JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Horário do Ferry (28 de Setembro a 4 de Outubro)

Concello de A Guarda


O CONCELLO DA GUARDA POR INICIATIVA DO BNG ESIXE DA XUNTA DE GALIZA NOVAS MEDIDAS NOS CENTROS DE ENSINO DIANTE DO COVID19

O pleno do Concello da Guarda súmase a reivindicación da comunidade educativa para esixir a Xunta de Galiza, que dote aos centros de ensino de suficiente profesorado e material para garantir que a actividade educativa se desenvolva con garantías sanitarias.

O Concelleiro nacionalista Xosé Manuel Méndez, calificou como un auténtico despropósito a posta en marcha deste comezo de curso por parte da Xunta de Galicia. Na súa intervención diante do pleno manifestou " A Xunta de Galiza tivo 6 meses para planificar o comezo do curso. Non escoitaron as ANPAS, nin aos representantes do profesorado. Presentaron un protocolo 6 días antes de comezar o curso que prima os criterios económicos por riba da calidade educativa e as garantías sanitarias. Non se respectan os criterios estabelecidos para o resto da poboación, como poden ser as regras de distanciamento persoal. Non se recollen medidas específicas para o alumnado con necesidades educativas especiais. Outro tanto ocorre cos comedores escolares.Tampouco se adopta ningunha medida que solucione os graves problemas que se manifestaron durante o confinamento á hora de impartir aulas de maneira telemática, como a fenda dixital, a formación do profesorado e alumnado".

A proposta nacionalista aprobada polo pleno tamén reclama da Xunta de Galiza que se faga cargo dos traballos de desinfección e limpeza dos centros de primaria que recolle o protocolo e que son competencía do goberno galego.

BNG de A Guarda


A Guarda pon en marcha unha ampla programación de actividades para o outono

" Teatro, obradoiros, samaín, cantacontos, exposicións, charlas, eventos deportivos e moito máis na programación de outono no Concello da Guarda.

Programación teatral de outono na Guarda

O Concello da Guarda programa un total de cinco representacións teatrais nesta tempada de outono, tratase das obras "A nena que quería navegar", "Invisibles", "O mel non caduca", "Rosa Caramelo" e "Running", obras que se levarán a cabo entre o 26 de setembro e o 11 de decembro deste ano.

Esta programación arrancou xa na xornada do pasado sábado día 26 de setembro coa obra "A nena que quería navegar" e continúa este sábado día 3 de outubro coa obra "Invisibles" ás 20:00h no Centro Cultural, é unha adaptación do libro homónimo da periodista Montse Fajardo que relata casos reais de violencia de xénero sufridos por sete mulleres galegas. Protagonizado por Mela Casal, Sheyla Fariña e Neves Rodríguez baixo a dirección de Marián Bañobre.

O venres día 16 de outubro continúa a programación de teatro coa obra "O mel non caduca" ás 21:00h no Centro Cultural, é un espectáculo biodegradable e ecosostible xestado a partir dun proceso de creación colectiva, arredor da relación do ser humano cos obxectos, da degradación ecolóxica do planeta por mor da perversa lóxica consumista do capitalismo e da obsolescencia programada, tanto dos produtos como das persoas.

O sábado 24 de outubro ás 18:00h é a quenda da obra "Rosa Caramelo" ás 18:00h, é Un espectáculo para nenas e nenos onde se lle dá a volta a roles e estereotipos de xénero. Nesta montaxe composta de catro historias nas que combinamos a palabra e a música en directo, trataremos de crear unha atmosfera adecuada para desmontar unha serie de ideas impostas e simplificadas, pero fortemente asumidas, sobre actitudes e aptitudes das mulleres e dos homes.

Xa para pechar este ciclo de teatro de outono, o venres 11 de decembro ás 21:00h o Centro Cultural será o escenario para a representación teatral de "Running", onde os 2 actores asumen o reto de interpretar, ademais dos dous protagonistas desta comedia, a todos os personaxes das familias dos dous e da súa contorna, con algunhas aparicións tamén de personaxes televisivos e entrevistadores para retratar o noso mundo saturado de información televisiva e cibernética. Nun total de 20 personaxes entre os 2. Trátase dunha vertixinosa peza cómica con mensaxe final… parodia da nosa ocupadísima vida actual coas súas eternas présas, ese maratón de teléfonos, móbiles, obrigacións familiares, persoais e laborais… que pretende reflexionar sobre a cabida que pode ter nesta acelerada dinámica "sempre Running" o amor, e en última instancia a relación cun mesmo.

Para todas as representacións teatrais seguirase un estrito protocolo Covid-19, polo que é preciso inscribirse con anterioridade chamando ao Centro Cultural da Guarda no 986 61 1850, enviando un enderezo electrónico a centrocultural@aguarda.es ou acudindo ata o propio Centro Cultural dende o luns previo a cada actividade, en horario de 10:00h a 13:00h e de 17:00h a 20:00h de luns a venres. O aforo é limitado.

Actividades para celebrar o día da biblioteca na Guarda

A Biblioteca Pública Municipal da Guarda prepara diversas actividades no mes de outubro para celebrar o mes da Biblioteca, e o Día da Biblioteca(24 de outubro).

Cantacontos, con Migallas Teatro

Sábado 10 de outubro ás 12:00 horas no Salón de Actos do Centro Cultural

En "Cantacontos" os contos tradicionais ou de creación propia son arrequentados con cancións, música ou sons que contribúen a espertar emocións nos nenos e nenas. Todos os contos tratan cuestións próximas ao público infantil, e convídanos a participar no seu desenlace. As cancións complementan os seus contidos.

Público: Nenos e nenas de 4 a 11 anos e familias.

Obradoiro de Cómic e Banda Deseñada, con Santy Gutiérrez

Sábado 17 de outubro. Dúas sesións: ás 11:30 horas e ás 12:30 horas na Sala de Exposicións do Centro Cultural.

Obradoiro de banda deseñada: os rapaces aprenderán recursos da linguaxe do cómic facendo a súa propia páxina de BD. No cómic atoparán unha ferramenta afín á súa vida que lles axudará a comunicarse, contando as súas propias historias nas que verter as súas propias inquedanzas e intereses.

Público: Nenos e nenas: De 8 a 9 e Mocidade

Trémola Teatro. Que animaliño é?

Venres 23 de outubro ás 18:00 horas. Na Sala de Exposicións do Centro Cultural

Paula co seu xilófono e a través de diferentes elementos sensoriais fará que os máis pequenos da casa podan coñecer os distintos animais. 3 "que animaliño é?", é unha obra para bebés que lles fará gozar, coñecer e recoñecer as cousas que ven ao seu redor.

Público: Bebés de 0 a 3 anos e familias.

Todas as actividades precisan inscrición previa na Biblioteca Municipal ou chamando ao teléfono 649 327 525. Protocolo Covid-19. Bibliotecas seguras.

O Día da Biblioteca celébrase cada 24 de outubro desde o ano 1997. Este día naceu por iniciativa da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil co obxectivo de concienciar á sociedade da importancia da lectura e como homenaxe e recoñecemento ao labor dos bibliotecarios e bibliotecarias.

Ler conta moito é un programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Dirección Xeral de Políticas Culturais, da Consellería de Cultura e Turismo, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración coas entidades locais.

Exposición "Río Miño- Memorias transfronteirizas"

Na exposición "Río Miño - memorias transfronteirizas" os visitantes poden contemplar as marxes do río: con quioscos interactivos, filmes e paneis interpretativos. Esta exposición reflicte o Miño, os seus valores ecolóxicos e patrimoniais, e as xentes que habitan nas súas ribeiras: as súas técnicas, música, gastronomía, lingua e xogos. Ademais, amosan a cultura dos Tesouros Humanos Vivos, persoas cun profundo coñecemento e prácticas locais, que esta exposición recolle.

Esta exposición itinerante do patrimonio inmaterial que leva a cabo o CIM Alto Minho, en colaboración e coordinación coa DEPO, chega á Guarda, entre o 9 e o 20 de outubro na Casa dos Alonso.

Trail do Trega

O domingo día 11 de outubro o Trail do Trega chega á súa sétima edición con 14km de percorrido e preto de 800m de desnivel. Debido a pandemia da COVID 19, estará limitada a 300 prazas e as saídas serán de 10 atletas cada 30 segundos. A proba transcorrerá 100% polo monte Trega, un dos lugares máis visitados da xeografía galega. A carreira non ten un desnivel significativo pero o cambio de terreo constante, a orografía, climatoloxía farán que sexa unha proba dura e para a que se necesita unha boa preparación. A proba arranca ás 10:30h dende a Alameda da Guarda.

Así mesmo, se organizará unha andaina guiada de 10 km e con 500 metros de desnivel LIMITE de 100 participantes, que sairá ás 10:00h dende a Alameda da Guarda.

Actividades para festexar o Samaín

A concellería de Cultura programa entre o 20 e o 28 de outubro diversas actividades online para festexar o Samaín con "Facemos un trato".

O día 31 terá lugar o espectáculo "Contos para caghar patatillas" do elenco de Brais das Hortas e dirixido ao público infantil e familiar, no Centro Cultural ás 18:00h.

É preciso inscribirse con anterioridade chamando ao Centro Cultural da Guarda no 986 61 1850, enviando un enderezo electrónico a centrocultural@aguarda.es ou acudindo ata o propio Centro Cultural o luns previo á actividade, en horario de 10:00h a 13:00h e de 17:00h a 20:00h de luns a venres. O aforo é limitado.

Máis actividades

" Charlas de igualdade organizadas pola ANPA CEIP A SANGRIÑA (Cada martes dende o 20 de outubro ata o 17 de novembro) no Centro Cultural.

" Presentación do libro de Denis Maza "La mística de un grano de arena" (22 e 23 de outubro)

Concello de A Guarda


Unidade Móbil de inspección técnica de ciclomotores na Guarda en outubro

A Unidade Móbil 9 de inspección técnica de CICLOMOTORES desplazarase ao Concello de A GUARDA nas seguintes datas e ubicacións: do 01/10/2020 ao 02/10/2020 Estación de Servicio San Roque (A Guarda)

Para solicitar cita previa:
" Por teléfono: 902 30 90 00
" A través da nosa páxina web: www.sycitv.com - Cita previa

NOTA: A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.

Concello de A Guarda


Actividades para celebrar o día da biblioteca na Guarda

A Biblioteca Pública Municipal da Guarda prepara diversas actividades no mes de outubro para celebrar o mes da Biblioteca, e o Día da Biblioteca(24 de outubro).

Cantacontos, con Migallas Teatro
Sábado 10 de outubro ás 12:00 horas no Salón de Actos do Centro Cultural
En "Cantacontos" os contos tradicionais ou de creación propia son arrequentados con cancións, música ou sons que contribúen a espertar emocións nos nenos e nenas. Todos os contos tratan cuestións próximas ao público infantil, e convídanos a participar no seu desenlace. As cancións complementan os seus contidos.
Público: Nenos e nenas de 4 a 11 anos e familias.

Obradoiro de Cómic e Banda Deseñada, con Santy Gutiérrez
Sábado 17 de outubro. Dúas sesións: ás 11:30 horas e ás 12:30 horas na Sala de Exposicións do Centro Cultural.
Obradoiro de banda deseñada: os rapaces aprenderán recursos da linguaxe do cómic facendo a súa propia páxina de BD. No cómic atoparán unha ferramenta afín á súa vida que lles axudará a comunicarse, contando as súas propias historias nas que verter as súas propias inquedanzas e intereses.
Público: Nenos e nenas: De 8 a 9 e Mocidade

Trémola Teatro. Que animaliño é?
Venres 23 de outubro ás 18:00 horas. Na Sala de Exposicións do Centro Cultural
Paula co seu xilófono e a través de diferentes elementos sensoriais fará que os máis pequenos da casa podan coñecer os distintos animais. 3 "que animaliño é?", é unha obra para bebés que lles fará gozar, coñecer e recoñecer as cousas que ven ao seu redor.
Público: Bebés de 0 a 3 anos e familias.

Todas as actividades precisan inscrición previa na Biblioteca Municipal ou chamando ao teléfono 649 327 525. Protocolo Covid-19. Bibliotecas seguras.
O Día da Biblioteca celébrase cada 24 de outubro desde o ano 1997. Este día naceu por iniciativa da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil co obxectivo de concienciar á sociedade da importancia da lectura e como homenaxe e recoñecemento ao labor dos bibliotecarios e bibliotecarias.
Ler conta moito é un programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Dirección Xeral de Políticas Culturais, da Consellería de Cultura e Turismo, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración coas entidades locais.

Concello de A Guarda


A Cafetería-Restaurante da Estación Marítima da Guarda sae a licitación

Na sesión plenaria do pasado venres día 25 de setembro de 2020, aprobouse a proposta de alcaldía para os pregos de cláusulas técnicas e económico-administrativas da licitación da Cafetería-Restaurante da Estación Marítima da Pasaxe en Camposancos(A Guarda).

Na actualidade este espazo se atopa cedido ao Concello da Guarda por Portos de Galicia ata o 2029 e sairá a concurso público por un canon anual de 8.000 €, asumindo o mantemento, conservación e explotación do espazo.

Os criterios de adxudicación serán o incremento do canon anual e as maiores coberturas e contías da póliza do seguro das instalacións con cláusula de responsabilidade civil sobre o mínimo previsto no prego correspondente.

Deste xeito quedan aprobados os pregos de cláusulas técnicas e económico-administrativas que servirán como base para a adxudicación deste contrato de explotación, os mesmos serán publicados nos vindeiros días na sede electrónica municipal: https://aguarda.sedelectronica.gal/info.0

O prazo de presentación de ofertas queda aberto, dende a publicación dos pregos, durante un período de 20 días hábiles, cando se procederá a apertura de sobres e posterior adxudicación á oferta presentada mellor valorada.

Concello de A Guarda


Horario de inverno na rede de museos e na oficina municipal de Turismo da Guarda

Dende o vindeiro xoves día 1 de outubro, entra en funcionamento o horario de inverno na rede de museos municipal e na oficina de turismo, co peche do Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz.

A Oficina de Turismo Municipal prestará servizo de luns a domingo en horario de 10:00h a 14:00h e de 16:30h a 19:30h nas instalacións da Praza do Reló.

O Museo Arqueolóxico de Santa Trega(MASAT) abrirá as súas portas de martes a domingo en horario de 10:00h a 18:30h

O Museo do Mar, sito no final do paseo marítimo, estará aberto as fins de semana e festivos en horario de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 19:00h.

Pola súa banda o Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz pecha as súas portas ata a vindeira primavera, quedando aberto o espazo público deste recinto fortificado.

Máis información na Oficina de Turismo Municipal na Praza do Reló S/N ou chamando ao 986 61 4546 ou no enderezo electrónico turismo@aguarda.es

Concello de A Guarda




Edições C@2000

Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP


Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais