JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000 JORNAL DIGITAL REGIONAL CAMINHA 2000

Tui pon en marcha un programa integral para mulleres vítimas de violencia de xénero e en situación de vulnerabilidade

Unha xurídica e unha psicóloga conforman o equipo que realizará un traballo conxunto cos Servizos Sociais

O Concello de Tui vén de pór en marcha un Programa Integral para mulleres vítimas de violencia de xénero e en situación de vulnerabilidade denominado "Muller Tui".

A súa presentación tivo lugar esta mañá na casa do concello por parte do alcalde, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez, o concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Díz, xunto á traballadora social e as dúas técnicas do programa. Asistiron membros da corporación municipal xunto a axentes sociais e representantes de distintas asociacións.

Na presentación o alcalde, Enrique Cabaleiro, sinalou o compromiso inequívoco do Concello de Tui coa igualdade destacando que por vez primeira se vai pór en marcha no municipio un programa integral para muller.

A concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez, destacou a súa satisfacción polo desenvolvemento deste programa co que dende o Concello se dará "resposta ao que nos parece que é unha clara necesidade das mulleres de Tui: unha atención especializada que teña en conta a desigualdade estrutural que aínda hoxe en día podemos percibir en tantas facetas da nosa sociedade respecto das mulleres polo simple feito de seren mulleres, e que esta pandemia viu a pór aínda mais de manifesto". Amosou o seu convencemento en que as mulleres tudenses "o saberán aproveitar e será un gran paso na mellora do seu benestar, na dos seus fillos e por ende na da sociedade en xeral, comenta Dª Ana Núñez, concelleira de Igualdade.

O concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Diz, destacou a necesidade de poder contar cun este programa específico dirixido ás mulleres.

A coordinadora dos Servizos Sociais, Carmen González, sinalou a importancia deste día pola posta en marcha dun servizo que "permitirá traballar en conxunto e prestar unha atención global". Silvia…, a asesora xurídica de Muller Tui apuntou que prestarán unha atención especializada en todos os aspectos, e psicóloga Mónica , aludiu a atención psicolóxica especializada que se vai prestar grazas ao programa.

O programa integral Muller Tui ten por obxectivo brindar un servizo de asistencia psicolóxica e asesoramento xurídico, pero tamén laboral e social a mulleres do Concello de Tui. Tamén busca impulsar a creación dunha rede de mulleres que, con acceso a estes recursos, sexan quen de mellorar a súa situación e proxecto vital e desenvolver a súa autonomía.

O programa está dirixido a mulleres tanto vítimas de violencia de xénero como a todas aquelas que se atopen en situación de vulnerabilidade: mulleres desempregadas, con baixa cualificación, con discapacidade, menores de 30 anos ou maiores de 45 anos, migrantes, con responsabilidades familiares non compartidas, etc. e que precisen unha atención e asesoramento especializado. Respectará sempre a vontade das persoas usuarias e terá en conta os distintos perfís das mulleres participantes e en todo caso aplicando a perspectiva de xénero e a realidade posta de manifesto tras a emerxencia sanitaria derivada da Covid 19.

As mulleres interesadas poden solicitar este servizo no correo muller@tui.gal e nos teléfonos 664 552 493 e 687 227 190.

Amais do servizo de asistencia psicolóxica e asesoramento xurídico o programa impartirá 9 obradoiro de formación durante o mes de agosto e o de setembro. Terán por obxecto mellorar a autoestima e a autoconfianza das mulleres e dotalas dos recursos necesarios para mellorar a súa participación social e laboral.

O programa conta co financiamento da Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Igualdade e é confinanciado pola Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020 e polo Pacto de Estado contra a violencia de xénero, e polo Concello de Tui.

Concello Tui


Un centenar de veciños contan xa cun composteiro individual

Os interesados poden solicitar o seu COIN por correo electrónico ou rexistro de entrada

Un centenar de veciños e veciñas de Tui contan xa nos seus domicilios cun composteiro individual, COIN, distribuído polo concello de Tui nos últimos meses. O pasado venres dez persoas recibiron o seu composteiro tras asistir á charla sobre a compostaxe que impartiu a mestra composteira municipal. Estas persoas tiñan presentado previamente a solicitude dun COIN para a súa vivenda.

Coa distribución de composteiros individuais o Concello de Tui aposta pola reciclaxe, e neste caso concreto pola redución da fracción do lixo que vai ao contedor verde.

A mestra composteira realiza ao longo do ano un seguimento de cada un dos composteiros entregados, para comprobar que se está a realizar o proceso de xeito correcto. Ao tempo resolve aos veciños e veciñas calquera dúbida que lles poida xurdir na utilización do COIN.

As persoas que desexen contar cun composteiro individual nos seus domicilios poden presentar a solicitude, no modelo accesible en tui.gal, a través do correo compostaxe@tui.gal, por rexistro de entrada na casa do concello ou na sede electrónica.

Amais dos composteiros individuais cómpre lembrar que en Tui hai tres composteiros comunitarios situados na rúa Compostela, no Camiño do Parador e no aparcamento municipal.

Concello Tui


O alcalde e o concelleiro de Servizos Sociais felicitaron a Leonor Martínez Gándara no seu centenario

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Diz, felicitaron o sábado, en nome da poboación tudense, a Leonor Martínez Gándara, no seu centenario. O rexedor e o concelleiro obsequiárona cun ramo de flores na data do seu 100 cumpreanos.

Leonor Martínez Gándara, naceu o 25 de xullo de 1920, aínda que no seu DNI figura o 16 de agosto. Aos seus 100 anos Leonor Martínez conta con boa saúde. Casou con Domingo Sestelo Gonzalez, que tocaba o trombón na Banda de Música Popular de Tui. Tivo 6 fillos, 3 homes e 3 mulleres, 16 netos e 21 bisnetos. Na actualidade vive en Caldelas cunha das súas fillas, pero anteriormente residía en Baldráns.

Concello Tui


O operativo especial da Policía Local, co gallo do 25 de xullo, sáldase con dous condutores sancionados por condución temeraria

Outro condutor será investigado coma presunto autor dun delito contra a seguridade vial

A Policía Local de Tui desenvolveu esta fin de semana un operativo de control e vixilancia do tráfico con motivo da festividade do 25 de xullo.

No operativo, iniciado o sábado pola mañá, os axentes interceptaron a un condutor que circulaba realizando trompos no terreo da nova ubicación do mercado semanal. Procederon a sancionalo por condución temeraria.

Por outra parte no servizo nocturno os axentes da Policía Local de Tui, detectaron a un condutor que circulaba co permiso de condución retirado por perda total dos puntos, e por conducir baixo a influencia de bebidas alcohólicas. Por este feitos o condutor será investigado coma presunto autor dun delito contra a seguridade vial.

Horas máis tarde a Policía Local recibiu o aviso dun veciño tras rexistrarse un accidente de circulación na rúa Calvo Sotelo. O condutor do vehículo implicado deu positivo en drogas e estupefacientes.

Por último, o domingo a primeira hora da mañá os axentes da Policía Local interceptaron a un vehículo que realizara unha arrancada na rúa Augusto González Besada, a carón das dependencias policiais. Procederon a súa denuncia administrativa por alcoholemia tras dar positivo na proba, e denuncia por condución temeraria.

Concello Tui



Edições C@2000

Do Coura se fez luz. Hidroeletricidade, iluminação pública e política no Alto Minho (1906-1960)"
Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000/Afrontamento
Apoiado pela Fundação EDP


Da Monarquia à República no Concelho de Caminha
Crónica Política (1906 - 1913)

Autor: Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


O Estado Novo e outros sonetos políticos satíricos do poeta caminhense Júlio Baptista (1882 - 1961)

Organização e estudo biográfico do autor por Paulo Torres Bento
Edição: C@2000


Rota dos Lagares de Azeite do Rio Âncora

Autor: Joaquim Vasconcelos
Edição: C@2000


Memórias da Serra d'Arga
Autor: Domingos Cerejeira
Edição: C@2000

Outras Edições Regionais