JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Oia ultima o seu Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sustentable

A medida enmárcase dentro dos compromisos do Pacto das Alcaldías polo Clima

O Concello de Oia está a ultimar a redacción do seu Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sustentable (PACES), un documento onde se inclúen medidas para frear o cambio climático e reducir a pegada de carbono, converténdose deste xeito nun municipio respectuoso e concienciado co medio ambiente.

A Administración local contou cun total de 3.993 euros para a elaboración do plan. Esta cantidade procede das axudas a entidades locais asinantes do Pacto das Alcaldías para o Clima e a Enerxía Sostible, co apoio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia e dos Fondo Feder da UE, baixo o lema "Unha maneira de facer Europa".

O documento, cuxa redacción foi adxudicada a Taller de Estrategias Ciudadanas, aborda cuestións como a diminución de consumos enerxéticos e a substitución de enerxías fósiles por renovables -co obxectivo de reducir a pegada de carbono do municipio- . Será de aplicación en edificios, instalacións, equipamentos, transporte público e privado e ciclos de tratamento de residuos sólidos e augas residuais.

Así mesmo, o plan definirá medidas para preparar á localidade fronte aos riscos e vulnerabilidades que derivadas do proceso de cambio climático.

Próxima aprobación no pleno

Desde principios do mes de setembro, o Concello estivo a traballar na recompilación de datos relativos a edificios e instalacións municipais, actuacións desenvolvidas en materia de eficiencia enerxética, recollida e tratamento de residuos, equipamentos e servizos, etc; a fin de que puideran ser incluídos na estratexia.

Unha vez reunida toda esta información e avanzado o proceso de redacción do documento, actualmente estanse a pechar os últimos detalles co obxectivo de que poida ser aprobado pola Corporación Municipal no pleno deste mes.

A aprobación do PACES é un dos compromisos asumidos polo Concello de Oia como membro do Pacto de Alcaldías para o Clima e a Enerxía, ao que se sumou o pasado ano. Segundo lembra a alcaldesa, Cristina Correa, formar parte desta iniciativa sitúa ao municipio dentro do "maior movemento mundial de autoridades na loita contra o cambio climático".

Concello de Oia


O Concello de Oia reparte 15 novos composteiros entre a veciñanza

A Administración local continúa así co seu programa de compostaxe doméstica

As persoas interesadas poden solicitalos no Concello ata o día 1 de decembro

O Concello de Oia continúa co seu programa de promoción da compostaxe doméstica, nesta ocasión a través da entrega de 15 novos composteiros individuais que se porán a disposición da veciñanza.

As persoas interesadas en solicitar un destes novos composteiros deberán inscribirse no Concello de Oia formalizando a correspondente solicitude, para o que dispoñen de prazo ata o 1 de decembro. Á hora de cumprimentar o formulario deberán indicar o enderezo e a referencia catastral da vivenda na que se vai colocar.

Os 15 dispositivos para o tratamento de compost serán adxudicados por orde de inscrición. En primeiro lugar atenderanse as solicitudes das persoas pendentes de convocatorias anteriores e, a continuación, procederase á entrega ás persoas inscritas neste novo prazo.

Os beneficiarios do programa deberán participar nunha charla explicativa sobre o uso dos composteiros que impartirá un técnico de Sogama. Así mesmo, quedarán comprometidos a participar nas labores de inspección que programe o Concello a fin de comprobar o correcto uso do dispositivo entregado.

Promoción da compostaxe doméstica

A nova partida, procedente dunha achega de Sogama, forma parte do programa de promoción da compostaxe doméstica que está a desenvolver a Administración local, e que consiste na entrega de composteiros individuais entre a veciñanza.

Dentro deste programa municipal, ao longo do pasado ano o Concello entregou un total de 50 composteiros, algúns recibidos a través de Sogama e outros correspondentes ao Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra.

O Concello de Oia anima á veciñanza a empregar os composteiros nos seus fogares e lembra que a compostaxe é unha oportunidade para reciclar os residuos orgánicos: o compost que se fabrica (rico en materia orgánica e minerais) pode ser reutilizado nas hortas domésticas por ser un bo fertilizante para o solo.

Beneficios da compostaxe

O compost é un excelente abono para as hortas domésticas, pois contribúe a que as plantas teñan maior resistencia ás pragas e enfermidades sen necesidade de empregar fertilizantes artificiais e pesticidas. Así mesmo, este produto natural resulta beneficioso para a estrutura e a saúde do solo.

Ademais, o tratamento de restos orgánicos a través da compostaxe axuda a diminuír a produción de residuos, pois a materia é reutilizada en vez de ser botada aos colectores de lixo.

Concello de Oia


O Concello de Oia renova
a cuberta das Escolas de Loureza

O Concello de Oia acondicionará a contorna do edificio no presente mandato

O Concello de Oia vén de renovar a cuberta das antigas Escolas de Loureza. A actuación supuxo unha inversión de 24.422,29 euros e foi financiada ao 100% a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra de 2020 (liña 1, investimentos).

Esta obra, que ten por obxectivo corrixir o mal estado no que se atopaba a cuberta, supón dar continuidade aos traballos de mantemento e conservación realizados o ano pasado nestas instalacións. En 2019, e tamén ao abeiro do Plan Concellos, este equipamento municipal foi obxecto de diversas actuacións de reforma e mellora da accesibilidade por valor de 48.356,42 euros.

Todos estes traballos permitiron que o edificio das antigas Escolas de Loureza quedase totalmente habilitado para o desenvolvemento de actividades socioculturais como poden ser obradoiros, charlas, accións formativas, etc.

O Concello de Oia ten previsto seguir investindo na mellora deste equipamento en próximos exercicios. Segundo indica a alcaldesa, Cristina Correa, no presente mandato tamén se abordará o acondicionamento da contorna do edificio das Escolas de Loureza.

Concello de Oia




Edições C@2000
Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP

Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais