|

Horário do Ferry (12 a 18 de Outubro)
A PLATAFORMA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA DA GUARDA DESCONVOCA A CONCENTRACIÓN DO SÁBADO 17
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda, desconvoca a concentración que tiña previsto realizar o próximo sábado 17 de Outubro na Pza. De Avelino Vicente na Guarda por motivos de seguridade sanitaria.
Desde a Plataforma anuncian que si a Xunta de Galiza non move ficha dotando ao Centro de Saúde e o PAC da Guarda do persoal sanitario que precisa, seguirán mobilizándose tan pronto como se levanten as restricións.
Os portavoces da Plataforma afirman "A situación na que a Xunta de Galiza mantén a atención primaria é unha auténtica irresponsabilidade. Na pandemia do COVID 19, a Xunta de Galiza tomou a decisión de reducir drasticamente a asistencia presencial e apostar preferentemente pola consulta telefónica. As consecuencias son desastrosas: escasísimos profesionais que están ao límite cun agotamento en moitos casos insoportábel, listaxes de espera de semanas (mesmo para atención telefónica), doentes crónicos indefensos ou colas a intemperie para acceder ao centro de saúde. Non temos pensado calar a boca e seguiremos mobilizándonos".
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda
Uso responsable do servizo municipal de recollida de voluminosos
O Concello da Guarda dispón dun servizo municipal de recollida de voluminosos porta a porta. A prestación deste servizo é totalmente de balde e ten como obxectivo facilitar á veciñanza o traslado de aqueles residuos que polo seu peso ou volume, o posuidor non poida trasladar.
Tal e como establece o regulamento municipal de limpeza pública e de recollida do lixo para os residuos voluminosos "Por regra xeral cando este tipo de lixo sexa de procedencia doméstica terá que ser trasladado ao punto limpo polo responsable do residuo".
Por iso, apelamos á veciñanza a facer un uso responsable deste servizo para evitar tempos de espera innecesarios por un mal uso do mesmo.
Información de interese:
" Horario Punto Limpo(Contacto: 690 016 976):
Luns: 8.30-13.30h
Martes: 8.30-13.30h
Mércores: 8.30-17.30h
Xoves: 8.30-13.30h
Venres: 8.30-13.30h
Sábado: 9.00-13.00h
" Servizo de recollida de voluminosos (todo aquilo que a xente non pode trasladar polos seus propios medios por peso ou volume): 676 674 837 (Medio Ambiente)
Curso organizado pola OMIX da Guarda conversas en inglés para o mes de novembro
A Oficina Municipal de Información Xuvenil(OMIX) da Guarda organiza un obradoiro de inglés coa intención de facilitar un curso no que falar e de paso pasar un rato divertido aprendendo.
Se queres practicar o teu inglés este curso é unha moi boa oportunidade, levarase a cabo durante o mes de novembro os martes e xoves de 19:30 a 21:30, cun prezo de 20€.
Para informarte e ter acceso a túa praza inscríbete na OMIX da Guarda, a través do mail informacion@aguarda.es ou no teléfono 676 347 890
ADRÍAN RODRÍGUEZ Y EVA PIÑEL GANAN EL TRAIL DO TREGA EN LA VUELTA AL ATLETISMO DE JULIA VAQUERO
El Trail do Trega coronó a Adrián Rodríguez, en la categoría masculina, y a Eva Piñel, en la femenina, y recuperó para el atletismo a Julia Vaquero. En una emblemática séptima edición, los deportistas volvieron a demostrar en A Guarda su compromiso con la competición. Todos ellos dieron además un ejemplo de como realizar los protocolos sanitarios. Nadie se saltó las normas. Todos las cumplieron. A rajatabla. Pudieron comprobarlo Antonio Lomba, alcalde de A Guarda, Montserrat Magallanes, concejala de deportes y turismo, y Gorka Gómez, diputado provincial de deportes. La carrera reunió a 300 participantes que la afrontaron en grupos de diez que salieron cada 30 segundos.
Fueron 14 kilómetros exigentes y duros, según todos los participantes. El buen tiempo favoreció la realización de la prueba que se realizaba por el complicado recorrido en el emblemático Monte Santa Tecla. Adrián Rodríguez fue el que ocupó la primera posición en la clasificación general con un tiempo de 1:08:01. Alex Goberna fue segundo al parar el cronómetro en 1:08:38. Y el tercero fue Daniel Pazó, que finalizó con 1:09.32. La mejor en la categoría femenina fue Eva Piñel, que conquistó el triunfo con 1:27:12. En el segundo puesto se clasificó Vanesa Villa, con 1:30:17. Y la tercera posición fue para Tamara García, con un registro de 1:30:34.
El Trail do Trega volvió a ser un referente con la presencia de Julia Vaquero. La atleta que fuera olímpica volvió a demostrar su clase y talento después de mucho tiempo alejada de la competición. Hace unos meses que comenzó los entrenamientos y en la prueba que se realizó en su villa natal confirmó que sigue conservando toda la calidad deportiva de antaño.
Julia Vaquero llevó el dorsal número uno, el que le otorgó la organización como especial distinción por su brillante palmarés atlético. Y la deportista lo llevó con orgullo. Como el que sintieron los participantes de compartir la carrera con ella. Antes de la carrera se le acercaron muchos de ellos, para saludarla y también para hacerse fotos. Lo mismo sucedió tras el final. La deportista reconoció que "es duro el recorrido, pero disfruté. De eso se trataba. De volver a disfrutar con el atletismo". Aunque poco importaba para ella el lugar que ocupó al final, fue la tercera mejor atleta femenina de A Guarda.
Julia Vaquero reconoció que "es muy bonito que existan este tipo de pruebas. Y que participe mucha gente. Eso quiere decir que el atletismo está vivo". La atleta mostró varias veces las zapatillas con las que afrontó la carrera y agradeció todas las muestras de respeto y admiración que recibió.
El Trail do Trega cumplió una séptima edición cargada de simbolismo. Los 14 kilómetros se convirtieron también en un desafío para Serafín Martínez, el organizador, pero también para el Ayuntamiento de A Guarda y la Diputación de Pontevedra que apoyaron el evento desde que se planteó su celebración. "Un gesto y apuesta que se debe aplaudir", señalaron las autoridades.
O BNG esixe responsabilidades ao Alcalde da Guarda na organización do Trail do Trega
"Anxo Baz denuncia a absoluta deixadez de funcións por parte do goberno municipal na organización dunha proba deportiva nun escenario tan sensible como é o monte Trega"
O pasado día 11 de outubro celebrouse no monte Trega unha proba de Trial organizada polo Concello da Guarda. Para sorpresa da maioría, comezaron aparecer imaxes de participantes correndo por riba dos muros da zona arqueolóxica: algo prohibido e advertido a todas as persoas que visitan o monte Trega ao longo do ano .
Para os nacionalista resulta lamentable que o Concello da Guarda diante das denuncias e imaxes publicadas por distintas persoas sobre este atentado ao patrimonio guardés responda " que se debe a un erro loxístico provocado polo intenso vento nese día".
O portavoz municipal do BNG, Anxo Baz afirma que "non valen desculpas de última hora e a única razón deste atentado ao noso patrimonio débese a absoluta deixadez de funcións por parte do goberno municipal na organización dunha proba deportiva nun escenario tan sensible como é o monte Trega"
O Concello da Guarda como organizador do evento, ten a obriga de velar pola conservación do Patrimonio e non deixar en mans de ningunha outra entidade o deseño dun trazado que poida ocasionar desperfectos no poboado castrexo .
Desde o BNG afirman ser conscientes da importancia en termos económicos, turísticos e promocionais da realización deste tipo de eventos pero co máximo respecto polo noso patrimonio, polo que pide ao Alcalde e ao grupo de goberno que asuman as responsabilidades políticas como organizadores do evento e deixen de culpar ao vento.
|