JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Horário do Ferry (26 de Outubro a 1 de Novembro)

Debido ao estado de calamidade decretado en Portugal, a Cámara Municipal de Caminha cancela os servizos do transbordador, dende o venres 30 de outubro ata o martes 3 de novembro (ámbolos dous incluídos).

Concello de A Guarda


O BNG INSTA AO CONCELLO DA GUARDA A QUE EXECUTE O ACORDO DE BONIFICACIÓNS NAS TAXAS DO LIXO E DA AUGA PARA O 2021

O BNG presentou unha serie de medidas ao Pleno do Concello da Guarda para combater a crise social e económica provocada polo covid-19 que foron aprobadas no mes de maio.

Entre as medidas aprobadas está a bonificación das taxas do lixo e auga para todas aquelas familias cunha renta per cápita inferior ao IPREM (537,48 € mensuais).

Tamén se acordou a reducción proporcional aos recibos do lixo no periodo de cese de actividade motivada pola pandemia para autónomos e PEMES.

Anxo Baz, portavoz municipal do BNG manifesta "estas bonificacións serán de aplicación no ano 2021 e para eso é preciso modificar antes as ordenanzas do lixo e da auga para que entren en vigor no próximo mes de xaneiro, polo que lembra que corresponde aprobar a modificación das ordenanzas co tempo necesario para poderen ser aplicadas no 2021".

BNG de A Guarda


Horario de inverno no Punto Limpo da Guarda

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Medio Ambiente, ven de anunciar un cambio de horarios na atención que se presta aos cidadáns no Punto Limpo do municipio, ampliando o horario de apertura de xeito que se facilita o acceso a este servizo, coincidindo co cambio ao horario de inverno.

A partires do xoves día 29 de outubro de 2020 o horario do Punto Limpo da Guarda será o seguinte:

Luns de 8:00h a 14:30h
Martes de 8:00h a 14:30h
Mércores de 8:00h a 17:30h
Xoves de 8:00h a 14:30h
Venres de 8:00h a 14:30h
Sábados de 8:30h a 13:00h

O Concello da Guarda considera que con esta ampliación do horario do punto limpo mellorarase o servizo e facilitarase tamén a reciclaxe, dentro da folla de ruta da Estratexia Europea 2020 e nas medidas recollidas no paquete de economía circular.

A Concellería de Medio Ambiente do Concello da Guarda continúa deste xeito coa mellora das taxas de reciclaxe, contando ademais cun dos puntos limpos de referencia a nivel autonómico. O Plan de xestión de residuos sólidos urbanos de Galicia 2010-2020 (PXRUG), establece as bases para impulsar a xestión de residuos urbanos en Galicia, facendo especial fincapé na prevención e a valorización dos residuos, accións que van en consonancia co PEMAR, Plan Estatal Marco de Xestión de Residuos.

Máis información no Punto Limpo da Guarda, ao carón da Piscina Municipal, no teléfono 690 01 69 76 ou no enderezo electrónico medioambiente@aguarda.es

Concello de A Guarda


A POESÍA E A MÚSICA DE LÚA MOSQUETERA CHEGA Á GUARDA CON "VIOLENCIA ZERO" BUSCANDO ATITUDE E CAMBIO ANTE A VIOLENCIA MACHISTA

A autora rompe esquemas ao usar o reguetón para musicar os seus poemas que poñen o foco sobre os micromachismos cotiás que sofren as mulleres

Á acción de "Violencia Zero", que se celebrou no campo de fútbol da Sangriña, asistiron alumnas e alumnos e profesorado do instituto da localidade

A poesía feminista de Lúa Mosquetera sonou esta tarde con toda a súa forza no concello da Guarda como unha chamada á reflexión e ao cambio fronte a violencias machistas na nova acción do programa da Deputación de Pontevedra "Mulleres en Acción. Violencia Zero". A proposta da artista tivo como escenario o campo de fútbol da Sangriña, coa asistencia de alumnas e alumnos e profesorado do IES do mesmo nome, amais da deputada provincial de Igualdade, Victoria Alonso, e o alcalde da localidade, Antonio Lomba.

A través da base musical do reguetón, un xénero tipicamente machista, Mosquetera puxo o foco nos micromachismos que sofren a diario as mulleres e na necesidade dun cambio na busca da igualdade. A poeta recitou dous dos seus poemas, "Por si nunca vuelvo a casa" e "Reguetón", este último baseado nas testemuñas reais de dez mulleres e que tivo unha grande repercusión trala súa estrea este verán en redes sociais. "Mandeilles un cuestionario a estas mulleres e as súas respostas foron unha revelación para min -explicou-. Dinme conta da cantidade de micromachismos que as mulleres sufrimos de xeito bestial a través de actitudes cotiás e, de xeito, moitas das respostas destas mulleres se repetían". A artista concluíu cunha reflexión: "Mentres se dedican a sinalar os nosos supostos erros no feminismo, seguimos convivindo a diario con múltiples micromachismos que revelan unha violencia machista en potencia -sinalou-. 'Reguetón' quere arroxar luz sobre eles e chamar así ao cambio".

Pola súa banda, a deputada de Igualdade, Victoria Alonso, incidiu na importancia da acción colectiva para poñer freo á violencia de xénero, que neste 2020 xa se cobrou 37 vítimas mortais. "Diso trata este programa, Violencia Zero, de que precisamos -destacou- levar a cabo unha acción conxunta que nos comprometa a todas e a todos neste obxectivo da loita pola igualdade e contra todo tipo de violencia machista, incluída a que pasa máis desapercibida, como son eses micromachismos cotiás, aos que temos que responder".

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, tamén fixo fincapé na situación das mulleres que están a sufrir situacións de violencia, ao tempo que amosou a súa esperanza de que "nun tempo futuro no que non fagan falta este tipo de actos porque teñamos avanzado como sociedade ata recoñecer que homes e mulleres, sendo distintos, temos os mesmos dereitos como cidadáns".

A de esta tarde en A Guarda foi a vixésimo primeira acción desta quinta edición do programa Violencia Zero da Deputación, despois do seu paso por Pontevedra, Vigo, Lalín, Ponteareas, A Cañiza, Forcarei, Crecente, Mos, Redondela, Cangas, Marín, Gondomar, O Grove, Cambados, O Rosal, Mondariz, Pontecesures, Sanxenxo, Cerdedo-Cotobade e Tui. O proxecto, que ten por obxecto visibilizar á loita contra as violencias machistas, así como dar a coñecer o labor de novas artistas que están a traballar a prol da igualdade, inclúe accións de performance, poesía, música, graffiti, acción escénica ou danza contemporánea.

Concello de A Guarda


A Campaña "AgresiónOff" chega este sábado á Guarda

" O sábado 31 de outubro a Praza de Avelino Vicente da Guarda acolle de 10:00h a 14:30h actividades abertas a todo o público.

A campaña 'AgresiónOff, eu digo non á violencia sexual', da Secretaría de Igualdade da Xunta de Galicia, ten como obxectivo previr e evitar as agresións sexuais contra as mulleres, especialmente en eventos que se desolvolvan en Galicia. Actualmente, por mor da COVID, as intervencións realízanse tamén noutro tipo de contextos.

No marco da campaña, ofrecerase información contra a violencia sexual e realizaranse accións de sensibilización e prevención sobre agresións sexistas.

OBRADOIROS E ACTIVIDADES LÚDICO-FORMATIVAS:

No stand levaremos a cabo as seguintes actividades e obradoiros:

1. CANTO DE ESTEREOTIPADA ESTÁ A TÚA MENTE? Esta actividade consiste en escoitar e reflexionar acerca de diferentes mensaxes que poden inducir, moitas veces de xeito inconsciente, a pensamentos estereotipados.
2. A RULETA DO AMOR ROMÁNTICO. Este xogo interactivo consiste en facer xirar a ruleta dos mitos sobre o amor romántico. Cando esta se pare nun mito en concreto, a persoa que xoga debe argumentar o que pensa sobre a frase que corresponda.
3. NON ME CONTES CONTOS. Empregando o televisor co que contaremos no stand, proxectaranse na pantalla diferentes fragmentos de contos, fábulas, refráns e ditos populares, co obxectivo de invitar á reflexión acerca da importancia da información que recibimos e, sobre todo, transmitimos.
4. ONDE ESTÁ O LÍMITE? Nun lateral do stand, expoñeranse de forma escalonada (semellando graficamente a imaxe dun termómetro), diferentes actitudes ou comportamentos que se poden dar dentro da parella. De xeito individual ou grupal, os participantes deben decidir onde poñen o seu límite, xerando así o debate sobre a delgada liña que separa unha relación aparentemente sa dunha relación tóxica.
5. EU NON NECESITO #FILTROS. Nunha das paredes do stand haberá diferentes espellos que deforman ou alteran a imaxe. Sobre estes espellos haberá rotuladas mensaxes que invitan á reflexionar acerca da imaxe que queremos transmitir nas RRSS, incluíndo o uso de filtros para modificar aqueles aspectos físicos que non nos gustan. Neste senso, mediante mensaxes como 'a túa personalidade non ten filtro' preténdese xerar un clima de reflexión que contemple a autoestima e a valoración persoal coma o eixo principal para construír relacións socio-afectivas saudables.
6. ESTÁS SEGUR@ DE PREMER O BOTÓN DE ENVIAR? Os/as participantes nesta actividade deberán decidir, coñecendo previamente os riscos e as consecuencias do sexting, se envían ou non, de xeito hipotético, o contido vinculado a esta práctica.
7. KAHOOD DA IGUALDADE. XOGO TECNOLÓXICO ON LINE. Nunha pantalla proxectaremos este xogo no que a través do móbil e un sinxelo rexistro, as persoas participantes poderán respostar a diferentes preguntas "on line" en directo sobre a violencia de xénero, comprobando ao momento quen acada a puntuación máis alta en cada partida.
8. A INFORMACIÓN ESTÁ AO ALCANCE DA TÚA MAN. A través de códigos QR os participantes poden acceder á información relacionada co programa, como o portal de Igualdade, os enlaces de descarga da APP AgresiónOFF, números de teléfono da muller, etc.

Ademais das actividades para adultos, contaremos tamén con outra pensada para os máis cativos, así como dúas propostas a maiores que complementan todas as actividades anteriormente citadas:

9. O TÓTEM DO SEXISMO. Ao carón do stand colocarase un pequeno tótem serigrafiado con palabras ou frases sobre diferentes accións e actividades que aos máis cativos lles poidan resultar familiares (como bailar, xogar ao fútbol, axudar nas tarefas do fogar, cociñar, xogar con bonecas, pelexar…). Na parte superior do tótem situaranse dúas flechas, unha que indica 'nenas', e outra, en dirección contraria, que indica 'nenos'. Os máis cativos, guiados polas persoas informadoras do stand ou polas súas familias, deben decidir se as accións citadas son de nenos, de nenas ou de ambos. Con esta actividade preténdese combater os estereotipos e o sexismo dende a infancia, esclarecendo que non hai diferencias entre mulleres e homes á hora de realizar este tipo de accións.
10. VERDADE OU MITO. Esta actividade ten como obxectivo desterrar ideas erróneas sobre a violencia de xénero e as agresións sexuais.
11. AMPLIEMOS O DECÁLOGO CONTRA A VIOLENCIA SEXUAL. Partindo do decálogo sobre a violencia sexual, animarase aos/ás participantes que se acheguen ao stand a engadir algunha indicación máis que complemente ás xa recollidas no mesmo.
12. ADIVIÑA A ADIVIÑANZA…QUEN ESTÁ DETRÁS DE CADA FRASE? As persoas informadoras do stand propoñerán frases asociadas a profesións que os/as participantes deben identificar segundo sexan ditas por unha muller ou por un home, e razoar o porqué.

Ademais, ao longo da intervención distribuiranse flyers co 'Decálogo contra a violencia sexual: 10 cousas que tes que saber' en galego, castelán e inglés, así coma merchandising cos logotipos de programa.

Concello de A Guarda




Edições C@2000

Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP


Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais