JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Horário do Ferry (23 a 29 de Novembro)

Concello de A Guarda


Aprobación da moción para pedir ao goberno galego a titularidade dos terreos portuarios para os concellos

Concello de A Guarda


A Guarda advirte da presenza da Procesionaria do piñeiro

A procesionaria do piñeiro (Thaumetopoea pityocampa) é unha especie cuxa oruga pode provocar irritación en ouvidos, nariz e gorxa nos seres humanos así como intensas reaccións alérxicas.

Trátase dunha especie que dependendo da época do ano vive nas ramas das árbores ou no solo. Aínda que adoitan aparecer no comezo da primavera, cando as temperaturas xa non son tan baixas, esta semana visualizáronse varios individuos na zona do Castelo de Santa Cruz e no piñeiral da praia do Muíño.

Hai que extremar as precaucións fronte a esta especie, tanto coa crianzas como cos cans, xa que pode provocar reaccións alérxicas moi fortes.

Concello de A Guarda


A Guarda lanza o concurso "As Xanelas do Nadal"

A Concellería de Cultura organiza o concurso de decoración "As Xanelas do Nadal", una iniciativa en colaboración cos veciños/as da vila.

O tema obxecto da actividade é o "Decorado das Xanelas do Nadal" , onde cada veciño/a poderá decorar libremente unha xanela, porta ou balcón da súa vivenda visible dende o exterior.

Unha vez decoradas, para participar no concurso, deberá enviarse un e-mail a culturaguarda@gmail.com indicando nome, apelidos, enderezo e un teléfono de contacto.

Estas fotografías serán publicadas no Facebook de @culturaguarda o luns día 14 de Decembro.

Pasada unha semana (o lúns 21 ás 14:00 horas) as tres fotografías con máis Likes serán as gañadoras dunha cesta de nadal.

Os traballos resultantes, serán utilizados polo Concello da Guarda para a súa difusión dende a páxina web e as redes sociais.

OBXECTIVOS

- Apreciar e valorar o espírito do Nadal.
- Conseguir que o cidadán se sinta motivado por vivir o Nadal.
- Concienciar da importancia do enbelecemento da vila.
- Fomentar o traballo en familia.
- Unir ós veciños/as para traballar sobre un mesmo obxectivo.

Concello de A Guarda


Arranca na Guarda a exposición "Sempre Vivas"

" A Exposición poderá visitarse do 25 de novembro ao 4 de decembro en horario de 9:00h a 15:00h na Casa dos Alonso.

" Dentro da campaña de sensibilización En Negro contra as Violencias, máis de 200 persoas se achegaron ata o Concello a recoller o material da mesma.

" Un vídeo recolle a lectura do Manifesto do 25N, con imaxes da elaboración dos traballos expostos en "Sempre Vivas".

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller, organiza a exposición "Sempre Vivas" para conmemorar o 25 de novembro, Día contra a Violencia de Xénero.

Nesta exposición participaron todos os centros educativos da Guarda, a Asociación Avelaíña, o Centro San Xerome e o Obradoiro de Emprego da Guarda e se pode visitar dende hoxe día 25 de novembro ata o 4 de decembro en horario de 9:00h a 15:00h na Casa dos Alonso.

Queremos manter na nosa lembranza a todas as mulleres ás que lle despoxaron os soños, os recordos e o seu propio alento. Todas as vidas que alguén decidiu que non merecían continuar e apagaron pola forza.

O obxectivo desta exposición é homenaxear ás vítimas da violencia de xénero, para que non sexan borradas do mapa de balde. En certo xeito, queremos volver a darlle vida, enchendo as súas siluetas de cor, de mensaxes, de alento, ... para que a súa lembranza permaneza en nós e nos motive a reflexionar sobre o xeito en que nos achegamos á lacra da violencia machista como sociedade, pondo por bandeira a sororidade e a afouteza para combater e denunciar estas situacións. Queremos facer partícipes ás crianzas, porque elas son o futuro, e unha educación a favor da igualdade entre todas as persoas sen distinción de xénero ou condición é o comezo da andaina.

Dende o Concello da Guarda se quere facer un agradecemento a todos os centros educativos, institucións e entidades que participaron na elaboración do material desta exposición.

Campaña En Negro contra as Violencias

A Concellería de Igualdade do Concello da Guarda, con motivo da Conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, uniuse un ano máis á campaña de sensibilización En Negro contra as Violencias, coa que se pretende tinguir de negro as vilas e cidades galegas.

Desde o Concello, púxose a disposición da cidadanía, establecementos comerciais e asociacións, de forma totalmente gratuíta, cartelería, camisetas e mochilas e xa destinado especificamente ao sector da hostalaría, pousavasos e panos para que do 17 ao 25 de novembro, vestisen as tendas, comercios, empresas, bares, postos do mercado, etc. de negro, así coma os maniquís, manteis dos restaurantes e ás/ós propias/os traballadoras/es. A iniciativa foi un éxito, esgotándose todo o material da campaña.

Vídeo Manifesto polo 25N

O Alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a Concelleira de Igualdade, Fátima Rodríguez, elaboraron un vídeo no que deron lectura ao Manifesto do 25N, un vídeo no que se amosan os traballos elaborados polos centros educativos, institucións e entidades que participan na exposición "Sempre Vivas" para conmemorar o 25 de novembro, Día contra a Violencia de Xénero.

Link vídeo: https://youtu.be/X0GuUejdWDA

Concello de A Guarda


Os concellos do Grupo de Desenvolvemento Eu Rural súmanse á loita contra a violencia de xénero

Os 13 municipios publicarán este 25N nas súas redes sociais o vídeo documental 'Deixar o pasado atrás', que recolle os testemuños de superación das participantes nun obradoiro celebrado en Tomiño o pasado ano.

Deixar o pasado atrás para comezar a ser a persoa que se quere ser. Iso foi o que supuxo para as participantes desta primeira edición do obradoiro de Eu Rural aqueles días nos que compartiron alegrías, bagoas, historias…. Agora os testemuños destas mulleres aparecen recollidos nun vídeo documental que se estreará este 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, de forma simultánea nas redes sociais de todos os concellos que integran o territorio do Grupo de Desenvolvemento Rural.

Con esta acción, A Guarda, Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Redondela, Tomiño e Tui queren sumarse de forma activa á loita contra todo tipo de violencia. O traballo conxunto que os concellos desenvolven en outros eidos como o desenvolvemento económico ou o turismo trasládase así tamén á loita pola igualdade e contra a violencia de xénero.

A maiores das iniciativas que cada municipio ten previstas para conmemorar o 25N, comprometéronse con esta acción conxunta conscientes de que unidos a loita será máis visible e que dende as institucións debe liderarse o traballo pola igualdade en todos os eidos e contra calquera tipo de agresión física, verbal ou psicolóxica.

O documental, de seis minutos de duración, resume o acontecido na primeira edición do curso de autoestima e empoderamento feminino organizado por Eu Rural o ano pasado en Tomiño, no que xorden diferentes historias de superación entre as participantes, todas cun denominador común: deixar o pasado atrás e mirar cara o futuro con forza.

Concello de A Guarda




Edições C@2000

Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP


Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais