O vindeiro domingo 14 de xuño ás 17:00 horas terá lugar o I FESTIVAL DE FIN DE CURSO DA ESCOLA COMARCAL DE TEATRO BAIXOMIÑOTA, no que actuarán en primer lugar os grupos infantís dos distintos Concellos, e a partir das 19:00 horas actuarán os grupos xuvenís e adultos.
O festival se repetirá o dia 21 de xuño no Auditorio de O Rosal.
Colaboran a Concellería de Cultura, Educación e Participación Veciñal de Tomiño e Concello de O Rosal.
PROGRAMA DO FESTIVAL - 14 de xuño no Auditorio de Goián e 21 de xuño no Auditorio de O Rosal.
“Ubú Rei”, polo grupo infantil de Tomiño.
Sinopse: Unha representación do grotesco e humanamente innoble do poder político.
Elenco: Angela Pereira, Deborah Martínez, Pablo Álvarez, Samuel moreno, Laura Vaquero, Mauro Portela, Frank Peate, Peggy Peate, Pared Peate.
Autor: Alfred Jarry.
Dirección: Xaime Aguiar.
“Ai, mamasiña!”, polo grupo infantil de Tui.
Sinopse: Unha nena, filla dun vello, leva desaparecida un longo tempo. Farto desta situación o vello contacta cun cabaleiro para que a recupere das mans do Malvado Maldito, un poderoso mago ao que, de súpeto, lle desaparece a filla por causa das súas inquedanzas artísticas. A aventura narra as aventuras do cabaleiro e o seu axudante, que non serían tal de non ser pola intervención dos outros personaxes que axudan e “desaxudan”.
Elenco: Martita: Lucía González / Rapsodia: Susana Rodríguez / Omarito: Pablo Álvarez / Carlitos: Dani Montes / Mago Malvado Maldito: Kevin Tur / Eugenio: Carlos / Samuelito: Rubén Morais.
Texto e Dirección: Alex Sobrino.
"Pobres pantasmas”, polo grupo infantil de A Guarda.
Sinopse: As pantasmas que viven no planeta Bort están cansas do mal que lle tratan os seus habitantes, que xa non se asustan delas, asi que deciden emigrar a un planeta novo que se chama “terra” e ali descobren un lugar xenial onde os seus habitantes senten auténtico medo ás fantasmas.
Elenco: Megatorpe: Ana Silva / Valentesuma: Isabel Castro / Chistosaperpetua: Claudia Rial / Semprecontenta: Camila Melo.
Autor: Gianni Rodari.
Dirección: Irene Moreira.
“O home espido e o frac”, polo grupo xuvenil de A Guarda.
Sinopse: é un farsa de enredo onde a través de dúas barrendeiras aprendemos a valorar o interior e non as apariencias. Durante unha noite no seu traballo atópanse con personaxes diversos: un home espido que está agochado ata atopar roupa ca que voltar a casa, un muller que se adica a roubar na rúa, unha garda que está obsesionada con cumplir co seu deber, unha vendedora con frac que aparece no medio deste caos cómico.
Elenco: 1º Barrendeira: Marta Estévez / 2ª Barrendeira/ Garda: Antía Fernández / Muller/Muller do frac: María Lozoya / Home espido: Javier Lago.
Autor: Darío Fó e Franca Rame.
Dirección: Irene Moreira.
“Donde el corazón se inclina el pié camina”, polo grupo adulto de Tui.
Sinopse: Apolo é un simpático personaxe có soño de ser taxista e que, incitado por un bo amigo se dedica a realizar pequenas e inocentes estafas.
Elenco: Apolo: Jóse Marín / Dafne: Rita Iglesias / Atilio: David Solla / Aldo: Uxía González / Médico: Ana Monteiro / Ladrón: Lucía Álvarez / Secretaria: Rosa.
Autor: Darío Fó.
Dirección: Nando Llera.
“Zeus”, polo grupo adulto de A Guarda.
Sinopse: Dous antigos gregos, un autor teatral e un actor, están atascados nun final para unha obra que se ten que estrear agora mesmo, desesperados piden axuda a unha galería de personaxes que lonxe de axudar enredan máis aínda esta comedia trepidante.
Elenco: Autor: Anselmo Martínez / Actor: Carlos Fernández / Vanesa: Esther Martínez / Triquinose/Coro: Carmen Álvarez / Colite/Jenny/Coro/voz camareira: Coral Ferreira / Apuntadora/voz de Woody Allen/ Lorena Miller/ Wendy/ Coro: Rosa Otero / Blanche Dubois/Amiga do escravo/Muller asasinada/Coro: Oliva Pereira / Muller do público/Ama/Garda/repartidora de correos/Coro: Luz Pérez.
Autor: Woody Allen.
Dirección: Irene Moreira.