|

Horário do Ferry (28 de Julho a 2 de Agosto)
I FEIRA DO LIVRO LUSO-GALAICA DA RIBEIRA MINHO
21 a 23 agosto
A GUARDA - Praça Avelino Vicente
SEXTA-FEIRA 21 AGOSTO
Horário: 20H00 às 22H00 *
20H00 - ABERTURA DA FEIRA
20H30 - ABERTURA OFICIAL
" Presidente da Câmara Municipal de Caminha
" Alcalde do Concello de A Guarda
" Presidente da União de Freguesias de Caminha e Vilarelho
" Diretor do Jornal Digital Caminha2000
" com a presença dos municípios participantes: Caminha, Vila Nova de Cerveira, Valença, Paredes de Coura, Monção, Melgaço, A Guarda, O Rosal, Oia, Tomiño, Tui, Salceda de Caselas
20H45 - PALESTRA E PROJEÇÃO DE VÍDEO "Galicia Rural" - Aser Álvares González - Diretor de Arraianos Producións - projeto documental multimédia que propõe ideias para uma reflexão sobre a realidade, os desafios e as possibilidades de futuro do mundo rural galego.
21H15 - Atuação Musical com o Conservatório de A Guarda
22H00 - ENCERRAMENTO
SÁBADO 22 AGOSTO
Horário: 11h00 às 14h00 e das 18h30 às 21h30 *
11H00 - ABERTURA
11H00 - ANIMAÇÃO DE LEITURA com Marisol, bibliotecária de A Guarda e a convidada Liliana Geraldes que irá apresentar e animar com o livro "Clara e a Ilha de Plástico" de sua autoria
12H00 - PALESTRA com Ricardo Vicente (Infogauda) e Luís Almeida (Jornal Digital Caminha2000)
12H40 - APRESENTAÇÃO - Puri Ameixide escritora e autora de "Claro de Lúa" - Homenagem às grandes novelas decimónicas. Escrita com uma boa dose de amor e humor onde se podem escutar ecos de Jane Austen, Charlotte Brönte e Leon Tolstoi entre outros, acompanhados de piano com a famosa sonata de Beethoven.
13H15 - RECITAL DE MÚSICA | Academia de Música Fernandes Fão
14H00 - ENCERRAMENTO da manhã
18H30 - ABERTURA
19H15 - APRESENTAÇÃO - Praxíteles González (escritor de O Rosal), autor da obra "Yo también emigré a la República Federal de Alemania (1960-1980)"
20H00 - Miguel Villa (historiador local de A Guarda) autor de vários livros sobre a Sociedade Pro Monte ou as Casas Indinanas, irá apresentar o tema das Monjas beneditinas do concelho de A Guarda
20H45 - RECITAL DE POESIA DE OBRAS DE AUTORES DO CONCELHO DE CAMINHA | Krisálida
21H30 - ENCERRAMENTO DA FEIRA
* Hora de Espanha
O concello da Guarda reduce á metade o importe das licenzas de apertura de novas actividades
O concello da Guarda acaba de aprobar a proposta de Alcaldía de redución nun 50% da taxa de licenza por apertura de establecementos. Dende o inicio da situación xerada polo COVID o concello da Guarda está adoptando medidas de carácter económico, debido a que a situación de crise sanitaria traduciuse tamén nunha paralización económica e nunha maior dificultade á hora de emprender proxectos empresariais.
O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, informa que a ordenanza fiscal de apertura de establecementos reduce nun 50% o importe que os particulares e empresas terán que aboar ao concello por este concepto, e indica que esta medida se suma as que se teñen adoptado durante estes meses de pandemia, como a eliminación da taxa de terrazas para este ano 2020, campañas de sensibilización para o consumo local, difusión dos establecementos comerciais con servizo a domicilio, aceleración do prazo de pagamento aos provedores, a creación do marketplace, plan de dinamización económico, etc....
Con esta modificación o concello da Guarda o que pretende é facilitar a instalación de novas iniciativas empresariais na localidade así como reducir o esforzo económico que supón por en marcha un novo negocio ao diminuír o importe que deben aboar as novas actividades mercantís, comerciais ou industriais que se inicien no concello. Esta medida comezará a aplicarse a partir da publicación da aprobación definitiva no Boletín Oficial da Provincia.
A Guarda reduce nun 50% as taxas de apertura de estabelecementos a proposta do BNG
Co fin de facilitar a posta en funcionamento de novas actividades económicas que contribúan á creación de postos de traballo e a xeración de riqueza no concello da Guarda aprobouse, a instancias do BNG, a redución do 50% da taxa de apertura de estabelecementos.
Esta medida entrará en vigor despois da súa publicación no Boletin Oficial da Provincia e forma parte dun paquete de medidas impulsadas desde o BNG para a reactivación económica e social da localidade.
O portavoz municipal do BNG, Anxo Baz, considera importante esta medida e agarda que non tarden en aplicarse outras xa aprobadas coma a bonificación das taxas do lixo para aqueles estabelecementos que estiveron pechados durante a pandemia ou para as familias cunha renda per capita inferior ao IPREM (537,48 € mensuais).
Anxo Baz concluiu "o BNG seguirá traballando en positivo para acadar acordos o máis amplos posíbeis para sacar adiante medidas que favorezan a veciñanza da Guarda".
O BNG APOIARÁ A FORMALIZACIÓN DA ADHESIÓN DO CONCELLO DA GUARDA A REDE ÁGORA
Anxo Baz " Consideramos un logro que o goberno municipal recapacitase e formalice a adhesión do Concello á rede Ágora cumprindo así co acordo plenario aprobado a instancias do BNG"
A rede Ágora polo Espazo Público promovido pola Deputación de Pontevedra, marca como obxectivo que de aquí ao ano 2023 o Concello incremente de forma substancial o espazo reservado para as persoas, itinerarios peonís e para a utilización da bicicleta. Trátase dunha iniciativa para revalorizar o espazo público e consideralo como un dereito fundamental para a veciñanza.
Ten como obxectivo garantir a mobilidade peonil que estará por diante na prioridade sobre outros modos de transporte na seguinte orde: bicicletas, vehículos de mobilidade persoal, transporte colectivo e automóbil particular.
Promoverá a mobilidade natural e activa fronte á motorizada tanto nos núcleos urbanos como nos rurais, creando espazos de preferencia peonil nas rúas e prazas centrais da nosa vila e nas parroquias.
O portavoz municipal do BNG, Anxo Baz declarou que "Consideramos un logro que o goberno municipal recapacitase e someta ao pleno a formalización da adhesión do Concello á rede Ágora cumprindo así co acordo plenario aprobado a instancias do BNG" . No pleno pasado esta proposta fora aprobada co voto en contra do grupo de goberno do PSOE.
O portavoz nacionalista animou ao goberno do PSOE a que tome en serio esta iniciativa, na que vai contar coa man tendida do BNG para a súa posta en marcha e pídelle que, aínda que o prazo de remate é no ano 2023, comece o antes posibel a tomar medidas que son urxentes na nosa localidade.
RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA
Como consecuencia da situación de crise sanitaria orixina polo COVID 19, e ante a necesidade de estremar as precaucións para evitar a propagación do virus, dende o Concello da Guarda se tomou a decisión de suspender durante este ano 2020 a celebración das festas do Monte.
Tendo en conta a necesidade de evitar que, a pesar de tal suspensión, se poidan producir aglomeracións no citado espazo durante os días nos que se leva a cabo tradicionalmente tal celebración, faise necesario limitar o acceso ao Monte Santa Trega.
Visto o artigo 25 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora de bases de Réxime Local, que outorga competencias ao municipio en materia de policía local, protección civil, tráfico e mobilidade e protección da salubridade pública; o artigo 61.k da Lei 5/1997, de 22 de xullo, reguladora da Administración Local de Galicia, que outorga ao Alcalde a competencia para "Adoptar personalmente y bajo su responsabilidad, en caso de catástrofe o infortunios públicos o de grave peligro de que éstos se produzcan, las medidas precisas y adecuadas, dando inmediata cuenta de las mismas al Pleno de la Corporación."
En virtude das facultades que me confire o ordenamento xurídico vixente, e co obxecto de evitar que se produzan situacións que poñan en perigo a seguridade e salubridade pública, como consecuencia da crise sanitaria orixina polo COVID 19, e tendo en conta a suspensión da celebración das festas do Monte durante o presente ano 2020.
RESOLVO:
PRIMEIRO. Pechar os accesos de tráfico rodado e peonil ao Monte Santa Trega o vindeiro día 9 de agosto de 2020.
SEGUNDO. Pechar entre os días 3 e 9 de agosto de 2020, ambos inclusive, a partir das 22:00 horas, o acceso de tráfico rodado e peonil ao Monte Santa Trega, en orde a evitar aglomeracións, celebración de botellóns e outras situacións que poñan en perigo a seguridade e salubridade pública, como consecuencia da crise sanitaria orixina polo COVID 19, e tendo en conta a suspensión da celebración das festas do Monte durante o presente ano 2020.
TERCEIRO. Dar traslado da presente resolución á consellería competente da Xunta de Galicia e dar conta ao Pleno da presente resolución na vindeira sesión que se celebre.
O Alcalde
Antonio Lomba Baz
Documento asinado electronicamente
A Guarda da a benvida ao mes de agosto con música, visitas guiadas, e moito máis
A Guarda intensifica a presenza policial e adopta novas medidas fronte ao Covid-19
Na reunión mantida na xornada de hoxe entre o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba; o Concelleiro de Seguridade, Miguel Ángel Español; un representante da Policía Local; o Capitán da Guardia Civil da Comandancia de Tui, Francisco Javier Martínez e o Comandante do Posto da Guardia Civil da Guarda, Elicio Rivas Freiría, tomáronse unha serie de medidas que entrarán en efecto a partires desta mesma fin de semana, co obxecto de evitar que se produzan situacións que poñan en perigo a seguridade e salubridade pública, como consecuencia da crise sanitaria orixina polo COVID 19.
Destacando que, polas datas nas que nos atopamos e pola coincidencia da suspensión das Festas do monte 2020, se vai intensificar a vixilancia policial nocturna dende esta mesma fin de semana en colaboración entre a Policía Local e a Guardia Civil, para que todas as noites exista presenza policial para disuadir das tentativas de botellón e de que estes non se celebren.
Ademais, por parte da Alcaldía se puxo en coñecemento da próxima publicación dunha Resolución de Alcaldía, onde se decreta o corte de tráfico rodado e peonil o domingo 9 de agosto ao longo de todo o día no Monte Santa Trega e, así mesmo, contempla tamén a prohibición de acceso rodado e peonil ao Monte Santa Trega dende o luns 3 ata o domingo 9 de agosto de 2020, todos os días a partir das 22:00h da noite.
Dende o Concello da Guarda se quere facer un chamamento á poboación a cumprir coas normativas vixentes e ser consecuentes coa situación que estamos a vivir, agradecendo de antemán a colaboración de todos os veciños e visitantes, así coma aos corpos e forzas de seguridade do estado, polo esforzo que están a facer para protexer a saúde de todos.
Presentación do libro das Festas do Monte 2020
p>Como xa se anunciou en datas pasadas, este ano as Festas do Monte Santa Trega están suspendidas, non se realizarán verbenas, desfiles, romarías nin fogos artificiais, ante as medidas de seguridade hixiene e saúde pública decretadas.
Na mañá do día 30 de xullo de 2020, o Salón de Plenos do Concello da Guarda acolleu a Presentación do Libro conmemorativo das Festas do Monte 2020, ao que acompaña outra edición cunha selección de cartelería e programacións dende o ano 1946 ata a actualidade, ámbolos dous exemplares libres de publicidade e que terán un custo de 10€ cada un. Os libros poderá mercarse nos puntos habituais de venda e coa compra dos dous exemplares se agasallará cunha rifa para a edición 2020 das Festas, nas que se sorteará un vehículo.
No acto de presentación participou o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba; a Concelleira de Cultura, Montserrat Magallanes; o representante da Comisión de Festas, Manuel Castro e o representante de Infomaxe, Celso Rodríguez.
Neste acto tamén se aproveitou a ocasión para dar a coñecer o cartaz da vindeira edición, cunha fotografía obra de Arturo Martínez, destacando que as Festas do Monte 2021 celebraranse do 9 ao 16 de agosto.
Neste acto tamén se quixeron dar a coñecer as actividades de animación programadas para este ano 2020, que se levarán a cabo a pesar da cancelación dos platos fortes da festa, para manter con garantías as medidas de seguridade e hixiene pola pandemia do Covid-19.
Entre as actividades programadas destacan os pasarrúas que terán lugar todos os días da vindeira semana a media mañá polas rúas do pobo e nos que participarán diversos grupos de música tradicional do municipio.
No hall da Casa dos Alonsos colocarase unha pantalla onde se proxectarán diversos vídeos e fotografías sobre as Festas do Monte ao longo de toda a semana.
Coma acto conmemorativo e, debido a suspensión desta edición 2020 das Festas do Monte, os balcóns da Praza do Reló lucirán as bandeiras das Bandas Mariñeiras que participan cada ano no Desfile tradicional de bandas mariñeiras.
Na xornada do Sábado día 8 de agosto a Praza do Reló acollerá a emisión en directo por streaming dun magazine a través das redes sociais, con entrevistas a diferentes convidados, músicos, historiadores, representantes municipais e das bandas mariñeiras, de cara a lembrar o significado das Festas do Monte, a súa tradición, o día do desfile, o día do monte, e en xeral, todo o que acontece nas festas, cunha duración aproximada de dúas horas.
|