JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

A Selección Uruguaia de Remo rematou en Tui a súa concentración para preparar a regata clasificatoria para Tokio 2021

A Selección Uruguaia de Remo rematou hai uns días a súa concentración en Tui, onde estiveron dende o pasado mes de agosto no CETD de Remo de Tui. Previa á viaxe ao seu país de orixe foron despedidos polo concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, desexándolles moitos éxitos nas súas carreiras deportivas.

Durante dous meses o combinado nacional uruguaio formado por Zoe Dáne Acosta, Bruno Cetraro, Felipe Kluver, Martín Nicolas Zócalo, Leando Joaquín Rodas e Newton Eric Seawright, adestraron en Tui baixo a dirección técnica de Osvaldo Ruben Borchi. O obxectivo foi preparar a regata clasificatoria para os Xogos Olímpicos de Tokio 2021.

Concello Tui


A Policía Local de Tui incorpora un vehículo 100% eléctrico ao seu parque móbil

Está financiado pola Xunta con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental

A Policía Local de Tui conta dende hoxe cun vehículo 100% eléctrico. Trátase dun Hyundai Kona cunha autonomía de 300 quilómetros. Foi adquirido polo Concello de Tui cargo ao Fondo de Compensación Ambiental financiado pola Xunta de Galicia. O investimento realizado ascende a 38.349,74 € incluíndo tanto o importe da adquisición do vehículo coma a instalación dun punto de recarga na nave municipal en Guillarei.

Esta mañá o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Seguridade, José Ramón Magán, e membros da corporación, acudiron á entrega do vehículo á Policía Local.

O alcalde, Enrique Cabaleiro, explicou que "a intención do goberno é ir renovando a flota dos vehículos municipais con vehículos sostibles, adaptados aos novos tempos, respectuosos co medio clima". Nese senso indicaba que "a intención é ir dotándonos de máis vehículos eléctricos incluso híbridos". Concluíu que "a responsabilidade da administración é empezar a dar exemplo nese senso".

Concello Tui


Dobre proposta teatral con Redrum e Galeatro esta semana no Teatro Municipal de Tui co 60 localidades por función

"Idiota" é a obra prevista mañá venres 23 ás 21:30 h e "Carabela" o sábado 24 ás 18:30 h. As entradas están a venda en www.tui.gal

O Concello de Tui mantén a programación cultural do Teatro Municipal con todas as medidas de seguridade continuando co protocolo covid establecido e limitando a capacidade a 60 persoas por función segundo a nova normativa que entrou en vigor esta pasada noite en Galicia.

A compra das localidade será preferentemente en liña a través de tui.gal, e cada entrada estará numerada. O acceso ao teatro farase seguindo as indicacións e sinalizacións establecidas no vestíbulo, con desinfección de mans na entrada e uso obrigatorio de máscara. A apertura de portas terá lugar unha hora antes do inicio do espectáculo.

O concello de Tui aposta por continuar coa programación cultural "Volvemos ao teatro" con todas as medidas de seguridade e apostando pola cultura segura.

Así a proposta desta fin de semana comezará mañá venres ás 21.30 h coa compañía Redrum representando a comedia "Idiota". A obra escrita por Jordi Casanovas está dirixida Alex Sampayo e protagonizada por Machi Salgado e Susana Sampedro. Precisamente Machi Salgado recibiu o premio á Mellor Interpretación Masculina no Festival de Teatro Galego de Carballiño, e foi nomeado na categoría de Mellor Actor Protagonista nos Premios María Casares.

"Idiota" conta a historia dun home que se presenta a unhas probas psicolóxicas remuneradas coma un xeito sinxelo de conseguir cartos. Pero finalmente isto convértese nunha trampa xa que as preguntas e enigmas formulados por unha atractiva psicóloga póñeno nervioso obrigándoo a sacar o mellor del para evitar un fatal desenlace.

Xa o sábado, ás 18.30 h o Galeatro presenta no Teatro Municipal de Tui "Carabela". É unha proposta teatral para público familiar escrita por Paula Carballeira, dirixida por Davide González, que forma parte do elenco xunto a Alba Bermúdez e Tone Martínez.

"Carabela" é a historia da cociñeira dun barco que naufraga na Illa Pequena de Plástico. Alí constrúe unha nena de plástico para saír da soidade na que se atopa, rodeada de peixes mutantes, de paxaros choromicas e de verteduras que non alimentan. O corazón da nena de plástico comeza a latexar para coñecer que hai máis aló, e para axudar a Carabela a saír da illa.

As entradas están á venda en www.tui.gal até unha hora antes de cada función ou o mesmo día da obra no despacho de billetes cunha hora de antelación. No caso de "Idiota" as entradas teñen un prezo de 6€ e 5€, este último para público infantil e para as persoas que teñan dereito a algún dos descontos establecidos. Para "Carabela" as localidades teñen un prezo de 4€ e 3€. Lémbrase que o aforo para cada función está limitado a 60 persoas segundo se recolle na normativa que entrou en vigor esta pasada noite en Galicia.

Concello Tui


Tui pecha instalacións municipais de carácter cultural e deportivo ao entrar en alerta vermella por COVID 19

A medida non afecta á Biblioteca e nin ao Teatro Municipal

Tui entrou esta mañá en alerta vermella por COVID 19 segundo o mapa da Xunta. Ante esta situación o Concello de Tui acordou o e peche das instalacións municipais de carácter deportivo e cultural, coa salvidade da Biblioteca e do Teatro, e dos pavillóns onde se celebren competicións federadas e actividades escolares. Mantéñense abertos os parques infantís, ao ser espazos ao aire libre que se desinfectan periodicamente, e mañá terá lugar o mercado semanal coas medidas de seguridade establecidas dende que retomou a actividade.

Amais dende o Concello, tal e coma acordaban onte á tarde na Xunta de Voceiros, recomendan aos centros culturais privados, xestionados por asociacións, a suspensión de calquera tipo de actividade nos mesmos.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, indica que "cómpre ser extremadamente cautos" xa máis aló do número concreto de casos positivos que hai neste momento, un total de 32, hai un número de veciños e veciñas de Tui en corentena. Explicaba que a adopción destas medidas ten por obxectivo "restrinxir a mobilidade nos ámbitos de carácter público" agardando que "estas medidas axuden a paliar a gravidade da situación, porque é unha situación complicada que nos preocupa, e á que chegamos polo inicio de dous brotes nunha parroquia que foron desencadenando a situación na que nos atopamos agora".

Dende o Concello de Tui lémbrase amais as novas medidas impostas pola Xunta que entrarán en vigor esta medianoite coa limitación de reunións tanto públicas coma privadas a 5 persoas. A isto súmase tamén a limitación ao 50% dos aforos en establecementos de restauración, e a prohibición de consumo en barra.

Por último o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, reitera o chamamento á prudencia e responsabilidade de todos e cada un de nós, ante a situación que estamos a vivir.

Concello Tui


Conferencia sobre "Seguridade e saúde en obras de construción menores" o xoves 29 en Tui

A Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica acollerá o xoves, 29 de outubro, ás 18.30 h unha charla titulada "Seguridade e saúde en obras de construción menores". Está organizada pola Fundación Laboral da Construción, a través do Organismo Paritario de Prevención en Construción (OPPC), coa colaboración do Concello de Tui. Esta actividade forma parte dun ciclo de conferencias relativas a seguridade e saúde laboral en obras menores. A conferencia vai dirixida a promotores, contratistas, xestores de comunidades de propietarios e profesionais independentes que actúan no ámbito deste tipo de proxectos.

A importancia deste tipo de actividade radica no feito de que en moitas ocasións os actores deste tipo de intervención descoñecen as obrigas e responsabilidades que a lei determina e sofre unha exposición a responsabilidade innecesaria. Tamén procura mellorar as condicións de seguridade e saúde laboral deste tipo de obras de construción.

Debido ás medidas de aforo debido á COVID 19 as persoas interesadas en acudir á charla deben inscribirse no correo electrónico cfo@tui.gal ou no teléfono 986 60 39 49 de 9:00 a 14:00 h.

Concello Tui


Adiadas as actividades da Semana da Biblioteca

Tómase esta medida por prevención ante a situación da COVID 19

O Concello de Tui comunica que as actividades programadas para esta semana pola Biblioteca Municipal de Tui para conmemorar o 50 aniversario da súa creación son adiadas, para unha nova data que se comunicará oportunamente.

A limitación de reunións a 10 persoas fixadas pola Orde do 14 de Outubro de 2020 pola que se establece unha medida de prevención específica como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, levou a tomar esta decisión. En concreto o aprazamento afecta ás actividades programadas pola Biblioteca Municipal ente o 20 e o 24 de outubro, que estaban dirixidas ao público infantil e outros segmentos de idade. Realizaranse nunha nova data na que poidan asistir un maior número de persoas.

Esta decisión non afecta á apertura da biblioteca que continúa funcionando co aforo e as regulacións establecidas polas normativas sanitarias no seu horario habitual, de 9 a 14 h de luns a sábado de 9 a 14 h e de 15.30 h a 21.30 h de luns a venres.

A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, indica que "debemos ser prudentes ante a evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 e tomar as medidas de prevención pertinentes aínda que lamentemos adoptar una decisión como adiar estas actividades conmemorativas do 50 aniversario da Biblioteca Municipal de Tui".

Concello Tui


O Concello de Tui aproba novas axudas para vivendas da ARI de Tui

O Concello de Tui aprobou a semana pasada novas axudas para vivendas da Área de Rehabilitación Integral de Tui, correspondentes á fase décimo terceira do convenio de axudas entre Concello, Fomento e IGVS.

Segundo explica Laureano Alonso, Concelleiro de Patrimonio, aprobáronse inicialmente as axudas para a totalidade das solicitudes recibidas. Foron 6 as familias beneficiarias correspondentes á fase décima terceira do convenio entre o Ministerio de Fomento, o IGVS e o Concello de Tui, con cargo á anualidade 2019. O importe total é de 83.933,29 euros, cofinanciados polo Ministerio de Fomento (67.852,88 €) e o IGVS (16.080,41 €).

Todas as solicitudes presentadas foron aceptadas, cumprindo os obxectivos fixados pola Oficina da ARI para o ano 2019 e 2020. Prevese que nos vindeiros meses se inicien as diferentes obras nas rúas do conxunto histórico.

Os beneficiarios finais dos fondos repartidos serán as persoas propietarias de vivendas emprazadas no ámbito da Área de Rehabilitación Integral, que recibirán axudas a fondo perdido para as actuacións de rehabilitación que realicen.

As actuacións solicitadas abarcan obras de mellora de eficiencia enerxética con illamentos de cubertas e cambios de carpinterías, tamén a restauración das fachadas e obras de accesibilidade no interior das vivendas.

Segundo explica Laureano Alonso, a principal finalidade das axudas é a de dotar de condicións dignas de habitabilidade e accesibilidade as vivendas do conxunto histórico favorecendo así que se siga habitando esta zona e atraer a novos residentes. Ademais, con estas axudas mellórase a imaxe do conxunto histórico.

Na actualidade a concellería de Patrimonio ten en marcha as fases 12 e 13 das axudas da ARI. Dende o departamento xa enviaron a documentación ao Ministerio de Fomento solicitando fondos para a Fase 14. En canto o Ministerio aprobe a solicitude, dende a Oficina de Rehabilitación abrirán un novo prazo de solicitude de axudas.

Concello Tui



Edições C@2000

Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP


Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais