JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Horário do Ferry (8 a 13 de Setembro)

Concello de A Guarda


Sanidade declara A Guarda zona con especiais restriccións por motivo do COVID-19

" concello limita o aforo nas praias de Area Grande e Fedorento e suspende o mercadillo do sábado.

A Guarda 11 de setembro de 2020. A Consellería de Sanidade estableceu esta mañá medidas restrictivas logo da reunión do subcomité clínico de expertos que se encarga de revisar a situación epidemiolóxica en Galicia. As medidas entrarán en vigor a partir as 00:00h do sábado 12 de setembro. Estas medidas serán revisadas no prázo máximo dunha semana.

As medidas inclúen a reducción dos aforos a un 50 % en celebracións como bodas e bautizos, este mesmo aforo aplicarase as piscinas públicas e aos establecementos comerciais, de hostelería, etc. No caso das terrazas o aforo será do 75 %. Tamén se establece unha limitación do número de persoas nas xuntanzas, tanto en lugares pechados como na vía pública, a un máximo de 10 persoas. Ademais redúcense os aforos en velorios e lugares de culto.

Con motivo destas restriccións o concello da Guarda tomou a decisión de suspender o mercadillo deste sábado 12 de setembro. Así mesmo establece aforos limitados para as praias de 4 m2 por persoa. No caso da Area Grande e Fedorento son os seguintes: Area Grande, marea baixa 438 persoas, marea alta 234 persoas. Praia de Fedorento, marea baixa 98 persoas, marea alta 44 persoas. Estes aforos serán controlados periódicamente pola Policía Local.

O concello está valorando cos responsables da área sanitaria de Vigo o aforo para o partido de balonmán do Atl Guardés que se celebrará este sábado ás 20:30 h

A día de hoxe o número de casos activos na localidade é de 30. Temos que recordar que é responsabilidade de todos os veciños e veciñas controlar a situación sanitaria debida ao COVID-19. É necesario manter o uso da mascarilla e extremar a hixiene de mans e o mantemento da distancia social, sobre todo tendo en conta que co comenzo da actividade escolar aparecen novos factores de risco. Dende o concello queremos trasladarlle ás familias que reforcen as medidas de precaución cos cativos, prestando especial atención a aparición de febre.

Concello de A Guarda


O Concello da Guarda suspende o mercadillo deste sábado día 12 de setembro

Entre as medidas de prevención fronte ao coronavirus COVID-19 adoptadas polo Concello da Guarda en canto ós servizos e actividades acordouse a suspensión do mercadillo semanal dos sábados.

Esta medida estará vixente dende hoxe venres día 11 de setembro ata próxima comunicación en función da evolución do COVID-19, polo cal o mercadillo semanal queda suspendido dende este sábado, inclusive.

A día de hoxe o número de casos activos na localidade é de 30. Temos que recordar que é responsabilidade de todos os veciños e veciñas controlar a situación sanitaria debida ao COVID-19. É necesario manter o uso da mascarilla e extremar a hixiene de mans e o mantemento da distancia social, sobre todo tendo en conta que co comezo da actividade escolar aparecen novos factores de risco. Dende o concello queremos trasladarlle ás familias que reforcen as medidas de precaución cos cativos, prestando especial atención a aparición de febre.

Concello de A Guarda


O Concello da Guarda e o Centro San Xerome poñen en marcha o programa Merézome un respiro

O Concello da Guarda pon en marcha o proxecto MERÉZOME UN RESPIRO (Concilia covid), programa de Respiro familiar co que responder ás necesidades das familias con persoas con diversidade intelectual residentes no Municipio.

A actual situación vivida pola crise sanitaria da covid-19 tivo un impacto moi considerable na vida de moitas persoas, pero nas persoas con diversidade intelectual, e especiais dificultades, moito máis, xa que é uns dos colectivos máis vulnerables. O confinamento e as actuais medidas preventivas derivadas da situación da pandemia no Concello, obrigou a pechar temporalmente os Centros de atención ás persoas. As persoas con especiais dificultades, como son as persoas usuarias do Centro San Xerome, víronse na obriga de permanecer nas súas casas por períodos de tempo longos, tendo que prescindir tanto dos apoios profesionalizados que favorecen o seu desenvolvemento, tanto físico como emocional, sensorial, cognitivo, etc… como das súas relacións sociais, persoais e afectivas.

Para moitas das persoas con grandes necesidades de apoio, perder as súas rutinas supón un gran deterioro, tanto a nivel físico como a nivel cognitivo, emocional, etc… Por outra banda, neste período as súas familias víronse transformadas en coidadoras as 24 horas do día, 7 días á semana, durante varios meses…

Co proxecto MERÉZOME UN RESPIRO (Concilia Covid Concello da Guarda) se están a realizar, -e se realizarán ate o 31 de decembro 2020-, diversas intervencións de apoio individualizado ás familias e persoas usuarias do Centro de día e Centro educativo de San Xerome, nos períodos nos que as persoas usuarias non poidan acudir ao Centro por causas motivadas pola covid-19. Esta semana comezaron xa os primeiros apoios individualizados, en distintos contextos e espazos abertos da contorna, prestados por distintos profesionais da Asociación San Xerome, para garantir que os servizos ás persoas e familias beneficiarias do proxecto respondan plenamente ás súas necesidades.

O proxecto está financiado pola Deputación de Pontevedra, mediante as axudas extraordinarias dirixidas a Concellos de menos de 50.000 habitantes para a prestación de actividades de apoio ás familias para facerlle fronte ao impacto da covid-19 durante o ano 2020, dende a estratexia local para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

Concello de A Guarda


O CIM da Guarda programa dúas sesións de teatro en setembro

O Centro de Información á Muller da Guarda programa neste mes de setembro dúas funcións teatrais, coa representación de "A nena que quería navegar" e "Invisibles".

O venres 18 de setembro ás 21:00h terá lugar a representación teatral de Invisibles", unha obra dirixida ao público adulto e o sábado día 26 de setembro ás 18:00h o Centro Cultural da Guarda acolle a representación teatral de "A nena que quería navegar" ás 18:00h, unha obra dirixida ao público infantil, e

"Invisibles" é unha adaptación do libro homónimo da periodista Montse Fajardo que relata casos reais de violencia de xénero sufridos por sete mulleres galegas. Protagonizado por Mela Casal, Sheyla Fariña e Neves Rodríguez baixo a dirección de Marián Bañobre.

"A nena que quería navegar" é unha comedia para público familiar que trata de visibilizar e paliar as consecuencias do acoso escolar a través de técnicas de reforzo positivo e aumento da autoestima. Un espectáculo optimista, colorista, emocionante, reflexivo e festivo no que se mesturan distintas disciplinas como os monicreques, o teatro de obxectos, as vídeo proxeccións e a música en directo.

Para ámbalas dúas representacións teatrais seguirase un estrito protocolo Covid-19, polo que é preciso inscribirse con anterioridade chamando ao Centro Cultural da Guarda no 986 61 1850 ou acudindo ata o propio Centro Cultural dende o luns previo a cada actividade, o aforo é limitado.

Esta actividade está subvencionada pola Secretaría Xeral de Igualdade e polo Pacto de Estado.

Concello de A Guarda


A unidade móbil de doazóns de sangue estará instalada na Guarda o venres 25 e sábado 26 de setembro

A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará instalada na Guarda o venres día 25 e sábado día 26 de setembro.

Este autobús estará emprazado na Rúa Rosalía de Castro(Ao Carón do Centro Cultural) o venres 25 en horario de 10:00 ás 14:00 e de 16:30 ás 21:00 horas e o sábado 26 en horario de 10:00 ás 15:00 horas.

O Centro de Transfusión de Galicia, grazas ao emprego destas unidades móbiles intenta facilitar o solidario xesto de doar sangue a todos os cidadás. Sen a implicación de todos é imposible acadas as 500 doazóns de sangue que se precisan nos hospitais galegos.

Para maior seguridade, pide a túa cita previa para doar no 900 100 828.
" Para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar espere 2 horas
" Non esqueza traer a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar
" Informe ao médico se está a tomar algún medicamento

Concello de A Guarda


A Guarda lanza unha campaña de concienciación sobre limpeza viaria para propietarios de animais

A Concellería de Medio Ambiente do Concello da Guarda ven de lanzar unha Campaña de concienciación sobre limpeza viaria para os propietarios de animais que contará con dúas sesións presenciais nas que se informará á cidadanía e se entregarán botellas de xeito gratuíto.

O obxectivo da campaña é visibilizar o problema e intentar que a xente sexa responsable, de xeito que cando baixe a pasear ao can, ademais das bolsiñas paras as cacas, leven tamén unhas botellas con auga e vinagre para diluír as mexadas nas rúas e espazos públicos.

Esta campaña chama a concienciar á cidadanía que ten cans do problema de limpeza viaria que supón as mexadas destes animais, indicándolles que se deberían priorizar zonas verdes e reixas de drenaxe para que os cans fagan as súas necesidades nestes espazos.

Este mércores día 9 de setembro a partires das 11:00h a tenente de alcalde, Montserrat Magallanes, e a técnica de Medio Ambiente do Concello visitarán varias clínicas veterinarias e tendas de animais da localidade para informar sobre a campaña, repartindo flyers informativos a pé de rúa.

Entre as accións que se van a levar a cabo destaca o reparto de botellas plegables, que se: fará en dúas sesións presenciais (respectando as medidas de distanciamento eos protocolos sanitarios polo COVID-19) nas que as persoas propietarias de cans recibirán de xeito gratuíto unha botella plegable e información sobre esta campaña aportando a cartilla de vacinación ou o pasaporte para animais de compañía.

O reparto do material terá lugar o martes 15 e xoves 17 de setembro ás 10:00h no Salón de Plenos na Casa do Alonso.

A campaña inclúe ademais a realización de flyers e carteis informativos para os propietarios de cans.

Concello de A Guarda


Citas para a renovación do DNI na Guarda
no mes de outubro

O vindeiro xoves día 10 de setembro de 2020 xa se poderán solicitar as citas para a visita das unidades móbiles no concello para a renovación do Documento Nacional de Identidade (DNI) correspondente ao mes de outubro de 2020.

A apertura do prazo para a solicitude de novas citas no setembro ofertadas pola unidade móbil do Corpo Nacional de Policía de Vigo comezarán o xoves día 10 de setembro de xeito preferentemente telefónico no 986 61 0000 de 9:00h a 14:00h ou presencialmente na Casa dos Alonsos.

Ata entón, aquelas persoas que de xeito urxente necesiten realizar a renovación do seu DNI, poderán acudir ás oficinas de expedición de Tui (na rúa Párroco Rodríguez Vázquez, 3) ou Vigo (rúa Álvaro Cunqueiro, 6) previa solicitude de cita no teléfono 060 ou ben a través da páxina web www.citapreviadni.es.

Concello de A Guarda





Edições C@2000

Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP


Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais