JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Horário do Ferry (1 a 6 de Setembro)

Concello de A Guarda


A iniciativa de Ecoturismo "Vive o Rio Minho" oferta unha fin de semana completa o 3 e 4 de outubro na Guarda

" A presidenta da Deputación e o deputado de Cooperación Transfronteiriza presentaron este xoves un programa de rutas e eventos de natureza que se desenvolverá entre o 12 de setembro e o 4 de outubro nos concellos galegos e portugueses das marxes do Miño

Mañá ábrese a inscrición, que se cubrirá por orde de solicitude

Baixo o nome de 'Vive o Rio Minho', a Deputación de Pontevedra vai desenvolver sete actividades ecoturísticas no Río Miño transfronteirizo -nos concellos galegos e portugueses que lindan coa vía fluvial- entre o 12 de setembro e o 4 de outubro. O obxectivo, segundo explicou o deputado de Cooperación Transfronteiriza e director do AECT Rio Minho Uxío Benítez, é ofrecer unha alternativa turística seguindo "o que a sociedade hoxe demanda a raíz da crise da COVID 19, dando a oportunidade de coñecer o territorio dun xeito tranquilo, seguro, e buscando a natureza e todo o que ofrece o río Miño".

As actividades están desenvolvidas dentro do proxecto Visit Rio Minho, co-financiado con fondos FEDER, a través do programa 'Interreg V-A POCTEP 2014-2020'). Xirarán ao redor do río Miño, e realizaranse de forma cronolóxica avanzando polo territorio seguindo o seu curso, desde a parte alta ata a súa desembocadura. Son gratuítas para o público e están dirixidas a un público amplo e diverso, abranguendo non só os recursos da zona, senón empresas locais que traballan e realizan actividades nela: haberá sendeirismo, rutas en bici, rutas urbanas e percorridos históricos, visitas a adegas, museos, petróglifos, balsismo, caiac, gastronomía, observación ornitolóxica e astronómica, entre outras actividades.

Actividades

Segundo explicou o xerente da empresa Xeitura -que desenvolverá a iniciativa-, Raúl Fernández, as propostas para coñecer o Miño divídense en diferentes xornadas de fins de semana consecutivos entre o 12 de setembro e o 4 de outubro.

Para o 3 e 4 de outubro plantéxase unha fin de semana completa na que se combinarán as rutas de sendeirismo, a observación ornitolóxica, visitas guiadas, e unha visita dramatizada no castro de Santa Tegra da Guarda.

Todas as actividades son gratuítas e están destinadas ao público xeral. As inscricións para os eventos poden realizarse na páxina web da Deputación (depo.gal) e as prazas cubriranse por orden de chegada. As incricións para as actividades realizaranse entre o luns anterior ás 9 horas e ata o xoves ás 23 horas no caso de non cubrir as prazas con anterioridade (entre 45 e 50 por evento).

Concello de A Guarda


O desafío -La icónica- chega á Guarda a finais de setembro

O sendeirismo e a marcha nórdica daranse a man no desafío "La Icónica" que terá lugar os días 26 e 27 de setembro.

O primeiro día coa etapa entre Oia e A Guarda. A segunda comezará na desembocadura do río Miño e rematará en Tui. Todos estes concellos, incluíndo os de O Rosal, Tomiño e tamén as cámaras municipais de Vilanova de Cerveira e Valença do Miño, uníronse a esta iniciativa da que se agarda un amplo respaldo popular. O primeiro en inscribirse foi o actor, presentador de televisión e destacado deportista David Amor, que se ten convertido na imaxe da proba. As inscricións están abertas na web laiconica.es.

Todos co bastón que se emprega na marcha nórdica. Así se presentaron as autoridades no acto que deu comezo oficial á iniciativa que de novo impulsa Serafín Martínez, o descubridor de novos formatos para realizar este tipo de proxectos nunha época tan complicada pola pandemia. Foi o encargado de desvelar algúns detalles, como a utilización do bastón. Ao respecto dixo que "aínda que poda parecer de que se trata dun elemento de apoio, a verdade é que se emprega para lograr impulso e, ademais, ten a vantaxe de que evite realizar unha gran carga de traballo físico sobre as costas". Como deseñador da ruta, indicou que cada participante terá un dorsal, tanto para a proba de sendeirismo como para a de marcha nórdica, pero non se realizará ningunha clasificación final.

Ao acto asistiron Cristina Correa, alcaldesa de Oia, a rexedora municipal de O Rosal, Ánxela Fernández e tamén José Monte, vareador de Deportes de la Cámara Municipal de Valença do Miño. No acto tamén estivo presente Laureano Alonso, concelleiro de turismo do Concello de Tui, e Montse Magallanes, concelleira de deportes do Concello da Guarda.

Carlos Amor, que é a cabeza visible da iniciativa, sinalou que "me parece sensacional que se realicen este tipo de iniciativas. Tengo especial arraigo con el Baixo Miño, por lo que es algo especial el poder participar de forma activa en la Icónica".

Serafín Fernández tamén desvelou que se sortearán varios agasallos entre os participantes, tanto na ruta de sendeirismo como na de marcha nórdica, entre eles unha viaxe con estancia de varios días en Canarias. Ao mesmo tempo, se premiará tamén á mellor contribución ecolóxica, ao animar aos participantes á recollida de residuos durante o seu traxecto. La Icónica terá lugar os días 26 e 27 do presente mes de setembro, sábado e domingo, en Oia, O Rosal, A Guarda, Tomiño, Vilanova de Cerveira, Valença do Minho e Tui.

As inscricións se poden realizar na páxina web laiconica.es

Concello de A Guarda


O BNG ESIXE A XUNTA DE GALIZA TRANSPARENCIA SOBRE A SITUACIÓN EPIDEMIOLÓXICA NA GUARDA

Na reunión de portavoces municipais da Guarda, celebrada hoxe a instancias do BNG, O portavoz municipal nacionalista, volveu a demandar de todas as forzas políticas e do goberno municipal un pronunciamento claro para esixir da Consellería de Sanidade transparencia sobre a situación epidemiolóxica da localidade por mor do COVID 19.

Segundo Anxo Baz, " é preciso tomar a situación co rigor preciso, rigor nas medidas preventivas e rigor na información, algo que a Xunta de Galiza, non está a facer". O portavoz nacionalista fai un chamamento a serenidade de toda a poboación guardesa, unha sociedade que maioritariamente compórtase dun xeito responsábel e que precisa estar informada para evitar o desconcerto creado pola falta de transparencia da Xunta de Galiza.

Anxo Baz, apuntou que este desconcerto vese incrementado polo abandono da Xunta de Galiza do centro de saúde da localidade. Na actualidade o Centro de saúde da Guarda conta só coa metade dos médicos e co 40 % do servizo de enfermería. Esta redución de persoal sanitario está provocando o colapso do centro cos profesionais desbordados e con pacientes que cada día atopan máis dificultades para ser atendidos en prazos razonabeis.

BNG de A Guarda


O concello da Guarda comunica que 3 traballadoras de servizos exteriores están contaxiadas por covid-19

O xoves 3 de setembro varias traballadoras do concello da Guarda fixeron a proba do PCR dando positivo por coronavirus. As traballadoras afectadas conforman un grupo que traballa formando unha burbulla e sen contacto estreito con outros traballadores. No día de hoxe, Sanidade comezará a facer probas de PCR aos familiares destas traballadoras así como ás persoas coas que tiveron contacto estreito.

Así mesmo, o concello da Guarda mantivo este xoves unha reunión do Comité de Prevención e Saúde e trasladou a información ao servizo de prevención do concello, activando os protocolos e medidas de prevención correspondentes. Do mesmo xeito se mantivo informados aos portavoces dos grupos políticos do concello da Guarda.

Os afectados por coronavirus na localidade ascenden a 15 persoas asociadas a tres brotes familiares. Destacar que todos os profesores e o resto de nen@s da ludoteca deron negativo por PCR do mesmo xeito que tamén deron negativo todos os traballadores e usuarios da residencia de maiores Monte Tecla.

Dende o concello tamén queremos transmitir unha mensaxe de tranquilidade á poboación en xeral indicando que se está facendo o necesario para rastrexar e controlar os brotes. Temos que ser conscientes da nosa vulnerabilidade, o virus está aí e debemos tomar as medidas de prevención recomendadas para evitar o seu espallamento: distancia social, hixiene de mans e uso da mascarilla.

Concello de A Guarda


O concello da Guarda informa da situación na localidade en relación ao COVID-19

Desde 2 de setembro de 2020, na Guarda hai rexistrados 12 positivos por COVID-19 asociados a dous brotes familiares. Sanidade, por tratarse de infeccións relacionadas con brotes, tomou medidas de prevención para evitar posibles consecuencias en grupos de risco, a vez que se realiza un rastrexo e os test necesarios para controlar a súa propagación.

Con motivo desta situación, Sanidade comunícalle a residencia de maiores Monte Tecla a restrición de saídas ao exterior e visitas, xa limitadas pola dirección dende o pasado 11 de agosto. A súa vez a residencia manterá pechado o centro de día. Neste centro realizarase a proba PCR a todos os residentes e traballadores.

A medidas preventivas tamén afectan a outros centros socionanitarios. San Xerome pechará durante 15 días o centro de día, así como as seccións educativa e ocupacional. Avelaíña suspenderá, durante a próxima quincena, a atención grupal, mantendo o servizo de citas previas, a atención telefónica e teleatención. A súa vez tomará as medidas de prevención necesarias no piso protexido que xestiona.

O club da 3ª idade, que tiña previsto reabrir as súas portas o día 1 de setembro, retrasa esta reapertura 15 días.

A súa vez, un centro privado afectado por un positivo, a ludoteca DivierTT, activou o protocolo recomendado polo servizo de epidemioloxía da Xunta para facerlle a proba PCR a todas as persoas puideron ter contacto directo con este positivo, os nenos e a monitora do grupo.

Dende o concello tamén queremos transmitir unha mensaxe de tranquilidade á poboación en xeral indicando que se está facendo o necesario para rastrexar e controlar os brotes. Temos que ser conscientes da nosa vulnerabilidade, o virus está aí e debemos tomar as medidas de prevención recomendadas para evitar o seu espallamento: distancia social, hixiene de mans e uso da mascarilla.

Concello de A Guarda


Inscricións abertas para unha xornada de escalada no monte Santa Trega

A concellería de Deportes do Concello da Guarda organiza para o día 19 de setembro unha xornada de escalada no monte Santa Trega.

A actividade levarase a cabo en dous grupos, dependendo da idade das persoas participantes. As persoas de 10 a 15 anos acudirán de 11 a 14 horas e para as maiores de 16 anos a actividade será de 17 a 20 horas. Unha vez se confirme a praza por parte do concello cada participante terá que facer efectivo o prezo da praza que neste caso será de 10€.

As persoas interesadas en participar poden inscribirse no seguinte formulario online https://forms.gle/eUsjdz15DV41iJaf6

Máis información na OMIX, no mail informacion@aguarda.es ou no teléfono 676 347 890

Concello de A Guarda


O CIM da Guarda programa dúas sesións de teatro en setembro

O Centro de Información á Muller da Guarda programa neste mes de setembro dúas funcións teatrais, coa representación de "A nena que quería navegar" e "Invisibles".

O domingo día 13 de setembro ás 18:00h o Centro Cultural da Guarda acolle a representación teatral de "A nena que quería navegar" ás 18:00h, unha obra dirixida ao público infantil, e o venres 18 de setembro ás 21:00h terá lugar a representación teatral de Invisibles", unha obra dirixida ao público adulto.

"A nena que quería navegar" é unha comedia para público familiar que trata de visibilizar e paliar as consecuencias do acoso escolar a través de técnicas de reforzo positivo e aumento da autoestima. Un espectáculo optimista, colorista, emocionante, reflexivo e festivo no que se mesturan distintas disciplinas como os monicreques, o teatro de obxectos, as vídeo proxeccións e a música en directo.

"Invisibles" é unha adaptación do libro homónimo da periodista Montse Fajardo que relata casos reais de violencia de xénero sufridos por sete mulleres galegas. Protagonizado por Mela Casal, Sheyla Fariña e Neves Rodríguez baixo a dirección de Marián Bañobre.

Para ámbalas dúas representacións teatrais seguirase un estrito protocolo Covid-19, polo que é preciso inscribirse previamente chamando ao Centro Cultural da Guarda no 986 61 1850 ou acudindo ata o propio Centro Cultural con anterioridade, o aforo é limitado.

Esta actividade está subvencionada pola Secretaría Xeral de Igualdade e polo Pacto de Estado.

Concello de A Guarda


Unidade Móbil de inspección técnica de ciclomotores en outubro na Guarda

A Unidade Móbil 9 de inspección técnica de CICLOMOTORES desplazarase ao Concello de A GUARDA do 01/10/2020 ao 02/10/2020 na Estación de Servicio San Roque (A Guarda).

Pode consultar os horarios a través do noso servizo de atención ao cliente, no 981 90 30 00.

Para solicitar cita previa:

Por teléfono: 902 30 90 00
A través da nosa páxina web: www.sycitv.com - Cita previa

NOTA: A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.

Concello de A Guarda


Obradoiro de Rap Improvisado na Guarda

O Centro Cultural da Guarda será o escenario o vindeiro mércores día 9 de setembro do Obradoiro gratuíto de Free Style en Galego, un obradoiro de Rap Improvisado que terá lugar de 11:00h a 13:00h.

CeibaRimas é o primeiro proxecto de Rap Improvisado en galego, a través de formacións presenciais, contidos online e eventos de freestyle, creouse unha comunidade de improvisado@s en galego, e ata o de agora non atopaban o seu espazo no panorama musical. O seu eixo central é unha liga de rap improvisado en galego, que pretende asentarse como referencia dentro da disciplina.

Neste obradoiro achegarase ao alumnado as ferramentas básicas para iniciarse neste mundo, tendo coma puntos clave o rap improvisado, os valores e a lingua.

A iniciativa chega á Guarda coa participación de Frank / Rebeliom do inframundo e as inscricións están xa abertas en ceibarimas.gal

O proxecto está financiado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e conta coa colaboración do Concello da Guarda.

Concello de A Guarda


O concello da Guarda aproba as contas do 2019 cumprindo a regra de gasto a estabilidade orzamentaria e con endebedamento cero

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, amosa a súa satisfacción pola aprobación da Conta Xeral do 2019, cumprindo así o obxectivo de ter as contas do 2019 en prazo, para remitilas ao Consello de Contas que é o órgano que realiza a fiscalización externa.

As contas do 2019 contan con informe de intervención favorable e tamén acadaron o ditame favorable da Comisión de Contas, e finalmente no Pleno ordinario obtiveron a aprobación plenaria.

Nestas contas cómprese a regra de gasto e a estabilizade orzamentaria, requisitos que se estableceran no Plan Económico Financeiro aprobado o ano pasado e que foi necesario elaborar pola realización dunha serie de gastos extraordinarios e inaprazables acometidos durante o 2018, como a adquisición da Finca de Fínola por 280.000€.

A Conta Xeral de 2019 traslada un superávit de 756.671,6€, e un remanente de tesourería de 1.099.684,65€. Este remanente de tesourería posibilitou incrementar en máis de 100.000€ as partidas de servizos sociais, para dar cobertura a un maior número horas coas que cubrir a atención á dependencia das nosas persoas maiores, e posibilitará dar cobertura á maior inversión que se acometerá na localidade neste exercicio, relacionada cunha subvención do IDAE por un importe de 1.000.000€ para a substitución de todo o alumeado viario existente nas diferentes rúas e prazas de todo o territorio guardés por luminarias LED.

Coas Contas aprobadas o Departamento de Facenda está traballando na elaboración dos próximos orzamentos municipais para o 2021.

Concello de A Guarda


A praza de Avelino Vicente congrega o Mercado Artesanal os dous próximos venres e sábados

Como a peche ao verán a Concellería de Desenvolvemento Local da Guarda organiza o Mercado Artesanal que terá lugar na Praza de Avelino Vicente durante os venres e sábados desta última fin de semana de agosto e a primeira de setembro.

O horario de apertura deste mercado artesanal é para o venres e o sábado de 10:30 a 14:00 e de 17:00 a 20:30h.

A finalidade deste mercado é ofrecer unha oportunidade ao sector de artesanía e produtos locais especialmente golpeado durante este verano pola crisis sanitaria

Neste mercado van asistir artesáns da Guarda e da nosa contorna onde ofrecerán as súas elaboracións en bordado, marroquinería, complementos ou mesmo decoración.

Tamén participarán asociacións e entidades de acción social que tanta axuda prestaron e prestan durante a pandemia.

Nestas últimas datas do verán este mercado artesanal e a programación procurase que sexa un atractivo máis entre os veciños e visitantes gocen do noso comercio e cultura.

Concello de A Guarda


O Concello da Guarda continúa a traballar no seu Programa de compostaxe doméstico

No ano 2014 o Concello da Guarda puxo en marcha un programa de compostaxe doméstica co obxectivo de fomentar a reciclaxe da materia orgánica para facer unha xestión de residuos máis sostible e aproveitar este recurso para obter compost, materia orgánica estabilizada que serve como abono para os cultivos.

Para asegurar a correcta implantación e desenvolvemento deste programa, a mestra composteira do Concello da Guarda iniciará o próximo mes de setembro as visitas de seguimento a estes composteiros para asegurar o seu correcto manexo e a resolver as posibles dúbidas que lle xurdan aos usuarios.

Entre 2014 e 2018 o Concello da Guarda repartíu un total de 211 composteiros domésticos e en setembro deste ano se procederá a facer un seguimento de preto de 155 instalacións de composteiros domésticos en todo o termo municipal.

Todas as persoas que teñan composteiros nas súas vivendas poden concertar citas coa Mestra Composteira contactando no enderezo electrónico medioambiente@aguarda.es

Concello de A Guarda


Novos equipamentos nas praias de Bandeira Azul da Guarda

O servizo de socorrismo das praias de Area Grande e O Muíño conta con novo material e equipamento para unha eficaz resposta ante un posible incidente nestas praias.

Estas dúas praias de Bandeira Azul conta con servizo de socorrismo dende xullo a setembro e durante estes meses foron recibindo o equipamento previsto para esta tempada que debido a situación sanitario se foi retrasando.

Destacan as táboas de rescate que os socorristas poden empregan para facer vixilancia activa, como achegarse ata os bañistas para dar recomendacións e, inclusive, ante unha actuación de rescate.

E a semana pasada recibíronse os desfibriladores automáticos, un equipamento tamén moi esperado para mellorar a atención, e que reafirman o compromiso de que o servizo conte cos medios adecuados para a atención das posibles incidencias que podan xurdir nestas dúas praias de gran afluencia.

A praia do Muíño é a praia accesible do concello polo que, ademais de pasarelas e aseos adaptados, conta dende hai anos cunha cadeira anfibia para facilitar o baño ás persoas con discapacidade física. Este verán adquiriuse unha nova cadeira anfibia máis cómoda e práctica para os usuarios que a solicitan cada ano.

Concello de A Guarda


A Guarda instala na Praza de Abastos colectores para residuos de aparellos eléctricos e electrónicos ao abeiro do Proxecto Estraee

A Concellería de Medio Ambiente do Concello da Guarda ven de instalar no andar superior da Praza de Abastos da localidade 3 colectores para depositar residuos de aparellos eléctricos e electrónicos: móbiles e tablets, pilas e baterías e cargadores e cables.

Esta acción realízase ao abeiro do o proxecto europeo ESTRAEE de reciclaxe do "lixo electrónico" promovido pola Deputación.

A provincia de Pontevedra revalida, con estes recursos, a súa posición como referencia europea, e mesmo mundial, no marco da protección do medio ambiente e no cumprimento da Axenda 2030.

O proxecto ESTRAEE (Estratexia Sostible Transfronteiriza para a Xestión dos Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos) conta cun orzamento total de 2.145.000 euros e ten por finalidade impulsar no espazo transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal a xestión de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE). Está soportado ao 75% polo fondo FEDER, que achega algo máis de 1,6 millóns de Pontevedra. A Deputación e o resto dos socios achegan os 536.381 euros restantes (a Deputación de Pontevedra destinou 227.000 euros do seu propio orzamento e o resto dos socios españoles, Revertia, ERP España e EnergyLab, e portugueses, ERP Portugal e Liport, achegan o resto).

Concello de A Guarda


A Guarda acolle no 2021 a 90º edición do Encontro da Federación Internacional Clubes Campistas

Em agosto o Salón de Plenos da Casa dos Alonso acolleu o acto de Presentación da 90ª edición Encontro Internacional da FICC 2021, un encontro internacional que tan só se celebrou en tres ocasións en territorio español na súa longa traxectoria, e que se celebrará na Guarda o vindeiro ano.

Neste acto contouse coa presenza de Antonio Lomba Baz, Alcalde da Guarda; Montserrat Magallanes, Concelleira de Cultura; Joao Alves, Presidente da FICC; José Vicente, Presidente da Federación Española de Clubes campistas (FECC); Miguel Merino Ayllón, vicepresidente da Federación Española de Clubes campistas (FECC); Andrés Sánchez, vogal da Federación Española de Clubes campistas (FECC); Juan Antonio Cidanes, presidente do Camping Caravaning Club de Galicia- Vigo; José Iglesias, vogal e responsable das relacións coa FICC e José Coello, representante do Camping Santa Tecla.

O Presidente da Federación Española de Clubes campistas (FECC) agradeceu na súa intervención a boa disposición do Concello da Guarda para acoller esta edición, destacando que na Guarda xa se celebraron con éxito 3 acampadas nacionais, sendo un municipio excepcional para este tipo de eventos e contando o Camping Santa Tecla cunhas instalacións inmellorables. José Vicente indicou que o evento terá lugar na segunda quincena do mes de xuño de 2021, onde os centos de campistas de todo o mundo gozarán da boa gastronomía local, da natureza e dos recursos turísticos do municipio e da súa contorna cunha morea de actividades nas que se inclúen xogos populares, desfiles, visitas turísticas, entre outras.

Para o Presidente da FICC é un pracer estar de novo en Galicia, nun evento que se celebra por terceira vez en territorio español dende 1933, destacando a gran experiencia do comité organizador formado pola FECC na realización dos seus encontros nacionais, a apoio amosado polo Concello da Guarda e do Camping Santa Tecla. Joao Alves indicou que a decisión de facelo na Guarda estivo entre as opcións máis distinguidas xunto con Polonia, Croacia e Corea do Sur, pero a gran capacidade da FECC para a organización deste tipos de eventos foi clave para que finalmente A Guarda resultase gañadora, o que con levará unha promoción deste municipio a nivel mundial dende a FICC.

O Alcalde da Guarda agradeceu a todos os presentes a súa asistencia amosando unha vez más o compromiso do Concello para que este evento saia adiante e ben, agardando tamén que a situación provocada polo Covid-19 mellore de cara ao ano que ven. Antonio Lomba destacou a gran repercusión a nivel mundial e forte impacto turístico e económico que terá este evento para a vila, municipio que xa conta cunha longa traxectoria na organización e realización de eventos coma o Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia celebrado o pasado verán ou festas de importante renome coma a Festa da Langosta, do Peixe Espada ou as Festas do Monte.

O acto de presentación desta 90º edición rematou coa firma do Convenio de Colaboración entre o Concello da Guarda e a FECC, que permitirá xestionar os recursos necesarios para que sexa un éxito.

Concello de A Guarda


A Guarda condena o ataque vandálico contra as Salinas do Seixal

Fai uns días se tivo constancia dun ataque vandálico contra os paneis informativos instalados nas Salinas do Seixal na costa da Guarda.

O Concello da Guarda, a través da Concelleira de Patrimonio, Montserrat Magallanes, ven de facer público a súa condena en contra deste ataque contra o patrimonio da vila da Guarda, realizado nas explicacións en lingua galega do panel.

Estes paneis foron instalados a finais do ano 2019 como parte do proxecto "A Guarda, Mar de sal. Posta en valor das salinas romanas do Seixal e Camposancos".

Ao longo dos vindeiros días agárdase poder recuperar este panel, que está a disposición de todos os veciños e visitantes ao igual que os que se instalaron nas Salinas da Lagoa e do Puntal en Camposancos.

O proxecto "A Guarda, Mar de Sal" fundaméntase na necesidade de sustentar o desenvolvemento patrimonial sobre un sólido respaldo científico. O estudo rigoroso das paisaxes do sal e a súa posta en valor permitirán crear un recurso patrimonial posto ao servizo da cidadanía.

O importe total subvencionado por parte da Consellería do Mar é de 74,496,68€, repartidos en dúas anualidades(2018 e 2019). Proxecto GALP7-066.

Concello de A Guarda


A sede electrónica do catastro permite xa a consulta de informacións e trámites online

O Concello da Guarda informa que xa se poden consultar informacións sobre o catastro a través da sede electrónica e sen necesidade de certificado electrónico.

Este servizo permitirá a todos os cidadáns realizar os seus trámites ante Catastro na sede electrónica mediante a verificación de datos do DNI, sen necesidade de dispor dun Certificado Electrónico ou chave pin.

Entre outros, permite a consulta de diversa información, obtención de certificacións sen necesidade de acudir presencialmente ao concello, alegacións, atención de requerimentos, comprobación de documentacións, declaracións, solicitudes, recursos, titularidade de inmobles, escritos xenéricos, entre outras.

Se é preciso, poden solicitar cita previa para acudir de xeito presencial ao concello chamando ao 986610000.

A sede electrónica está dispoñible a través da ligazón http://www.sedecatastro.gob.es

Concello de A Guarda




Edições C@2000

Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP


Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais