, do grupo municipal socialista, Enrique Cabaleiro, e de Converxencia XXI, Carlos Vázquez.
Para o alcalde tudense está visita tenta afondar nos coñecemento entre ambas localidades, de similares características demográficas, e con diversidade nos ámbitos sociais e económicos... para estudiar posibles camiños cara un irmanamento e canles de colaboración mutua nos ámbitos culturais, deportivos, económicos, laborais, educativos, etc.
A comunidade tudense e española existente naquela localidade xermana, integrada por varios centenares de persoas, agarda con grande expectación a nosa visita, engade o máximo rexedor tudense, pois agardan contribúa ao incremento das relacións entre as nosa localidades, tema no que traballan con grande ilusión.
Para Tui, que recentemente ten asinado con Valença a creación da Eurocidade, esta visita a Versmold afianza a vocación de traballo a prol dunha Europa dos cidadáns construída dende a dimensión local, afirma Moisés Rodríguez Pérez.
EXPOSICIÓN "EN TERRA DE NINGUÉN" QUE INDAGA SOBRE O CONCEPTO DE FRONTEIRA
A Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui exibe a exposición En terra de ninguén. Un proxecto que conta coas obras de cinco artistas reunidos a carón dun mesmo eixo temático: o concepto de fronteira, no senso máis amplo do termo, formulado a través dun cruce de variadas sensibilidades e medios plásticos.
Iago Eireos, Marián Fernández, Pilar Gayoso, Uxía Piñeiro e Santi Vega constrúen este curioso itinerario amosando nun caso o recoñecible e, noutro, o aínda por explorar. Obras que lembran ao espectador a necesidade vital de experimentar a liberdade, de indagar na realidade, e de atoparse co descoñecido. Toda unha viaxe (a)temporal na que, para avanzar, hai que desconxelar a mirada cara ao concreto e deixarse persuadir polos seus entresixos.
Esta exposición, sinala a concelleira de Cultura tudense Vanesa Rodríguez Pereira, enriquece o panorama deste espazo expositivo cunha atractiva mostra onde se mesturan diversas artes plásticas: pintura, fotografía, instalacións... que amosan a vitalidade creadora deste grupo de artistas.
Rodríguez Pereira engade que esta exposición está creada especialmente para a súa exhibición en Tui e agradece a aposta destes cinco artistas que teñen asumido este reto.
Con esta mostra "En terra de ninguén" a Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui continúa desenvolvendo unha intensa actividade na que se pretende combinar a presenza de diversas propostas de caracter artístico e divulgativo que contribúan ao enriquecemento da vida cultura da nosa cidade.
POSITIVA REUNIÓN DO ALCALDE CO PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA
O 22 de febreiro, tivo lugar unha xuntanza entre o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, e o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Perez, que ambos cualificaron como moi cordial e positiva para a cidade de Tui e o seu municipio.
Esta entrevista que respondía a unha petición do rexedor tudense serviu para que ambos responsables políticos realizasen un repaso aos diversos temas relacionados coa actividade da Xunta de Galicia en Tui. Moisés Rodríguez agradece a especial atención prestada polo presidente Feijoo aos temas relacionados coa nosa cidade
Núñez Feijoo confirmoulle ao alcalde tudense a súa presenza na festa de San Telmo, presidindo a procesión coa que culminan as celebracións do patrón da cidade e diocese.
No decurso da xuntanza analizaron, entre outros, o proceso de licitación do novo Centro de Saúde de Tui, garantindo o presidente da Xunta que o proceso está avanzado, a pesar das dificultades económicas existentes, e este novo equipamento está realizado ao longo do presente mandato do alcalde tudense. Tamén repasaron a licitación da Escola Infantil, que axiña recibirá a preceptiva licenza municipal para dar comezo as obras.
O presidente da Xunta congratulouse pola recente sinatura do convenio de creación da Eurocidade comprometendo o apoio da Xunta de Galicia a este proceso, dado o seu interese para o traballo de cooperación transfronteirizo na Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal.
Comprometeu tamén Núñez Feijoo a colaboración da Xunta de Galicia para o mantemento e modernización da liña ferroviaria entre Vigo e Porto, tan importante para garantir a mobilidade neste área da Eurorrexión. Igualmente analizaron os avances no proceso de aval que o Igape estuda prestar á empresa tudense Nor-Rubber, no que a Consellería de Economía e Industria traballa con intensidade.
Outros temas abordados foron a necesaria colaboración en materia turística ente o Concello de Tui e a Xunta de Galicia, que levará, entre outras medidas, á creación dunha oficina de turismo unificada na nosa cidade. Tamén acordaron o apoio da Xunta de Galicia á solicitude que o Concello de Tui ten presentado diante do Ministerio de Fomento para a mellora da zona da antiga fronteira (Avenida de Portugal) que pola súa condición de entrada no noso país precisa unha remodelación urxente.
Finalmente analizaron a problemática da Vía de Alta Capacidade Tui - A Guarda e a súa conexión en Tui co Parque Empresarial de Areas. Diante da petición formulada polo alcalde tudense acordaron proceder á paralización do actual proxecto de acceso ao devandito Parque Empresarial (chamada alternativa F e que empregaría o actual acceso á Autovía) para buscar a mellor solución, tecnicamente posible e que cumpra todos os requirimentos en normativas de estradas, analizando a alternativa que propoñen os veciños. Foi comprometida unha vista do Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas xunto á Directora Xeral da Axencia Galega de Infraestruturas para analizar "in situ" as posibles alternativas.
O alcalde Rodríguez Pérez agradece a boa acollida do presidente da Xunta de Galicia ás diversas propostas presentadas polo Concello tudense e, especialmente, a súa decisión de analizar polo miúdo as diversas alternativas no acceso á VAC, para garantir que a decisión escollida resulte a mais idónea para todos: veciños e usuarios.
Tui despide o Entroido este domingo co Enterro do Bacallau
Sairá ás 19.30h da Praza de San Fernando
Tui despedirá o Entroido este domingo coa celebración do Enterro do Bacallau. A cita, que volverá ser multitudinaria, partirá ás 19.30h dende a Praza de San Fernando para facer un percorrido pola rúa Seixas, Porta da Pía, Ordóñez e Paseo da Corredoira. A comitiva fúnebre fará un alto no Cantón de Diomedes para dar lectura ao testamento do Bacallau e as coplas. Logo continuará pola Praza da Inmaculada, rúa Augusto González Besada, e enlace da rúa Ourense ata o aparcamento municipal onde se procederá á incineración do Bacallau.
No Enterro do Bacallau deste domingo participarán ás 14 comparsas, que suman preto de mil persoas, que o pasado martes concursaron no desfile tudense, xunto cos seus acompañamentos musicais. A elas sumaranse outros centos de persoas que despedirán deste xeito o Entroido deste ano 2012.
Para ler as coplas é preciso entregar unha copia cinco minutos antes á organización.
Restricións do tráfico
Debido á celebración do Enterro do Bacallau a Policía Local informa que o domingo non se poderá estacionar na rúa Seixas dende ás 16.30h e ata ás 20.30h, amais esta rúa estará pechada a circulación de 18.30h a 20.30h.
Amais o aparcamento municipal permanecerá pechado o domingo, xa que neste espazo terá lugar a incineración do bacallau, dende ás 14h e ata ás 24h.
O CONCELLO DE TUI MELLORA O ALUMEADO PÚBLICO
A Concellería de Alumeado do Concello de Tui ten impulsado en datas recentes diversas actuacións para a mellora do alumeado público en diversas zonas da cidade.
En concreto, estes días rematou a instalación de diversos puntos de luz na rúa de baixada á zona da Piscina Municipal e dos Pavillóns polideportivos municipais que, a pesar da ampla circulación de persoas e vehículos existentes, carecía dunhas instalacións de iluminación axeitadas.
Completouse esta intervención coa colocación de diversos puntos de luz no estacionamento do novo Pavillón Polideportivo Municipal, amplamente utilizado polos usuarios dos establecementos deportivos públicos e privados existentes nas súas inmediacións.
Tamén na zona da Ponte Internacional, en concreto, no inicio da senda peonil recentemente axeitado polo Concello de Tui, e en resposta a unha solicitude de veciños, foron instalados diversos puntos de alumeado para a seguridade dos peóns que en tan grande número percorren este sendeiro nos seus paseos.
Para o concelleiro responsable deste área, José Angel Villaverde Rocha, a colocación destes puntos de luz ten suposto unha mellora substancial na seguridade vial dos usuarios desta rúa, tanto peóns como vehículos. Esta actuación municipal, engade o concelleiro Villaverde Rocha, enmarcase dentro da vontade municipal de acometer tamén estas pequenas intervencións pero que redundan nunha mellora da calidade de vida e dos servizos públicos que disfrutan os veciños de Tui.
A DELEGACIÓN TUDENSE VISITA O CONCELLO DE VERSMOLD
Estudan a colaboración, entre outras, en materia laboral

A delegación oficial do Concello de Tui que está estes días na localidade xermana de Versmod visitou esta mañá a sede do Concello onde foron recibidos por unha ampla representación daquel municipio, encabezada polo seu alcalde ou burgomestre, Thorsten Klute, que acolleron moi calidamente aos munícipes tudenses.
En primeiro lugar o alcalde de Tui asinou no libro de honra da localidade de Versmold para de seguido visitar as instalacións municipais e manter unha xuntanza cos responsables locais de Versmold para intercambiar opinións e establecer posibles canles de traballo conxunto coa finalidade de afondar nunha cooperación en materias sociais, educativas, laborais, culturais, etc.
O programa desta xornada continúa cunha reunión cun grupo de empresarios locais, a visita á fábrica de embutidos "Wiltmann", unha das principais produtoras de Alemaña, e ao mercado de San Pedro. Completa o programa un percorrido polos principais enclaves desta localidade de pouco máis de 21.000 habitantes, que terá lugar mañá sábado antes de regresar a Tui.
A delegación tudense entregará un agasallo aos integrantes do club de fútbol "Español" de Versmold, consistente nunha equipaxe patrocinada polo Concello de Tui. Este acto terá lugar na tarde de hoxe no local social desta entidade e de seguido participaran nun festexo organizado polos colectivos da emigración española en Versmold.
A delegación do Concello de Tui está encabezada polo seu Alcalde, Moisés Rodríguez Pérez , e está integrada polos concelleiros do goberno municipal Vanesa Rodríguez e José Angel Villaverde, así como polos concelleiros de Alternativa Tudense, Telmo González, do grupo municipal socialista, Enrique Cabaleiro, e de Converxencia XXI, Carlos Vázquez. Todos os concelleiros tudenses teñen aboado persoalmente o importe da súa viaxe.
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, agradeceu a cálida acollida do alcalde e membros da corporación de Versmold así como do colectivo de emigrantes existente naquela cidade de Renania do Norte - Westfalia, oriúndos do noso municipio nunha grande porcentaxe. Entre os principais temas abordados destaca o inicio dun convenio de colaboración en materia laboral coas industrias asentadas naquela localidade alemana e que cómpre desenvolver no futuro, pero cuxas bases foron xa tratadas no decurso das xuntanza realizadas esta mañá.
|
A ESCOLA INFANTIL DE TOMIÑO ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN
O prazo de renovación e inscricións de novo ingreso será do 1 ao 31 de marzo ambos inclusive.
A escola infantil de Tomiño abre o seu prazo de renovación e inscricións de novo ingreso. Do 1 ao 31 de marzo, ambos inclusives, poderase facer as inscricións.
A documentación a entregar poderán recollela nas instalacións da escola infantil na rúa Gondomar ou ben na páxina web www.igualdadebenestar.org.
A oferta abarcará as seguintes prazas: 7 de bebés, 8 de 1 a 2 anos e para o grupo de 2 a 3 anos se ofertarán en función dos horarios dos nenos e nenas de mañán.
Para máis información poden consultar na páxina web do consorcio arriba citada ou no teléfono da escola infantil 986 622 887.
|
|
|