|
LA OCTAVA EDICIÓN DE IKFEM TENDRÁ LUGAR DEL 2 AL 11
DE OCTUBRE DE 2020
El Festival de teclado de la Eurociudad Tui - Valença avanza la convocatoria de su nueva programación digital junto a Afundación, de la que ya está abierta la inscripción.
El calendario de conciertos se dará a conocer en los próximos días y contará con conciertos digitales y presenciales.
IKFEM, International Keyboard Festival & Masterclass de la Eurociudad Tui - Valença es un evento que partiendo de la música de instrumentos de teclado ofrece un amplio abanico de propuestas culturales con un marcado carácter transfronterizo, y que celebrará su VIII edición del 2 al 11 de octubre de 2020.
Esta octava edición de IKFEM es la más larga de su historia, una programación de 10 días especial y adaptada a los tiempos de COVID-19 mediante conciertos digitales y presenciales, protagonizada por historias personales, artistas consolidados y talentos españoles y portugueses. Con esta edición, IKFEM pretende servir de espacio de sensibilización para hacer frente al coronavirus y apoyar la reactivación cultural de la eurorregión.
El Festival, que habitualmente ofrece, además de música, un atractivo calendario de eventos formativos, se reformula este año a causa de la situación actual proponiendo una nueva línea programática: IKFEM Digital.
Aberto o prazo de inscrición para o Taller de Inmersión á repostería sefardí
Terá lugar o venres 18 de setembro ás 19 h na Aula Uned (Convento de San Domingos) de Tui
A concellería de Turismo do Concello de Tui oferta, dentro do programa de actividades das Xornadas Europeas da Cultura Xudía, un taller de inmersión á repostería sefardí. Correrá a cargo de Abigail Cohen, propietaria da única pastelaría con obradoiro artesanal de pastas xudías existente en España, a Pastelería "La Candela" en Hervás.
O obradoiro constará dunha parte de introdución á cultura sefardí, os seus costumes, ingredientes básicos e a cociña kosher así como ás festividades xudías e os seus doces para continuar, xa coas mans na masa, aprendendo a elaborar os produtos. Os participantes levarán despois a receita e unha mostra das pastas elaboradas.
Trátase dunha oportunidade para saborear ricos doces, que Abigail Cohen elabora con mimo, o vindeiro venres 18 de setembro ás 19.00 horas, na Aula Uned (Convento de San Domingos) de Tui.
O taller de inmersión á repostería sefardí está dirixido aos profesionais do sector da hostalaría, restauración e alimentación así como a persoas interesadas nesta temática. As inscricións se realizan na Oficina de Turismo, de forma presencial, no teléfono 677 418 405 ou no correo turismo@tui.gal.
O obxectivo do Concello de Tui é contribuír á consolidación dunha oferta turística diferenciada arredor do patrimonio xudeu de Tui que incremente os recursos que, para turistas e visitantes, ofrece á nosa cidade.
Esta actividade forma parte do programa "Sabores de Sefarad" que promove a Red de Juderías - Caminos de Sefarad á que pertence o concello de Tui.
O 26 de outubro continuará o programa en Tui coa presenza de Javier Zafra, auto do libro "Sabores de Sefarad, los secretos de la gastronomía judeo-española, que abordará unha xornada sobre esta temática.
Esta fin de semana continúan as actividades das Xornadas Europeas da Cultura Xudía na Eurocidade Tui - Valença
A programación inclúe visitas, música e gastronomía sefardí
Esta fin de semana a Eurocidade Tui - Valença continúa a celebrar diferentes actividades, ao abeiro das Xornadas Europeas da Cultura Xudía, para a divulgación do amplo patrimonio vinculado á presenza histórica da comunidade xudía en ambas cidades transfronteirizas.
O programa abrangue diversas visitas que por mor das prescricións sanitarias derivadas da COVID-19, consisten nunha explicación detallada de diversos aspectos relacionados coa presenza xudía, tanto en época medieval como nos séculos XVI e XVII. Posteriormente os asistentes poderán realizar unha visita auto guiada polo patrimonio xudeu conservado en ambas localidades. Terán a súa disposición as guías editadas por ambos municipios. No caso de Tui, as persoas poderán guiarse, ben a través dos códigos QR nos carteis que marcan a ruta xudía por Tui ou a través da APP de turismo de Tui. Existe a posibilidade de seguir a ruta con Google Maps (turismotui.mobi).
Actividades para esta fin de semana ( 12 e 13 de setembro)
Sábado 12
" Ás 12.30 h no Museo Catedralicio: Os prateiros xudeus e criptoxudeus na Catedral de Tui. Correrá a cargo historiador José Ramón Fernández.
" Ás 18.00 hora española no Largo Sta. María dos Anjos en Valença: concerto de música sefardí con Carmen Penim (voz) e Maurizio Polsinelli (piano e harmonio). De seguido terá lugar a visita ao Patrimonio judaico en Valença.
Domingo 13
" Ás 12.30 h no Museo Catedralicio: Colección de Sambenitos da Catedral, a cargo do historiador Rafael Sánchez.
RUTAS GASTRONÓMICAS SEFARDÍS: BACALLAU NOS RESTAURANTES DE TUI E VALENÇA. DO 5 AO 18 DE SETEMBRO
A programación tamén consta dunha ampla oferta gastronómica nos establecementos de hostalaría e restauración de Valença e Tui, arredor do bacallau. Unha oportunidade de degustar esta especialidade gastronómica relacionada coa presenza sefardí, na cultura peninsular.
Valença
" Churrasqueira Valenciana
" Baluarte
" Bom Jesus
" Fatum - Casa de Fados
" Portas da Coroada - Fortaleza
" Fortaleza I
" Fortaleza II
" Muralha
" Pousada S. Teotónio
" Limoeiro
Tui
" Alboio: en empanada
" Ideas peregrinas: tosta con bacallau
" Parador de Tui: bacallau con broa
" El Niño Trasto: á brasa con barbur e melocotón caramelizado
" Jaqueyvi: á brasa
" Tapas e viños: ensalada con bacallau
" La de José Luís: encebolado
" El Molino: á portuguesa e tamén empanada
" Puro Sabor: ó forno e empanada
" Novo Cabalo Furado: á prancha, á galega, ó forno, boliños e tamén
empanada
" Vello Cabalo Furado: á portuguesa, empanada e boliños
" Santiamén: asado con cebola
" A Macoca: ó forno
" Pote: ensalada de bacallau e á galega
" Happy Restaurant: lascas de bacallau, empanada
" Monte Aloia: á brasa e ó forno
" Cruceiro do Monte: á portuguesa
" A vaca tola: tosta de bacallau
" Época: á prancha estilo Época e ensalada templada de bacallau
" afumado
" Arrayal 39: á brasa e á galega
" Asador Paulo: á brasa
Finalmente, continúa aberta a exposición de paneis dedicada a un dos máis egrexios tudenses vinculados á cultura sefardí, o médico e filósofo Francisco Sánchez. A mostra "As rutas sefardís: Francisco Sánchez" poderá visitarse no Museo Diocesano de Tui, até o 20 de setembro.
A integración de Tui na Red de Juderías de España no 2019, ofrece a nosa cidade unha excepcional oportunidade para proxectar esta oferta patrimonial e turística vinculada ao patrimonio xudeu, un dos máis ricos do noroeste peninsular.
O Concello de Tui acometeu obras de mantemento e conservación en todos os centros educativos con fondos propios e da Deputación
O Concello destinará preto de 100 mil euros para a desinfección dos colexios
O Concello de Tui vén de realizar obras de mellora en todos os centros educativos do municipio. O obxectivo foi dar resposta ás necesidades dos oito colexios tudenses incluídas as 6 unidades do Colexio Rural Agrupado, CRA, Mestra Clara Torres, distribuídas nas parroquias, e tamén da Escola de Musica e do Conservatorio de Grao Medio.
A Concellería de Educación, cunha partida inicial de 55.000€, levou adiante traballos de mantemento e conservación en todos os centros do municipio. Amais trasladou una partida de 40.000 €, da área de Cultura á de Educación, para facer fronte ás necesidades derivadas da grave situación sanitaria que estamos a vivir nestes tempos de pandemia.
As obras máis importantes foron de fontanería. Así adecuáronse as billas de todos os colexios de Infantil e Primaria a esta nova normalidade, instalando preto de 100 novas billas. Tamén se colocaron dispensadores de xel hidroalcohólico nas entradas das aulas e portas principais, abríronse xanelas, adecuáronse aulas para ter maior amplitude, colocáronse videoporteiros ,etc.
Actuouse tamén nos patios de dous centros educativos. Realizáronse obras de acondicionamento do patio do C.E.I.P. de Pazos de Reis, e levouse adiante o proxecto dunha área lúdico-educativo, financiada a través do Plan Concellos do ano 2018, cun importe de 40.000€, no patio do C.E.I.P.de Rebordáns.
Outras obras executadas foron a reforma dos baños de infantil no C.E.I.P. nº2, e dos baños do C.E.I.P. de Foxo en Caldelas. Tamén está previsto neste inicio de curso o cambio da caldeira no C.E.I.P. de Guillarei, obra demandada por toda a comunidade educativa dende fai anos.
A maiores o Concello de Tui, ante a non intervención da Consellería de Educación acometerá o reforzo en desinfección nos centros educativos en horario lectivo cun importe de preto de 100.000€, sendo unha actuación non contemplada inicialmente pero explica a concelleira de Educación, Sonsoles Viventes que "entendemos que o primeiro e a seguridade sanitaria de todos os escolares, que en Infantil e Primaria se achegan aos 1.300 alumnos e alumnas".
Todas estas obras foron acometidas con fondos propios do Concello de Tui e da Deputación de Pontevedra.
Dende o Concello de Tui e dende a Concellería de Educación desexan a toda a comunidade educativa que, este ano tan atípico que estamos a vivir, sexa do máis positivo e cheo de grandes logros no eido educativo. Ao tempo queren transmitir que "estamos e estaremos para dar seguridade e confianza as familias". Dende o concello queren amais amosar o seu agradecemento ás direccións dos centros educativos e ás ANPAS polo labor que están desempeñando dende sempre e sobre de todo agora nestes tempos da COVID-19.
|