Jornal Digital Regional
Nº 544: 18/24 Jun 11
(Semanal - Sábados)






Email Assinaturas Ficha Técnica Publicidade 1ª Pág.
Cultura Desporto Óbitos Política Pescas Roteiro

Tomiño

Câmara de Tomiño passa de cinco para dois vereadores a tempo inteiro

Após a realização das eleições municipais que ditaram uma maioria absoluta de nove vereadores para o Bloco Nacionalista Galego, a nova câmara presidida pela nacionalista Sandra Gonzaléz decidiu reduzir o número de eleitos a tempo inteiro que existiam no anterior mandato, de cinco para dois, e conceder três dedicações parciais, todos do seu grupo político.

Esta decisão foi tomada face à necessidade de reduzir custos (uma economia de 52.000€/ano, menos 30% do que nos últimos quatro anos) e pelo facto de, agora, o BNG possuir uma maioria de vereadores sem que tenha necessidade de estabelecer pactos com outras formações políticas, o que forçara à distribuição de mais autarcas em regime de exclusividade.

Apesar de ter obtido esta maioria entre os 17 representantes que compõem a corporação galega, a presidente decidiu convidar o vereador eleito do PSG/PSOE a integrar o grupo de governo municipal, face ao bom trabalho e entendimento existentes entre os dois grupos políticos na anterior legislatura.

Contudo, o representante socialista declinou a oferta, preferindo manter-se como membro da oposição.

O BNG elixe a Uxío Benítez Deputado Provincial polo partido Xudicial de Tui

Uxío Benítez resultou elixido Deputado Provincial nunha multitudinaria asemblea celebrada na tarde de onte en Tui . O acto no que participou a militancia do BNG da Comarca do Baixo-Miño xunto cos militantes de Salceda de Caselas, Porriño e Mos elixiron ao actual Tenente Alcalde de Tomiño como Deputado Provincial polo Partido Xudicial de Tui.

Na súa intervención diante da asemblea Uxío Benítez destacou que "os resultados acadados nas pasadas eleccións municipais nas que o BNG se situou como a segunda forza política nos Concellos que conforman o Partido Xudicial de Tui, fan posíbel que por primeira vez os nacionalistas contemos con un Deputado Provincial por esta circunscrición".

Noutro momento da súa intervención o novo Deputado nacionalista destacou como un gran valor o traballo colectivo da militancia do BNG e comprometeuse diante da asemblea a seguir traballando con entusiasmo para que o nacionalismo consolide e incremente posicións para mellor defender os intereses da inmensa maioría da sociedade.

Uxío Benítez foi concelleiro de Urbanismo, facenda e patrimonio do Concello de Tomiño na pasada lexislatura. Na actualidade segue sendo o responsable destas concellarías no goberno de maioría absoluta que preside a nacionalista Sandra González.

BNG

Piscinas Municipais de Tui abertas ao público

A 17 de xuño, abriram ao público as piscinas municipais de Tui e permanecerán abertas ata o 16 de setembro.

O horario de apertura será o mesmo que nos anos anteriores, dende as 13.00 ata as 20.30 horas.

Os prezos serán os seguintes:
" Abono 30 baños
o Individual maiores de 18 anos 40€
o Individual menores de 18 anos e xubilados 35€

" Entrada diaria
o Maiores de 18 anos 2€
o Menores de 18 anos e xubilados 1.50€

Curso A Arte de Seducir

A "Asociación Érguete Baixo Miño" en colaboración co "Centro Quérote" de Vigo, organiza o Curso A Arte de Seducir.

Este curso terá lugar o mércores día 29 de xuño, no noso local social en horario de 11:00 a 13:00 horas e vai dirixido a todos aqueles adolescentes interesados en mellorar as súas habilidades sociais e as dotes para ligar.

A sedución non é outra cousa que unha habilidade persoal entre tantas, independentemente do físico, atractivo, estatus… Espertar interese en alguén, desexo e incluso o namoramento non é algo doado de conseguir, e por iso vos ofrecemos este curso, no que vos daremos uns consellos para mellorar o voso comportamento e actitude cara os demais, para ao menos, que se fixen un pouco máis en vos.

Entre outros temas, traballarase:
" A Afectividade e as Primeiras relacións,
" Habilidades de comunicación,
" Expresión de afectos,
" Igualdade de xénero,
" e Fortalecemento da autoestima.

LEMBRA: Se tes entre 14 e 18 anos, non sabes como afrontar as túas primeiras relacións afectivas e ademais tes moitas ganas de pasar un bo rato,

¡¡NON O DUBIDES!! Inscríbete. Empeño e adiante.

Érguete Baixo Miño