JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Sinalizados nove elementos patrimoniais
no rural tudense

Supuxo un investimento de algo máis de 5 mil euros subvencionado en parte por Turismo de Galicia

O Concello de Tui, ao abeiro dun convenio asinado con Turismo de Galicia no pasado mes de agosto, ten procedido á sinalización de ata nove elementos patrimoniais localizados no ámbito rural do municipio, coa finalidade de promover a valorización destes bens por parte de visitantes e veciños.

En concreto foron sinalizados os seguintes elementos:

" Igrexa de San Miguel de Pexegueiro
" Ponte da Veiga
" Ponte das Febres, en Ribadelouro
" Capela da Virxe do Camiño, en Rebordáns
" Monumento aos Mártires de Sobredo, en Guillarei
" Muíños do Regueiro, en Paramos
" Muíños do Tripes, en Randufe e Pazos de Reis
" Balneario de Caldelas
" Ponte Internacional

O investimento realizado acada a cifra de 5.390,55 euros parte deste importe é financiado ao abeiro do reseñado convenio con Turismo de Galicia.

Para o responsable de Patrimonio, Turismo e Camiño de Santiago, o concelleiro Laureano Alonso, a instalación desta sinalización, que cumpre coas normas de sinaléctica turística de Galicia, patentiza o interese do goberno municipal pola promoción dos bens patrimoniais que atesoura Tui, no xa no ámbito do seu conxunto monumental, senón tamén as diversas parroquias que conforman o municipio tudense. A instalación desta sinalización permite identificar e recoñecer os principais valores destes bens patrimoniais.

Neste tempo de dificultades especialmente no que atinxe ao turismo a instalación desta sinalización, sinala o concelleiro Laureano Alonso, é un recordatorio a todos os veciños do rico patrimonio existente no ámbito rural tudense que xustifica un coñecemento dos mesmo especialmente neste intre de confinamento perimetral como unha alternativa de lecer respectando as recomendacións sanitarias.

Concello Tui


Os concellos do Grupo de Desenvolvemento Eu Rural súmanse á loita contra a violencia de xénero

Os 13 municipios publicarán este 25N nas súas redes sociais o vídeo documental 'Deixar o pasado atrás', que recolle os testemuños de superación das participantes nun obradoiro celebrado en Tomiño o pasado ano.

Deixar o pasado atrás para comezar a ser a persoa que se quere ser. Iso foi o que supuxo para as participantes desta primeira edición do obradoiro de Eu Rural aqueles días nos que compartiron alegrías, bagoas, historias…. Agora os testemuños destas mulleres aparecen recollidos nun vídeo documental que se estreará este 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, de forma simultánea nas redes sociais de todos os concellos que integran o territorio do Grupo de Desenvolvemento Rural.

Con esta acción, A Guarda, Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Redondela, Tomiño e Tui queren sumarse de forma activa á loita contra todo tipo de violencia. O traballo conxunto que os concellos desenvolven en outros eidos como o desenvolvemento económico ou o turismo trasládase así tamén á loita pola igualdade e contra a violencia de xénero.

A maiores das iniciativas que cada municipio ten previstas para conmemorar o 25N, comprometéronse con esta acción conxunta conscientes de que unidos a loita será máis visible e que dende as institucións debe liderarse o traballo pola igualdade en todos os eidos e contra calquera tipo de agresión física, verbal ou psicolóxica.

O documental, de seis minutos de duración, resume o acontecido na primeira edición do curso de autoestima e empoderamento feminino organizado por Eu Rural o ano pasado en Tomiño, no que xorden diferentes historias de superación entre as participantes, todas cun denominador común: deixar o pasado atrás e mirar cara o futuro con forza.

Concello Tui


A postal de Nadal do Concello será a gañadora do concurso escolar convocado para o seu deseño

Pode participar o alumnado de Primaria dos centros educativos tudenses

A Concellería de Ensino e Cultura do Concello de Tui convoca un concurso dirixidos ao alumnado de Primaria dos centros educativos do municipio para a elección da postal de Nadal do Concello de Tui.

A concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente Solla, explica que "a finalidade deste certame escolar é fomentar a expresión artística, a creatividade e a participación activa da poboación infantil tudense nas tradicións do Nadal". Destaca que o traballo gañador deste certame será que o emprego o Concello de Tui na súa postal de Nadal coa que tradicionalmente se felicita á veciñanza do concello.

A temática deste concurso de debuxo escolar é "O Nadal en Tui". O que se pretende é que os nenos e nenas do noso municipio, expresen a través dun debuxo o significado do Nadal e a súa relación co noso Concello, por tanto é obrigatorio incluír na postal algunha referencia a Tui.

Poderán participar todos os nenos e nenas matriculados en Educación Primaria nos centros educativos radicados no municipio de Tui, tanto públicos coma concertados. Cada participante presentará un único traballo orixinal e inédito con técnica libre. Establécese coma condicións que o deseño non presente releves, nin purpurinas ou outro material similar para facilitar a súa reprodución impresa. Cada centro escollerá as doce mellores postais que serán enviadas á Concellería de Ensino e Cultura do Concello de Tui para presentar ao xurado deste concurso de debuxo infantil. Coas obras presentadas realizarase unha exposición pública.

Establécense tres premios:

" 1 º premio de 100€ para consumir en establecementos comerciais do municipio, un lote de pinturas, bloc e material de pintura e un lote libros, valorado en 40 euros. A obra gañadora do concurso será a postal do Nadal do Concello de Tui
" 2 º premio de 70€ para consumir en establecementos de Tui e lote de libros
" 3 º premio de 50 € para consumir en establecementos comerciais do municipio e lote de libros

Con este certame o Concello de Tui traballa na promoción das celebracións do calendario festivo tradicional do noso Concello como son as próximas festas do Nadal que, neste ano 2020, serán felicitadas a través dunha postal deseñada por un ou unha escolar do noso municipio.

div align="right">

Concello Tui



Edições C@2000

Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP


Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais