"Mellora da infraestructura vial do camiño de Laxes (Buxán)"
O Alcalde, José Manuel Domínguez Freitas, asinou hoxe co Conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, o convenio que vai permitir realizar a "Mellora da infraestructura vial do camiño de Laxes (Buxán)" e que conta cun orzamento de 63.527,93 euros.
Esta actuación é froito dun convenio entre o Ministerio de Medio Ambiente,Medio Rural e Marino e a Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia. Inclúese dentro do PEIM RURAL 2009 (Proxectos estratéxicos de infraestructura no medio rural do ano 2009).
O camiño de Laxes, na actualidade, presenta un firme de formigón deficiente e a anchura do mesmo non permite o acceso rodado..Coa obra que se vai realizar, o camiño, despois do retranqueo, terá un ancho de 5 metros o que permitirá o paso de todo tipo de vehículos e ven a dar solución as dificultades de acceso a parte sur do barrio de Laxes.
Informação Concelho A Guarda
|
EXPOSICIÓN "OLLADAS DUNHA ÉPOCA. FOTOGRAFIAS DO FONDO BLANCO CICERON"
A Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui acolleu no dia 23 de febreiro a inauguración da exposición "Olladas dunha época: fotografías do fondo Blanco-Cicerón" que contou coa presenza do Secretaria Xeral de Medios da Xunta de Galicia, un representante do Padroado do Museo do Pobo Galego, o Alcalde Tui e descendentes do coleccionista tudense.
Esta exposición organizada polo Centro Galego de Artes da Imaxe e o Museo do Pobo Galego chegou a Tui logo da súa presenza en Santiago de Compostela onde estivo aberta ao público nos meses de decembro e Xaneiro. Esta exposición recolle unha escolma da colección de fotografías do Fondo Blanco-Cicerón, que os seus herdeiros depositaron no Museo do Pobo Galego, e que conta con preto de 500 fotografías de mediados do século XIX das cales se seleccionaron 81 para esta exposición. A selección de imaxes inclúe instantáneas de paisaxes e monumentos de distintas cidades e vilas galegas, entre as que destacan Compostela e Tui, cidade natal do mecenas galego. Aínda que máis escasos, na exposición tamén están presentes os retratos, como o do inventor Isaac Peral no Castelo de Sobroso; e as fotografías de acontecementos relevantes, como a inauguración da Ponte Internacional de Tui en 1886.
Figura tamén na mostra unha selección de imaxes da Exposición Rexional Galega, da que o pasado ano cumpriuse o seu centenario e na que Ricardo Blanco-Cicerón foi un dos seus organizadores. Aquela primeira Exposición Rexional Galega, celebrada en 1909 en Santiago supuxo un acontecemento sen precedentes na historia de Galicia, acollendo máis de 600 instalacións en 11 pavillóns nos que se expuxeron 10.000 pezas de arqueoloxía, obras de arte e historia. Agora, cen anos despois, o CGAI e mailo Museo do Pobo Galego recuperan nesta mostra fotográfica parte daquela exposición.
Para o Concello de Tui segundo sinala o seu concelleiro de cultura, Moisés Rodríguez Pérez, a presenza desta exposición na nosa cidade é un importante acontecemento por canto achega aos tudenses unha excepcional colección de fotografías antigas de Galicia, con especial mención a diversas imaxes de Tui e que contribúen á promover o valor histórico da fotografía pero, ao tempo, esta mostra permite a recuperación da á memoria colectiva da cidade, da figura de Ricardo Blanco-Cicerón, nado en Tui no ano 1844, e que, andando os anos, foi unha excepcional figura na cultura de Galicia pola súa afección ao coleccionismo que posibilitou a conservación ou recuperación de numerosos elementos do noso patrimonio cultural.
Rodríguez Pérez amosa a súa gratitude ao Centro Galego de Artes da Imaxe, dependente da Secretaria Xeral de Medios da Xunta de Galicia, e ao Museo do Pobo Galego organizadores desta mostra pola súa inestimable colaboración para lograr que esta exposición poida achegarse ata Tui para ser contemplada polos nosos veciños.
A mostra está aberta ao público na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui, edificio Área Panorámica - rúa Colón 2, ata o vindeiro 14 de marzo de 2010.
UNGRUPO DE XORNALISTAS ESPECIALIZADOS EN TURISMO VISITARÁ TUI OS VINDEIROS LUNS E MARTES CONVIDADOS POLO CONCELLO DE TUI
Arredor de vinte xornalistas pertencentes á Federación Española de Periodistas e Escritores de Turismo (FEPET), coñecerán o Camiño Xacobeo Portugués grazas á iniciativa da Asociación Galega de Xornalistas e Escritores de Turismo (AGATEX). Esta asociación, que preside Guillermo Campos, entregará os seus premios anuais na Gala do Turismo e a Gastronomía de Galicia que se desenvolve o martes 2 de marzo en Pontevedra.
Pero nas xornadas anteriores este grupo de arredor de vinte xornalistas especializados visitarán á cidade tudense, porta de entrada do Camiño Portugués a Santiago de Compostela. O luns, 1 de marzo, chegarán a Tui e serán recibidos polo Alcalde tudense que os acompañará, de seguido, nunha cea de benvida. Ao día seguinte, martes, realizarán unha visita guiada á Catedral e ao conxunto monumental tudense, para a continuación dirixirse cara Pontevedra e Santiago.
Profesionais de Madrid, Barcelona, Bilbao, Las Palmas, Valencia, Zaragoza e outras capitais españolas daranse cita nesta visita, na que estarán acompañados amais de prestixiosos xornalistas galegos.
Para o concelleiro de cultura tudense, Moisés Rodríguez Pérez, a visita deste grupo de xornalistas, interesados no coñecemento da nosa cidade como porta de entrada do camiño portugués á Compostela, resulta de suma satisfacción para este Concello de Tui pois evidencia o interese que esta cidade e os seus recursos históricos e turísticos suscita nos medios xornalísticos especializados de España.
Por outra banda, esta visita, coincide co traballo que desenvolve o Concello de Tui para a promoción turística da localidade, especialmente neste ano Xacobeo, na que se agarda un importante número de visitantes. A inmediata edición de material informativo dirixido especificamente aos peregrinos, a apertura do Centro de Interpretación do Camiño Portugués, etc. son novas iniciativas que desenvolven os responsables municipais para a promoción do Concello de Tui neste Ano Santo Compostelá.
Concellería de Cultura, Persoal e Facenda do Concello de Tui
|
OS PRESTIXIOSOS REALIZADORES JAY ROSENBLATT E RAYMOND DEPARDON PROTAGONIZAN PLAY-DOC 2010
- A sexta edición do festival internacional de documental de Tui dedícalle ao director norteamericano Jay Rosenblatt a súa primeira retrospectiva en España
- Tamén será invitado o realizador e fotógrafo francés Raymond Depardon, facendo un repaso das súas obras máis representativas
Os afeccionados ao cinema de todo o mundo teñen unha cita ineludible do 17 ao 21 de marzo en Tui. O festival internacional de documental desta localidade pontevedresa prepara dúas retrospectivas de dous dos autores máis influíntes das últimas décadas.
O norteamericano Jay Rosenblatt visita Tui por segunda vez logo de ter participado o ano pasado a concurso con Beginning Filmmaking. Presentará desta volta un total de dez pezas que realizan un percorrido por unha carreira marcada pola técnica do collage.
A combinación de tomas persoais con material rescatado de bibliotecas ou de arquivo, iso que no argot fílmico se denomina found footage (metraxe atopada, literalmente), centra o discurso destas pezas, moi na tradición do cinema-ensaio de Jean-Luc Godard e Chris Marker.
Así, o realizador reflexiona sobre as diferentes facetas da condición humana, sempre cun estilo arriscado, comprometido, evocador e dunha grande forza psicolóxica.
Grazas á súa inconfundible ollada, Jay Rosenblatt ten sido galardoado con preto de cen premios en festivais como Sundance e recibido bolsas de fundacións como a Rockefeller ou a Guggenheim. Licenciado en Psicoloxía, combina a súa produción artística impartindo clases no San Francisco Art Institute.
Raymond Depardon, da fotografía ao cinema con éxito
O francés Raymond Depardon é un dos nomes clave no cinema do real contemporáneo dos últimos trinta anos, un dos poucos artistas que ten transitado da imaxe estática ao movemento conservando a súa pegada autoral intacta.
Popular polas súas fotografías das guerras de Alxeria ou de Vietnam, presenta tamén unha filmografía extensa na que cunha ollada silenciosa, enigmática e inescrutable logra retratar colectivos tan diversos coma o dos tolos de San Clemente ou o día a día dos policías de París en Faits divers.
Estes dous filmes pasaranse xunto a outros tres nunha intensa retrospectiva que intenta capturar a esencia dunha filmografía que xa anda polos corenta títulos.
|
"ÁBACO APUESTA POR PROYECTOS CONJUNTOS PARA LUCHAR CONTRA LA CRISIS"
La venta por internet y la marca de calidad "De Vanguarda" como imagen corporativa para el nuevo CCA de A Guarda.
Son las dos primeras iniciativas que 'ábaco' va a poner en marcha tras la presentación y aprobación de sus socios ayer, día 25 de febrero en la sede de la asociación con gran afluencia por parte de los socios.
Dos charlas con motivo de presentar dos campañas que se llevarán a cabo durante este año 2010 encaminándolos a conseguir que sean más competitivas y salgan de esta crisis mucho más reforzadas.
Venta virtual por internet "Yo quiero vender por internet" a cargo de la empresa Dos Espacios en colaboración con Informática San Benito, esta campaña es parcialmente subvencionada. Destacamos algunos aspectos fundamentales como son: La importancia del diseño de la web a la hora de vender, Como gestionar de forma sencilla el catálogo online, Medios de pago y seguridad en el pago ¿Los más seguros?, Logística, rapidez y cálculo de los portes en los envíos, Marketing en internet, Ayudas y subvenciones para pequeño comercio.
Y proyecto "A Guarda De Vanguarda" a cargo de la empresa Daimon Consulting, totalmente suvbencionado para la promoción y difusión del diseño en la pequeña empresa con el objetivo de concenciar sobre la importancia y utilidad del diseño en la comunicación en el comercio, mejorar la comercialización y preparación de nuestros productos, aplicación de técnicas de diseño en la comunicación de la marca y consolidar la imagen de marca que transmita calidad y seriedad.
Este proyecto piloto forma parte de una serie de acciones estratégicas que se desarrollan desde 'ábaco' para la mejora de la competitivad del colectivo autónomo y microempresarios de nuestra localidad, esta iniciativa está siendo promovida por la asociación y cofinanciada a través de fondos Feder y el Igape
Los proyectos para sorpresa de los presentes causo un buen impacto y un buen número de ellos ya se han inscrito para participar, aunque el número de participantes es limitado todavia se pueden acoger a el todo el que este interesado.
Ambos temas despertaron gran interés del empresario a juzgar por el número de asistentes al acto y los comentarios desprendidos al finalizar el mismo.
|
O BNG pronúnciase en Tomiño a favor da fusión das caixas galegas
O deputado do BNG Bieito Lobeira foi o encargado de analizar a situación actual das Caixas de Aforros galegas e expor as propostas do Bloque Nacionalista Galego ao respecto.
O acto foi presentado pola Responsábel Local do BNG en Tomiño, Cristina Martínez, e forma parte da campaña que o Bloque Nacionalista Galego está a realizar en todo o país para explicar a Lei de Caixas impulsada polos nacionalistas e as posibilidades dunha fusión galega.
Ao longo do acto expúxose que na situación na que se atopan as caixas galegas é inévitábel unha fusión. Calquera caixa de aforros que pretenda aceder ao FROB (Fundo de Reestructuración Ordenada Bancaria) para solventar a súa situación financeira debe contar con 50.000 millóns en activos. Dado que nengunha das caixas galegas cumpre este requisito a única vía para poder optar a estes fundos pasa por unha fusión.
"Unha vez que a fusión é inevitábel o BNG defende que se faga dentro de Galiza -explicou Bieito Lobeira- xa que é a única maneira de que o aforro das galegas e os galegos quede no país. Só hai dúas alternativas posíbeis: unha grande caixa galega co seu centro de decisións en Galiza, ou dúas filiais de caixas foráneas" -engadiu.
O deputado nacionalista defendeu a Lei de Caixas impulsada polo BNG como un instrumento indispensábel para que Galiza participe directamente na xestión das caixas garantindo así que o aforro galego se invista na economía produtiva do país. Segundo explicou, "esta lei garante que Galiza manteña un sistema financeiro propio que permitirá restaurar o fluxo de crédito a empresas e particulares, garante en definitiva que os recursos económicos galegos se poñan ao servizo de Galiza".
Durante o debate posterior insistiuse en que a fusión das caixas galegas con caixas de fora de Galiza suporía que na práctica as dúas caixas deixarían de seren galegas. "A alternativa á fusión galega é converter ás dúas caixas actuais en filiais de Cajamadrid e Caixastur ou Ibercaja -dixo Bieito Lobeira- impedindo que sexamos os galegos e galegas os que tomemos as decisións sobre os nosos aforros".
|
 |
|
|