JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

O programa de formación Expertclick adíase para o 23, 24 e 26 de novembro

Vai dirixido a persoas maiores de 55 anos. É preciso inscrición previa.

Adíase até o 23, 24 e 26 de novembro o programa de formación Expertclick que a próxima semana estaba previsto impartir en Tui. Vai dirixido a persoas maiores de 55 anos que a través desta formación en liña poderán aprender o uso de apps coma Whatsapp, cómo realizar videochamadas, facer tramitacións electrónica co seu banco , pedir unha cita para o seu médico por internet, ou empregar as redes sociais. Ao tempo adquirirán os coñecementos para navegar con seguridade e confianza na rede

Este programa chega a Tui froito da colaboración entre o Concello de Tui e Fundación Cibervoluntarios.

A formación realizarase o 23, 24 e 26 de novembro ás 10 h, cunha duración de hora e media cada xornada.

Para participar é preciso ter ordenador e conexión a internet, pero para aquelas persoas que non conten este material o concello habilitará, no Centro Municipal de Formación en Guillarei, un aula con 7 ordenadores que se cubrirán por orde de solicitude.

Para impartir o curso é preciso ter un grupo mínimo de 12 persoas e máximo de 15. No caso de non cubrir as prazas poderán ser modificadas as datas nas que se vai impartir.

As persoas maiores de 55 anos interesas en participar nesta formación de Expertclick deben enviar un correo electrónico a cfo@tui.gal, indicando o seu nome e apelidos, teléfono de contacto na mensaxe "Inscrición curso expertclick". Este enderezo de correo será empregado para as comunicacións relacionadas co curso.

Concello Tui


Realizada con todos os resultados negativos a proba serolóxica aos traballadores municipais

Esta mañá realizouse á plantilla municipal do Concello de Tui as probas serolóxicas da covid19, sendo negativos todos os test.

Nestes momentos son 4 os traballadores municipais con infección activa por coronavirus, tras confirmarse onte por PCR un novo caso.

O municipio continúa en alerta vermella ao rexistrar máis de 21 positivos no últimos 7 días, segundo o mapa que publica a diario a Consellería de Sanidade. Mantéñense as medidas establecidas a semana pasada de peche de instalacións municipais de carácter deportivo e cultural, ás que se suman as quendas rotatorias no persoal municipal, e o establecemento de cita previa en todos os departamento.

Amais establécense unha serie de recomendación ante a celebración de Todos os Santos ante a visita ao cemiterio municipal, que se debe limitar a un máximo de 4 persoas convivintes e non máis de 30 minutos, entre outras.

Dende o Concello apélase á responsabilidade e a precaución ante a actual situación que estamos a vivir.

Concello Tui


Ao longo do mes de novembro celebrarase o programa Quero Formación dentro da iniciativa Quero Tui

A participación é gratuíta pero é preciso inscrición previa para as sesións que se impartirá en liña

Impulsar a transformación e dixitalización do comercio e a hostalería local é o obxectivo do programa de formación QueroFormación que se realizará durante o mes de novembro dentro da iniciativa de apoio ao comercio local Quero Tui.

Este proxecto formativo desenvolvarse en formato en liña, ante as actuais circunstancias derivadas da pandemia da COVID 19. Consistirá na emisión de videocoferencias que conectarán aos comerciantes tudenses coas necesidades reais do mercado actual.

Quero Formación será un espazo de encontro virtual entre emprendedores, expertos formadores e profesionais de éxito da nosa cidade experimentados en diversas áreas de negocio. O obxectivo é proporcionar unha base firme para entender a dimensión dos cambios que se están a producir e potenciar unha actitude de reacción inmediata para favorecer ao comercio local e ás pequenas empresas da cidade.

Este programa de formación que pretende ofrecer ferramentas para repensar a estratexia empresarial nun entorno incerto e cambiante está impulsado polo Concello de Tui, a través da Concellería Formación e Emprego, Igualdade e Xuventude, Comercio e Mercado que dirixe Ana María Núñez.

Os relatores de Quero Formación veñen de áreas tan diversas como o marketing dixital, o neuromarketig e intelixencia comercial, a intelixencia emocional, as finanzas, o asesoramento de empresas, a xestión de subvencións ou a formación. Ao longo das sesións previstas brindarase aos participantes as claves para facer os seus negocios máis competitivos e viables.

Quero Formación celebrarase os martes, mércores e xoves entre o 3 e o 24 de novembro, de 15.30 a 16.30 h a través de videoconferencias en directo. Posteriormente poderase acceder a estes vídeos a través da plataforma de comercio etui.es, que está actualmente en proceso de crecemento.

A participación é gratuíta pero é preciso inscrición previa por parte dos e das autonómos, pemes e futuros emprededores interesados. Para iso deberán anotarse no teléfono 986 986 60 39 49, no correo electrónico comercio@tui.gal ou por whatsapp no número 619 217 218.

Concello Tui


O Concello de Tui continua a executar obras de mellora nas instalación deportivas municipais

Contar coas instalacións deportivas municipais en perfecto estado é o obxectivo das diversas obras que están a ser executadas polo Concello de Tui nestas dependencias municipais.

Hai uns días remataron os traballos de arranxo da parte frontal do muro perimetral do Campo de Fútbol de Ribadelouro. Supuxeron un investimento de 11.838€ IVE incluído. Con esta actuación deuse solución ao problema de deterioro que presentaba o muro e que por seguridade, previa á execución das obras, estaba valado. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, achegáronse hai uns días ao campo para comprobar o remate das obras.

Por outra parte os dous pavillóns municipais están tamén en obras. No Novo Pavillón está a realizar o pintado interior con fondos propios. Unha actuación que se suma á instalación dunha lona divisoria, renovación da cancha e revestimento de corredores de vestiarios executada con cargo ao Plan Concello. Tamén con cargo a este plan provincial estase a executar a reformar dos vestiarios e aseos no Pavillón Vello Municipal.

En breve está previsto que comecen as obras de mellora no Centro Municipal de Remo con cargo ao Plan Concellos, e con fondos propios pintarase o ximnasio do Centro Interfederado.

Amais antes de que finalice o ano será colocado un novo desfibrilador no Campo Municipal de Fútbol en Guillarei. Deste xeito serán sete as instalacións deportivas municipais que conten con este dispositivo, o novo pavillón municipal, o pavillón da Macoca, o Centro Interfederado e os campos de fútbol Álvarez Durán, de Ribadelouro e Caldelas, que dan cobertura a un total de 10 instalacións.

Concello Tui


Ponse en marcha QueroTui un proxecto que pon en valor o local dende o local

O 27 de Outubro presentouse a través das redes sociais o proxecto "Quero Tui" que parte co obxectivo de pór o valor o comercio, a hostalería e o produto local. É unha iniciativa promovida polo Concello de Tui a través da concellería de Comercio que busca implicar a poboación tudense nunha aposta polo noso.

A través de redes sociais propias en Facebook e Instagram Quero Tui levará cabo distintas iniciativas para a visibilización do sector comercial tudense ante os retos aos que se enfronta. O comercio, a hostalería, o mercado semanal, os produtores locais serán o eixo de parte das accións previstas. Amais persoas relevantes da vida social, cultura e económica de Tui súmanse a esta campaña amosando o seu apoio. Tamén se aposta pola formación coma unha das claves para afrontar os retos de futuro.

A concelleira Comercio, Ana Núñez, explica que o proxecto QUEROTUI "ten como finalidade converterse nunha marca de referencia que dea visibilidade ao noso comercio local en xeral, pondo en valor os produtos vendidos ou fabricados na nosa cidade, pola nosa xente". Engade a concelleira que "é un proxecto de tod@s para tod@s porque é xuntos como temos que continuar resistindo". Indica que "os e as tudenses fomos exemplares na xestión desta pandemia, un orgullo desta cidade e agora volveremos a selo para recuperarnos entre todos o antes posible".

Nesta iniciativa explica a concelleira que están convidados a participar tamén unha serie de persoas relevantes da vida social, cultural e económica de Tui, sen as que a cidade non sería o mesmo. Así baixo o lema "TUI EN PERSOA" nas redes sociais compartiranse as mensaxes do alcalde, Enrique Cabaleiro, de deportistas da talla de Quique Miguez ou Manu Garrido, artistas como Samuel Diz, Laura Villaverde ou Ángel Sánchez o historiador Suso Vila, a xornalista Eva González, os escritores Marga do Val ou Rosendo Bugarín, referentes como Antón Corral, Mª Teresa Domínguez, entre outros moitos así coma a empresarios e empresarias de éxito da nosa cidade. Engade Ana Núñez que obxectivo é "crear entre todos diálogo, apoio, consellos, colaboracións e ideas" de tal xeito que todos poidamos aportar o noso gran de area pola economía da nosa contorna.

Outra da accións previstas é "QUEROCOMERCIO", que permitirá coñecer mellor aos comercios e aos comerciantes da cidade dando apoio e cobertura á súa comunicación dixital, quen son e que fan.

Igualmente porase en valor os produtos de cercanía incidindo e compartindo o valor do local a través de "MERCA EN TUI". No mesmo incidirase na alimentación, os seus produtos e de onde veñen, os produtores locais, a calidade de Tui.

Con "QUEROHOSTALERIA" percorrerase a vida diaria da hostalería de Tui e os seus protagonistas.

Tamén chegará "MERCADILLEANDO" cunha inmersión no mercadillo máis seguro de Galicia, asistindo a cómo se poden facer as cousas ben e con responsabilidade antepondo a saúde e traballando con garantías.

Outra das acción previstas ten por obxectivo a promoción e posta en valor da plataforma de comercio electrónico dos comercios locais www.etui.es Este mercado en liña é a aposta do comercio local pola dixitalización, adaptación aos novos tempos e novos hábitos de compra.

Tamén se desenvolverá un programa de formación especifico QUEROFORMACIÓN, co que brindar as ferramentas e coñecementos para afrontar os novos retos do mercado, e camiñar cara a transformación e dixitalización que precisa o comercio local.

Concello Tui


O Concello de Tui implanta novas medidas para garantir a atención en todos departamentos

O Concello de Tui vén de adoptar novas medidas para garantir a atención á cidadanía e a continuidade da tramitación administrativa en todos os departamento no caso de detectarse positivos por COVID19 no persoal municipal. A actual situación de Tui en alerta vermella, sumado ao incremento no número de pacientes con infección activa tanto na Área Sanitaria de Vigo coma Galicia, e a nivel estatal, xunto aos 3 casos confirmados nas últimas xornadas entre persoal municipal levan a toma destas medidas. As mesmas foron consensuadas este mediodía na reunión celebrada entre o goberno municipal e os representantes dos traballadores.

Deste xeito unha das primeira medidas é a activación de quendas rotatorias de traballo presencial para garantir que no caso de rexistrarse un caso positivo por coronavirus teña que pechar un departamento ao completo, coma ten acontecido dende o pasado venres cos Servizos Sociais. Con esta reorganización garántese que o 50% do persoal de cada servizo poderá estar en activo de rexistrarse un positivo, ao crearse cando menos dúas quendas de traballo sen contacto presencial entre elas.

Por outra parte volve activarse a cita previa para todos os trámites en todos os departamentos, incluído o rexistro de entrada, que se poderá solicitar telefonicamente, por correo electrónico ou a través da sede electrónica.

Outra das medidas adoptadas é a suspensión do servizo de recollida de voluminosos por seguridade, tanto para a veciñanza coma para os propios traballadores, xa que en moitas ocasións a recollida de enxoval e outro material implica a entrada nos domicilios.

Por último o Concello de Tui realizará a partir de mañá o test de antíxenos á totalidade da plantilla municipal.

Con estas novas medidas búscase garantir a continuidade no servizo, e que a atención se preste coas máximas condicións de seguridade de acordo coa actual situación sanitaria.

Por último dende o Concello reiterase a solicitude de responsabilidade á cidadanía, extremando as precaucións ante a actual situación que estamos a vivir derivada da pandemia do coronavirus.

Concello Tui


Tui establece medidas e recomendación no cemiterio municipal ante a celebración de Todos os Santos

Haberá sistemas de control e sinalización para facilitar os accesos e evitar as aglomeracións. A visita non poderá exceder os 30 minutos

Co obxectivo de garantir a seguridade das persoas e previr e conter a covid 19 ante situación de pandemia que estamos vivir o Concello de Tui establece unha serie de limitacións e recomendacións ante a celebración da festividade de Todos os Santos. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, emitiu esta mañá un bando onde explica que ante a celebración da festividade de Todos os Santos, na que produce unha asistencia masiva de persoas ao Cemiterio Municipal, se establecen diversas medidas e recomendacións.

Así suspéndese o oficio relixioso que tiña lugar o 1 de novembro no cemiterio municipal. Amais recoméndase a asistencia ao cemiterio municipal de forma escalonada entre o 28 de outubro e o 2 de novembro, e o propio día 1 ao longo da xornada. A duración da visita será o máis breve posible e en ningún caso superará os 30 minutos.

Estableceranse sistemas de control e vixilancia por parte da policía local e outro persoal municipal así como o valado e sinalización para facilitar os accesos e evitar as aglomeracións o día 1 de novembro.

As persoas que acudan ao cemiterio deberán respectar a distancia de seguridade de metro e medio e evitar o contacto persoal. Os grupos serán coma máximo de 4 persoas do mesmo grupo familiar e que vivan xuntas. O aforo máximo é de 100 persoas. Débese empregar de forma obrigatoria a máscara e usar o xel hidroalcohólico, para o que se colocarán dispensadores no acceso.

Non estarán dispoñibles obxectos como escaleiras, caldeiros, regadeiras,… para evitar o uso compartido polo que en caso de ser necesario cada persoa deberá levar o seu material.

Dende o Concello de Tui recoméndase ás persoas de risco que eviten acudir ao cemiterio nos momentos nos que se prevea maior afluencia de persoas. Faise fincapé no feito de que aquelas persoas que teñan síntomas compatibles coa COVID-19 non poderán ir ao cemiterio.

No bando da alcaldía apélase a responsabilidade de todas as persoas que acudan ao cemiterio municipal nestes día, incidindo na "necesidade de cumprir estritamente todas as medidas sanitarias precisas para evitar aglomeracións e previr deste xeito os contaxios e propagación da COVID-19".

Concello Tui



Edições C@2000

Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP


Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais