JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Horário do Ferry (16 a 22 de Novembro)

Concello de A Guarda


A Guarda retoma este sábado o mercadillo semanal dos sábados

" Farase co 50% dos postos habituais e con todas as medidas sanitarias de distanciamento e prevención ante a COVID-19.

O Concello da Guarda, en virtude das medidas de restrición adoptadas por sanidade fronte ao coronavirus COVID-19 e, trala saída do nivel vermello do municipio a pasada semana, adoptou retomar a actividade do mercadillo semanal dos sábados na Alameda da Guarda cun 50% dos postos habituais a partires deste sábado día 21 de novembro.

O mercadillo quedara suspendido e só se instalaban os postos habituais de froitas e verduras, prantas e embutidos dende o pasado sábado día 24 de outubro ante a evolución da COVID-19.

A día de hoxe o número de casos confirmados na localidade é de entre 14 e 21, estando no nivel 2, segundo os novos casos confirmados por PCR nos derradeiros 7 días.

Temos que recordar que é responsabilidade de todos os veciños e veciñas controlar a situación sanitaria debida ao COVID-19. É necesario manter o uso da mascarilla e extremar a hixiene de mans e o mantemento da distancia social. Dende o concello queremos trasladarlle ás familias que reforcen as medidas de precaución cos cativos, prestando especial atención a aparición de febre ou tose.

Concello de A Guarda


Últimos días para inscribirse no mercado de nadal 2020

O Concello da Guarda organiza o Mercado de Nadal do 4 de decembro de 2020 ao 5 de xaneiro de 2021 coincidindo coa campaña de comercio e cultural adicada ao Nadal.

Este mercado está destinado a artesáns e produtores coma por exemplo produtos de horta ou alimentación. Tamén pode participar o comercio local e do noso entorno.

Os interesados poden consultar as bases de participación e ter en conta que o prazo para a inscrición remata este venres 20 de novembro.

O procedemento é a través do rexistro municipal presentando unha instancia xeral coa indicación de "Mercado de nadal" cos datos de contacto, descrición dos produtos á venda e copia da documentación en vigor.

O número de postos é reducido polo que se vai establecer unhas quendas dependendo do número total de interesados. O reparto destas quendas realizarase por sorteo entre os profesionais que cumpran os requisitos solicitados.

Concello de A Guarda


A Guarda conmemora o 25N coa exposición "Sempre Vivas"

" A Exposición poderá visitarse do 25 de novembro ao 4 de decembro en horario de 9:00h a 15:00h na Casa dos Alonso.

" Dentro da campaña de sensibilización En Negro contra as Violencias, repartirase material totalmente de balde na recepción do Concello, en horario de 8:00 a 15:00 de luns a venres.

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller, organiza a exposición "Sempre Vivas" para conmemorar o 25 de novembro, Día contra a Violencia de Xénero.

Nesta exposición van a participar todos os centros educativos da Guarda, a Asociación Avelaíña, o Centro San Xerome e o Obradoiro de Emprego da Guarda e poderá visitarse do 25 de novembro ao 4 de decembro en horario de 9:00h a 15:00h na Casa dos Alonso.

Queremos manter na nosa lembranza a todas as mulleres ás que lle despoxaron os soños, os recordos e o seu propio alento. Todas as vidas que alguén decidiu que non merecían continuar e apagaron pola forza.

O obxectivo desta exposición é homenaxear ás vítimas da violencia de xénero, para que non sexan borradas do mapa de balde. En certo xeito, queremos volver a darlle vida, enchendo as súas siluetas de cor, de mensaxes, de alento, ... para que a súa lembranza permaneza en nós e nos motive a reflexionar sobre o xeito en que nos achegamos á lacra da violencia machista como sociedade, pondo por bandeira a sororidade e a afouteza para combater e denunciar estas situacións. Queremos facer partícipes ás crianzas, porque elas son o futuro, e unha educación a favor da igualdade entre todas as persoas sen distinción de xénero ou condición é o comezo da andaina.

Campaña En Negro contra as Violencias

A Concellería de Igualdade do Concello da Guarda, con motivo da Conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, únese un ano máis á campaña de sensibilización En Negro contra as Violencias, coa que se pretende tinguir de negro as vilas e cidades galegas.

Desde o Concello, ponse a disposición da cidadanía, establecementos comerciais e asociacións, de forma totalmente gratuíta, cartelería, camisetas e mochilas e xa destinado especificamente ao sector da hostalaría, pousavasos e panos para que do 17 ao 25 de novembro, poidan vestir as tendas, comercios, empresas, bares, postos do mercado, etc. de negro, así coma os maniquís, manteis dos restaurantes e ás/ós propias/os traballadoras/es.

Este ano como novidade repartiranse memorias USB e marcapáxinas para a comunidade educativa que vai participar na exposición Sempre Vivas que se inaugurará o propio 25 de Novembro na Casa do Concello.

Para participar nesta campaña este ano, dadas as circunstancias actuais, farase entrega do material na recepción do Concello, en horario de 8:00 a 15:00 de luns a venres. Entregarase un exemplar de cada material a todas aquelas persoas que estean interesadas totalmente de balde.

Concello de A Guarda


Convocatoria pública de axudas municipais individuais a deportistas guardeses

" Os deportistas interesados en optar a estas axudas teñen un prazo de 20 días hábiles dende a publicación do anuncio no BOPPO(BOP 16 novembro de 2020).

" A concesión das axudas realizarase polo sistema de concorrencia competitiva.

O Concello da Guarda ven de aprobar as axudas a deportistas individuais da vila a través dunha partida do orzamento municipal por importe de 3000€.

Deste xeito aprobouse a convocatoria de concesión de axudas a deportistas guardeses para o ano 2020 polo sistema de concorrencia competitiva, as bases de dita convocatoria atópanse xa para a súa descarga na web municipal www.aguarda.es no Boletín Oficial de Pontevedra e no Taboleiro de Anuncios do Concello.

Estas bases teñen por obxecto axudar a sufragar os diversos gastos de desprazamento, material e outros dos deportistas guardeses máis destacados, dentro da convocatoria correspondente ao ano 2020.

Establécese un prazo de presentación das solicitudes de vinte días hábiles dende o día seguinte á publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOP 16 novembro de 2020)

Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, poderá requirirse a persoa solicitante, no prazo improrrogable de dez días hábiles, que achegue a documentación omitida ou modifique no seu caso a presentada se resultase procedente. Transcorrido o devandito prazo sen que o interesado achegue a documentación solicitada entenderase que renuncia á axuda solicitada.

Todas as notificacións derivadas das actuacións de instrución realizaranse a través da web oficial do Concello da Guarda e do taboleiro de anuncios.

Concello de A Guarda


O BNG esixe solucións á falta de seguridade viaria na Pasaxe en Camposancos

Anxo Baz: "é moi preocupande ver como o goberno local non atende ás demandas que veciños e veciñas reclaman dende hai anos"

O bloque nacionalista galego realizou unha visita á Pasaxe en Camposancos ante a desesperación de veciños e veciñas pola falta de medidas de seguridade viaria na zona.

Na reunión mantida coa veciñanza, o bloque nacionalista galego faise eco dunhas demandas que non van máis aló duns mínimos de dignidade e seguridade: unha marquesina, un paso de peóns e medidas para o calmado de tráfico.

O bng denuncia a situación de precariedade na que o goberno local deixa a numerosas familias, usuarias do transporte público, por negarlles a simple colocación dunha marquesina.

"A ausencia dun mínimo espazo de abrigo, condea aos nosos nenos e maiores a padecer as inclemencias do tempo un inverno máis", afirma o voceiro nacionalista Anxo Baz.

Para os nacionalistas, é moi preocupante tamén ver cómo o goberno local non atende a colocación dun paso de peóns e as necesarias medidas de calmado de tråfico que se solicitan desde hai anos.

"Temos a parada de autobús, a estación marítima, o parque infantil, un clube náutico, o enlace do camiño portugués pola costa, o servicio de ferri, as docas … todo frente a casa e non temos por onde cruzar" - comentaba unha das veciñas.

O BNG quere amosar todo o seu apoio ás demandas que a veciñanza reclama ao Concello da Guarda, demandas, ás que tamén se sumou a presidenta da E.L.M de Camposancos, Merchi Martínez.

Tanto a alcaldesa pedánea, como o portavoz municipal Anxo Baz, comprometéronse ante os veciños da Pasaxe a esixir unha actuación urxente que cubra unhas necesidades máis que constatadas, se atendemos a carga de tráfico e as velocidades que soporta unha estrada que da tamén acceso ás praias, astaleiros, fábricas, naves e almacéns e unha ampla zona residencial.

BNG de A Guarda


O BNG DA GUARDA DEMANDA UN INCREMENTO DA PARTIDA DESTINADA A EMERXENCIA SOCIAL DA ÁREA DE IGUALDADE

Neste 25 de Novembro atípico, o BNG da Guarda solicita medidas para paliar os efectos da crise económica e social provocada polo COVID-19 nas vítimas de violencia machista.

Se temos en conta os datos de feminicidios cometidos nos últimos anos temos aínda moito traballo por facer. É imprescindible rachar co silencio e apostar pola sensibilización da sociedade e a prevención, desenvolvendo accións dirixidas ao conxunto da sociedade sobre os danos provocados pola desigualdade e as condutas violentas.

A Concelleira do BNG na Guarda Bea Lomba sinala "Se ben é certo que temos dado pasos adiante como sociedade na visibilización das violencias machistas, fica moito por facer. Aínda que os datos oficiais indican un descenso no número de denuncias e tamén das ordes de protección, non podemos caer no erro de pensar que a situación mellorou. A realidade é que as mulleres conviven moito máis tempo cos seus agresores, moitas veces en situacións de precariedade económica que agravan aínda máis os problemas".

Para o BNG é necesario dar unha resposta a esta situación de indefensión e as novas situacións que xorden polo COVID, e aumentar os recursos disponíbeis para lle facer fronte.

Por todo isto, neste 25 de Novembro atípico, o BNG da Guarda solicita medidas para paliar os efectos da crise económica e social provocada polo COVID-19 nas vítimas de violencia machista, recollidas nunha moción onde se lle solicita o goberno local o incremento da partida destinada a emerxencia social do CIM.

A proposta tamén recolle a reclamación á Xunta de Galiza do incremento dos recursos económicos destinados especificamente a loitar contra a violencia machista no proxecto de orzamentos de 2021.

BNG de A Guarda




Edições C@2000

Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP


Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais