JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Tui acollerá neste mes de outubro tres obradoiros do programa "Cultivando a Igualdade"

Terán lugar os mércores 14, 21 e 28 deste mes na Área Panorámica. A inscrición pode facerse até o día 12

Neste mes de outubro impartiranse en Tui tres obradoiros do programa "Cultivando a Igualdade". Están organizados por Fademur Galicia, a Federación de Asociacións de Mulleres Rurais, coa colaboración do Concello de Tui e o financiamento do Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social con cargo a asignación tributaria do IRPF.

O programa "Cultivando Igualdade" ten por obxectivo poñer o foco en como se caracteriza a violencia de xénero no medio rural, buscando tecer unha Rede de Espazos Seguros na contorna.

Nos tres Obradoiro traballarase con mulleres na prevención da violencia de xénero, identificando que é, como se manifesta, como actuar ante ela e fomentando o empoderamento.

Os obradoiros terá lugar os mércores 14, 21 e 28 de outubro ás 18h a 19.30 h na Área Panorámica de Tui. Celebrarase con grupos reducidos cumprindo todos os protocolos de seguridade establecidos debido á COVID19.

As mulleres interesadas poden inscribirse até o dia 12 de outubro no correo electrónico igualdade@tui.gal ou no teléfono 986 60 39 49.

Concello Tui


Tui acollerá neste mes de outubro tres obradoiros do programa "Cultivando a Igualdade"

Terán lugar os mércores 14, 21 e 28 deste mes na Área Panorámica. A inscrición pode facerse até o día 12

Neste mes de outubro impartiranse en Tui tres obradoiros do programa "Cultivando a Igualdade". Están organizados por Fademur Galicia, a Federación de Asociacións de Mulleres Rurais, coa colaboración do Concello de Tui e o financiamento do Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social con cargo a asignación tributaria do IRPF.

O programa "Cultivando Igualdade" ten por obxectivo poñer o foco en como se caracteriza a violencia de xénero no medio rural, buscando tecer unha Rede de Espazos Seguros na contorna.

Nos tres Obradoiro traballarase con mulleres na prevención da violencia de xénero, identificando que é, como se manifesta, como actuar ante ela e fomentando o empoderamento.

Os obradoiros terá lugar os mércores 14, 21 e 28 de outubro ás 18h a 19.30 h na Área Panorámica de Tui. Celebrarase con grupos reducidos cumprindo todos os protocolos de seguridade establecidos debido á COVID19.

As mulleres interesadas poden inscribirse até o dia 12 de outubro no correo electrónico igualdade@tui.gal ou no teléfono 986 60 39 49.

Concello Tui


O martes 13 comeza a segunda edición de "Cultiva a Mente"

Vaise celebrar en Caldelas, Guillarei, Pazos de Reis, Areas e Rebordáns

O próximo martes, 13 de outubro, ponse en marcha a segunda edición do programa "Cultiva a Mente" froito da colaboración entre o Concello de Tui, a través do departamento de Servizos Sociais, e AFAGA, a Asociación de Familiares de Persoas con Alzheimer e outras demencias de Galicia.

Na primeira edición deste programa "Cultiva a mente" participaron oitenta persoas. Debido ao confinamento os obradoiro tiveron que deixar de realizarse presencialmente aínda que durante estes meses realizouse un seguimento dos usuarios. Agora retómase de forma presencial os martes de 10 a 11.30 h en Caldelas, e de 12 a 13.30 h en Guillarei, os mércores de 10 a 11.30 h en Pazos de Reis, e de 12 a 13.30 h en Areas, e os venres de 10 a 11.30 h en Rebordáns. Trátase dunha iniciativa pioneira que busca descentralizar este servizo e achegalo á cidadanía.

Durante hora e media á semana as persoas inscritas realizarán técnicas de memoria, recibirán consellos saudables para o cerebro, e ao tempo fomentarase a socialización e emoción positivas.

Os grupos en cada unha destas parroquias están completos pero estase a confeccionar lista de agarda para cubrir as prazas vacantes que se poidan rexistrar. Por iso as persoas interesadas poden cubrir o impreso de solicitude, accesible en tui.gal, e presentalo por rexistro de entrada na casa do concello.

Concello Tui


"O Camiño do humor" con viñetas de Dávila dáse cita na Sala Municipal de Exposicións de Tui

Poderá visitarse do 2 ao 24 de outubro. Forma parte das actividades do 50 aniversario da Biblioteca

A Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui acolle desde este venres día 2 ata o 24 de outubro unha exposición de viñetas do ilustrador e deseñador gráfico galego Luís Davila (Bueu, 1972). Baixo a denominación de "O Camiño do humor" mostra una escolma das viñetas que Davila publica cada día no xornal "Faro de Vigo". Esta mostra está organizada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidades da Xunta de Galicia.

"O camiño do humor" é unha exposición que presenta unha recompilación das mellores viñetas do artista galego Luís Davila. Unha peregrinación polas súas mellores ilustracións, con personaxes tan entrañables como "Doura a rozadora" e "Tucho", entre outros. Na mesma amosarase parte da extensa traxectoria e valía do debuxante. Davila é xa un mestre en facernos rir e pensar cos seus debuxos, herdeiro de grandes artistas como Siro ou Xaquín Marín.

A mostra está organizada de maneira temática baixo epígrafes como Xente de aquí, Na leira, O bicherío, Tecnoloxía, O tempo, O turismo ou O Camiño de Santiago, etc. En conxunto, ofrece un completo percorrido pola obra de Davila a través dunha antoloxía das súas viñetas máis destacables.

Con esta nova mostra a concellería de Cultura tudense, que dirixe a concelleira Sonsoles Vicente, continúa apostando por ofrecer á veciñanza unha programación diversificada e de calidade nesta Sala Municipal de Exposicións. Para a concelleira esta nova exposición é unha oportunidade de achegarse a esta mostra dun humor que tamén nos fai reflexionar sobre a actualidade con moita retranca. A mostra forma parte do programa de actividades do 50 aniversario da Biblioteca Municipal de Tui.

Concello Tui


O departamento de Urbanismo centraliza a atención ao público no teléfono 607 35 58 41

O Concello de Tui lembra que o teléfono de atención do departamento de Urbanismo é o 607 35 58 41. As persoas que precisen realizar calquera trámite ou consulta neste departamento pode dirixirse directamente a este teléfono de luns a venres de 9 a 14 h. Dentro das medidas establecidas para a atención á cidadanía na actual situación de pandemia o acceso ao mesmo realízase pola entrada á casa do concello situada na rúa Bispo Castañón, que dispón de videoporteiro para o control de acceso.

Lembran amais dende Urbanismo que os técnicos continúan a realizar as consultas presenciais todos os venres, previa cita no 607 35 58 41.

Por outra parte cabe recordar que os distintos departamentos da casa do concello están a realizar a atención ao público con cita previa. Na web municipal pódese consultar a listaxe dos número de teléfono directos de cada área.

Concello Tui


Colocados dous contedores para a recollida solidaria de tapóns na praza de Abastos e no Punto Limpo

O Concello de Tui colabora coa Asociación TaporelMun, coa colocación de dous contedores para a recollida de tapóns de plásticos no exterior da Praza de Abastos, e no exterior do Punto Limpo.

Deste xeito o Concello aposta non só pola reciclaxe destes produtos, senón que se suma a unha causa solidaria, xa que os cartos recadados con estes tapóns teñen un fin social. En concreto a segunda campaña que está arestora en marcha busca axudar a un neno de 3 anos que padece unha enfermidade rara denominada Metabolopatía por déficit de CPS-1.

Concello Tui



Edições C@2000

Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP


Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais