JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

A cota trimestral da taxa do lixo será de 21,19 € para os establecementos que tiveron que paralizar a súa actividade pola pandemia

Os interesados deben presentar a solicitude no ORAL no modelo dispoñible na web tui.gal

O Concello de Tui aplicará aos establecementos que tiveron que permanecer pechados durante o estado de alarma ou na actualidade coma consecuencia das medidas restritivas que están vixentes en Tui a mesma cota trimestral da taxa anual do lixo que ás vivendas, no período no que estiveron sen actividade.

O Concello de Tui aplicará o artigo 3.3 da Ordenanza Reguladora da taxa pola Recollida do Lixo que recolle "no caso de establecementos comerciais, profesionais e industriais que se atopen pechados, aplicarase unha tarifa mínima idéntica á tarifa de vivendas" cuxo importe é 21,19 € ao trimestre. Esta medida será de aplicación tanto aos establecementos e actividades profesionais que tiveron que cesar na súa actividade dende o mes de marzo coa declaración do estado de alarma, coma aqueles nestes momentos tiveron que pechar as súas portas con motivo das medidas restritivas establecidas en Tui pola situación epidemiolóxica na cidade.

Así o alcalde, Enrique Cabaleiro, explica que "o goberno do concello de Tui tomamos a determinación, examinando a nosa ordenanza, de que aqueles establecementos que estiveron pechados se lle aplique a tarifa das vivendas particulares". Nese senso sinala que tras baralla distintas posibilidade "cremos que esta solución é a máis práctica, porque nos permite actuar con carácter retroactivo" de tal xeito que se aplicará xa neste 2020.

Así coa aplicación deste artigo un restaurante cunha superficie de ate 250 m2 pasará de aboar 189€ a 21,19€ no trimestre no que estivo o está pechado ou no caso dos que superen os 250 m2 o importe se reducirá dos 370,77€ marcados na ordenanza por trimestre, aos 21,19€ de aplicación ao non exercer a actividade. No caso dun comercio de máis de 40 m2 pasaría de aboar 58,34€ ao trimestre aos 21,19€.

Os interesados deben presentar no ORAL a solicitude de aplicación deste artigo 3.3 da ordenanza, para o que poden descargar o modelo en tui.gal, e cumprimentalo cos seus datos.

Deste xeito o Concello de Tui suma unha nova medida de apoio ao sector comercial da cidade neste momentos complicados derivados da pandemia da COVID19. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, sinalou que deste xeito se aporta "unha solución de inmediata aplicación"

Por outra parte o Concello de Tui está traballando na modificación da actual Ordenanza Reguladora da taxa pola Recollida do Lixo que entrou en vigor en outubro de 2008. Para iso encargouse un estudo actualizado dos custes do servizo. Con esta actualización amais de actualizar os custes do servizo, que están agora mesmo en estudo, tamén se dará resposta á solicitude de comerciantes e hostaleiros que levan anos reclamando, incluso xudicialmente, unha modificación da taxa.

Concello Tui


O mar e as súas xentes son os protagonistas da exposición fotográfica que dende hoxe e até o 6 de decembro se pode visitar en Tui

A mostra "Fillos do océano" de Javier Teniente permite realizar unha viaxe fotográfica polos 5 continentes

O mar e as súas xentes son os protagonistas da exposición fotográfica que dende hoxe e até o 6 de decembro se pode visitar na Sala Municipal de Exposicións na Área Panorámica. Baixo o título de "Fillos do océano" o fotógrafo Javier Teniente reúne máis de setenta instantáneas que ao longo de varios anos tomou nos cinco continentes. A mostra forma parte do proxecto "Corrente cultural" que propicia a colaboración entre ABANCA, Afundación e o Concello de Tui

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, participaron esta mañá na apertura da mostra xunto á responsable Zona Condado Baixo Miño de ABANCA, Ángela Rodríguez; a coordinadora adxunta da Área de Cultura de Afundación, Paloma Vela, e a directora da oficina de ABANCA da rúa Augusto González Besada de Tui, Noelia Vaqueiro.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, convidou á veciñanza a visitar a mostra na sustentabilidade está moi presente e pon en valor os recursos da nosa terra. Ao tempo agradeceu a Afundación e Abanca achegar esta actividade até Tui.

Paloma Vela, coordinadora adxunta da Área de Cultura de Afundación , salientou que a exposición achega unha "visión con múltiples vantaxes" así permite viaxar ao longo do planeta, dende a India a Vietnam, Andalucia ou Galicia con fotografías que nos trasladan a distintos lugares, pero falan tamén de sostenibilidade, da importancia do coidado dos ecosistemas mariños,… Cada fotografía está acompaña dun texto explicativo.

A exposición permanece aberta de luns a venres de 9 a 14 h e de 15.30 a 21 h, e os sábados de 9 a 14 h.

A mostra constitúe unha homenaxe a todos eses pescadores que viven do mar e para o mar e obteñen del todo o necesario para a súa supervivencia. Javier Teniente inicia o seu traballo profesional nos diarios Faro de Vigo e Atlántico Diario, nos que desenvolve o seu labor como fotógrafo de prensa durante varios anos, para logo emprender o seu percorrido como reporteiro. Esta nova etapa levarao dun extremo a outro do mundo, cubrindo algúns dos máis importantes acontecementos das últimas décadas. Na actualidade traballa como fotógrafo independente, representado pola axencia Getty Images. Gañou en dúas ocasións o prestixioso Premio Internacional Luis Valtueña de Fotografía Humanitaria (2003 e 2005), ademais de recibir o Premio Galicia de Comunicación (2004) e unha mención especial nos Premios Ortega e Gasset de Xornalismo (2006).

Concello Tui


O Concello de Tui prepara unha Guía da hostalería e restauración de Tui cos servizos de entrega a domicilio e recollida no local

Os locais interesados en figurar na listaxe deben cumprimentar o formulario en tui.gal

O Concello de Tui, a través da iniciativa de apoio ao comercio local Quero Tui, está a elaborar un directorio con todos os establecementos hostaleiros e de restauración do municipio que ofertan o servizo de comida para levar ou de recollida no local. O obxectivo é aglutinar nun único espazo a ampla oferta gastronómica que ofrece a hostalería e restauración tudense e ao tempo apoiar a este sector nestes duros momentos, segundo explica a concelleira de Comercio, Ana Núñez.

Esta nova guía estará a disposición dos consumidores tanto en formato dixital a través da web municipal tui.gal coma nas redes sociais municipais, coma en formato físico cunha guía en papel que se distribuirá a través do comercio local.

Os establecementos que desexen figurar na guía co servizo que ofrecen deberán cumprimentar á maior brevidade posible o formulario accesible en tui.gal. A Guía dixital irase actualizando diariamente, pero para a edición impresa é preciso contar con todos os datos este xoves para poder proceder a súa pública e distribución no menor prazo de tempo posible.

Amais da Guía de servizos a través da plataforma do comercio local ÉTui ofrécese aos establecementos de restauración o servizo de loxística para o reparto dos pedidos. Precisamente ÉTui contará cun espazo específico para este servizo de entrega de comida onde os consumidores poderán realizar o seu pedido e recibir os produtos seleccionados sen saír do seu domicilio.

Concello Tui


Cento sesenta fogares tudenses participan xa no programa municipal de compostaxe

O pasado venres entregáronse 25 novos composteiros individuais

Son xa 160 os fogares tudenses que participan no programa municipal de compostaxe. O pasado venres, no Centro Municipal de Formación, tivo lugar a entrega de 25 novos composteiros a outras tantas persoas que tiñan presentando a súa solicitude. Previamente a mestra composteira, Sara Luque, ofreceu varias charlas informativas en grupos reducidos explicando tanto o qué é a compostaxe coma o proceso a seguir. De agora en diante, ao igual que realiza xa en máis dun centenar de fogares, a mestra composteira levará a cabo un control e seguimento de forma periódica deste novos composteiros.

Aquelas persoas que desexen contar cun composteiro individual nos seus fogares poden solicitalo cubrindo o impreso que está accesible en tui.gal ou solicitándoo no correo compostaxe@tui.gal.

Cómpre lembrar que amais destes 160 composteiros individuais na cidade hai amais 3 centros de compostaxe comunitaria situados na rúa Tenencia, na rúa Compostela e na traseira da Área Panorámica.

Concello Tui


A Policía Local controlou máis de 500 vehículos na fin de semana ante o peche perimetral do municipio

Recibiron máis de 300 chamadas tentando resolver dúbidas sobre a normativa en vigor que por momento chegaron a colapsar as liñas telefónicas

A vixilancia do cumprimento das novas medidas restritivas que o sábado entraron en vigor en Tui xunto á restrición á mobilidade de 23 a 6 h centraron as actuacións da Policía Local de Tui durante a fin de semana.

Tramitaron 6 denuncias polo incumprimento do toque de queda, polo peche perimetral, e por viaxar nun mesmo vehículo persoas non convivintes, algo que non está permitido en Tui dende o sábado.

Os axentes da Policía Local realizaron o control de máis de 500 vehículos tanto no entorno da vella Ponte Internacional coma noutros puntos da cidade para comprobar o cumprimento do peche perimetral que dende o sábado está en vigor no municipio. Os policías informaron a moitos condutores procedentes de Portugal das novas medidas establecidas en Tui polas que non se pode acceder ao municipio, salvo nos casos establecidos. Amais tanto a liña fixa coma a móbil da Policía Local chegou a colapsar na fin de semana ante as numerosas consultas recibidas tanto dende Galicia coma dende Portugal sobre as novas medidas restritivas que están vixentes. Compre lembrar o teléfono 900 400 116 para resolver dúbidas tanto sobre a COVID19 coma sobre as medidas establecidas.

Amais na noite do sábado os municipais deron o alto a dous vehículos cuxos condutores deron positivo no control de alcoholemia e incumpría o toque de queda.

Ás 23.20 h na rotonda de Guillarei os axentes deron o alto a un vehículo que circulaba en zigzag. O condutor triplicaba a taxa de alcohol permitida ao dar un resultado de 0,94 mg/l na primeira proba realizada, e 0,91 mg/l na segunda. Minutos despois na PO-552, en colaboración coa Garda Civil, deron o alto a outro condutor que duplicaba a taxa permitida ao dar un resultado de 0,58 mg/l na primeira proba e 0,54 mg/l na segunda.

Concello Tui



Edições C@2000

Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP


Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais